2. Educación: Desigualdade nas
aulas
Múltiples estudos deixan
claro que, a pesar da
igualdade legal,as mulleres
non disfrutan das mesmas
oportunidades cos homes
no mundo laboral, na
administración...
Tampouco nas aulas.
3. Hai máis de tres décadas que os nenos e
nenas estudan xuntos e estudan o
mesmo, pero na escola non se lles trata
por igual nin se concede a mesma
importancia ao saber deles que delas ; é
sexista.
4. Coma sempre que se
xeneraliza, esta
afirmación, tomada ao pe
da letra, non é certa.
5. Hai escolas que ensinan os nomes de
tantos trobadores como de trobadoras,
que explican a xeometría a través da
costura, que impiden que o fútbol
acapare o espazo de xogo no patio o que
inclúen as tarefas domésticas e o coidado
das persoas no seu currículo para ensinar
a superar estereotipos sobre o papel dos
homes e mulleres.
6. Aínda así, a maioría das escolas teñen
unha educación cun claro predominio
masculino e pouca presenza das
mulleres, tanto nos contidos
académicos como nas conversacións,
o uso dos espazos, a linguaxe...
7. Estereotipo de beleza feminino.
Consecuencias?
No caso das mulleres novas, son os trastornos da alimentación os que
máis preocupan. Os máis comúns son a anorexia e a bulimia e detrás
deles escóndense as consecuencias da tiranía exercida polos
estereotipos de mulleres belas, esveltas e delgadas.
O que fai que nos preguntemos sobre o peso da imaxe nas mozas de hoxe
e o papel dos medios de comunicación ao respecto.
8. En ambos casos, estase ante dous trastornos
alimenticios de xénero, que afectan
maioritariamente a rapazas novas, nas que
cala fondamente a imaxe estereotipada da
muller extremadamente delgada.
9. A excesiva utilización do
corpo feminino en
televisión, internet ou a
prensa, que mostra á
muller sempre guapa,
asociada á delgadeza,
así como a aparición de
"top-models" que
manteñen o
estereotipo, contribuíu
a disparar a incidencia
de
estes trastornos entre
as mozas.
10. Un mundo deportivo masculino
No deporte son máis visibles as
desigualdades de xénero, aínda que
están algo máis atenuadas polo aumento
do número de mulleres
mozas que realiza actividades físicas, a
súa maior participación nos
deportes tradicionais e a súa presenza,
como espectadoras, en encontros,
competicións e torneos.
11. A forza física é o principal
argumento esgrimido polos mozos para
facer diferenzas entre
deportes de rapaces e de rapazas.
Esta xustificación de carácter biolóxico
perde peso cando se recoñece
a existencia de deportes que non precisan
dunha maior resistencia,
motivo ante o que compre aludir ao
compoñente cultural.
12. Establécese entón unha segmentación das
actividades deportivas dende unha perspectiva
de xénero, ás que se alude en función das
variables sociais ou culturais. Isto significa que o
mantemento das diferenzas non está asociado
ao biolóxico senón ao cultural.
Baixo esa aparencia agochanse algunhas
situacións discriminatorias na práctica das
actividades deportivas:
13. ■ As rapazas adoitan abandonar na adolescencia a
práctica de actividades deportivas pola falta de
apoio que
reciben da familia, a escola e a sociedade.
■ Poucas mozas practican deportes de elite.
■ Escasean as mozas deportistas con impacto
na sociedade e nos medios de comunicación.
■ Os mozos dominan os espazos dedicados ao
deporte, como os polideportivos, ximnasios e
pistas de atletismo.
14. Para os rapaces e as rapazas, a
forte masculinización do mundo deportivo ten
unha causa biolóxica, porque consideran que o
corpo é o principal potencial a desenvolver con
este tipo de actividades e as diferenzas entre
ambos os dous son obvias.
15. Isto pode axudar a comprender por que
escollen deportes distintos
e considérase que o corpo das rapazas
está en desvantaxe.
Pero, por exemplo, o condicionante da
forza física desínchase cando se trata de
actividades como o automobilismo, onde
prima máis a destreza e os
reflexos.
Entón, a abafadora presenza masculina
xustifícase dende
unha perspectiva cultural e educativa.
16. ANEXO
EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOUTROS XÓVENES
EUROPEOS ?
COMO VIMOS OS XÓVENES FRANCESES?
17. Imaxe xeral dos xóvenes
franceses
■ Maior aceptación da diversidade étnica:
Variedade étnica e respecto cara ela:
persoas de diferentes orixes en postos de
importancia como policías, funcionarios...
■ Máis educados.
■ Máis tolerantes.
■ Máis recatados e introvertidos. Menos
efusivos.
■ Máis humildes.
18. En Galicia hai moita desigualdade
entre rapazas e rapaces. Pero isto no
é irreversible, e, entre todos,
podemos ir mellorando esta
situación.
GRAZAS