O SOUTO DE FIGUEIRIDO
O final dese abafante verán significaba
para Catuxa algunhas cousas boas:
podería, por exemplo, encher o bandullo
coas uvas recollidas na vide do avó, ou ir
cos seus irmáns, Iria e Nuno, apañar
castañas ao souto de Figueirido.
SESGAÑA
Sesgaña contaba cun castelo grande e
dúas pontes que cruzaban o río: a Ponte
Vella, que comunicaba con Tordollobre, e
a Ponte Nova, que chegaba até o Lugar
da Veiga.
MÓRTIMER
Mais case un ano despois de coidados e
boa vida convertérase nunha negra bóla
de pelo que gustaba de pasar as horas
mortas a durmir co bandullo cara ao ceo,
nunha postura moi pouco felina.
TORDOLLOBRE
Era o mellor amigo de Catuxa no colexio;
porén, case nunca coincidían fóra do
recinto escolar, xa que Ulises vivía en
Tordollobre, no outro lado da ría.
O LUGAR DO SAPO
O avó, o pai do pai dos irmáns, vivía no
Lugar do Sapo, un pequeno rueiro
composto por tres casas arredor dunha
aira e un lavadoiro onde nadaban sapos e
ras.
A PRAZA DO CHAFARIZ
Nuno, malia estricar o brazo todo o que
puido, non conseguiu deter o balón, que
pasou a rentes dos dedos da súa man
esquerda. A pelota continuou a súa
traxectoria polo aire até pousar na pía da
fonte, onde ficou aboiando na auga.
MERCADO VELLO
-Maldituria sexa a miña sorte! –bufou
Xildas entre lágrimas -. Desde que
cheguei a esta viluria vivín no Mercadurio
Vellurio e fun feliz. Cada noite saía do
meu agochurio para facer falcatradurias.
A FRAGA DO CONDE
Nacera había 110 anos na Fraga do
Conde, afastada un bo feixe de
quilómetros río arriba da vila de Sesgaña.
A fraga era un territorio verde e salvaxe
que gabeaba polas abas dos montes en
ambas as dúas beiras do río.
O CASTELO DE SESGAÑA
Nun recanto do patio erguíase a vella
torre, a única que ficaba de pé tras o
incendio provocado séculos atrás polas
revoltas campesiñas.
A COSTA DO CAL
A Costa do Cal zigzagueaba entre os
rexos castiñeiros do Souto de Figueirido,
cuxas poboadas pólas facían de falsos
paraugas para os catro nenos e o trasno.
A FRAGA DA CURUXEIRA
Segundo se afastaban do Lugar do Sapo
e se ían internando na Fraga da
Curuxeira, a costa facíase máis e máis
estreita, até transformarse nun angosto
carreiriño flanqueado por toxos que lles
rabuñaban as pernas.
finalMoitas grazas a todos!!!

XILDAS

  • 2.
    O SOUTO DEFIGUEIRIDO O final dese abafante verán significaba para Catuxa algunhas cousas boas: podería, por exemplo, encher o bandullo coas uvas recollidas na vide do avó, ou ir cos seus irmáns, Iria e Nuno, apañar castañas ao souto de Figueirido.
  • 4.
    SESGAÑA Sesgaña contaba cuncastelo grande e dúas pontes que cruzaban o río: a Ponte Vella, que comunicaba con Tordollobre, e a Ponte Nova, que chegaba até o Lugar da Veiga.
  • 7.
    MÓRTIMER Mais case unano despois de coidados e boa vida convertérase nunha negra bóla de pelo que gustaba de pasar as horas mortas a durmir co bandullo cara ao ceo, nunha postura moi pouco felina.
  • 9.
    TORDOLLOBRE Era o melloramigo de Catuxa no colexio; porén, case nunca coincidían fóra do recinto escolar, xa que Ulises vivía en Tordollobre, no outro lado da ría.
  • 11.
    O LUGAR DOSAPO O avó, o pai do pai dos irmáns, vivía no Lugar do Sapo, un pequeno rueiro composto por tres casas arredor dunha aira e un lavadoiro onde nadaban sapos e ras.
  • 13.
    A PRAZA DOCHAFARIZ Nuno, malia estricar o brazo todo o que puido, non conseguiu deter o balón, que pasou a rentes dos dedos da súa man esquerda. A pelota continuou a súa traxectoria polo aire até pousar na pía da fonte, onde ficou aboiando na auga.
  • 15.
    MERCADO VELLO -Maldituria sexaa miña sorte! –bufou Xildas entre lágrimas -. Desde que cheguei a esta viluria vivín no Mercadurio Vellurio e fun feliz. Cada noite saía do meu agochurio para facer falcatradurias.
  • 17.
    A FRAGA DOCONDE Nacera había 110 anos na Fraga do Conde, afastada un bo feixe de quilómetros río arriba da vila de Sesgaña. A fraga era un territorio verde e salvaxe que gabeaba polas abas dos montes en ambas as dúas beiras do río.
  • 19.
    O CASTELO DESESGAÑA Nun recanto do patio erguíase a vella torre, a única que ficaba de pé tras o incendio provocado séculos atrás polas revoltas campesiñas.
  • 21.
    A COSTA DOCAL A Costa do Cal zigzagueaba entre os rexos castiñeiros do Souto de Figueirido, cuxas poboadas pólas facían de falsos paraugas para os catro nenos e o trasno.
  • 23.
    A FRAGA DACURUXEIRA Segundo se afastaban do Lugar do Sapo e se ían internando na Fraga da Curuxeira, a costa facíase máis e máis estreita, até transformarse nun angosto carreiriño flanqueado por toxos que lles rabuñaban as pernas.
  • 25.