SlideShare a Scribd company logo
VIAXE ÁS MALDIVAS
Hoxe é día cinco de abril, estoume preparando
para a gran viaxe de Semana Santa que
emprenderei mañá pola mañá. Irei cos meus pais ás
Maldivas.
Fago a maleta con moito coidado, intentando non
esquecer nada. Ao rematar a maleta teño a
sensación de que se me esquece algo. Penso e
penso pero, por moitas voltas que lle dou, non me
dou conta da cousa tan importante que estaba a
esquecer, sen esa pequena peza de plástico, non
podería nin subir ao avión.
Ao día seguinte estaba moi
contenta e emocionada, aínda que
tamén un pouco nerviosa a causa
da longa duración do voo, máis ou
menos unhas 15 horas.
Tivémonos que levantar ás catro
da mañá, xa que o avión saía da
Coruña ás nove da mañá e de
Ourense á Coruña tárdase en
chegar unha hora e corenta e
cinco minutos. Mentres
almorzaba, a sensación de que algo esquecía ía en aumento, pero eu pensei que sería dos
nervos de facer unha viaxe tan longa. Despois vestímonos, collemos a maleta e subimos
os tres ao coche, cuxo condutor era o meu pai.
Eu miraba pola xanela e vía pasar as árbores, os toxos, as casas que coñecía, aínda que
nuns minutos xa deixaría de coñecer. Nese momento deime conta da inmensidade da
Terra, do pouco que coñece cada persoa, do tan grande mundo descoñecido que habería
que coñecer para descubrir todos os segredos que esconde a Terra.
Xa levabamos media hora no coche, dentro de pouco tocaríalle conducir a miña nai,
e eu decateime de que non levaba o carné, tiñamos que dar a volta. Díxenllo aos meus pais
e, aínda que se enfadaron comigo polo meu despiste, o meu pai deu a volta
inmediatamente. Conducía rápido de máis, superando os límites de velocidade por se
acaso non chegabamos a tempo ao aeroporto. De tanto que correu, parounos un policía e
multou ao meu pai, cousa que nos atrasou bastante. O meu pai estaba un pouco enfadado,
aínda que sabía que nos ía dar tempo de sobra de chegar ao aeroporto e coller o avión. Ao
chegar á nosa casa eu baixei correndo do coche e fun buscar o carné, cando
o collín volvín ao coche e senteime no asento.
Volvín ver outra vez as árbores, os toxos as casas fuxir detrás de min.
Máis ou menos á metade do camiño os meus pais cambiaron os postos e agora a
condutora do noso coche gris era a miña nai.
Cando chegamos ao aeroporto eu estaba moi emocionada. Collemos as maletas,
baixámolas do maleteiro e dirixímonos ao interior do aeroporto. Aínda quedaban dúas ou
tres horas así que decidimos ir facer os controis e esperar do outro lado do aeroporto.
Despois de moito tempo de espera subimos ao avión. Eu senteime no lado da xanela
e cando despegamos vin como cada vez Galiza estaba máis e máis lonxe, ata que,
desapareceu debaixo das nubes. Eu aburrinme moito no avión e, ás veces, tiven un pouco
de medo por se nese tempo tan longo había algún erro no avión e caía ou algo así. No
avión fixen moitas cousas, acabei o libro que estaba a ler, fixen un debuxo do avión e, unha
da mellores partes, tamén comemos.
Cando xa pasaron as 15 horas as azafatas anunciaron que tíñamos que por o cinto
de seguridade por que íamos aterrar. Eu a primeira vez que vía as Maldivas, xa me
encantaron. Vinas pola xanela do avión, eran preciosas, as súas praias coa auga cristalina
e a area branca, encantáronme.
O noso hotel era un deses
tan bonitos que vas por unha
pasarela por riba do mar e, ao
final está a túa habitación. Ese
día non fixemos nada porque
estabamos moi cansos da
viaxe, só despois dunha
media hora
descansando na preciosa
habitación, fomos cear.
Ao día seguinte o noso plan era ir en barco ata unha zona concreta do mar onde hai
tiburóns balea, unha especie de tiburón moi grande e pacífica. Fomos cun señor moi amable
que conducía o barco e encargábase de que todo saira ben. Este segundo día no paraíso
aínda me gustaron máis as fermosas praias, aínda se vían máis bonitas que nas fotos!
Cando chegamos ao sitio onde estaban os tiburóns a min deume un pouco de medo. Os
grandes tiburóns desprazábanse ao lado do noso pequeno barco e parecía que en calquera
momento lle darían un bocado, coa súa grande boca sen dentes. Os tiburóns
eran moi, moi grandes, pero tamén moi bonitos.
Despois de pasar toda a mañá dando voltas polo mar, volvemos ao hotel para comer.
A comida estaba bastante rica. Despois de comer fomos á habitación, cuxas vistas ao mar
son fermosas, para descansar un pouco antes de visitar unha das moitas praias que ten
este paradisíaco lugar. Na praia estivemos parte da tarde xogando coa area e coas suaves
olas do mar. Nas cristalinas augas vimos moitos tipos de peixes e corais, era fermoso.
Cando xa levábamos alí unhas horas tivemos que marchar cear para logo ir durmir.
Ao día seguinte, cando os raios de sol me despertaron, os meus pais estaban
tumbados nunhas hamacas que colgaban por riba do mar. Dixéronme que as descubriran
ao levantarse, e tamén había outra para min. Despois dun delicioso almorzo mirando ao
mar, collemos un barco para ir a outra illa, e dende esta, collemos o coche, que alugáramos
ao chegar, e cruzamos unha ponte para chegar a outra illa, onde está a capital das
Maldivas,
Malé. Este martes sete de abril estivemos todo o día alí. Malé encantoume, os edificios e
as calles son moi bonitos e coloridos e así tamén coñecín un pouco as costumes
musulmanas. Comemos un prato típico, o mashuni, feito de atún, cebola, coco e chile,
acompañado do pan tradicional do país, o roshi. Perdémonos polas fermosas rúas desta
cidade e, cando xa estaba anoitecendo, subimos á terraza dun hotel e gozamos dunha
preciosa posta de sol mentres nos refrescábamos cunhas bebidas. Despois disto
collemos o coche e fixemos o camiño de volta ao noso resort.
Este día non tíñamos que madrugar. Levantámonos máis ou menos ás dez e media
da mañá. Íamos facer unha actividade que me fai moita ilusión. Creo que este é un dos días
que mellor o vou pasar. Vamos ir a unha das moitas praias para mergullar con tubo!
Almorzamos ben para coller forzas e dirixímonos á axencia que che dá todo. Este día tamén
nos acompañou un home e levounos á zona onde habitaban numerosas especies de peixes
e corais. A miña nai non se quería meter, pero ao final, ao escoitar as miñas ex- clamacións
dicindo o bonito que era, meteuse. Era unha zona onde apenas había ondas e a
profundidade era pequena. Había peixes de moitos tipos, tamaños e cores, que se
camuflaban cos corais tamén moi coloridos. Estivemos ata as doce e media vendo peixes
e corais ata que tivemos que saír para cambiarnos e ir comer. Como o sitio ao que nos
levou o home non estaba moi lonxe do noso hotel fomos e mudámonos e duchámonos alí.
Este día comemos no hotel e despois fomos á
praia. Estivemos alí toda a tarde ata a hora de
cear. Despois de cear fomos ver un
espectáculo que se facía no hotel. Eran un
home e unha muller que facían acrobacias.
Subíase un encima do outro agarrándose só
cunha man, facían todo tipo de
pinchocarneiros, facían o pino e andaban coas
mans... Gustoume bastante.
O xoves nove de abril saímos da
habitación a almorzar moi tarde, ás doce.
Estabamos cansados porque a noite anterior
deitarámonos moi tarde. Despois de almorzar
fomos a unha praia. Tivemos que camiñar
bastante porque estaba lonxe. Fomos a esta
praia e non a outra calquera porque aquí había
unha famosa lingua de area. É unha
praia que está rodeada por tres lados de mar. Como se fora unha pasarela que se mete no
mar, pero de area. É moi bonita. Eu nunca estivera nunha e é unha sensación moi rara
porque está rodeada de mar polos dous lados.
Estivemos alí un pouco, eu metinme na auga e despois fomos a unha praia normal
un pouco antes de comer. Despois de comer descansamos nas hamacas da habitación e
despois fomos visitando as praias ao redor do hotel. Cando viamos unha hamaca
deitabamonos a gozar das vistas. Unha cousa que non contei é que nas Maldivas había
moitas hamacas colgadas das árbores para que calquera que pasara por alí se puidera
deitar a descansar. Estivemos
todo o día nas distintas praias
ata a hora de cear. A comida
estaba riquísima, como
sempre.
Ao día seguinte
despertáronnos os raios de
sol entrando pola grande
xanela, pero no lugar de ir
almorzar quedamos
descansando nas hamacas
de fóra. Despois dun pouco
fomos almorzar, e cando rematamos andivemos polos bares que se atopan ao redor do
hotel, tamén fomos un pouco á praia. Hoxe no lugar de comer no restaurante do hotel, como
fixeramos o resto dos días menos cando visitamos Malé, buscamos un restaurante cerca
do hotel e comemos alí. A comida estaba moi rica, creo que aínda máis que no hotel.
Ademais cando estabamos comendo vimos un fermoso golfiño saltar fora da auga. Ao
acabar dirixímonos ao barco, do cal xa tíñamos o billete mercado, que nos levaría a unha
illa deshabitada onde pasariamos a noite nunha tenda de campaña que nos daba a muller
do barco.
Sabiades que de case
mil duascentas illas que
hai nas Maldivas só
duascentas tres están
habitadas? Mentres nos
dirixiamos á illa, no
pequeno barco
conducido pola muller, a
min deume un pouco de
medo pasar alí a noite.
Cando chegamos
baixamos a tenda de
campaña do barco e
observamos as
fermosas praias desta
pequena illa. Cando vimos ao barco e a muller que nos acompañou facerse cada vez máis
pequeno ata desaparecer deume máis medo, pero tranquiliceime ao pensar que mañá a
primeira hora dá mañá volvería a muller e o barco a recollernos. Pasamos a tarde
explorando a fermosa fauna e flora da illa, gozando das fermosas praias e montando a
tenda. Cando foi hora de cear comemos os bocadillos que levabamos e metémonos na
grande tenda para durmir.
Durmín bastante ben, mellor do que pensaba. Só despertei unha vez asustada por un
ruído, segundos despois escoitei un golpe e os meus pais despertaran tamén. Os meus
pais decidiron saír para descubrir ao causante do golpe. Resulta que era un fermoso e
colorido paxaro que chocara coa tenda e cando se deu conta da presencia dos meus pais
botou a voar.
Despois deste acontecemento só despertei cando os meus pais me chamaron. Eu
levanteime e axudeilles a recoller a tenda mentres falabamos de como nos fora esta noite.
Despois duns minutos de acabar de recoller vimos achegarse o barco e a muller. Cando
chegamos ao hotel almorzamos como é debido e a continuación collemos outro barco para
ir á illa onde estaba o coche, e desta cruzar a ponte para chegar a Malé outra vez. Esta vez
iamos especificamente para visitar a gran mezquita. Primeiro andivemos un pouco polas
fermosas e coloridas rúas, tomamos algo nalgún bar e por último visitamos a gran mezquita.
Cando a vin quedei coa boca aberta. Era preciosa, branca, tiña algo escrito en dourado, ao
seu carón había unha cúpula dourada que estaba no alto dunha
cousa parecida a unha torre de cor branca, esta cúpula é a do Centro Islámico e
inaugurouse no ano 1984. O patio está recuberto de baldosas de mármore de Grecia.
Cando os meus pais me dixeron que tamén a podíamos visitar por dentro, xa que
estabamos fóra de horas de oración, eu púxenme moi contenta. A sala de oración está
decorada con alfombras paquistanís e paneis de madeira esculpidos. Cando saimos da
gran mezquita fomos a un restaurante para comer. Eu pedín outra vez o mashuni e aínda
me gustou máis ca primeira vez que o probei. Despois estivemos toda a tarde dando voltas
polas rúas da cidade e coñecendo un pouco máis a cada paso que dabamos.
Chegamos á habitación antes de que se puxera o sol para gozar do noso derradeiro
anoitecer das Maldivas nunha das súas fermosas praias. Deunos un pouco de pena porque
sabiamos que non volveriamos ver o sol esconderse no mar tan cristalino das illas Maldivas.
O domingo doce de abril era o noso derradeiro día no paraíso. Levantámonos ás sete
e media da mañá. Almorzamos as cousas que máis nos gustan do menú e despois
gozamos da soleada mañá na praia. Ás oito e media fixemos as maletas, miramos con pena
a praia que máis cerca estaba da nosa habitación e collemos o barco para ir á illa onde
estaba o aeroporto e máis o coche. O vermello coche deixámolo no mesmo lugar onde o
alugaramos ao chegar e a continuación dirixímonos ao aeroporto. Cando subín ao avión e
este despegou mirei pola xanela como o fixera cando sairamos de Galiza.
Cando chegamos á nosa casa estabamos moi cansos e fomos directamente á cama,
pensando nas augas cristalinas, na area branca, nas rúas coloridas de Malé, nos corais e
peixes... intentando gravar todo na memoria para non esquecelo xamais.

More Related Content

More from EVAVIDALFERRO

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. André
EVAVIDALFERRO
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. Shaila
EVAVIDALFERRO
 
AMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIAAMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIA
EVAVIDALFERRO
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIX
EVAVIDALFERRO
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.Marcos
EVAVIDALFERRO
 
REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868
EVAVIDALFERRO
 
Isabel II de España. Xiana
Isabel II de España. XianaIsabel II de España. Xiana
Isabel II de España. Xiana
EVAVIDALFERRO
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
EVAVIDALFERRO
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel Seara
EVAVIDALFERRO
 
CARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIERCARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIER
EVAVIDALFERRO
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela Almuiña
EVAVIDALFERRO
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
EVAVIDALFERRO
 
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILAISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
EVAVIDALFERRO
 
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERAISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
EVAVIDALFERRO
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
EVAVIDALFERRO
 
Isabel II. André del Río
Isabel II. André del RíoIsabel II. André del Río
Isabel II. André del Río
EVAVIDALFERRO
 
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez ViaderoFERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
EVAVIDALFERRO
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
EVAVIDALFERRO
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago Vázquez
EVAVIDALFERRO
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
EVAVIDALFERRO
 

More from EVAVIDALFERRO (20)

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. André
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. Shaila
 
AMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIAAMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIA
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIX
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.Marcos
 
REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868
 
Isabel II de España. Xiana
Isabel II de España. XianaIsabel II de España. Xiana
Isabel II de España. Xiana
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel Seara
 
CARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIERCARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIER
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela Almuiña
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
 
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILAISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
 
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERAISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
 
Isabel II. André del Río
Isabel II. André del RíoIsabel II. André del Río
Isabel II. André del Río
 
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez ViaderoFERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago Vázquez
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
 

Xiana.Maldivas

  • 1. VIAXE ÁS MALDIVAS Hoxe é día cinco de abril, estoume preparando para a gran viaxe de Semana Santa que emprenderei mañá pola mañá. Irei cos meus pais ás Maldivas. Fago a maleta con moito coidado, intentando non esquecer nada. Ao rematar a maleta teño a sensación de que se me esquece algo. Penso e penso pero, por moitas voltas que lle dou, non me dou conta da cousa tan importante que estaba a esquecer, sen esa pequena peza de plástico, non podería nin subir ao avión. Ao día seguinte estaba moi contenta e emocionada, aínda que tamén un pouco nerviosa a causa da longa duración do voo, máis ou menos unhas 15 horas. Tivémonos que levantar ás catro da mañá, xa que o avión saía da Coruña ás nove da mañá e de Ourense á Coruña tárdase en chegar unha hora e corenta e cinco minutos. Mentres almorzaba, a sensación de que algo esquecía ía en aumento, pero eu pensei que sería dos nervos de facer unha viaxe tan longa. Despois vestímonos, collemos a maleta e subimos os tres ao coche, cuxo condutor era o meu pai. Eu miraba pola xanela e vía pasar as árbores, os toxos, as casas que coñecía, aínda que nuns minutos xa deixaría de coñecer. Nese momento deime conta da inmensidade da Terra, do pouco que coñece cada persoa, do tan grande mundo descoñecido que habería que coñecer para descubrir todos os segredos que esconde a Terra. Xa levabamos media hora no coche, dentro de pouco tocaríalle conducir a miña nai, e eu decateime de que non levaba o carné, tiñamos que dar a volta. Díxenllo aos meus pais e, aínda que se enfadaron comigo polo meu despiste, o meu pai deu a volta inmediatamente. Conducía rápido de máis, superando os límites de velocidade por se acaso non chegabamos a tempo ao aeroporto. De tanto que correu, parounos un policía e multou ao meu pai, cousa que nos atrasou bastante. O meu pai estaba un pouco enfadado, aínda que sabía que nos ía dar tempo de sobra de chegar ao aeroporto e coller o avión. Ao chegar á nosa casa eu baixei correndo do coche e fun buscar o carné, cando o collín volvín ao coche e senteime no asento. Volvín ver outra vez as árbores, os toxos as casas fuxir detrás de min. Máis ou menos á metade do camiño os meus pais cambiaron os postos e agora a condutora do noso coche gris era a miña nai. Cando chegamos ao aeroporto eu estaba moi emocionada. Collemos as maletas, baixámolas do maleteiro e dirixímonos ao interior do aeroporto. Aínda quedaban dúas ou tres horas así que decidimos ir facer os controis e esperar do outro lado do aeroporto. Despois de moito tempo de espera subimos ao avión. Eu senteime no lado da xanela e cando despegamos vin como cada vez Galiza estaba máis e máis lonxe, ata que, desapareceu debaixo das nubes. Eu aburrinme moito no avión e, ás veces, tiven un pouco de medo por se nese tempo tan longo había algún erro no avión e caía ou algo así. No avión fixen moitas cousas, acabei o libro que estaba a ler, fixen un debuxo do avión e, unha da mellores partes, tamén comemos.
  • 2. Cando xa pasaron as 15 horas as azafatas anunciaron que tíñamos que por o cinto de seguridade por que íamos aterrar. Eu a primeira vez que vía as Maldivas, xa me encantaron. Vinas pola xanela do avión, eran preciosas, as súas praias coa auga cristalina e a area branca, encantáronme. O noso hotel era un deses tan bonitos que vas por unha pasarela por riba do mar e, ao final está a túa habitación. Ese día non fixemos nada porque estabamos moi cansos da viaxe, só despois dunha media hora descansando na preciosa habitación, fomos cear. Ao día seguinte o noso plan era ir en barco ata unha zona concreta do mar onde hai tiburóns balea, unha especie de tiburón moi grande e pacífica. Fomos cun señor moi amable que conducía o barco e encargábase de que todo saira ben. Este segundo día no paraíso aínda me gustaron máis as fermosas praias, aínda se vían máis bonitas que nas fotos! Cando chegamos ao sitio onde estaban os tiburóns a min deume un pouco de medo. Os grandes tiburóns desprazábanse ao lado do noso pequeno barco e parecía que en calquera momento lle darían un bocado, coa súa grande boca sen dentes. Os tiburóns eran moi, moi grandes, pero tamén moi bonitos. Despois de pasar toda a mañá dando voltas polo mar, volvemos ao hotel para comer. A comida estaba bastante rica. Despois de comer fomos á habitación, cuxas vistas ao mar son fermosas, para descansar un pouco antes de visitar unha das moitas praias que ten este paradisíaco lugar. Na praia estivemos parte da tarde xogando coa area e coas suaves olas do mar. Nas cristalinas augas vimos moitos tipos de peixes e corais, era fermoso. Cando xa levábamos alí unhas horas tivemos que marchar cear para logo ir durmir. Ao día seguinte, cando os raios de sol me despertaron, os meus pais estaban tumbados nunhas hamacas que colgaban por riba do mar. Dixéronme que as descubriran ao levantarse, e tamén había outra para min. Despois dun delicioso almorzo mirando ao mar, collemos un barco para ir a outra illa, e dende esta, collemos o coche, que alugáramos ao chegar, e cruzamos unha ponte para chegar a outra illa, onde está a capital das Maldivas,
  • 3. Malé. Este martes sete de abril estivemos todo o día alí. Malé encantoume, os edificios e as calles son moi bonitos e coloridos e así tamén coñecín un pouco as costumes musulmanas. Comemos un prato típico, o mashuni, feito de atún, cebola, coco e chile, acompañado do pan tradicional do país, o roshi. Perdémonos polas fermosas rúas desta cidade e, cando xa estaba anoitecendo, subimos á terraza dun hotel e gozamos dunha preciosa posta de sol mentres nos refrescábamos cunhas bebidas. Despois disto collemos o coche e fixemos o camiño de volta ao noso resort. Este día non tíñamos que madrugar. Levantámonos máis ou menos ás dez e media da mañá. Íamos facer unha actividade que me fai moita ilusión. Creo que este é un dos días que mellor o vou pasar. Vamos ir a unha das moitas praias para mergullar con tubo! Almorzamos ben para coller forzas e dirixímonos á axencia que che dá todo. Este día tamén nos acompañou un home e levounos á zona onde habitaban numerosas especies de peixes e corais. A miña nai non se quería meter, pero ao final, ao escoitar as miñas ex- clamacións dicindo o bonito que era, meteuse. Era unha zona onde apenas había ondas e a profundidade era pequena. Había peixes de moitos tipos, tamaños e cores, que se camuflaban cos corais tamén moi coloridos. Estivemos ata as doce e media vendo peixes e corais ata que tivemos que saír para cambiarnos e ir comer. Como o sitio ao que nos levou o home non estaba moi lonxe do noso hotel fomos e mudámonos e duchámonos alí. Este día comemos no hotel e despois fomos á praia. Estivemos alí toda a tarde ata a hora de cear. Despois de cear fomos ver un espectáculo que se facía no hotel. Eran un home e unha muller que facían acrobacias. Subíase un encima do outro agarrándose só cunha man, facían todo tipo de pinchocarneiros, facían o pino e andaban coas mans... Gustoume bastante. O xoves nove de abril saímos da habitación a almorzar moi tarde, ás doce. Estabamos cansados porque a noite anterior deitarámonos moi tarde. Despois de almorzar fomos a unha praia. Tivemos que camiñar bastante porque estaba lonxe. Fomos a esta praia e non a outra calquera porque aquí había unha famosa lingua de area. É unha
  • 4. praia que está rodeada por tres lados de mar. Como se fora unha pasarela que se mete no mar, pero de area. É moi bonita. Eu nunca estivera nunha e é unha sensación moi rara porque está rodeada de mar polos dous lados. Estivemos alí un pouco, eu metinme na auga e despois fomos a unha praia normal un pouco antes de comer. Despois de comer descansamos nas hamacas da habitación e despois fomos visitando as praias ao redor do hotel. Cando viamos unha hamaca deitabamonos a gozar das vistas. Unha cousa que non contei é que nas Maldivas había moitas hamacas colgadas das árbores para que calquera que pasara por alí se puidera deitar a descansar. Estivemos todo o día nas distintas praias ata a hora de cear. A comida estaba riquísima, como sempre. Ao día seguinte despertáronnos os raios de sol entrando pola grande xanela, pero no lugar de ir almorzar quedamos descansando nas hamacas de fóra. Despois dun pouco fomos almorzar, e cando rematamos andivemos polos bares que se atopan ao redor do hotel, tamén fomos un pouco á praia. Hoxe no lugar de comer no restaurante do hotel, como fixeramos o resto dos días menos cando visitamos Malé, buscamos un restaurante cerca do hotel e comemos alí. A comida estaba moi rica, creo que aínda máis que no hotel. Ademais cando estabamos comendo vimos un fermoso golfiño saltar fora da auga. Ao acabar dirixímonos ao barco, do cal xa tíñamos o billete mercado, que nos levaría a unha illa deshabitada onde pasariamos a noite nunha tenda de campaña que nos daba a muller do barco. Sabiades que de case mil duascentas illas que hai nas Maldivas só duascentas tres están habitadas? Mentres nos dirixiamos á illa, no pequeno barco conducido pola muller, a min deume un pouco de medo pasar alí a noite. Cando chegamos baixamos a tenda de campaña do barco e observamos as fermosas praias desta pequena illa. Cando vimos ao barco e a muller que nos acompañou facerse cada vez máis pequeno ata desaparecer deume máis medo, pero tranquiliceime ao pensar que mañá a primeira hora dá mañá volvería a muller e o barco a recollernos. Pasamos a tarde explorando a fermosa fauna e flora da illa, gozando das fermosas praias e montando a tenda. Cando foi hora de cear comemos os bocadillos que levabamos e metémonos na grande tenda para durmir. Durmín bastante ben, mellor do que pensaba. Só despertei unha vez asustada por un ruído, segundos despois escoitei un golpe e os meus pais despertaran tamén. Os meus pais decidiron saír para descubrir ao causante do golpe. Resulta que era un fermoso e
  • 5. colorido paxaro que chocara coa tenda e cando se deu conta da presencia dos meus pais botou a voar. Despois deste acontecemento só despertei cando os meus pais me chamaron. Eu levanteime e axudeilles a recoller a tenda mentres falabamos de como nos fora esta noite. Despois duns minutos de acabar de recoller vimos achegarse o barco e a muller. Cando chegamos ao hotel almorzamos como é debido e a continuación collemos outro barco para ir á illa onde estaba o coche, e desta cruzar a ponte para chegar a Malé outra vez. Esta vez iamos especificamente para visitar a gran mezquita. Primeiro andivemos un pouco polas fermosas e coloridas rúas, tomamos algo nalgún bar e por último visitamos a gran mezquita. Cando a vin quedei coa boca aberta. Era preciosa, branca, tiña algo escrito en dourado, ao seu carón había unha cúpula dourada que estaba no alto dunha cousa parecida a unha torre de cor branca, esta cúpula é a do Centro Islámico e inaugurouse no ano 1984. O patio está recuberto de baldosas de mármore de Grecia. Cando os meus pais me dixeron que tamén a podíamos visitar por dentro, xa que estabamos fóra de horas de oración, eu púxenme moi contenta. A sala de oración está decorada con alfombras paquistanís e paneis de madeira esculpidos. Cando saimos da gran mezquita fomos a un restaurante para comer. Eu pedín outra vez o mashuni e aínda me gustou máis ca primeira vez que o probei. Despois estivemos toda a tarde dando voltas polas rúas da cidade e coñecendo un pouco máis a cada paso que dabamos. Chegamos á habitación antes de que se puxera o sol para gozar do noso derradeiro anoitecer das Maldivas nunha das súas fermosas praias. Deunos un pouco de pena porque sabiamos que non volveriamos ver o sol esconderse no mar tan cristalino das illas Maldivas. O domingo doce de abril era o noso derradeiro día no paraíso. Levantámonos ás sete e media da mañá. Almorzamos as cousas que máis nos gustan do menú e despois gozamos da soleada mañá na praia. Ás oito e media fixemos as maletas, miramos con pena a praia que máis cerca estaba da nosa habitación e collemos o barco para ir á illa onde estaba o aeroporto e máis o coche. O vermello coche deixámolo no mesmo lugar onde o alugaramos ao chegar e a continuación dirixímonos ao aeroporto. Cando subín ao avión e este despegou mirei pola xanela como o fixera cando sairamos de Galiza. Cando chegamos á nosa casa estabamos moi cansos e fomos directamente á cama, pensando nas augas cristalinas, na area branca, nas rúas coloridas de Malé, nos corais e peixes... intentando gravar todo na memoria para non esquecelo xamais.