1. Na semana das letras galegas desenvolvemos dúas actividades de orientación deportiva
poñendo en valor o contorno histórico de Ourense que se sitúa ao carón do noso centro educativo.
Concretamente fixemos unha actividade para 4º da ESO baseada no roteiro da Esmorga de
Eduardo Blanco Amor, e outra para primeiro de bacharelato baseada no roteiro literario de Carlos
Casares.
Nesta actividade o alumnado debía buscar a través dun plano do casco histórico da cidade
diferentes puntos no terreo, primando a rapidez en conseguilo así como o número de fotografías
sacadas nos puntos de interese histórico e literario.
Foi unha actividade grupal xa que se desenvolveu en pequenos grupos de 3-4 alumnos/as
no que debían cooperar para lograr os obxectivos e acadar un bo resultado final.
2. O alumnado disfrutou moito da actividade e lles sirvirá como recurso para guiarse por un
mapa para chegar a un destino cando viaxen polo mundo.