Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Proxecto prensa
1. O meu proxecto céntrase no uso da información xornalística tanto en papel como na web para
obter información sobre un tema de actualidade que nos pareza interesante e sexa susceptible
de debate na aula.
O proceso será o seguinte:
1º eleximos un tema de actualidade que poida ter varios puntos de vista para poder organizar
un debate.
2º. Facemos tres grupos: un grupo a favor, outro en contra e un terceiro que fará de
moderador e sacará conclusións e fará critica de como se produciu o debate.
3º- cada equipo busca información sobre o tema que lle facilite defender a súa postura, tanto
en prensa escrita que estará dispoñible para todos na aula e que se poderá consultar tanto na
hora de lectura como en tempo libre. Tamén temos un tempo semanal no que se pode
consultar en internet.
4º unha vez que temos información suficiente, cada grupo preparará unha presentación breve
sobre a súa postura e as razóns que ofrecen para suscitar o debate.
5º- celébrase o debate e extráense unhas conclusións que normalmente será acordada entre
todos.
6º colgaráse no blog tanto as conclusións como os argumentos periódicamente.
Ademais disto tamén se colgarán opinións sobre noticias que nos parezan interesantes e
escribiremos acontecementos especiais da aula.