Presentación sobre o libro de Marcos Calveiro.
De xeito poético achéganos á pintura e á vida de Vincent van Gogh.
Fontes:
CALVEIRO, Marcos, O pintor do sombreiro de malvas, colección "Fóra de Xogo", Editorial Xerais, 7ª. edición, Vigo, 2011.
Van Gogh Museum, Amsterdam.
2. “_A beleza reside na
verdade, na vida tal e
como se nos presenta.
Eu só tento reflectila
con humildade… A arte
é o home engadido á
natureza, e aquí mesmo,
arrodeado por ela, estou
eu.” (Páx. 21)
3. “O forasteiro vestía pantalón e
chaqueta brancos e gastaba un
chapeu de palla… Permanecía quedo,
ergueito o seu queixo afiado, e
dirixía a cabeza con movementos
calmosos. Semellaba que uliscase o
aire da tarde, como tentando
4. apreixar todos os seus recendos.
Despois quitou o sombreiro e, cos
ollos pechos, orientou o rostro cara
ao horizonte, procurando que as
raiolas lle quecesen a face. Tiña o
cabelo, as cellas e a barba rubios, a
cute pálida e un nariz prominente.”
(Páx. 15)
5. “_ Hai que ser moi valente para
retratarse así, con toda a
crueza, sen ocultar nada. Que lle
pasou na orella?” (Páx. 34)
6. “Levabamos dende a mañanciña
diante da granxa das irmás
Cavaignac e, por volta do
mediodía, Vincent xa case
rematara o lenzo verderolo. Nel
víase a casa das señoras co
7. colmo do teito trazado con
grandes brochadas verdes,
unhas vides reviradas gabeando
pola fachada branca e,
achegándose a ela, as dúas
irmás, unha diante e a outra
máis afastada, apoiándose no
seu caxato.” (Páxs. 37, 38)
8. “_O que non entendo é por que pinta a
igrexa pola traseira…
9. _ Porque ás veces, na traseira das
cousas, como no interior das
persoas, atópase o máis fermoso
delas. Tendemos a quedarnos
sempre co aparente, coa primeira
mirada, sen afondar, sen ir máis
alá dos prexuízos do noso propio
ollar. Pasamos pola vida coma
cegos, batendo co noso caxato na
verdade sen recoñecela, e cando
nos decatamos xa é tarde de
máis.” (Páx. 60)
10.
11. “Pasamos a mañá nun prado, a
carón dunhas acacias
espiñentas. Vincent decidiu
representalas nun pequeno
lenzo. Pareceume que se
demorara en exceso para
retratar tan pouca cousa.”
(Páx. 63)
12. ”Moi ben pintadas non parecían. Se
me apuraba, nin semellaban vacas,
senón unhas estrañas bestas
pardentas.” (Páx. 72)
13. “_ … hai un fermoso bosque de lamigueiros
preto de Bessancourt. (…)
O bosque aparecía tal como Vincent o
describira, coa excepción dunha parella
collida do ganchete que ocupaba o espazo
central do cadro, el con traxe negro e
chapeu, ela cun vestido e diadema.
Sorprendido por tan estraña presenza,
pregunteille.
_ E esa parella?
_ (…) Son monsieur Chaos e madame Harmonie,
que veñen ao noso encontro.”
(Páxs. 91, 94)
14.
15. “… aínda non nos internaramos no
vizoso xardín de Daubigny, un
afamado pintor morto uns anos
antes… Se había un lugar fermoso
na vila era ese… O xardín
estendíase en pendente dende a
casa… ata o camiño case en fronte
da estación.” (Páx. 105)
16. “Non pechei os ollos e disparei os dous
tiros. Os corvos grallaron asustados e
botaron a voar, afastándose de nós.
Mentres sostiña o revólver, Vincent,
lixeiro, deu varias pinceladas negras aquí e
alá sobre o lenzo. Logo, mesturou na paleta
un chisco de branco e dous remuíños de
fume xurdiron de socate sobre o ceo azul
do cadro.” (Páx. 116)
17.
18. “… Vincent acudira á casa de
Gachet para celebrar o vixésimo
primeiro aniversario de
Marguerite. Leváballe como
agasallo un retrato dela que
rematara uns días antes e que
aínda non secara de todo. O lenzo
acadaría ben o metro de altura e
nel víase á mociña cun vestido
branco e rosa sentada nun tallo
tocando o piano.” (Páx.87)
19. “_ Ese Gachet éche un chisco
excéntrico… Mais ama a pintura por
encima de todas as cousas…” (Páx. 30)
20.
21. “Devagar, como as pinceladas no
lenzo, xurdiron os contornos
cinsentos dunha figura. Logo
sucedéronse pequenos estralos de
cor que me obrigaron a pechar con
máis forza os ollos. E de súpeto,
nítido como se comparecese ante
min, emerxeu o rostro riseiro da
miña querida Adeline.” (Páx. 86)
22. “O 14 de xullo, o día da Festa
Nacional, en que o Concello amenceu
engalanado con bandeirolas, Vincent
refuxiouse no seu cuarto e negouse a
saír…” (Páx. 121)
23. “Theo parecíase moito a Vincent. Era máis
pequecho, pero, coma el, tiña o cabelo e
as cellas rubios, e gastaba un bigote ben
recortado…”
(Páxs. 67, 68)
24. “Fomos á ribeira do Oise, preto de
Chaponval, e pasamos o día no merendeiro
con embarcadoiro que alí había. Vincent
pintaba as barcas que abalaban coa
corrente manseliña do río, onde as longas
pólas das árbores abeberaban sedentas
polo solleiro.” (Páx. 41)
25. “_ Sabes o que fai desaparecer
ese cárcere onde estamos
pechados? O amor e a amizade.
Estar entre amigos, entre
irmáns, amar: esa é a forza
soberana que, coma un feitizo,
abre a vagaván as portas desa
gaiola. Quen non a posúe, fica
nesa cadea ata a fin dos seus
días.” (Páx. 149)
26. “A tristeza non rematará xamais…
Contra ese andazo non era doado
atopar remedio nin solimán” (Páx. 167)
“Para el só había dúas cousas que
pagaran a pena nesta vida miserenta:
a humanidade e a arte… A arte era o
que el amaba por enriba de todo… e a
que o fará vivir de novo e ficar
connosco para sempre…” (Páx. 172)