SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
deaula
OllOs ANO I - Nº 8 - Xuño 2013
Que é un
prexuízo
lingüístico?
Revista para as familias do alumnado
Xa están
aquí as
vacacións!
Chega
o verán, e
agora que?
8
Vai rematando o curso, e as familias temos que ir pensando no
tempo de lecer, nesa pausa estival que debería permitirnos unha
convivencia relaxada coas nosas fillas e fillos máis alá das rutinas
académicas e da ditadura dos reloxos. Porque as vacacións tamén
son imprescindibles desde un punto de vista emocional e educati-
vo, en canto permiten desenvolver outro ritmo de vida e outras ex-
periencias que van máis alá da monotonía dos horarios escolares.
É hora, se cadra, de ir “desprogramando” a nosa axenda, de respi-
rar fondo e de preparar unha maleta simbólica, onde caiban soños
e ilusións, libros e viaxes, horas de praia e de montaña, bicicletas
e táboas de surf, roupa de baño e calzado cómodo, concertos ao
aire libre e tardes sen fin diante do mar, coa xente que queremos e
nos quere.
E na maleta deste verán, que vos desexamos feliz, non esqueza-
des levar aquilo que nos distingue e nos fai únicos no mundo: esa
lingua que tamén quere saír de vacacións, e acompañarnos nesas
horas nas que construímos castelos na praia ou botamos unha
soneca á sombra dun carballo.
Porque sería ben triste que gardásemos a nosa lingua
como se fose roupa de inverno, e non
como un idioma que
anda descalzo pola
area.
Da lingua
A maleta do verán
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetacion:tallerdd.com
Se buscas consellos
para elixir as lecturas
dos teus fillos para estas
vacacións, non podes
deixar de consultar
o blog Brabádegos,
o portal da literatura
infantil e xuvenil. http://
ir.gl/8cc2da.
Este verán os nenos/
as de 16 concellos
poderán gozar na
piscina ou praia
fluvial do programa
Augalingua, organizado
pola SXPL. Mira os
lugares e os días en
http://ir.gl/e7a09c
Queres saber o que
se leva? Entón tes
que visitar o medio
de tendencias made
in Galicia: www.
disquecool.com
Acaba de publicarse
en inglés a primeira
edición de Cantares
gallegos de Rosalía de
Castro. Orgullosos/as do
noso e orgullosos/as do
galego!
Andas buscando un
caderno de actividades
para o teu fillo/a? Pois
se ten entre 3 e 10 anos
ao mellor interésache
Bababum. Podes velo
en http://ir.gl/b0b8e0
A Cordinadora
Galega de Equipos
Normalización
e Dinamización
Lingüística deséxavos
a todos e todas unhas
boas vacacións!
Montañas na cama é un álbum que publicou
OQO con texto de Maricuela e ilustracións de
Sonya Wimmer. Un libro que aborda a sexuali-
dade con humor, naturalidade e sensibilidade,
posto que por medio de metáforas descubriremos
como o amor dos pais se manifesta con tenrura e
como, sen evitar a innegable educación que debe-
mos dar aos nosos fillos e fillas, o enfoque desta
debe suxeitarse á súa idade e á súa capacidade
cognitiva.
7
Rosalía pequeniña. Gozar dos poemas de
Rosalía grazas á marabillosa voz de Uxía Sen-
lle. En formato álbum, coas alegres ilustracións
de Marina Seoane, publicado por Galaxia,
achegámonos á nosa poeta con dez poemas
adaptados para unha nena que soña ser poeta,
rebelde e rebuldeira que chama pola alborada.
Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar,
e para logo profundar na figura máis importan-
te da nosa literatura.
CADENCIASGracia Santorum
Para explicar
Para primeir@s lector@s
Para escoitar
O señor Corpo quere xogar, de Alicia Borrás Sanjurjo,
con tipografía en letras maiúsculas moi apropiada para
iniciarse na lectura, descobre en cada páxina unha parte
do corpo humano para que o lectorado máis novo adquira
novos coñecementos sobre este e saiba algo máis de si
mesmo. Ilustrado profusamente por Rodrigo Chao, cada
lector novo levará o seu propio ritmo de lectura, grazas
á poesía textual que contará as tarefas cotiás ás que cada
parte do corpo está destinado.
Un prexuízo, tal e como a palabra xa nos mostra, é un xuízo previo,
unha opinión ou unha crítica que se emite antes de ter os coñece-
mentos suficientes para fundamentala. Os prexuízos existiron sempre
e seguen existindo hoxe en día, e afectan a todas as persoas, sen dis-
tinción de razas, culturas ou clases sociais. Os prexuízos son negativos
porque nos impiden comprender a realidade, lévannos a percibir o
mundo de xeito distorsionado e falso. Engánannos.
Hai casos moi claros de prexuízos que hoxe en día están máis ou
menos superados, como por exemplo a crenza na inferioridade dal-
gunhas razas ou dalgúns xéneros. Así,
durante anos a xente pensou que
as persoas negras eran inferio-
res ao resto, e iso propiciou
que fosen explo-
tadas e escravi-
zadas. Ou que
as mulleres fosen
consideradas seres infe-
riores aos homes, e iso axudou a que en moitas ocasións non fosen
tidas en conta.
Sobre a lingua galega existen tamén certos prexuízos, algúns moi
arraigados no pensamento colectivo, que cómpre desenmascarar.
Non hai espazo aquí para facelo. Pero é unha tarefa que cada quen
pode levar a cabo de maneira autónoma. Necesitará honradez con-
sigo mesmo, a suficiente como para non querer enganarse. Tamén
deberá desconfiar das opinións alleas, mesmo no caso de que parezan
maioritarias, que todo o mundo pense dunha forma determinada
non implica que iso sexa o correcto. Hai anos “todo o mundo” cría
que a terra era plana, e agora sabemos que iso non é así. E deberá
informarse, ler, consultar Internet, e se cadra descubrirá que algunhas
opinións negativas sobre a lingua galega non teñen fundamento, son
falsas, son froito de prexuízos.
3
A pregunta
?
Responde: Manuel Núñez Singala
[Director do Servizo de Normalización Lingüística
da Universidade de Santiago]
Que é un prexuízo lingüístico?
Despois do “sprint” final de exames e no-
tas, remata o curso. Ou moito me engano,
ou durante as vindeiras semanas imos fartarnos de escoi-
tar nos medios de comunicación e nas conversas particu-
lares frases tipo: “Son demasiadas vacacións… Noutros
países non é así… A ver que facemos cos nenos…” A
estas argumentacións contestamos con datos obxectivos:
os días de vacacións de verán en España son practica-
mente idénticos aos do resto dos países europeos. Só
varían, nalgún caso, as datas de inicio ou fin, por mo-
tivos climáticos. Os días non lectivos ao longo do curso
son tamén moi semellantes, aínda que a distribución si
cambia en función das festividades e tradicións de cada
zona. E alguén discute a conveniencia do descanso? Non
se trata de facer aquí un “eloxio da preguiza”, como
Lafargue, pero está claro que os nosos nenos están cada
vez máis estresados por xornadas infinitas cheas de acti-
vidades escolares e extraescolares. É necesario recuperar
a calma e gozar de actividades para as que o ritmo diario
non deixa espazo: a lectura, o cine, a música, os depor-
tes… e a conversa. O verdadeiro problema é o axuste
dos horarios laborais, cada vez máis esixentes, coa vida
familiar. Esa conciliación é moi complexa, e máis este
ano, cos recortes en actividades de lecer gratuitas por
parte das institucións públicas. Pero non carguemos nos
nosos rapaces a responsabilidade da solución. Iso tócalle
a outros. Bo verán!
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{VACACIÓNS}
As vacacións de verán xa
están aquí. Para as crianzas
é un momento de ledicia e
posibilidades infinitas de
divertimento. Porén, para
moitas familias supón un
incremento da dificultade de
coordinar os novos horarios
coas responsabilidades
laborais, alén de que as
tarefas domésticas e os
coidados non cesan nunca.
Esta situación obriga a
reorganizar os tempos e
pensar estratexias que
sirvan á cohesión familiar
e ao divertimento das
crianzas sen deixar de
lado as responsabilidades
derivadas do traballo,
tanto remunerado coma
doméstico. Para evitar que
este proceso derive en
frustracións e malestares, é
importante considerar certas
cuestións:
54
O tema
Tania Merelas Iglesias
[Educadora social e pedagoga]
Chega o verán,
e agora que?
1Corresponsabilidade no fogar
e nos coidados. A colaboración e
reparto equitativo nas tarefas do-
mésticas e de coidados permite unha
mellor organización dos tempos. O
mantemento do fogar non é respon-
sabilidade exclusiva das mulleres,
senón de todas as persoas que nel
conviven, incluídas as máis pequenas
e pequenos. É importante educar na
corresponsabilidade dende idades
temperás, xa que través da partici-
pación en pequenas tarefas as nosas
fillas e fillos van gañando autonomía
persoal e valorando a importancia de
coidar(se).
2Exploración da rede de apoios.
A nivel institucional é importante
coñecer os recursos, servizos e pro-
gramas que existen no noso concello,
tanto de carácter público coma de
iniciativa privada. A concellería ou de-
partamento de educación pode infor-
marnos das actividades programadas
para o verán. Igualmente, as bibliote-
cas municipais e os centros culturais
son recursos locais dos que cómpre
coñecer a programación, pois adoitan
ofrecer alternativas interesantes. No
eido privado, o movemento asocia-
tivo da nosa localidade (asociacións de veciñas e
veciños, asociacións culturais, clubes deportivos…)
tamén é un referente ao que achegarnos. A nivel
informal, certas persoas do noso entorno próximo
poden botarnos unha man. Avoas e avós asumen
esta axuda ao longo do ano, e de forma especial
no verán, o cal permite afianzar a súa relación coas
nosas fillas e fillos e alimentar un vínculo interxene-
racional enriquecedor. Mais a responsabilidade dos
coidados e da súa educación non pode ser delega-
da totalmente en persoas alleas aos proxenitores.
3Divertimento e aprendizaxe. Na elección das
actividades hai que evitar a imposición de criterios
adultos e contar coa opinión das crian-
zas, coñecer os seus intereses e valorar
en que medida poden ser satisfei-
tos. As vacacións non deben ser
unha extensión do tempo escolar,
polo que debemos equilibrar a
presenza do divertimento e
das aprendizaxes, evitando
sobresaturar as axendas infantís.
Xogando tamén se aprende.
4Tempo e lecer en fami-
lia. A creación de espazos e
tempos compartidos onde
afloren intereses ou hobbies
dos que poidan participar
conxuntamente nais, pais
e crianzas favorece a ad-
quisición de aprendizaxes
fundamentais e contribúe á
cohesión familiar.

More Related Content

What's hot

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

What's hot (18)

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 

Similar to Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
bibliobrozos
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
REME BUDIÑO
 

Similar to Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara (20)

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 

More from Coordinadora Galega ENDL

More from Coordinadora Galega ENDL (9)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

  • 1. deaula OllOs ANO I - Nº 8 - Xuño 2013 Que é un prexuízo lingüístico? Revista para as familias do alumnado Xa están aquí as vacacións! Chega o verán, e agora que? 8 Vai rematando o curso, e as familias temos que ir pensando no tempo de lecer, nesa pausa estival que debería permitirnos unha convivencia relaxada coas nosas fillas e fillos máis alá das rutinas académicas e da ditadura dos reloxos. Porque as vacacións tamén son imprescindibles desde un punto de vista emocional e educati- vo, en canto permiten desenvolver outro ritmo de vida e outras ex- periencias que van máis alá da monotonía dos horarios escolares. É hora, se cadra, de ir “desprogramando” a nosa axenda, de respi- rar fondo e de preparar unha maleta simbólica, onde caiban soños e ilusións, libros e viaxes, horas de praia e de montaña, bicicletas e táboas de surf, roupa de baño e calzado cómodo, concertos ao aire libre e tardes sen fin diante do mar, coa xente que queremos e nos quere. E na maleta deste verán, que vos desexamos feliz, non esqueza- des levar aquilo que nos distingue e nos fai únicos no mundo: esa lingua que tamén quere saír de vacacións, e acompañarnos nesas horas nas que construímos castelos na praia ou botamos unha soneca á sombra dun carballo. Porque sería ben triste que gardásemos a nosa lingua como se fose roupa de inverno, e non como un idioma que anda descalzo pola area. Da lingua A maleta do verán
  • 2. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetacion:tallerdd.com Se buscas consellos para elixir as lecturas dos teus fillos para estas vacacións, non podes deixar de consultar o blog Brabádegos, o portal da literatura infantil e xuvenil. http:// ir.gl/8cc2da. Este verán os nenos/ as de 16 concellos poderán gozar na piscina ou praia fluvial do programa Augalingua, organizado pola SXPL. Mira os lugares e os días en http://ir.gl/e7a09c Queres saber o que se leva? Entón tes que visitar o medio de tendencias made in Galicia: www. disquecool.com Acaba de publicarse en inglés a primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Orgullosos/as do noso e orgullosos/as do galego! Andas buscando un caderno de actividades para o teu fillo/a? Pois se ten entre 3 e 10 anos ao mellor interésache Bababum. Podes velo en http://ir.gl/b0b8e0 A Cordinadora Galega de Equipos Normalización e Dinamización Lingüística deséxavos a todos e todas unhas boas vacacións! Montañas na cama é un álbum que publicou OQO con texto de Maricuela e ilustracións de Sonya Wimmer. Un libro que aborda a sexuali- dade con humor, naturalidade e sensibilidade, posto que por medio de metáforas descubriremos como o amor dos pais se manifesta con tenrura e como, sen evitar a innegable educación que debe- mos dar aos nosos fillos e fillas, o enfoque desta debe suxeitarse á súa idade e á súa capacidade cognitiva. 7 Rosalía pequeniña. Gozar dos poemas de Rosalía grazas á marabillosa voz de Uxía Sen- lle. En formato álbum, coas alegres ilustracións de Marina Seoane, publicado por Galaxia, achegámonos á nosa poeta con dez poemas adaptados para unha nena que soña ser poeta, rebelde e rebuldeira que chama pola alborada. Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar, e para logo profundar na figura máis importan- te da nosa literatura. CADENCIASGracia Santorum Para explicar Para primeir@s lector@s Para escoitar O señor Corpo quere xogar, de Alicia Borrás Sanjurjo, con tipografía en letras maiúsculas moi apropiada para iniciarse na lectura, descobre en cada páxina unha parte do corpo humano para que o lectorado máis novo adquira novos coñecementos sobre este e saiba algo máis de si mesmo. Ilustrado profusamente por Rodrigo Chao, cada lector novo levará o seu propio ritmo de lectura, grazas á poesía textual que contará as tarefas cotiás ás que cada parte do corpo está destinado.
  • 3. Un prexuízo, tal e como a palabra xa nos mostra, é un xuízo previo, unha opinión ou unha crítica que se emite antes de ter os coñece- mentos suficientes para fundamentala. Os prexuízos existiron sempre e seguen existindo hoxe en día, e afectan a todas as persoas, sen dis- tinción de razas, culturas ou clases sociais. Os prexuízos son negativos porque nos impiden comprender a realidade, lévannos a percibir o mundo de xeito distorsionado e falso. Engánannos. Hai casos moi claros de prexuízos que hoxe en día están máis ou menos superados, como por exemplo a crenza na inferioridade dal- gunhas razas ou dalgúns xéneros. Así, durante anos a xente pensou que as persoas negras eran inferio- res ao resto, e iso propiciou que fosen explo- tadas e escravi- zadas. Ou que as mulleres fosen consideradas seres infe- riores aos homes, e iso axudou a que en moitas ocasións non fosen tidas en conta. Sobre a lingua galega existen tamén certos prexuízos, algúns moi arraigados no pensamento colectivo, que cómpre desenmascarar. Non hai espazo aquí para facelo. Pero é unha tarefa que cada quen pode levar a cabo de maneira autónoma. Necesitará honradez con- sigo mesmo, a suficiente como para non querer enganarse. Tamén deberá desconfiar das opinións alleas, mesmo no caso de que parezan maioritarias, que todo o mundo pense dunha forma determinada non implica que iso sexa o correcto. Hai anos “todo o mundo” cría que a terra era plana, e agora sabemos que iso non é así. E deberá informarse, ler, consultar Internet, e se cadra descubrirá que algunhas opinións negativas sobre a lingua galega non teñen fundamento, son falsas, son froito de prexuízos. 3 A pregunta ? Responde: Manuel Núñez Singala [Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago] Que é un prexuízo lingüístico? Despois do “sprint” final de exames e no- tas, remata o curso. Ou moito me engano, ou durante as vindeiras semanas imos fartarnos de escoi- tar nos medios de comunicación e nas conversas particu- lares frases tipo: “Son demasiadas vacacións… Noutros países non é así… A ver que facemos cos nenos…” A estas argumentacións contestamos con datos obxectivos: os días de vacacións de verán en España son practica- mente idénticos aos do resto dos países europeos. Só varían, nalgún caso, as datas de inicio ou fin, por mo- tivos climáticos. Os días non lectivos ao longo do curso son tamén moi semellantes, aínda que a distribución si cambia en función das festividades e tradicións de cada zona. E alguén discute a conveniencia do descanso? Non se trata de facer aquí un “eloxio da preguiza”, como Lafargue, pero está claro que os nosos nenos están cada vez máis estresados por xornadas infinitas cheas de acti- vidades escolares e extraescolares. É necesario recuperar a calma e gozar de actividades para as que o ritmo diario non deixa espazo: a lectura, o cine, a música, os depor- tes… e a conversa. O verdadeiro problema é o axuste dos horarios laborais, cada vez máis esixentes, coa vida familiar. Esa conciliación é moi complexa, e máis este ano, cos recortes en actividades de lecer gratuitas por parte das institucións públicas. Pero non carguemos nos nosos rapaces a responsabilidade da solución. Iso tócalle a outros. Bo verán! 6 Lines Salgado Palabras do ensino {VACACIÓNS}
  • 4. As vacacións de verán xa están aquí. Para as crianzas é un momento de ledicia e posibilidades infinitas de divertimento. Porén, para moitas familias supón un incremento da dificultade de coordinar os novos horarios coas responsabilidades laborais, alén de que as tarefas domésticas e os coidados non cesan nunca. Esta situación obriga a reorganizar os tempos e pensar estratexias que sirvan á cohesión familiar e ao divertimento das crianzas sen deixar de lado as responsabilidades derivadas do traballo, tanto remunerado coma doméstico. Para evitar que este proceso derive en frustracións e malestares, é importante considerar certas cuestións: 54 O tema Tania Merelas Iglesias [Educadora social e pedagoga] Chega o verán, e agora que? 1Corresponsabilidade no fogar e nos coidados. A colaboración e reparto equitativo nas tarefas do- mésticas e de coidados permite unha mellor organización dos tempos. O mantemento do fogar non é respon- sabilidade exclusiva das mulleres, senón de todas as persoas que nel conviven, incluídas as máis pequenas e pequenos. É importante educar na corresponsabilidade dende idades temperás, xa que través da partici- pación en pequenas tarefas as nosas fillas e fillos van gañando autonomía persoal e valorando a importancia de coidar(se). 2Exploración da rede de apoios. A nivel institucional é importante coñecer os recursos, servizos e pro- gramas que existen no noso concello, tanto de carácter público coma de iniciativa privada. A concellería ou de- partamento de educación pode infor- marnos das actividades programadas para o verán. Igualmente, as bibliote- cas municipais e os centros culturais son recursos locais dos que cómpre coñecer a programación, pois adoitan ofrecer alternativas interesantes. No eido privado, o movemento asocia- tivo da nosa localidade (asociacións de veciñas e veciños, asociacións culturais, clubes deportivos…) tamén é un referente ao que achegarnos. A nivel informal, certas persoas do noso entorno próximo poden botarnos unha man. Avoas e avós asumen esta axuda ao longo do ano, e de forma especial no verán, o cal permite afianzar a súa relación coas nosas fillas e fillos e alimentar un vínculo interxene- racional enriquecedor. Mais a responsabilidade dos coidados e da súa educación non pode ser delega- da totalmente en persoas alleas aos proxenitores. 3Divertimento e aprendizaxe. Na elección das actividades hai que evitar a imposición de criterios adultos e contar coa opinión das crian- zas, coñecer os seus intereses e valorar en que medida poden ser satisfei- tos. As vacacións non deben ser unha extensión do tempo escolar, polo que debemos equilibrar a presenza do divertimento e das aprendizaxes, evitando sobresaturar as axendas infantís. Xogando tamén se aprende. 4Tempo e lecer en fami- lia. A creación de espazos e tempos compartidos onde afloren intereses ou hobbies dos que poidan participar conxuntamente nais, pais e crianzas favorece a ad- quisición de aprendizaxes fundamentais e contribúe á cohesión familiar.