SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 1
“REFLEXIÓN SOBOR DA AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA:
Unha VISIÓN alén daqueles RETRATOS de grupo…”
Propóñovos un xeito de entende-la avaliación psicopedagóxica coma un retrato óptimo,
dunha persoa que, polo xeral expresa moito máis do que parece.
Daquela: ¿Non é fermosa a idea de entender este proceso en clave de respectuosa fotografía?
Seica calquera fotógraf@ con oficio e claridade non se conformaría só co que ve, ou cunha imaxe
pouco realista do que debe informar. Coido que @s orientadores procuramos algo equivalente, á
hora de determina-lo que expresa un menor. Deste xeito, sería unha mágoa só quedar ás portas de
doadas solucións ás necesidades básicas dun menor...
A propia Orde do 31 de outubro de 1996, que establece o proceso de avaliación psicopedagóxica en
Galicia, e mesmo ao abeiro do Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, subliñan a importancia de tódo-los axentes educativos neses
dous procesos.
Daquela, a un bo número de profesor@s de área - estatisticamente significativo – púxenos perante
un panel de imaxes que poderían inducir determinadas emocións. E certamente, a xulgar polas
súas respostas, non foron indiferentes a elas (páxina seguinte). Coido que estes profesionais non
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 2
serán insensibeis ás posibilidades e ás dificultades do alumnado, e con seguridade,
achegaranos datos que melloren o noso labor.
Arrepío
Tristura
Entrañábel Frescura
Mágoa Baleiro
Soidade Ledicia
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 3
INFORME PSICOPEDAGÓXICO.
1. Datos de identificación persoal do valorado/retratado: partimos dunha foto carné a mellorar.
Sabemos dalguén que debemos esculcar fóra do aparente.
2. Datos físicos e de saúde: deles cómpre só cinguirse ao determinante, aquilo que condicione, limite ou estea
a impedir mellores condicións de “vida escolar” do/a retratado/a.
3. Datos do contexto sociofamiliar: carencial ou axeitado, estábel ou desartellado...
A DIVERSIDADE É UNHA REALIDADE SOCIAL, e polo tanto unha realidade en cada centro
educativo, derivada tamén de cada familia – Introdución do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se
regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 4
4. Datos do contexto escolar.
5. Estilo de aprendizaxe.
6. Pescudar /determinar o seu Nivel de Competencia Curricular: ven se-lo apartado no que podemos
concluir con relativa exactitude QUE SABE / QUE NON SABE / QUE PODE CHEGAR SABER, ou dito
doutro xeito, É QUEN / polo de agora NON É QUEN... Segui-las súas pegadas e abri-los seus celeiros
sitúame nunha ARQUEOLOXÍA DO “AGORA MESMO”
Eu aposto por unha revisión dinámica. Nesa OBSERVACIÓN do alumno, son imprescindibeis OUTR@S
OBSERVADOR@S, para evitar erros como:
 FIXARSE tanto no valorado, que omito o medio no que interactúa, aprende e medra...
 CENTRARSE moito en aspectos secundarios, e perder de vista a vida escolar d@ menor...
Algo relativamente inevitábel se che move o desexo de ACHEGARTE o máis posíbel ao retratado/a e á súa situación.
Robert Capa afirmaba que unha fotografía non era boa, se non te achegabas dabondo … Pero sen desbotar planos
xerais que axuden a entende-la súa posición nos escenarios de aprendizaxe. Ara Güler capturou a alma de Estambul
entre facianas e escenas dos seus habitantes: a cidade tamén vivía neles.
Revisión das súas relacións.
Se posúe vencellos sólidos
coa escola.
O tempo deles é outro, e
nuns espazos identitarios, ás
veces invisibeis aos adultos:
probas sociométricas,
observación directa...
Atento, inatento, reflexivo,
impulsivo, organizado,
desargallado, discontinuo,
nervoso, tranquilo,
preferentemente pola canle
auditiva, visualizador...
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 5
7. Identificación das súas necesidades: mudando as distancias focais, e os planos. Unha viaxe aos caixóns da
súa percepción, atención, concentración, linguaxe, metalinguaxe, memoria, relacións escolares...
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 6
 Atragántaselle a LEITURA (corrobóroo co PROLEC-SE, coa proba de COMPRENSIÓN
LEITORA de Lázaro Martínez...); mentalmente comezo barallar opcións: GRUPOS
HETEROXÉNEOS, adaptación de tempos e instrumentos de avaliación, desdobramentos
de grupos, reforzos educativos ordinarios, programas de recuperación...
 Cústalle a ESCRITA (á luz dos rexistros do TALE e das súas producións...): xórdeme a idea
dun programa específico personalizado...
 Trabúcase ao operar con números, e cos problemas (WISC-R...); quizáis actúe con máis
seguridade nun agrupamento flexíbel nesa área.
 A penas amosa habilidades manipulativas (WISC-R...): podería ocupar un perfil profesional
nunha FP BÁSICA que non as comprometese (“Auxiliar Administrativo”).
 Con dificultades para “saír del”, ou para comunicarse con el mesmo... (HSPQ, AF-5…):
beneficiaríase dun programa colectivo de HHSS.
 Non sabe organizarse... ( alomenos segundo enquisas sobor dos hábitos de estudo e
autocontrol do traballo: Orienta 2015-16 de J.Sádaba, portal kekiero.com ...)
Cústalle saír del.
Con dificultades
manipulativas.
Con erros de
cálculo ao operar
Trabúcaselle a leitura: ¿só
emprega a vía fonolóxica?
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 7
Poden agromar chamativas situacións ao ENTREVISTAR aos “profesor@s de área”, do tipo:
 Excesivamente centrados/as no seu virtuosismo “programado”: autorreferencial.
 Polo que poden ignora-los “movementos” da súa PROGRAMACIÓN entre o alumnado,
 E daquela, chegan limita-las aprendizaxes des@ escolar cos seus compañeiros...
 Ou só salientan del o que “non ten”, e non o que “pode ter” por diante.
 Mesmo impón métodos “ríxidos”, “pesados” e “aparentes”, nun mundo de vivos...
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 8
8. Orientacións.
Podemos entrar no dilema de adaptar ou non as ensinanzas ao seu estilo de aprendizaxe, e segundo as súas
necesidades. Non deberiamos dubidar sobor disto, se saímos dunha valoración concienzuda e fiábel.
Curiosamente pertencemos a unha sociedade que decide adaptar “de todo” e cáseque en tódo-los
procesos, especialmente no proceso de produción, que leva ao de consumo: no nº do calzado, nos
envases monodose ou familiares, na medida das vivendas, na feitura dos turismos, nas múltiples aplicacións
dos innumerabeis móbiles, GPS, tablets...
Porén semella acontecer algo distinto cos procesos de aprendizaxe, e mais exactamente coa adaptación
daqueles contidos que poden compromete-lo avance do APRENDER BEN para SABER PRODUCIR, e
SENTIRSE MELLOR. Entendo que o usuario dun móbil intuitivo non se sinte pior ca unha enxañeira en
telecomunicacións, polo feito de empregar un aparello sinxelo ¿non si? MENOS É MÁIS... A decisión de
muda-las cargas dunha fasquía barroca, por elementos dunha arquitectura funcional e máis
diáfana, na que entre ar e claridade : medidas de reforzo educativo, apoios dos/as P/T-A/L, e
en último termo, AC (Adaptación Curricular).
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 9
REFORZOS ORDINARIOS APOIOS das P/T-A/L
Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 10
E pola miña parte, acepto que haberá cuestións fóra da miña medida, e do meu control: ás veces guiños xeracionais
del@s que non entenderei nas miñas conclusións... Da realidade recibirán unha choiva de datos, mensaxes,
esixencias, paradoxos aos que estarán expostos ... El@s seguirán mellor cun paraugas... Pénsoo ao comeza-los
meus informes...
Quizáis a orientación escolar especialízase nos puntos que pode, e non son poucos; e a avaliación
psicopedagóxica vese dentro dela...
Góstame chegar ao filme “O Vento Levaranos”: Abbas Kiarostami seguiu os pasos dun vello doutor, polos carreiros e
aldeas do Norte de Irán. Ía canda os seus pacientes nun ciclomotor, entre campos de cereais e ventos que abaneaban
montañas cinzentas.
E o seu acompañante dille:
- «Doutor: cal é a súa especialidade?
- Non teño, deste xeito estudo o corpo enteiro. Se me especializo vereime coutado...»
Autor do texto e das fotografías*: Juan José Álvarez Castro │ Orientador do IES de Arzúa.
*Agás da foto do grupo: páx. 1

More Related Content

Similar to Reflexións sobor da avaliación psicopedagóxica por Xohán Álvarez Castro

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarMANEIRO
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar MANEIRO
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosLOPEZMOURENZA
 
Reunión coas familias
Reunión coas familiasReunión coas familias
Reunión coas familias1102013
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénerosatelite1
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Charo Lorenzo
 
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADETRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADEORIENTADOR ORIENTADOR
 
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de GaliciaCoñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galiciametodosinnovadores
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...cucacambados
 

Similar to Reflexións sobor da avaliación psicopedagóxica por Xohán Álvarez Castro (20)

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
 
Reunión coas familias
Reunión coas familiasReunión coas familias
Reunión coas familias
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Coñecemento da contorna
Coñecemento da contornaCoñecemento da contorna
Coñecemento da contorna
 
Verdades e mentiras da inclusion
Verdades e mentiras da inclusionVerdades e mentiras da inclusion
Verdades e mentiras da inclusion
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion
 
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADETRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
 
TDAH
TDAH TDAH
TDAH
 
Guía didáctica de cuerdas
Guía didáctica de cuerdasGuía didáctica de cuerdas
Guía didáctica de cuerdas
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de GaliciaCoñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
 
Guión para atención e tdah
Guión  para atención e tdahGuión  para atención e tdah
Guión para atención e tdah
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...
La prevención de los accidentes de tráfico en los niños/as a través de sus fa...
 

Reflexións sobor da avaliación psicopedagóxica por Xohán Álvarez Castro

  • 1. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 1 “REFLEXIÓN SOBOR DA AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA: Unha VISIÓN alén daqueles RETRATOS de grupo…” Propóñovos un xeito de entende-la avaliación psicopedagóxica coma un retrato óptimo, dunha persoa que, polo xeral expresa moito máis do que parece. Daquela: ¿Non é fermosa a idea de entender este proceso en clave de respectuosa fotografía? Seica calquera fotógraf@ con oficio e claridade non se conformaría só co que ve, ou cunha imaxe pouco realista do que debe informar. Coido que @s orientadores procuramos algo equivalente, á hora de determina-lo que expresa un menor. Deste xeito, sería unha mágoa só quedar ás portas de doadas solucións ás necesidades básicas dun menor... A propia Orde do 31 de outubro de 1996, que establece o proceso de avaliación psicopedagóxica en Galicia, e mesmo ao abeiro do Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, subliñan a importancia de tódo-los axentes educativos neses dous procesos. Daquela, a un bo número de profesor@s de área - estatisticamente significativo – púxenos perante un panel de imaxes que poderían inducir determinadas emocións. E certamente, a xulgar polas súas respostas, non foron indiferentes a elas (páxina seguinte). Coido que estes profesionais non
  • 2. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 2 serán insensibeis ás posibilidades e ás dificultades do alumnado, e con seguridade, achegaranos datos que melloren o noso labor. Arrepío Tristura Entrañábel Frescura Mágoa Baleiro Soidade Ledicia
  • 3. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 3 INFORME PSICOPEDAGÓXICO. 1. Datos de identificación persoal do valorado/retratado: partimos dunha foto carné a mellorar. Sabemos dalguén que debemos esculcar fóra do aparente. 2. Datos físicos e de saúde: deles cómpre só cinguirse ao determinante, aquilo que condicione, limite ou estea a impedir mellores condicións de “vida escolar” do/a retratado/a. 3. Datos do contexto sociofamiliar: carencial ou axeitado, estábel ou desartellado... A DIVERSIDADE É UNHA REALIDADE SOCIAL, e polo tanto unha realidade en cada centro educativo, derivada tamén de cada familia – Introdución do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • 4. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 4 4. Datos do contexto escolar. 5. Estilo de aprendizaxe. 6. Pescudar /determinar o seu Nivel de Competencia Curricular: ven se-lo apartado no que podemos concluir con relativa exactitude QUE SABE / QUE NON SABE / QUE PODE CHEGAR SABER, ou dito doutro xeito, É QUEN / polo de agora NON É QUEN... Segui-las súas pegadas e abri-los seus celeiros sitúame nunha ARQUEOLOXÍA DO “AGORA MESMO” Eu aposto por unha revisión dinámica. Nesa OBSERVACIÓN do alumno, son imprescindibeis OUTR@S OBSERVADOR@S, para evitar erros como:  FIXARSE tanto no valorado, que omito o medio no que interactúa, aprende e medra...  CENTRARSE moito en aspectos secundarios, e perder de vista a vida escolar d@ menor... Algo relativamente inevitábel se che move o desexo de ACHEGARTE o máis posíbel ao retratado/a e á súa situación. Robert Capa afirmaba que unha fotografía non era boa, se non te achegabas dabondo … Pero sen desbotar planos xerais que axuden a entende-la súa posición nos escenarios de aprendizaxe. Ara Güler capturou a alma de Estambul entre facianas e escenas dos seus habitantes: a cidade tamén vivía neles. Revisión das súas relacións. Se posúe vencellos sólidos coa escola. O tempo deles é outro, e nuns espazos identitarios, ás veces invisibeis aos adultos: probas sociométricas, observación directa... Atento, inatento, reflexivo, impulsivo, organizado, desargallado, discontinuo, nervoso, tranquilo, preferentemente pola canle auditiva, visualizador...
  • 5. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 5 7. Identificación das súas necesidades: mudando as distancias focais, e os planos. Unha viaxe aos caixóns da súa percepción, atención, concentración, linguaxe, metalinguaxe, memoria, relacións escolares...
  • 6. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 6  Atragántaselle a LEITURA (corrobóroo co PROLEC-SE, coa proba de COMPRENSIÓN LEITORA de Lázaro Martínez...); mentalmente comezo barallar opcións: GRUPOS HETEROXÉNEOS, adaptación de tempos e instrumentos de avaliación, desdobramentos de grupos, reforzos educativos ordinarios, programas de recuperación...  Cústalle a ESCRITA (á luz dos rexistros do TALE e das súas producións...): xórdeme a idea dun programa específico personalizado...  Trabúcase ao operar con números, e cos problemas (WISC-R...); quizáis actúe con máis seguridade nun agrupamento flexíbel nesa área.  A penas amosa habilidades manipulativas (WISC-R...): podería ocupar un perfil profesional nunha FP BÁSICA que non as comprometese (“Auxiliar Administrativo”).  Con dificultades para “saír del”, ou para comunicarse con el mesmo... (HSPQ, AF-5…): beneficiaríase dun programa colectivo de HHSS.  Non sabe organizarse... ( alomenos segundo enquisas sobor dos hábitos de estudo e autocontrol do traballo: Orienta 2015-16 de J.Sádaba, portal kekiero.com ...) Cústalle saír del. Con dificultades manipulativas. Con erros de cálculo ao operar Trabúcaselle a leitura: ¿só emprega a vía fonolóxica?
  • 7. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 7 Poden agromar chamativas situacións ao ENTREVISTAR aos “profesor@s de área”, do tipo:  Excesivamente centrados/as no seu virtuosismo “programado”: autorreferencial.  Polo que poden ignora-los “movementos” da súa PROGRAMACIÓN entre o alumnado,  E daquela, chegan limita-las aprendizaxes des@ escolar cos seus compañeiros...  Ou só salientan del o que “non ten”, e non o que “pode ter” por diante.  Mesmo impón métodos “ríxidos”, “pesados” e “aparentes”, nun mundo de vivos...
  • 8. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 8 8. Orientacións. Podemos entrar no dilema de adaptar ou non as ensinanzas ao seu estilo de aprendizaxe, e segundo as súas necesidades. Non deberiamos dubidar sobor disto, se saímos dunha valoración concienzuda e fiábel. Curiosamente pertencemos a unha sociedade que decide adaptar “de todo” e cáseque en tódo-los procesos, especialmente no proceso de produción, que leva ao de consumo: no nº do calzado, nos envases monodose ou familiares, na medida das vivendas, na feitura dos turismos, nas múltiples aplicacións dos innumerabeis móbiles, GPS, tablets... Porén semella acontecer algo distinto cos procesos de aprendizaxe, e mais exactamente coa adaptación daqueles contidos que poden compromete-lo avance do APRENDER BEN para SABER PRODUCIR, e SENTIRSE MELLOR. Entendo que o usuario dun móbil intuitivo non se sinte pior ca unha enxañeira en telecomunicacións, polo feito de empregar un aparello sinxelo ¿non si? MENOS É MÁIS... A decisión de muda-las cargas dunha fasquía barroca, por elementos dunha arquitectura funcional e máis diáfana, na que entre ar e claridade : medidas de reforzo educativo, apoios dos/as P/T-A/L, e en último termo, AC (Adaptación Curricular).
  • 9. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 9 REFORZOS ORDINARIOS APOIOS das P/T-A/L
  • 10. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 10 E pola miña parte, acepto que haberá cuestións fóra da miña medida, e do meu control: ás veces guiños xeracionais del@s que non entenderei nas miñas conclusións... Da realidade recibirán unha choiva de datos, mensaxes, esixencias, paradoxos aos que estarán expostos ... El@s seguirán mellor cun paraugas... Pénsoo ao comeza-los meus informes... Quizáis a orientación escolar especialízase nos puntos que pode, e non son poucos; e a avaliación psicopedagóxica vese dentro dela... Góstame chegar ao filme “O Vento Levaranos”: Abbas Kiarostami seguiu os pasos dun vello doutor, polos carreiros e aldeas do Norte de Irán. Ía canda os seus pacientes nun ciclomotor, entre campos de cereais e ventos que abaneaban montañas cinzentas. E o seu acompañante dille: - «Doutor: cal é a súa especialidade? - Non teño, deste xeito estudo o corpo enteiro. Se me especializo vereime coutado...» Autor do texto e das fotografías*: Juan José Álvarez Castro │ Orientador do IES de Arzúa. *Agás da foto do grupo: páx. 1