1. CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Mª Teresa García Guillán, concelleira do grupo Municipal Socialista
(PSdeG-PSOE), integrada no Grupo Mixto, no concello de Pobra do
Caramiñal, o amparo do disposto no art.. 14 e seguintes do Regulamento de
Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, e en
exercicio do dereito fundamental, recollido no art. 23.1 da Constitución no
que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos
asuntos políticos directamente ou por medio de representantes libremente
elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal.
SOLICITA Copia do contrato ca empresa Vialine Gestión, SL para a
imposición e xestión de multas de radar. Dícese que o contrato é verbal
polo tanto necesitamos respostas as seguintes preguntas a maior brevidade
tendo en conta o número de persoas afectadas polas multas que o concello
está a impoñer:
- Datos do contrato en toda a extensión e totalidade.
- ¿Quen subscribiu o contrato?
- ¿Cal é o seu obxecto?
- Prezo estipulado, clarificación do custe ou beneficio para as
arcas municipais.
- Duración do contrato, fecha estimada de comezo e finalización.
- Condicións de pago.
- ¿En qué medida se salvagarda a protección de datos a que
accede a empresa?
Pobra do Caramiñal, a 10 de marzo de 2015.
Mª Teresa García Guillán