Economía Tipos dexuro Marta Tembrás Rivera Nº 29 Traballo voluntario
2.
Que é otipo de xuro? O tipo de xuro, (tipo de interés) é un índice que se emprega para medir a rentabilidade dos aforros ou o coste dun préstamo ou crédito. O xuro pode ser fixo, variable ou mixto. O xuro fixo é aquel que se mantén constante durante toda a vida do préstamo ou crédito. O xuro variable se actualiza e revisa nos prazos establecidos coa entidade financieira. O xuro mixto mantén un tipo fixo durante os primeiros anos e o resto do tempo ata a súa cancelación é variable. O tipo de xuro mídese mediante dous indicadores: o TIN e o TAE.
3.
Exemplo: No caso de que unha persoa pida unha cantidade de diñeiro determinada a un banco, poñamos que son 10.000 € para realizar unha compra: O banco establecerá un tipo de xuro, que será a porcentaxe adicional que deberá pagar o cliente nun prazo determinado, por exemplo 3 anos. Se supoñemos que o xuro é do 10%, ao cabo de 3 anos, a persoa deberá pagar ao banco os 10.000 € que lle prestou máis o 10% destes.
4.
Tipo de InterésNominal (TIN) O TIN é a porcentaxe que se aplica ao capital pendente dun préstamo para calcular os intereses que deben aboarse. Tasa Anual Equivalente (TAE ) O TAE representa a porcentaxe anual que se vai aplicar a unha operación, por exemplo un préstamo. Neste caso deberíamos considerar: O tipo de xuro do préstamo Todos os gastos iniciais (Comisión de apertura). O fraccionamento do pago, incluíndo os gastos de cancelación do préstamo.
5.
Repercusións sobre aeconomía Un incremento ou baixada dos tipos de xuro daría lugar a un cambio no prezo do diñeiro, e isto tería diferentes consecuencias na economía. No caso dunha baixada dos tipos de xuro, e polo tanto unha disminución dos prezos, a demanda sube como consecuencia disto, os consumidores e as empresas teñen unha maior confianza á hora de comprar e a economía recibe un impulso de crecemento. Porén, como contrapartida a inflación subirá como consecuencia de este aumento de demanda. (Có termo inflación nos referimos ao aumento dos prezos dos bens ou servizos nun determinado periodo de tempo). No caso dun incremento dos tipos de xuro, o valor do diñeiro será maior en relación co que podemos comprar con el, polo que disminuirá a demanda de créditos, e a economía, moi lonxe de ter un impulso, decrecería. Sen embargo, se neste contexto se producise inflación, esta podería ser controlada fácilmente.
6.
Evolución dos tiposde xuro en Europa e en EE.UU: Ante as repercusións que presentan estes incrementos e baixadas dos tipos de xuro, os distintos países desenvolvidos adoptan unha ou outra opción para intentar manter o equilibrio na economía. Máis intensamente nas épocas de crise, os resultados que se poidan obter coas distintas decisións que se tomen en aspectos económicos referentes aos tipos de xuro serán considerados para actuar en consecuencia.
7.
Banco Central Europeo(BCE) O Banco Central Europeo (BCE) ha baixado os tipos de xuro ao 2% para facer frente á recesión que se vive na maioría dos países europeos. Esta baixada supuxo un cambio considerable que deixou o prezo do diñeiro no nivel máis baixo da historia desta institución. Esta baixada dos tipos de xuro vai ter 3 repercusións principais: - A maior facilidade dos bancos para obter fondos do banco central europeo. - A rebaixa do euribor) xa que os bancos fiaránse entre sí o diñeiro a menor prezo. - En condiciones normais se produciría unha fuga de capitais inversores de europa por obter menos rentabilidade, algo que seguramente non vai ocurrir, xa que en Estados Unidos ou Japón os tipos de interese están por debaixo do 1%. Porén, a pesar de reducir os tipos de xuro, o BCE non quere queimar todos os cartuchos da súa política monetaria.
8.
O presidente doBCE, Jean Claude Trichet, afirmou que existen límites para os recortes de tipos de xuro, facendo hincapé na necesidade de conseguir que o que se decidiu xa, sexa "realmente operacional”. O BCE non desexa verse atrapado nun escenario no que os tipos de xuro sexan excesivamente baixos. Polo contrario, a inflación caeu con forza tras o abaratamento do petróleo e outras materias primas desde finais do tercer trimestre do pasado ano, o que amplía a marxe de actuación da institución xa que, como se encarga de recordar insistentemente o seu presidente, Jean Claude Trichet, a súa función céntrase en controlar a evolución dos prezos.
9.
Reserva Federal deEstados Unidos A Reserva Federal Estadounidense (FED) tomou unha iniciativa máis agresiva e baixou os tipos de xuro ata un rango de entre o 0 e o 0,25%. Ata o momento, nove reducións do prezo do diñeiro en 14 meses y 1,4 billones de dólares en programas de axudas non conseguiron reactivar a economía. O presidente electo de EE UU, Barack Obama , asegurou que, ao igual que os seus predecesores, non comenta as decisións da FED, pero que os organismos económicos e financieiros e o Goberno "están agotando a munición tradicional que se emprega nunha recesión: baixar os tipos de xuro".
10.
Análise dostipos de xuro nos países máis desenvolvidos actuais
Combater a crisee a recesión evitando así o deterioro económico. Asegurar o equilibrio e a estabilidade nos prezos controlando a súa evolución. Acadar un crecemento económico sostible. RAZÓNS POLAS QUE BAIXA O TIPO DE XURO