SlideShare a Scribd company logo
1 of 53
Download to read offline
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE OURENSE
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
HISTORIA DA MÚSICA
Cursos 4ºe 5º - Grao Profesional
CURSO 2013 – 2014
2
ÍNDICE
1. Enmarcación xeral, p. 4
2. Obxectivos, p. 5
3. Contidos, p. 5
4. Procedementos e instrumentos de avaliación e cualificación, p. 7
4.1. Avaliación do alumnado, p. 7
4.2. Avaliación do funcionamento da programación, p. 9
4.3. Procedementos de acceso a 5º e 6º GP, p. 9
5. Metodoloxía aplicada, p. 10
5.1. Adaptación do currículo ás necesidades específicas do
alumnado, p. 10
6. CUARTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL, p. 12
6.1. Secuenciación e temporalización dos contidos, p. 12
6.2. Criterios de avaliación por trimestres, p. 13
6.2.1. Requisitos mínimos esixibles, p. 15
6.3. Recursos didácticos, p. 16
7. QUINTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL, p. 19
7.1. Secuenciación e temporalización dos contidos, p. 19
7.2. Criterios de avaliación por trimestres, p. 20
7.2.1. Requisitos mínimos esixibles, p. 22
7.3. Recursos didácticos, p. 23
ANEXOS, p. 29
A. Análise da materia de 4º curso por unidades didácticas, p. 29
UD 1 - Coñecendo a materia
UD 2 - Prehistoria e mundo antigo: Grecia e Roma
UD 3 - O canto das liturxias cristiáns. O Canto Gregoriano
UD 4 - A monodia profana medieval
UD 5 - O nacemento da polifonía
UD 6 - A polifonía aquitana
UD 7 - A Escola de Notre Dame
UD 8 - O Ars Antiqua
UD 9 - O Ars Nova en Francia
UD 10 - O Trecento italiano
UD 11 - A transición ó Renacemento. Ars Subtilior
UD 12 - Introdución á música do Renacemento
UD 13 - O século XV. O primeiro Renacemento
3
UD 14 - O século XVI
UD 15 - Introdución á música do Barroco
B. Análise da materia de 5º por unidades didácticas, p. 41
UD 1 - Coñecemento da materia
UD 2- O Barroco (I). A música vogal na segunda metade do século XVII e primeira
metade do XVIII
UD 3. O Barroco (II). A música instrumental na segunda metade do século XVII e
primeira metade do XVIII.
UD 4. O Preclasicismo musical
UD 5. O clasicismo musical: Haydn e Mozart
UD 6. A transición cara o Romanticismo: Beethoven
UD 7 - A música instrumental no Romanticismo
UD 8 - A música vogal no Romanticismo
UD 9 - Diversidade de estilos musicais a finais do século XIX e principios do XX.
Nacionalismos musicais
UD 10 - A vangarda en Francia e Rusia: impresionismo e outras figuras de
transición
UD 11 - Expresionismo, Atonalidade e Dodecafonismo. A segunda Escola de
Viena
UD 12 - As vangardas musicais
UD 13 - O Neoclasicismo na música
UD 14 - A música despois da segunda Guerra Mundial (I) Música Concreta,
Electrónica e Electroacústica
UD 15 - A música despois da segunda Guerra Mundial (II) Serialismo integral,
Música Aleatoria e outras tendencias
C. Actividades culturais e promoción das ensinanzas dentro do
departamento, p. 52
D. Procedementos de autoavaliación departamento, p. 53
4
1. ENMARCACIÓN XERAL
Materia: Historia da Música
Curso: 4º e 5º
Grao: Profesional
Profesora: Lorena López Cobas
Horas lectivas: 2 horas semanais
Base legal: adscrita ao currículo oficial galego, no Decreto 203/2007 do 27 de
setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de
réxime especial de música.
Descritor: coñecemento e análise da música occidental nos principais períodos
históricos da historia.
A materia de “Historia da Música” integrada nos cursos 4º e 5º do Grao
Profesional ten como finalidade principal introducir ó alumno no descubrimento
da existencia dun extenso abanico de estilos e de diferentes xeitos de concibir
a creación musical. A través destes coñecementos resultaralles máis sinxelo
abordar outras materias, como “Análise” e “Harmonía”, e ampliar a súa
comprensión.
De igual xeito, permite aproximar ós alumnos unha visión do feito
musical como fenómeno histórico, cultural e estético, ampliando a perspectiva
musical do intérprete. A finalidade da materia de Historia da Música, ó igual que
o resto das ensinanzas profesionais de música, é dobre:
a) Ten a función de afianzamento e a ampliación de coñecementos
teóricos.
b) Organízase en catro funcións básicas: formativa, orientadora,
profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores.
5
2. OBXECTIVOS XERAIS
A ensinanza da historia da música no grao profesional debe ter como
obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades seguintes:
a) Adquirir o hábito de escoitar música, tanto en soportes gravados como a
través da asistencia aos acontecementos musicais presentes no seu
contorno, interesándose por ampliar e diversificar as súas preferencias
personais.
b) Captar, a través da audición, as características das correntes estéticas,
co fin de situar as obras musicais no tempo e recoñecer o seu estilo.
c) Coñecer e comprender a música de cada época, tendo en conta as
relacións cos conceptos estéticos imperantes en cada unha, para poder
aplicar as convencións interpretativas ao seu repertorio e desenvolver o
seu sentido crítico.
d) Valorar a importancia da música nas sociedades humanas, a través do
coñecemento das relacións establecidas ao longo da historia entre a
música e o resto das artes, así como dos feitos históricos e os
movementos socioculturais máis salientables de cada época, con vistas
a obter unha visión máis global do fenómeno musical.
e) Reflexionar sobre o fenómeno sonoro como un aspecto máis da conduta
humana, intimamente conectado co proceso histórico en que se encadra
en todos os seus aspectos: económicos, sociais e culturais.
3. CONTIDOS XERAIS
A música como feito social e cultural.
Introdución ás fontes de información histórica e a súa utilización
(recursos bibliográficos, fontes escritas, iconográficas, sonoras, etc.).
A música na cultura occidental: formas e xéneros musicais, períodos,
estilos, compositores, instrumentos, etc.
Situación da obra musical no seu contexto social, económico,
ideolóxico, histórico e artístico.
A evolución da notación.
6
Aproximación á organoloxía e á evolución dos instrumentos como
condicionante das posibilidades técnico-interpretativas e da propia
composición do repertorio.
Aproximación crítica á periodización da historia da música.
Planificación e realización de traballos prácticos de aproximación
histórica e análise.
Comentario de texto literario-musical. Audicións analíticas, con ou sen
partitura asociada.
Análise iconográfica.
Interese por ampliar e diversificar os gustos musicais.
Actitude aberta e respectuosa ante os gustos e as opinións dos
demais.
Emprego dun vocabulario técnico e xeral axeitados.
Os contidos anteriormente citados serán concretados e especificados en
cada unha das unidades didácticas establecidas para os cursos 4º e 5º do Grao
Profesional de Música e presentes nesta programación didáctica.
4. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN
Dentro dos procedementos de avaliación haberá dous tipos igualmente
importantes: a avaliación do alumnado e a avaliación do funcionamento da
programación.
4.1. Avaliación do alumnado
Esta avaliación constará de varias fases:
1. Avaliación inicial: será realizada ao comezar o curso, momento no que
trataremos de detectar o grao de interese do alumnado cara a materia e
ver se posúe coñecementos previos. No inicio de cada unidade didáctica
procuraremos facer unha enquisa oral para observar o grao de
coñecemento do tema por parte de cada alumno.
2. Avaliación formativa:
• Avaliaremos oralmente nas sesións presenciais o proceso de
aprendizaxe do alumnado para detectar os seus progresos e
7
dificultades, podendo realizar unha atención individualizada, que se
anotará diariamente no caderno do alumnado.
• Realizaremos observacións sistemáticas a diario, que serán
importantes para avaliar los contidos actitudinais.
• Realizaremos exercicios e actividades na aula, que permitan ao
alumnado ir afianzando os contidos conceptuais e procedimentais
(comentarios de texto, de partituras e de audicións).
3. Avaliación final: A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria, polo
que a avaliación do proceso de aprendizaxe será continua, o que implica
que a nota final do alumno ou alumna dependerá de diversos parámetros:
• Probas escritas e/ou orais trimestrais, coas súas respectivas
recuperacións (50%).
• Traballo práctico anual de entrega obrigatoria por escrito e impreso
na data límite que se estipule ao comezo do curso (10%).
• Exercicios escritos e orais realizados na clase de forma puntual para
fixar contidos teóricos e prácticos: comentarios de textos, imaxes,
partituras, audicións, cuestionarios sobre lecturas específicas, etc
(30%).
• Asistencia activa e produtiva ás clases, tendo en conta que a
avaliación deste punto estará baixo o estrito criterio do docente
(10%).
• Proporanse igualmente unha serie de traballos optativos que nunca
restarán nota ao alumno, senón que sempre contarán de forma
positiva e serán determinantes en caso de que a nota estea como
moito a tres décimas da seguinte cualificación.
A nota final da materia será o resultado da media obtida das
cualificacións de cada un dos trimestres, sendo indispensable ter unha nota
mínima de 5 en cada avaliación. No caso que de nunha avaliación non se
obtivese a cualificación precisa, poñeranse a disposición do alumnado diversos
mecanismos de recuperación que lle permitan acadar os obxectivos mínimos.
Todo alumno ou alumna que perda o dereito á avaliación continua
(cunha porcentaxe de faltas de asistencia segundo marca a lexislación de
réxime interno do conservatorio) terá a obriga de entregar o traballo anual e de
8
realizar unha proba final (xuño e/ou setembro), na que entrará a totalidade da
materia anual. Esta proba final será igualmente obrigatoria para aqueles
alumnos e alumnas que non superasen dúas das tres avaliacións do curso
académico.
O traballo anual entregarase impreso, mentres que os exercicios de
análise e comentarios solicitados na clase poderán ser escritos á man. Cada
traballo ou exercicio será corrixido, puntuado e devolto ao seu autor ou autora
previamente á realización da correspondente proba trimestral.
En canto ás medidas de recuperación, os alumnos e alumnas disporán
de probas escritas e orais de recuperación se non superan os criterios de
avaliación marcados para cada trimestre. Cada alumno e alumna só poderá
optar a unha proba de recuperación por trimestre. Se o alumno ou alumna
suspende dúas das tres avaliacións, terá a posibilidade de superar a materia
por medio dunha proba final que se fará a finais de maio ou principios de xuño.
Se o alumno non supera os criterios de avaliación asociados aos
traballos de entrega obrigatoria, o docente poderá dispor de mecanismos
auxiliares de recuperación por medio da realización de novos traballos
titorizados, que incidan nos contidos e obxectivos que o alumno ou alumna non
acadase.
Se o alumno ou alumna queda na súa nota final a tres décimas da
cualificación seguinte, terá a posibilidade de mellorar a nota presentando algún
traballo optativo titorizado polo docente da materia. O docente reservarase en
cada caso a potestade de anular esta disposición dependendo das actitudes do
alumno ou alumna fronte á aprendizaxe da materia.
No mes de setembro porase á disposición do alumnado a posibilidade
de superar a materia realizando unha proba escrita ou oral sobre a totalidade
dos contidos. A estrutura da proba incluirá preguntas tipo tema (con texto de
base ou non), varias preguntas curtas, varias preguntas tipo test e comentarios
de audición. Optativamente o alumno ou alumna poderá presentar un traballo
escrito e impreso sobre algún dos aspectos contidos no programa da materia,
co fin de subir a súa nota final sempre e cando se atope como mínimo a tres
décimas da seguinte cualificación.
No caso de que o alumno ou alumna quixese optar á ampliación de
matrícula, ademais de solicitala na Secretaría do Centro no prazo estipulado,
9
deberá no caso da materia de “Historia da Música” ter superados os obxectivos
marcados para todo o curso, realizando unha proba escrita da totalidade da
materia correspondente nas datas que sinale o centro e obtendo como mínimo
unha cualificación de 5. Asimesmo deberá presentar o traballo obrigatorio anual
nesa mesma data, co fin de dar por superada a materia de todo o curso.
4.2. Avaliación do funcionamento da programación
Durante o desenvolvemento das actividades da programación teremos
en conta:
• O grao de conexión das actividades propostas cos intereses do alumnado.
• As dificultades de cada alumno e alumna na resolución de problemas.
• A adecuación dos recursos empregados, temporalización e metodoloxía.
• Compenetración da selección de contidos e da súa secuenciación.
Isto permitirá realizar as modificacións convenientes durante o proceso
de ensinanza, mellorando a calidade das actividades propostas en relación á
resposta de aprendizaxe obtida.
4.3. Procedementos de acceso a 5º e 6º GP
O alumnado que queira acceder a 5º ou 6º de Grao Profesional deberá
realizar unha proba escrita sobre a totalidade dos contidos sinalados para 4º
(páxina 11) e 5º (páxina 18) curso de Grao Profesional de Historia da Música
respectivamente, cuxa data será estipulada polo centro. Para máis información
sobre os contidos de cada curso consúltese o anexo da presente
programación.
A estrutura da proba incluirá preguntas tipo tema (con texto de base ou
non), varias preguntas curtas, varias preguntas tipo test e comentarios de
audición.
Optativamente o alumno ou alumna poderá presentar un traballo escrito
e impreso sobre algún dos aspectos contidos no programa da materia, co fin de
subir a súa nota final, sempre e cando se atope como mínimo a tres décimas
da seguinte cualificación.
5. METODOLOXÍA APLICADA
A metodoloxía que aplicaremos será activa -o propio alumnado é o
protagonista da súa aprendizaxe, sendo o persoal docente só un guía ou
10
orientador-; e individualizada, xa que se adaptará a cada alumn@ no seu ritmo
de aprendizaxe. Temos de ter igualmente presente que as dificultades deben
de estar dosificadas axeitadamente para manter a ilusión e o ánimo de
aprender do alumnado, polo que a metodoloxía tamén debe ser progresiva.
En xeral, procuraremos facer efectivos os seguintes puntos:
• Utilización dun vocabulario claro e conciso.
• Exemplificación de cada un dos conceptos que se pretenda explicar co fin de
darlle á materia un enfoque práctico e utilitario.
• Realización frecuente de audicións comentadas, así como de análise de
partituras musicais de cada período e estilo.
• Contextualización de todas as manifestacións musicais incluídas no
programa dentro duns parámetros culturais precisos e fundamentais para
entender a historia da cultura musical.
• Incitación á participación activa do alumnado para fomentar non só a
aprendizaxe deste, senón tamén a súa autonomía.
• Realización diaria de esquemas e sistemas visuais de asimilación de
conceptos, empregando para iso soportes informáticos diversos, como as
presentacións Power Point ou a visualización de DVDs.
• Estreito seguimento do alumnado, comentando cos demais profesores as
súas actitudes e avances.
• Incitación á reflexión sobre os conceptos musicais relacionados con cada
período histórico abordado.
• Realización de lecturas frecuentes e de comentarios de textos.
• Fomentar o diálogo, autocrítica e unha actitude encamiñada cara a un
posterior desenvolvemento persoal e musical.
5.1. Adaptación do currículo ás necesidades específicas do alumnado
Dado que é posible que no grupo de alumnado existan necesidades
educativas especiais, temos que considerar na nosa proposta a devandita
circunstancia, a través da concepción aberta e flexible da nosa programación
didáctica. Non obstante, a administración educativa ten a obriga de dotar dos
medios necesarios para estas necesidades específicas poidan ser cubertas con
éxito por parte da comunidade educativa.
11
As necesidades específicas poden responder a cuestións de diferente
natureza: dificultades de aprendizaxe (dislexias, dislaias), dificultades debidas a
alteracións da conduta (trastorno de déficit de atención, hiperactividade),
necesidades debidas a deficiencias físicas permanente ou temporais, déficit ou
duperdotación intelectual. Por toda esta variedade as estratexias de actuación
deben ser flexibles con respecto a cada caso particular, xa que nunha clase
colectiva o tratamento individualizado ás veces faise complexo. Prevense as
seguintes accións:
- Adecuación do programa da materia a través de actividades deseñadas
específicamente para cada caso.
- Reforzo do horario lectivo do alumnado por medio de titorías
individualizadas.
- Oferta de esquemas alternativos dos contidos e dos textos que se
propuxeron para ser lidos na clase adaptados ao grao de déficit ou
duperdotación de cada alumno ou alumna.
- Uso de procedementos de avaliación específicos adaptados ás
necesidades especiais en cada caso.
12
6. CUARTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL
Materia: Historia da Música
Curso: 4º
Grao: Profesional
Horario lectivo: 2 horas semanais
6.1. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS
A continuación aparece desglosada a secuenciación das unidades
didácticas ó longo do curso.
PRIMEIRO TRIMESTRE
UD 1: Presentación da materia. As fontes musicais.
UD 2: Prehistoria e mundo antigo. Grecia e Roma.
UD 3: O canto das liturxias cristiáns. O Canto Gregoriano.
UD 4: A monodia profana medieval.
SEGUNDO TRIMESTRE
UD 5: O nacemento da polifonía.
UD 6: A polifonía aquitana.
UD 7: A Escola de Notre Dame.
UD 8: O Ars Antiqua.
UD 9: O Ars Nova en Francia.
UD 10: O Trecento italiano.
TERCEIRO TRIMESTRE
UD 11: A transición ó Renacemento. Ars subtilior
UD 12: Introdución á música do Renacemento
UD 13: O século XV. O primeiro Renacemento
UD 14: O século XVI
UD 15: Introdución á música do Barroco
13
6.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Primeiro trimestre
1) Identificar a través da audición de obras dende a Antigüidade ata a
Idade Media e as súas características máis salientábeis. Este criterio avalía a
capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e
os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos da
Antigüidade con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade do
alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de signo
visual.
3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia que abrangue dende a Antigüidade á Idade Media, sexan históricos,
estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e
alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de
relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta.
4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do
pensamento dende a Antigüidade á Idade Media. Este criterio avalía a
evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade
de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados
autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se
produciron.
5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos
tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e
eficaz. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e
realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a
manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
14
Segundo trimestre
1) Identificar a través da audición obras dende a creación da polifonía
medieval ata a Ars Nova para identificar as seus trazos máis salientables. Este
criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a
estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos dende
a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova con referencias musicais. Este
criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo
sociolóxico ante fontes de signo visual.
3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia que abrangue dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova,
sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade
dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor,
e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta.
4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do
pensamento dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova. Este
criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á
súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou
de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e
cultural en que se produciron.
5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos
tratados no trimestre, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente
e eficaz. Este criterio valorará en qué medida o alumnado é quen de de propor
e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue
a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
Terceiro trimestre
1) Identificar a través da audición obras da época do Renacemento e os
inicios do Barroco para identificar as seus trazos máis relevantes. Este criterio
15
avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura
formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos da
época do Renacemento e os inicios do Barroco con referencias musicais. Este
criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo
sociolóxico ante fontes de signo visual.
3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia que abrangue da época do Renacemento e os inicios do Barroco,
sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade
dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor,
e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta.
4) Poder relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e
do pensamento da época do Renacemento e os inicios do Barroco. Este criterio
avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa
capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de
determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural
en que se produciron.
5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados
na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz.
Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar
en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a
manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
6.2.1. Requisitos mínimos esixibles
Realizar unha proba escrita e/ou oral sobre os contidos do 4º curso de
Historia da Música, tal e como se contempla no punto 4 (Procedementos de
avaliación) da presente programación, debendo obter como mínimo unha
cualificación igual ou superior a 5.
Presentar obrigatoriamente por escrito un traballo anual de crítica musical
sobre unha gravación audiovisual de libre elcción sobre repertorio de música
“culta”, que debe constar como mínimo das seguintes partes:
16
- Datos sobre a gravación audiovisual: intérpretres, discográfica, título,
ano de gravación, contidos.
- Explicación da biografía e da obra do compositor da peza elixida dentro
da gravación.
- Comentario de audición dun fragmento ou da obra completa elixida.
- Comparación crítica desta versión da obra elixida con respecto a outra.
6.3. RECURSOS DIDÁCTICOS
6.3.1. Material para a preparación da materia:
- Apuntes de clases estruturados en 12 temas (4 temas por avaliación),
facilitados a través da web en formato PDF, previamente ao comezo de
cada tema.
- Audicións que cada alumno e alumna deberá localizar na web ou nas
bibliotecas que teña á súa disposición.
- Consultar ou dispoñer dalgún destes libros, que serán de uso para os
dous cursos de Historia da Música do Grao Profesional:
BURKHOLDER, Peter; GROUT, Donald e PALISCA,
Claude. Historia de la música occidental. Madrid; Alianza, 2008.
7a edición (versión original en inglés: 2006).
MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols.
SADIE, Stanley. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000.
6.3.2. Recursos usados para a aula
- Recursos audiovisuais: equipo de son, canón de proxección, lector de DVD,
ordenador
- Recursos por escrito: apuntes de clases estruturados en 12 temas, facilitados
a través da web en formato PDF, coas súas respectivas actividades didácticas.
6.3.3. Recursos para a ampliación da materia
- ALÉN, M.P. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Vigo: A
Nosa Terra, 1997*.
- ANDRÉS, Ramón. Diccionario de instrumentos musicales. Desde la
Antigüedad a J. S. Bach. Barcelona: Península, 2001, 1º edición 1995.
17
- ATLAS, A.W. La música del renacimiento. Madrid: Akal, 2002*.
- BASSO, A. La época de Bach y Haendel. Madrid: Tuner, 1986*.
- BUKOFZER, M.F. La música en la época barroca. De Monteverdi a Bach.
Madrid: Alianza Música, 1994, 3ª edición.
- CALDWELL, J. La música medieval. Madrid: Alianza, 1984*.
- CASARES RODICIO, E. (ed.) Diccionario de la Música Española e
Hispanoamericana. Madrid: SGAE, 1999*.
- COMOTTI, G. La música en la cultura griega y romana. Madrid: Turner,
1986*.
- COSTA, Luís. “A orixe das cantigas: contexto historiográfico”, en Cantigas
do mar: Homenaxe a Joan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (A
Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998), 55-75.
- ________. “Algunhas cuestións de teoría e de método verbo da
investigación da música de tradición oral en Galicia”, en Encontros O son da
memoria (Santiago: Consello da Cultura Galega- Arquito Sonoro de Galicia,
2004), 169-209.
- FERNÁNDEZ DE LA CUESTA, I. Historia de la música española. 1. Desde
los orígenes hasta el “ars nova”. Madrid: Alianza Música, 1983*.
- FUBINI, E. La estética musical. Desde la Antigüedad a nuestros días.
Madrid: Alianza, 1988*.
- ________. Música y estética en la época medieval. Madrid: Eunsa, 2007*.
- GALLICO, C. La época del Humanismo y del Renacimiento. Madrid: Turner,
1986.
- GALLO, A. Historia de la música 3. El medievo. Madrid: Turner, 1987.
- GARBAYO, J. “O esplendor do barroco musical en Galicia”, en O feito
diferencial de música, vol.2 (Santiago: Museo do Pobo Galego, 1998), 121-
177.
- GRIFFITHS, Paul. Breve historia de la música occidental. Madrid: Akal,
2009.
- GROUT, D. y PALISCA, C. Historia de la música occidental. Madrid:
Alianza, 1986, 2 vols.
- HILL, J. W. La música Barroca. Madrid: Akal, 2008*.
- HOPPIN, R. La música medieval. Madrid: Akal, 1991*.
18
- LÓPEZ CALO, J. La música medieval en Galicia. A Coruña: Fundación
Pedro Barrié de la Maza, 1982*.
- LÓPEZ COBAS, Lorena. Historia da música en Galicia. Sarria (Lugo):
Ouvirmos, 2013.
- MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols*.
- PALISCA, C.V. La música en el barroco. Buenos Aires: Editorial Víctor Lerú,
1978.
- PÉREZ ARROYO, Rafael. Egipto. La música en la era de las pirámides.
Madrid: Ediciones Centro de Estudios Egipcios, 2001.
- REESE, G. La música en la Edad Media. Madrid: Alianza, 1988*.
- ________. La música en el Renacimiento. Madrid: Alianza, 1988*.
- ROWELL, L. Introducción a la filosofía de la música. Barcelona: Gedisa,
1999.
- SADIE, S. (ed.) The New Grove’s Dictionary of Music and Musicians.
Londres: Macmillan Press Limited, 1954*.
- ________ (ed.). The New Grove Dictionary of Musical Instruments. Londres:
Macmillan Press Limited, 1984*.
- ________. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000*.
- VILLANUEVA, Carlos. “Criterios, fontes e materiais para a interpretación da
música medieval galega”, en O feito diferencial galego (Santiago de
Compostela: Museo do Pobo Galego, 1998), vol. 2, 41-119.
- ________. “As cantigas do mar de Martín Códax”, en Cantigas do mar:
Homenaxe a Joan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (A Coruña:
Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998), 13-54.
*Os libros que aparecen marcados atópanse na biblioteca do centro.
19
7. QUINTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL
Materia: Historia da Música
Curso: 5º
Grao: Profesional
Horario lectivo: 2 horas semanais
7.1. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS
A continuación aparece desglosada a secuenciación das unidades
didácticas ó longo do curso.
PRIMEIRO TRIMESTRE
UD 1 - Coñecemento da materia
UD 2 - O Barroco (I). A música vogal na segunda metade do século XVII e
primeira metade do XVIII
UD 3. O Barroco (II). A música instrumental na segunda metade do século XVII
e primeira metade do XVIII.
UD 4. O Preclasicismo musical
SEGUNDO TRIMESTRE
UD 5. O clasicismo musical: Haydn e Mozart
UD 6. A transición cara o Romanticismo: Beethoven
UD 7 - A música instrumental no Romanticismo
UD 8 - A música vogal no Romanticismo
UD 9 - Diversidade de estilos musicais a finais do século XIX e principios do
XX. Nacionalismos musicais
TERCEIRO TRIMESTRE
UD 10 - A vangarda en Francia e Rusia: impresionismo e outras figuras de
transición
UD 11 - Expresionismo, Atonalidade e Dodecafonismo. A segunda Escola de
Viena
UD 12 - As vangardas musicais
20
UD 13 - O Neoclasicismo na música
UD 14 - A música despois da segunda Guerra Mundial (I) Música Concreta,
Electrónica e Electroacústica
UD 15 - A música despois da segunda Guerra Mundial (II) Serialismo integral,
Música Aleatoria e outras tendencias
7.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Primeiro trimestre
1) Identificar a través da audición de obras barrocas e as súas
características máis relevantes. Este criterio avalía a capacidade do alumnado
para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis
importantes das obras escoitadas.
2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos dos
séculos XVII e XVIII con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade
do alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de
signo visual.
3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a
capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas
polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta.
4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do
pensamento. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do
alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia
da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro
de contexto social e cultural en que se produciron.
5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos
tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e
eficaz, partindo das convencións de presentación do material establecidas.
Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar
en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a
manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
21
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
Segundo trimestre
1) Identificar a través da audición obras do Clasicismo e o Romanticismo
para identificar as seus trazos máis salientables. Este criterio avalía a
capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e
os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
2) Identificar a través de partituras: xéneros, autores, trazos musicais e
cronoloxías determinadas. Este criterio permite avaliar a capacidade do
alumnado para relacionar a teoría coa práctica musical.
3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a
capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas
polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta.
4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do
pensamento desta época. Este criterio avalía a evolución do pensamento
crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas
da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no
particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron.
5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos
tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e
eficaz. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e
realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a
manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
Terceiro trimestre
1) Identificar a través da audición e das partituras obras do século XX
para identificar as seus trazos máis relevantes. Este criterio avalía a
capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e
os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
22
2) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á
materia que abrangue desta época, sexan históricos, estilísticos ou doutro
campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e
describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes
estilísticas dunha época concreta.
3) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do
pensamento deste século. Este criterio avalía a evolución do pensamento
crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas
da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no
particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron.
4) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos
tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e
eficaz, partindo das convencións de presentación do material establecidas.
Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar
en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a
manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis
que a relevancia ou oportunidade da temática.
7.2.1. Requisitos mínimos esixibles
Realizar unha proba escrita e/ou oral sobre os contidos do 5º curso de
Historia da Música (páxina 18), tal e como se contempla no punto 4
(Procedementos de avaliación, páxina 7) da presente programación,
debendo obter como mínimo unha cualificación igual ou superior a 5.
Presentar obrigatoriamente por escrito un traballo anual de lectura dun libro
sobre música ou músicos de libre elección, que debe constar como mínimo
das seguintes partes:
- Identificación do libro: autor, título, editorial, cidade de edición,
ano, páxinas, número de edición, tradutor se procede.
- Breve resumo xeral do libro.
- Resumo por capítulos.
- Reflexión fundamentada sobre un dos capítulos do libro (de libre
elección), empregando como material de apoio outras lecturas
sobre o mesmo tema.
23
7.3. RECURSOS DIDÁCTICOS
7.3.1. Material para a preparación da materia:
- Apuntes de clases estruturados en 12 temas (4 temas por avaliación),
facilitados a través da web en formato PDF, previamente ao comezo de
cada tema.
- Audicións que cada alumno e alumna deberá localizar na web ou nas
bibliotecas que teña á súa disposición.
- Consultar ou dispoñer dalgún destes libros, que serán de uso para os
dous cursos de Historia da Música do Grao Profesional:
BURKHOLDER, Peter; GROUT, Donald e PALISCA,
Claude. Historia de la música occidental. Madrid; Alianza, 2008. 7a
edición (versión original en inglés: 2006).
MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols.
SADIE, Stanley. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000.
7.3.2. Recursos usados para a aula
- Recursos audiovisuais: equipo de son, canón de proxección, lector de DVD,
ordenador
- Recursos por escrito: apuntes de clases estruturados en 12 temas, facilitados
a través da web en formato PDF, coas súas respectivas actividades.
7.3.3. Recursos para a ampliación da materia
BIBLIOGRAFÍA
o ABRAHAM, Gerald. Cien años de música. Madrid: Alianza, 1985.
o ADORNO, Theodor W. Filosofía de la nueva música. Madrid: Akal, 2003.
o ALÉN, M.P. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Vigo:
A Nosa Terra, 1997.
o ANCESCHI, L. La idea del Barroco. Estudios sobre un problema estético.
Madrid: Tecnos, 1991.
o ANDRÉS, Ramón. Diccionario de instrumentos musicales. Desde la
Antigüedad a J. S. Bach. Barcelona: Península, 2001, 1º edición 1995.
24
o BAINES, A. Musical Instruments through the Ages. Londres: Penguin
Books, 1971.
o BARBLAN, G. “Il termine “Barocco” e la musica” en Miscelánea en
homenaje a monseñor Higinio Anglés, vol.1 (Barcelona: Consejo Superior
de Investigaciones Científicas, 1961), 93-110.
o BASSO, Alberto. La época de Bach y Haendel. Madrid: Turner, 1986.
o BENEDETTO, Renato di. Historia de la música. 7, el siglo XIX. Primera
parte: Madrid: Turner, 1987.
o BENT, Ian. Music analysis in the nineteenth century. 1, Fugue, form and
style. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.
o BIANCONI, Lorenzo. Historia de la música. El siglo XVII. Madrid: Turner,
1986.
o BUKOFZER, M.F. La música en la época barroca. De Monteverdi a Bach.
Madrid: Alianza Música, 1994, 3ª edición.
o CASARES RODICIO, E. “La música barroca: análisis formal e ideológico”
en La música en el barroco (Oviedo: Universidad de Oviedo, Oviedo,
1977), 15-50.
o CASARES RODICIO, E. (ed.) Diccionario de la Música Española e
Hispanoamericana. Madrid: SGAE, 1999.
o DIBELUIS, Ulrich. La música contemporánea a partir de 1945. Madrid:
Akal, 2004.
o DOWNS, Philip G. La música clásica: la era de Haydn, Mozart y
Beethoven. Madrid: Akal, 1998.
o DOWNS, Philip. Antología de la música clásica. Madrid: Akal, 2006.
o DUFOURCQ, N. “La época del bajo continuo (ca. 1600-1750)”, en
CHAILLEY, J. Compendio de Musicología (Madrid: Alianza Música, 1991),
207-241.
o EINSTEIN, Alfred. La música en la época romántica. Madrid: Alianza,
1986.
o FERNÁNDEZ DE LA CUESTA, I. “La época del bajo continuo”, en
CHAILLEY, J Compendio de Musicología (Madrid: Alianza Música, 1991),
542-549.
o FUBINI, E. La estética musical. Desde la Antigüedad a nuestros días.
Madrid: Alianza, 1988.
25
o GARBAYO, J. “O esplendor do barroco musical en Galicia”, en O feito
diferencial de música, vol.2 (Santiago: Museo do Pobo Galego, 1998),
121-177.
o GOLDÁRAZ GAÍNZA, Javier. Afinación y temperamento en la música
occidental. Madrid: Alianza Editorial, 1992.
o GÓMEZ AMAT, Carlos. Historia de la música española. 5, Siglo XIX.
Madrid: Alianza, 1988.
o GRIFFITHS, Paul. Breve historia de la música occidental. Madrid: Akal,
2009.
o GROUT, D. y PALISCA, C. Historia de la música occidental. Madrid:
Alianza, 1986, 2 vols.
o HILL, John Walter. La musica barroca: música en Europa occidental,
1580-1750. Madrid: Akal, 2008.
o KÜHN, Clemens. Historia de la composición musical en exemplos
comentados. Barcelona: Idea Books, 2003.
o ________. Tratado de la forma musical. Barcelona: Idea Books, 2003.
o LÓPEZ CALO, J. “La música. 1500-1800”, en Galicia renace (Santiago:
Xunta de Galicia, 1997), 72-84.
o LÓPEZ COBAS, Lorena. Historia da música en Galicia. Sarria (Lugo):
Ouvirmos, 2013.
o MARCO, Tomás. Pensamiento musical y siglo XX. Madrid: SGAE, 2002.
o MEYER, Leonard B. El estilo en la música: teoría musical, historia e
ideología. Madrid: Pirámide, 2000.
o MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols.
o MORGAN, Robert P. Antología de la música del siglo XX. Madrid: Akal,
1998.
o MORGAN, Robert P. La música del siglo XX. Madrid: Akal, 1999.
o NEUBAUER, John. La emancipación de la música : el alejamiento de la
mímesis en la estética del siglo XVIII. Madrid: Visor, 1992.
o OROZCO DÍAZ, E. Introducción al barroco. Granada: Universidad de
Granada, 1988, vol. 1.
o PALISCA, C.V. La música en el barroco. Buenos Aires: Editorial Víctor
Lerú, 1978.
26
o -----------. “Baroque”, en SADIE, Stanley ed. The New Grove Dictionary of
Music and Musicians, vol.2, (Library of Congress Cataloging in Publication,
1980), 172- 178.
o PLANTINGA, Leon. La música romántica. Madrid: Akal, 2002.
o PLANTINGA, Leon. Antología de la música romántica. Madrid: Akal, 2008.
o RODRÍGUEZ SUSO, Carmen. Prontuario de musicología. Música, sonido,
sociedad. Barcelona: Clivis, 2002.
o ROSEN, Charles. Formas de sonata. Barcelona: Labor, 1987.
o ROWELL, L. Introducción a la filosofía de la música. Barcelona: Gedisa,
1999.
o SALAZAR, A. Conceptos fundamentales de la historia de la música.
Madrid: Alianza Música, 1988.
o SACHS, Curt. Storia degli strumenti musicali. Oscar Mondadori: Milán,
1980, 1º edición1940.
o SADIE, S. (ed.) The New Grove’s Dictionary of Music and Musicians.
Londres: Macmillan Press Limited, 1954.
o ________ (ed.). The New Grove Dictionary of Musical Instruments.
Londres: Macmillan Press Limited, 1984.
o SATIE, Eric. Memorias de un amnésico y otros escritos. Madrid: Árdora,
2005.
o STEFANI, G. Musica barocca. Poetica e ideología. Milán: Bompiani, 1987.
o STRAUS, Joseph. Introduction to post-tonal theory. Englewood Cliffs (New
Jersey): Prentice-Hall, 1990.
o TREITLER, Leo. “La interpretación histórica de la música: una difícil
tarea”, en Los últimos diez años de la investigación musical (Valladolid:
Universidad de Valladolid, 2002), 1-36.
o VIRGILI, Mª Antonia (ed.). Música y literatura en la Península Ibérica,
1600-1750: actas del Congreso Internacional, Valladolid, 20-21 y 22 de
febrero, 1995. Valladolid: Universidad de Valladolid, 1997.
27
PÁXINAS WEB DE INTERESE
• Centro de Documentación de Música e Danza de Madrid
(http://cdmyd.mcu.es/)
• Museos da música (www.music.ed.ac.uk/euchmi/cimcim/), Museo da
música de Barcelona (www.museumusica.bcn.es), Museo da Gaita de
Gijón (www.asturies.com/viesca/gaita/museo/museo.htm), Musée de la
musique en París (www.cite-musique.fr/francais/musee/collections.html).
• Fontes musicais internacionais: Association Internationale de
Bibliothèques, Archives et Centres de Documentation (www.iaml.info/fr),
Repertorio Internacional de Fontes Musicais (http://rism.stub.uni-
frankurt.de), Repertorio Internacional de Literatura Musical
(http://rilm.org), Repertorio Internacional de Prensa Musical
(www.rilm.org), Repertorio Internacional de Iconografía Musical
(www.ripm.org) e RIdIM (www.ridim.org); e a Asociación Española de
Documentación Musical (www.aedom.org).
• Acceso gratuito a partituras musicais: http://www.mundopartituras.com/,
IMSLP
(http://imslp.org/index.php?title=P%C3%83%C2%A1gina_principal&) ,
Biblioteca de Clariperu (partituras clarinete) (http://www.clariperu.org/) ,
Mutopia Project (http://www.mutopiaproject.org/), The Choral Public
Domain Library (http://www.cpdl.org/) , Arquivo de música de Werner
Icking Music Archive http://icking-music-archive.org/index.php) , Project
Gutenberg (http://www.gutenberg.org/browse/categories/4) , etc…
• Revistas electrónicas sobre música clásica: www.operaactual.com ;
www.filomusica.com ; www.calssicscore.hut2.ru;
www.orfeoed.com/menu.asp ; www.goldbergweb.com/es;
www.opusmusica.com ; www.mundoclasico.com ;
www.sinfoniavirtual.com.
ALGUNHAS BIBLIOTECAS DE OURENSE
- Bibliotecas Municipais de A Carballeira, Da Ponte e de San
Francisco. O catálogo pódese consultar en:
www.opacmeiga.rbgalicia.org
28
- Biblioteca Central do Campus de Ourense. Campus Universitario
As Lagoas: www.uvigo.es/biblioteca/index.es.htm
- Biblioteca Pública Nodal. Concello, nº 11(988 21 09 32):
www.rbgalicia.org/ourense
- Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Hernán Cortés, 2 (988
22 34 93):
www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/arquivos/ourense
ANEXOS
A. ANÁLISE DA MATERIA DE 4º CURSO POR UNIDADES DIDÁCTICAS:
UD 1: COÑECENDO A MATERIA. A finalidade desta unidade didáctica será
presentar ó alumno a materia, o desenvolvemento do curso, normas, contidos,
etc…así como avaliar os seus coñecementos previos para que os propios
alumnos coñezan o seu punto de partida.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
- Presentar a materia e o curso (contidos, normas de
comportamento, avaliación…)
- Avaliar os coñecementos previos dos alumnos, para
coñecer o punto de partida.
CONTIDOS
Conceptuais Presentación da materia e
dos contidos propios do
curso.
Procedimentais Realización dunha
avaliación inicial respecto
dos coñecementos da
materia.
Actitudinais Toma de conciencia da
importancia da materia de
Historia da Música dentro
do currículo no
desenvolvemento do Grao
Profesional.
29
UD 2: PREHISTORIA E MUNDO ANTIGO: GRECIA E ROMA. A finalidade
desa unidade é a de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes
musicais, as súas características, funcións e transformacións nos distintos
contextos históricos asociados á Antigüidade.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Comprender que a música é a historia do home.
- Coñecer o contexto histórico-cultural e o significado da música
na sociedade do mundo antigo.
- Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen
partitura, as principais características da música e dos
instrumentos desta época.
- Entender os conceptos derivados da teoría musical.
- Comprender a música como un arte relacionado cas demais, e
como expoñente dunha época, vistas as circunstancias sociais,
culturais e políticas do seu período.
CONTIDOS
Conceptuais - Antropoloxía. Arqueoloxía e prehistoria musical.
O home e o son. Música e etnoloxía.
- A música nas civilizacións do Oriente Próximo.
Mesopotamia, Exipto e Palestina. Marco
xeográfico e cultural. As fontes arqueolóxicas,
iconográficas e escritas. Organoloxía. A música
na sociedade.
- A música en Grecia. O período xeométrico,
arcaico e clásico. As orixes da teoría musical. A
notación musical grega. Organoloxía.
- A música en Roma.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou en
outras representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do mundo
antigo en canto ós seus elementos formais,
melodía, ritmo, textura e harmonía.
- Comentario das distintas características dos
instrumentos musicais a través de láminas.
- Análise dos elementos teóricos da música grega
sobre as seguintes pezas: o Epitafio de Seikilos,
o Stasi-mon de Orestes (Eurípides) e o Segundo
Himno a Apolo.
- Comentario sobre o significado da música na
sociedade grega mediante textos escollidos dos
poemas homéricos e doutros autores
posteriores.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando as demais artes así
como as circunstancias históricas presentes.
- Valoración da importancia do son como
expresión primixenia do ser humano.
- Valoración do aspecto expresivo das obras
musicais do mundo antigo en relación coa súa
finalidade.
- Gusto por coñecer o desenvolvemento tanto na
organoloxía como na teoría e o proceso de
creación musical.
30
UD3: O CANTO DAS LITURXIAS CRISTIÁNS. O CANTO GREGORIANO. O
obxectivo desta unidade é o de coñecer os elementos básicos da linguaxe
musical usada nas liturxias cristiáns ata o século XII.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto histórico no que se orixinaron os ritos
occidentais.
- Comentar e diferenciar as características dos distintos ritos
mediante a audición.
- Coñecer o proceso de creación, implantación e difusión do canto
gregoriano e o seu contexto histórico.
- Analizar, empregando como soportes materiais a audición e a
partitura, as características de calquera peza gregoriana.
- Ler en notación cadrada.
CONTIDOS
Conceptuais - A orixe do canto litúrxico en Occidente.
- As liturxias rexionais en Oriente. O canto
bizantino.
- O canto das igrexas latinas: canto galicano,
ambrosiano, mozárabe, beneventano e romano.
- O pensamento musical na igrexa primitiva. Os
pais da igrexa. San Agustín. Boecio. Casiodoro.
- A difusión do canto gregoriano.
- Análise e función do canto gregoriano.
Características xerais. Notación. O ritmo. Os
modos eclesiásticos.
- Formas litúrxicas do repertorio gregoriano. O
repertorio paralitúrxico: tropos, secuencias e
drama litúrxico.
- O pensamento musical no contorno do canto
gregoriano.
Procedimentais - Dedución das principais características dos ritos
occidentais a través de audicións.
- Audicións dalgúns fragmentos das diferentes
liturxias rexionais e extraer conclusións
comparativas.
- Relacionar a expresión musical destas
composicións co pensamento estético do
período.
- Análise de distintas pezas do repertorio
gregoriano.
- Comparación de gravacións realizadas por coros
de monxes coas realizadas por coros
profesionais.
- Estudo comparativo a través da audicións entre a
música grega e a música relixiosa monódica.
Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo destes cantos
en relación coa súa finalidade relixiosa.
- Respecto polas distintas formas na expresión
musical dos ritos.
- Gusto polas audicións en si mesmas.
- Concienciación sobre a importancia da música
gregoriana como a máis importante
manifestación musical no mundo occidental
durante séculos e como a fonte directa da música
culta.
- Valoración da importancia da notación cadrada
como base da nosa notación actual.
31
UD 4: A MONODIA PROFANA MEDIEVAL. Nesta unidade preténdense
coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais nacidas no
ámbito profano en diversos países europeos (séculos XI e XIII).
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto histórico e cultural no que xurde a poesía
cantada desta época.
- Entender as formas poéticas e musicais da monodia profana
medieval.
- Aprender a escoitar música deste período identificándoo fronte a
outros estilos e explicar as súas características.
- Ser capaz de realizar unha aproximación analítica mediante
partitura e audición da música trobadoresca.
CONTIDOS
Conceptuais - Primeiras noticias. As cancións con texto en
latín. O manuscrito de Cambridge e os Carmina
Burana.
- Os trobadores. Xeracións e principais
representantes. Tipos e formas da poesía
trobadoresca segundo o contido. Formas
poéticas e musicais dos trobadores. Os
instrumentos.
- Os trobeiros. Xeracións e principias
representantes. Antecedentes poéticos.
- As formas musicais: letanía, secuencia, himno,
rondel (rondeaux, ballade e virelai).
- A difusión da monodia profana: os minnesingers.
A canción monofónica en Italia: os laudes. As
cantigas españolas e galaico-portuguesas.
Procedimentais - Audicións comentadas, coa axuda do texto e/ou
partitura, dos principias poetas-músicos da
monodia profana medieval, sobre as formas da
poesía e da música e demais elementos musicais
como modalidade, ámbito, interválica, xiros
melódicos, ritmo, etc.
- Estudo comparativo entre as melodías
gregorianas e o repertorio monódico profano de
trobadores e trobeiros.
- Comparación mediante audicións do estilo
musical dos trobadores co estilo das Cantigas de
Santa María de Afonso X o Sabio e das Cantigas
de Martín Códax e destas coas cantigas arábigo-
andaluzas.
- Descrición, coa axuda de láminas (miniaturas das
cantigas de Santa María) de tódolos instrumentos
musicais.
- Recoñecemento dos instrumentos musicais
visualizados nas gravacións empregadas.
- Comentario dalgún texto sobre as vidas e trazos
de trobadores e trobeiros e dalgún outro extraído
do Libro del Buen Amor do Arcipreste de Hita.
Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo da lírica profana
medieval en relación coa finalidade da súa
32
composición.
- Concienciación da importancia da poesía cantada
e moi especialmente en España.
- Gusto polas audicións, espertando o interese por
coñecer o proceso creativo desta música e dos
instrumentos musicais.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
UD 5: O NACEMENTO DA POLIFONÍA. Esta unidade ten como obxectivo
xeral coñecer as transformacións que sufriron as texturas musicais na liturxia
cristiá en occidente a partires do século IX.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Comprender adecuadamente as primeiras formas de polifonía e o
seu proceso de formación e desenvolvemento.
- Identificar a través da audición e partitura estas formas musicais.
- Recoñecer o contexto histórico e cultural no que xorde a polifonía.
- Entender a finalidade desta música.
CONTIDOS
Conceptuais - Orixe e razón do nacemento da polifonía.
- Descricións teóricas e exemplos das primeiras
formas da polifonía primitiva: o organum paralelo
e paralelo modificado.
- Evolución do organum cara o 1100: o organum
libre.
Procedimentais - Discriminación das diferentes formas de polifonía
primitiva empregando os escasos exemplos que
se conservan e as súas audicións.
- Estudio e análise dos estilos de organum do
repertorio polifónico primitivo, a partir dalgunhas
das súas pezas e a súa audición comentada.
Actitudinais - Valoración da importancia para a música
posterior destes primeiros pasos na polifonía.
- Toma de conciencia do cambio estético que
experimenta a música neste intre.
- Interese por coñecer o desenvolvemento
polifónico nos seus inicios.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
UD 6: A POLIFONÍA AQUITANA. Esta unidade ten como obxectivo xeral dar a
coñecer os elementos básicos das primeiras partituras de música polifónica
conservadas.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Comprender adecuadamente as formas de polifonía desta época e
o seu proceso de formación e desenvolvemento.
- Identificar a través da audición e partitura estas formas musicais.
- Recoñecer o contexto histórico e cultural no que xurde este
repertorio polifónico.
- Entender a finalidade desta música.
Conceptuais - A Escola de San Martial de Limoges. Os estilos
compositivos: estilo melismático e estilo
33
CONTIDOS
discantus.
- As formas musicais: versus, tropos de
Benedicamus e secuencias
Procedimentais - Discriminación das diferentes formas de
polifonía do repertorio de San Marcial,
empregando algúns dos exemplos que se
conservan e as súas audicións.
- Estudo e análise dos estilos de organum do
repertorio de Santiago de Compostela, a partir
dalgunhas das súas pezas e a súa audición
comentada.
Actitudinais - Valoración da importancia para a música
posterior destes primeiros pasos na polifonía.
- Toma de conciencia do cambio estético que
experimenta a música neste intre.
- Interese por coñecer o desenvolvemento
polifónico nos seus inicios.
- -Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
UD 7: A ESCOLA DE NOTRE DAME. Nesta unidade a finalidade será a de
coñecer os elementos básicos da linguaxe musical nacida ao abeiro da escola
parisina da catedral de Notre Dame durante os séculos XII e XIII.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto histórico e cultural no que xorde a polifonía de
Notre Dame e a súa finalidade.
- Saber explicar os distintos xéneros musicais empregados e
practicados en Notre Dame e o emprego do gregoriano nestes.
- Coñecer os modos rítmicos e a notación modal.
- Aprender a escoitar música deste momento histórico
identificándoa fronte a outros períodos e, particularmente, fronte á
polifonía de San Martial de Limoges e Santiago de Compostela.
CONTIDOS
Conceptuais - O organum duplum. Leonin. O Magnus Liber
Organi.
- O organum triplum e quadruplum. As cláusulas
de substitución. Perotin.
- A notación modal e os modos rítmicos.
- O conductus simplex e o conductus con cauda.
- A creación do motete.
Procedimentais - Análise das diversas formas polifónicas do
repertorio de Notre Dame practicadas sobre o
verso aleluiático Pascha nostrum (duplum,
motetes).
- Análise dos quadrupla Viderunt e Sederunt de
Perotin, deducindo os recursos estruturais e
harmónicos dos mesmos.
- Análise dalgún conductus de Perotin, chegando a
conclusións sobre os recursos polifónicos,
rítmicos, etc… empregados.
- Análise das características da polifonía deste
período empregando a audición como base.
- Comentario de textos relativos o período a
estudar.
Actitudinais - Concienciación do grande avance rítmico e
34
polifónico practicado na Escola de Notre Dame.
- Valoración do aspecto expresivo desta música
interpretada alternatium co canto chan.
- Interese por coñecer as formas polifónicas de
Notre Dame.
- Gusto polas audicións, contempladas dende a
estética deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
UD 8: ARS ANTIQUA. O principal obxectivo será o de coñecer os elementos
básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e
transformacións no século XIII en territorio francés.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Explicar os principias cambios operados na música con respecto
ó período de Notre Dame.
- Entender as características dos xéneros musicais, vocais e
instrumentais, practicados no Ars Antiqua e distinguilos,
empregando como soporte a partitura e a audición.
- Coñecer ós principais músicos e teóricos deste período.
- Coñecer o contexto histórico e cultural de onde xurde esta
música, así como o pensamento estético desta época.
CONTIDOS
Conceptuais - O motete relixioso e profano. Motetes latinos e
franceses. Motetes politextuais.
- O motete- conductus
- Avances rítmicos a finais do século XIII.
- Da notación modal á notación mensural. Franco
de Colonia.
- Cancións polifónicas profanas.
- Procedementos compositivos: hoquetus,
rondellus.
- Música instrumental.
- Compositores e teóricos do Ars Antiqua.
Procedimentais - Análise de determinadas pezas e audicións
comentadas das mesmas.
- Análise das características da polifonía deste
período empregando a audición como base.
- Comentario de textos relativos o período a
estudar centrándose no pensamento estético.
Actitudinais - Valoración do carácter secular que vai adquirindo
a polifonía e as consecuencias estéticas que se
derivan.
- Interese polo desenvolvemento dos xéneros e as
complexidades rítmicas que adquire a música
desta época.
- Gusto polas audicións desta música, valorando a
súa expresión en relación co pensamento
estético da época.
- -Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
35
UD 9: ARS NOVA EN FRANCIA. O principal obxectivo será o de coñecer os
elementos básicos das diferentes linguaxes musicais nacidas en Francia no
século XIV.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Explicar os principais avances na música deste período con
respecto ó Ars Antiqua.
- Discernir, con partitura e/ou audición, os motetes isorrítmicos
respecto ós do Ars Antiqua.
- Recoñecer auditivamente e con textos as formas fixas do Ars
Nova francés.
- Comentar a partir da audición, os diferentes estilos da polifonía
relixiosa.
- Coñecer o contexto histórico e cultural no que xurde o Ars Nova e
o seu pensamento estético.
CONTIDOS
Conceptuais - As innovacións de Philippe de Vitry.
- O motete isorrítmico
- A canción de discanto
- As formas fixas: rondeau, ballade, virelai. A
chace.
- A polifonía litúrxica do século XIV. Estilos de
movementos polifónicos de misas. Principais
misas.
- A figura de Guillaume de Machaut.
- O Llibre Vermell de Montserrat.
- O pensamento estético do século XIV.
Procedimentais - Análise dos elementos característicos do Ars
Nova (isorritmia, isoperiodicidade, etc..)
empregando diferentes exemplos do período, coa
audición e a partitura.
- Traballo con textos e audicións das formas fixas
do Ars Nova francés, principalmente de pezas de
Machaut.
- Audición comentada da Misa de Notre Dame de
Machaut.
- Comentario dalgún texto onde se reflicta o
pensar estético do Ars Nova.
Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo das obras do
Ars Nova en relación coa finalidade da súa
composición.
- Interese por coñecer o desenvolvemento do
proceso compositivo no Ars Nova.
- Gusto pola audición de obras desta época,
valorando a súa expresión en relación co
pensamento estético.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
36
UD 10: TRECENTO ITALIANO. A principal finalidade será a de coñecer os os
elementos básicos da música creada no século XIV en Italia.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Explicar os principais avances na música deste período.
- Discernir, con partitura e/ou audición, as formas musicais
cultivadas durante o século XIV en Italia.
- Recoñecer auditivamente e con textos as formas musicais do
Trecento italiano.
CONTIDOS
Conceptuais - Formas poéticas e musicais do Trecento
italiano: o madrigal, a caccia e a ballata.
- Xeracións de compositores do Trecento
italiano. Francesco Landini.
- O sistema de notación italiano.
- Fontes posteriores da polifonía italiana.
Codex Rossi e Codex Squarcialupi.
Procedimentais - Análise dos elementos característicos da
polifonía do Trecento italiano empregando
diferentes exemplos con partituras e
audicións comentadas.
- Traballo con textos e audicións das formas
musicais do Trecento italiano, principalmente
das pezas de Francesco Landini.
Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo das obras
do Trecento italiano en relación coa
finalidade da súa composición.
- Gusto pola audición de obras desta época,
valorando a súa expresión en relación co
pensamento estético.
- Valoración da obra musical como
manifestación artística e expoñente da
sociedade no seu momento, considerando
tamén o resto das artes así como as
circunstancias históricas propias.
UD 11: A TRANSICIÓN Ó RENACEMENTO. ARS SUBTILIOR. O Obxectivo
principal desta unidade será o de coñecer os principais cambios xurdidos en
territorio italiano, inglés e franco-flamenco a finais do século XIV e principios do
XV.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Explicar os principais cambios experimentados a fins do século
XIV na composición musical.
- Coñecer o discanto inglés.
CONTIDOS
Conceptuais - O estilo de tendencia manierista de fins do
século XIV. - A complexidade rítmica da notación
francesa.
- Algúns compositores dos manuscritos de
Chantilly e Módena.
- O discanto inglés. O Manuscrito de Old Hall.
Dunstable.
Procedimentais - Dedución a partir do estudo sobre a partitura e a
audición das complexidades rítmicas de fins do
século XIV.
37
- Análise e audición dalgunha peza de Dunstable.
Deducir as principais características do
fauxbordon inglés.
Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta
a música nesta época.
- Valoración das distintas premisas estéticas de
cada momento ó longo da historia da música.
- Gusto polas audicións da música deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
UD 12: INTRODUCIÓN Á MÚSICA DO RENACEMENTO. A principal finalidade
será a de coñecer os elementos básicos da linguaxe musical predominante nos
séculos do período do Renacemento (s. XV-XVI).
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Aprender a escoitar a música deste momento identificando as
súas características fronte a outros períodos.
- Coñecer as pautas desta música para saber comentar as
características da música do Renacemento en xeral.
- Entender a finalidade xeral da música composta neste período en
cada unha das súas formas.
CONTIDOS
Conceptuais - O contexto histórico e a periodización das
diferentes etapas do Renacemento.
- Renacemento e Humanismo.
- O Manierismo.
- Características musicais xerais
- Coñecemento das cinco xeracións de
compositores do período do Renacemento.
Procedimentais - Discriminación auditiva de obras diversas deste
período, comparadas con épocas anteriores.
- Análise de partituras cos principais trazos deste
período no tocante á melodía, harmonía, forma,
etc.
Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta
a música nesta época.
- Valoración das distintas premisas estéticas de
cada momento ó longo da historia da música.
- Gusto polas audicións da música deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
38
UD 13: O SÉCULO XV. O PRIMEIRO RENACEMENTO. A finalidade primordial
será a de coñecer aos principais compositores franco-flamencos do século XV,
incluíndo un estudo das súas características, funcións e transformacións.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Aprender a escoitar música deste momento identificando as súas
principais características musicais.
- Saber comentar as características da música do século XV.
- Entender a finalidade xeral da música composta neste período en
cada unha das súas formas.
- Coñecer ós principais compositores e obras deste período
concreto do Renacemento.
CONTIDOS
Conceptuais - A primeira xeración de compositores franco-
flamencos. Características.
- Dufay e a misa cíclica. O motete. A chanson
borgoñona.
- A notación mensural branca.
- Binchois e os últimos borgoñóns.
- A segunda xeración de compositores.
Características. Ockeghem. A misa, o motete, a
chanson.
Procedimentais - Discriminación auditiva de obras deste estilo,
comparadas con épocas anteriores.
- Análise de partituras cos principais trazos deste
período no tocante a melodía, harmonía, forma,
etc.
- Relación, mediante diapositivas, a música do
século XV coa arquitectura, pintura e escultura
da mesma época.
- Comentario de textos onde se exprese o
pensamento estético deste período.
Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta
a música nesta época.
- Valoración das distintas premisas estéticas de
cada momento ó longo da historia da música.
- Gusto polas audicións da música deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
39
UD 14: O SÉCULO XVI. O obxectivo principal será o de coñecer ao principais
compositores que introducen o humanismo na música durante o século XVI e
as transformacións que sufriu a música por mor das reformas relixiosas.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Poder diferenciar a música do século XVI mediante audición e/ou
partitura, da dos outros períodos.
- Ser capaz de diferenciar, auditivamente ou con partitura, a música
do século XVI anterior e posterior ó Concilio de Trento.
- Saber comentar as características principais da música desta
etapa do Renacemento.
- Coñecer ós principais compositores e obras deste período.
- Coñecer o pensamento estético e a finalidade da música
composta neste período en cada unha das súas formas.
CONTIDOS
Conceptuais - Terceira xeración franco-flamenca.
Características. Josquin des Prez Misas. Motetes.
Chansons.
- A música italiana no primeiro período
renacentista: a frottola e outros cantos.
- Os inicios da imprenta musical.
- Cuarta xeración de músicos franco-flamencos.
Características
- O madrigal italiano. Etapas e características.
Principais madrigalistas.
- A cultura musical nacional. A chanson parisina; o
lied alemán, o romance e o vilancico en España.
O ayr e outras canción inglesas. Características.
- A emancipación da música instrumental. As
tablaturas para tecla e laúde.
- O Concilio de Trento
- As grandes escolas europeas. A escola romana -
Palestrina; a escola veneciana - os Gabrieli.
- A quinta xeración de compositores franco-
flamencos. Orlando di Lasso.
- A escola española: Tomás Luís de Victoria
Procedimentais - Audicións comentadas de distintos autores e
xéneros musicais do século XVI.
- Análise de partituras de distintos xéneros
musicais, e a partir delas sacar conclusións dos
trazos máis característicos deste estilo.
- Comentario de textos que expresen o
pensamento estético da época.
Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta
a música nesta época.
- Valoración das distintas premisas estéticas de
cada momento ó longo da historia da música.
- Gusto polas audicións da música deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
40
UD 15: INTRODUCIÓN Á MÚSICA DO BARROCO. Nesta unidade
introducirase a música do Barroco, incidindo nos elementos básicos das
diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e
transformacións.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto histórico e cultural no que xorde este estilo.
- Comprender a nova estética da música, en relación ó século XVI, e
os cambios no pensamento musical ó longo deste período.
- Distinguir, mediante audición ou partitura, a música dos períodos
do Barroco e en relación con outros estilos.
- Coñecer os principais compositores e obras desta época.
CONTIDOS
Conceptuais - Trazos básicos da música do Barroco.
- Barroco temperán. Características xerais.
- O nacemento da Ópera. Precursores. A Camerata
florentina. O estilo recitativo.
- A música de cámara vocal
- A música relixiosa. O estilo concertado.
- A música instrumental. Tipos
Procedimentais - Análise de diversas partituras sacando
conclusións acerca dos distintos estilos da
música do Barroco.
- Dedución, mediante audicións e vídeos, da
evolución musical no Barroco.
- Comentarios de texto que ilustren o pensamento
estético en cada momento deste período.
Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta
a música nesta época.
- Valoración das distintas premisas estéticas de
cada momento ó longo da historia da música.
- Gusto polas audicións da música deste período.
- Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando tamén o resto das artes
así como as circunstancias históricas propias.
41
B. ANÁLISE DA MATERIA DE 5º CURSO POR UNIDADES DIDÁCTICAS:
UD 1: COÑECENDO A MATERIA. O obxectivo fundamental desta unidade é o
coñecemento do funcionamento da materia, así coma contidos, criterios de
avaliación, programación de curso e procedementos de avaliación
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Presentar a materia e o curso (contidos, normas de
comportamento, avaliación…)
- Avaliar os coñecementos previos dos alumnos, para coñecer o
punto de partida.
CONTIDOS
Conceptuais - Presentación da materia e dos contidos propios do
curso.
Procedimentais - Realización dunha avaliación inicial acerca dos
coñecementos da materia por medio de audicións.
Actitudinais - Toma de conciencia da importancia da materia de
Historia da Música dentro do Currículo no
desenvolvemento do Grao Profesional.
UD 2: O BARROCO (I). A MÚSICA VOCAL NA SEGUNDA METADE DO
SÉCULO XVII E PRIMEIRA METADE DO XVIII. Nesta unidade a principal
finalidade é coñecer as principais manifestacións vogais do período musical do
Barroco, comprendendo especialmente as orixes das manifestacións
operísticas e principais xéneros relixiosos cristiáns.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa
moderna.
- Comprender que a historia da música está intimamente ligada á
historia da cultura de calquera civilización e en calquera período
cronolóxico.
- Ter un coñecemento xeral das principais características musicais
da música vogal europea dese período.
- Coñecer as principais correntes de ópera existentes nos séculos
XVII e XVIII.
- Comprender o proceso de desenvolvemento e consolidación da
música vogal escénica e relixiosa.
CONTIDOS
Conceptuais - Revisión do concepto e historiografía do Barroco.
- A música vogal na segunda metade do século XVII.
A música escénica: Italia e o bel canto (Venecia e
Nápoles); Francia e a traxedia lírica en época de Luís
XIV (Lully); Inglaterra e a restauración musical (Blow,
Purcell e Haendel); Alemaña e o singspiel.
- A música vogal relixiosa: o catolicismo e as súas
manifestacións vogais; o protestantismo e as novas
formas musicais: concertos sacros, anthem, cantatas
e oratorios.
- A música vogal no século XVIII: os tres tipos de
42
óperas (seria, bufa e cómica); as reformas (querella
dos antigos e modernos; a querella dos bufóns)
- España e a tonadilla escénica
- A música relixiosa e a eclosión das súas formas:
Johan Sebastián Bach e as súas obras vogais
(cantatas, oratorios e paixóns)
Procedimentais - Comentario de textos de autores da época: Rameau,
Gluck, Piccinini.
- Audicións da música desa época en diferentes
versións.
- Comentario de textos bibliográficos sobre temas
concretos: concepto de barroco, as orixes da ópera
en España…
- Desenvolvemento de hábitos de estudio.
- Control da principal bibliografía básica sobre o tema.
Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música
vogal dos séculos XVII e XVIII.
- Sensibilidade ante as dificultades de interpretación
da música deste período.
- Apreciación da complexidade do estudo da música
de todos os tempos e lugares.
- Valoración das aportacións españolas á música
vocal do período.
UD 3. O BARROCO (II). A MÚSICA INSTRUMENTAL NA SEGUNDA
METADE DO SÉCULO XVII E PRIMEIRA METADE DO XVIII. A principal
finalidade desta unidade é a de coñecer e valorar de forma xeral as aportacións
de música instrumental propias do período do Barroco europeo.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa
moderna.
- Ter un coñecemento xeral das principais características da música
instrumental europea dese período.
- Coñecer as principais correntes instrumentais existentes nos
séculos XVII e XVIII nos diferentes países.
- Comprender o proceso compositivo de autores como Vivaldi,
Corelli, J. S. Bach ou Haendel.
- Comprender o proceso de desenvolvemento e consolidación da
música instrumental.
CONTIDOS
Conceptuais - A emancipación da música instrumental: Frescobaldi
e os novos xéneros.
- A música instrumental en Italia a finais do século
XVII: Corelli e Vivaldi. A evolución do concerto e a
sonata.
- A música instrumental na corte de Luís XIV de
Francia: o espectáculo propagandístico e a música
de cámara; o pensamento musical e a autonomía da
música (Rousseau e Rameau).
- A música instrumental en Inglaterra: as institucións
musicais da corte; música doméstica; Haendel e a
música instrumental.
- A música instrumental en Alemaña: Buxtehude e J.
S. Bach
- A música instrumental en España
Procedimentais - Comentario de textos de autores da época (Rameau)
43
- Audicións da música desa época en diferentes
versións.
- Comentario de textos bibliográficos sobre temas
concretos (Pedrero, Neubauer, Hill)
- Comentario crítico de audicións.
- Desenvolvemento de hábitos de estudio.
- Control da principal bibliografía básica sobre o tema.
Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música
instrumental dos séculos XVII e XVIII.
- Sensibilidade ante as dificultades de interpretación
da música diste período.
- Valoración das aportacións españolas á música
instrumental do período.
UD 4. O PRECLASICISMO MUSICAL. O obxectivo básico desta unidade é o
de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas
características, funcións e transformacións nos distintos contextos históricos,
especialmente a mediados do século XVIII.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura,
as principais características do Preclasicismo musical.
- Establecer relacións coa música do Barroco tardío, e entender a
importancia do período como ponte cara o Clasicismo.
- Recoñecer as características musicais máis sobresaíntes do
Preclasicismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...)
- Comprender a importancia da adoitada conxunción dos elementos
da música para dar lugar á composición de obras musicais.
- Entender a música coma un arte relacionado coas demais, e como
expoñente dunha época, vistas as circunstancias políticas,
culturais e sociais do seu período.
CONTIDOS
Conceptuais - Contexto histórico-social e estético da segunda
metade do século XVIII
- Os compositores do preclasicismo: os instrumentos
de tecla e a sonata para teclado ( o estilo galante e
Domenico Scarlatti; o Empfindsamer Stil e Carl
Philip Emmanuel Bach)
- Os instrumentos da orquestra e a música sinfónica e
camerística: a escola de Milán (Sammartini); a
escola de Mannheim (Johann Stamitz); e o
nacemento do concerto clásico (Johann Christian
Bach)
- A transformación da ópera a mediados do XVIII.
Procedimentais - Audicións da música desa época.
- Comentario de textos bibliográficos sobre temas
concretos (Downs)
- Desenvolvemento de hábitos de estudo.
- Control da principal bibliografía básica sobre o tema.
Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento dos
precedentes da música clásica.
- Sensibilidade ante as dificultades de interpretación.
- Apreciación da complexidade do estudo da música.
- Valoración das aportacións españolas á música
instrumental do período.
44
UD 5. O CLASICISMO MUSICAL: HAYDN E MOZART. A finalidade
fundamental desta unidade é a de coñecer os elementos básicos la linguaxe
musical clásica, especialmente dos compositores centroeuropeos.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen
partitura, as principais características do Clasicismo musical.
- Recoñecer as características musicais máis sobresaintes do
Clasicismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...)
- Comprender a importancia da adoitada conxunción dos
elementos da música (sexan rítmicos, melódicos, harmónicos
ou formais) para dar lugar á composición de obras musicais.
- Entender a música coma un arte relacionado coas demais, e
como expoñente dunha época, vistas as circunstancias
políticas, culturais e sociais do seu período.
CONTIDOS
Conceptuais - O Clasicismo: características xerais
- Os grandes compositores do período: Haydn,
Mozart.
- As formas clásicas: sonata, concerto e variación
- Organoloxia: o piano. O cuarteto de corda. A
evolución da orquestra
- Música de cámara e orquestral: o cuarteto e a
sinfonía
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Comentario de textos sobre a estética da época.
- Análise de obras representativas do Clasicismo
en canto ós seus elementos formais, melodía,
ritmo, textura e harmonía.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando o resto das artes así
como as circunstancias históricas presentes.
UD 6. A TRANSICIÓN CARA O ROMANTICISMO: BEETHOVEN. A principal
finalidade desta unidade é a de coñecer as transformacións que introduciu
Beethoven na linguaxe musical culta especialmente a principios do século XIX.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa
de transición do século XVIII ao XIX.
- Comprender que a historia da música está intimamente ligada á
historia da cultura de calquera civilización e en calquera período
cronolóxico.
- Ter un coñecemento xeral das principias características musicais
da música de Beethoven.
- Coñecer os principais cánones formais e estilísticos da música de
principios do século XIX.
- Comprender o proceso compositivo de Beethoven.
45
- Comprender o proceso e evolución das formas musicais clásicas.
CONTIDOS
Conceptuais - As sonatas para piano
- A música de cámara
- A música sinfónica e concertística
- Valoración del estilo tardío de Beethoven
Procedimentais - Audicións da música desa época en diferentes
versións.
- Comentario de textos bibliográficos sobre temas
concretos (Downs)
- Comentario de textos da época (testamento
Beethoven, Hoffmann)
- Comentario crítico e comparativo de audicións.
- Visionado de recursos audiovisuais en soporte DVD.
- Control da principal bibliografía básica sobre o tema.
Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música de
Beethoven e a súa personalidade.
- Sensibilidade ante as dificultades de interpretación
da música deste período.
- Apreciación da complexidade do estudo da música
de todos os tempos e lugares.
U.D 7: A MÚSICA INSTRUMENTAL NO ROMANTICISMO. Nesta unidade o
obxectivo xeral é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes
musicais que xorden no século XIX a raíz da nova concepción da música.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura,
as principais características do Romanticismo musical.
- Establecer relacións coa música do Clasicismo.
- Recoñecer as características musicais máis sobresaíntes do
Romanticismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...)
- Comprender a importancia da axeitada conxunción dos elementos
da música (sexan rítmicos, melódicos, harmónicos ou formais)
para dar lugar á composición de obras musicais.
- Entender a música como un arte relacionado coas demais, e como
expoñente dunha época, vistas as circunstancias políticas,
culturais e sociais do seu período.
CONTIDOS
Conceptuais - Contexto histórico-social e estético: concepto e
periodización do Romanticismo en música; aspectos
estéticos e socioculturais; elementos da linguaxe
musical.
- O piano: evolución do instrumento e a súa técnica no
século XIX; linguaxes pianísticas (Robert Schumann,
Frédéric Chopin, Franz Liszt)
- A música sinfónica: a evolución dos instrumentos
durante o século XIX; música programática (Berlioz e
Liszt); o sinfonismo clasicista (Mendelssohn,
Schubert); o sinfonismo finisecular (Brahms,
Bruckner, Mahler e Richard Strauss)
- A música instrumental en España
Procedimentais - Audicións activas da música desa época en
diferentes versións, con apoio de partituras.
- Comentario de textos bibliográficos sobre temas
concretos (Einstein)
- Comentario de textos da época (Mendelssohn,
Berlioz)
- Comentario crítico e comparativo de audicións.
46
- Visionado de recursos audiovisuais en soporte DVD.
Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música
instrumental do século XIX.
- Sensibilidade ante as dificultades de
interpretación da música deste período.
- Apreciación da complexidade do estudo da
música de todos os tempos e lugares.
U.D 8: A MÚSICA VOCAL NO ROMANTICISMO. Nesta unidade coñeceranse
os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais vocais nacidas no
século XIX, especialmente en territorio europeo.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais
características da música vocal do Romanticismo.
- Recoñecer e diferenciar a través da audición o cambio de
sonoridade que supón a música romántica con respecto ó período
clásico.
- Coñecer as características dos distintos períodos da música vocal
romántica e os autores máis representativos deste período
estilístico.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta.
- Comprender o uso social da música vocal romántica e o papel do
músico no seu contexto socio-cultural.
- Relacionar a música romántica co resto das manifestacións
artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - Principios estéticos fundamentais da música
romántica
- O nacemento do lied ou canción romántica
- A expansión da ópera no século XIX: Francia, Italia e
Alemaña
- Principais compositores do Romanticismo vocal.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do Romanticismo
en canto ós seus elementos formais, melodía, ritmo,
textura e harmonía.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu momento,
considerando o resto das artes así como as
circunstancias históricas presentes.
47
U.D 9: DIVERSIDADE DE ESTILOS MUSICAIS A FINAIS DO SÉCULO XIX E
PRINCIPIOS DO XX: NACIONALISMOS MUSICAIS. O principal obxectivo
desta unidade é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes
musicais nos distintos países a finais do século XIX, facendo fincapé na
idiosincrasia de cada territorio.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais
características da música nacionalista.
- Recoñecer e diferenciar a través da audición o cambio de
sonoridade que supón a música nacionalista a mediados do
século XIX.
- Coñecer as características musicais do período nacionalista e os
autores máis representativos deste período estilístico.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta, incidindo no recoñecemento
das escalas e ritmos propios da música popular no seu seo.
- Comprender o uso social da música nacionalista e o papel do
músico no seu contexto socio-cultural.
- Relacionar la música nacionalista co resto das manifestacións
artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - Os Nacionalismos: características xerais
- Principios estéticos fundamentais dos nacionalismos
musicais.
- A música en Rusia, Bohemia, Escandinavia, Hungría.
Principais compositores nacionalistas.
- A música en España
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do Romanticismo
en canto ós seus elementos.
- Comentario de textos.
Actitudinais - Valoración da obra musical idiosincrática como
manifestación artística e expoñente da sociedade no
seu momento.
UD 10: A VANGARDA EN FRANCIA E RUSIA: IMPRESIONISMO E OUTRAS
FIGURAS DE TRANSICIÓN. A principal finalidade desta unidade é a de dar a
coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais que nacen
tras os cambios que se operan a finais do século XIX e os principais trazos das
novas manifestacións musicais.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais
características da música música impresionista.
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aporta o Impresionismo musical a finais do
século XIX.
- Coñecer as características musicais do Impresionismo e os
48
autores máis representativos deste período estilístico.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta, centrando a atención no
emprego das escalas pentatónica e de tons enteiros, así como a
aparición do movemento paralelo.
- Relacionar a música impresionista co resto das manifestacións
artísticas da época, incidindo de maneira especial na pintura e a
literatura.
CONTIDOS
Conceptuais - O movemento impresionista: características xerais
- Principios estéticos fundamentais do Impresionismo
musical.
- Os métodos impresionistas na música
- Principais compositores impresionistas.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do Impresionismo
en canto ós seus elementos.
- Comentario de textos.
Actitudinais - Valoración da obra musical do século XX no seu
contexto histórico e intelectual.
UD 11: EXPRESIONISMO, ATONALIDADE E DODECAFONISMO. A
SEGUNDA ESCOLA DE VIENA. Nesta unidade didáctica traballarase a
linguaxe musical nacida no territorio centroeuropeo na primeira década do
século XX.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aportan as novas correntes artístico-musicais
do século XX.
- Coñecer e analizar a través da partitura as principais
características da música da chamada "Segunda Escola de Viena".
- Coñecer as características musicais da Atonalidade e o
Dodecafonismo e os autores máis representativos deste período
estilístico.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta, centrando a atención no
emprego da escala cromática como base da técnica dodecafónica.
- Relacionar a música expresionista e dodecafónica co resto das
manifestacións artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - O Expresionismo e a Atonalidade: características
musicais
- A técnica dodecafónica. O principio da serie.
- Representantes da Segunda Escola de Viena:
Schoenberg, Webern e Berg.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas da Atonalidade e
Dodecafonismo en canto ós seus elementos.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu momento,
considerando o resto das artes así como as
49
circunstancias históricas presentes.
UD 12: AS VANGARDAS MUSICAIS DE COMEZOS DE SÉCULO. Nesta
unidade o obxectivo primordial é o de coñecer os elementos básicos das
diferentes linguaxes musicais que nacen a principios do século XX e resposta a
diversos plantexamentos estéticos.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aportan as vangardas históricas á música do
século XX.
- Coñecer e analizar a través da partitura as principais
características da música das primeiras vangardas musicais.
- Coñecer as características musicais das primeiras vangardas
históricas (Futurismo, Dadaísmo, Experimentalismo) e os autores
máis representativos deste período estilístico.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta.
- Coñecer as novas grafías musicais.
- Relacionar a música de vangarda co resto das manifestacións
artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - As vangardas históricas: características principais
- Principios estéticos fundamentais: a ruptura coa
tradición
- As primeiras vangardas musicais: Futurismo,
Dadaísmo e Experimentalismo norteamericano.
Principais representantes das diferentes vangardas
musicais.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas das vangardas en
canto ós seus elementos distintivos.
- Lectura e comprensión de textos estéticos e
musicais.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu momento,
considerando o resto das artes así como as
circunstancias históricas presentes.
U.D 13: O NEOCLASICISMO NA MÚSICA. Nesta unidade coñeceranse os
elementos básicos da linguaxe musical neoclásica de compositores coma
Stravinsky ou Hindemith.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aporta a estética neoclásica á música do século
XX.
- Coñecer e analizar a través da partitura as principais
características da música do Neoclasicismo.
- Coñecer as características do Neoclasicismo na música e os
50
autores máis representativos deste período estilístico no marco
europeo.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta.
- Relacionar a música de vangarda co resto das manifestacións
artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - O Neoclasicismo: características principais
- Principios estéticos do Neoclasicismo musical. A
figura de Stravinsky.
- Elementos da linguaxe musical neoclásica: melodía,
ritmo, textura e harmonía, timbre e estrutura.
- Influencias de outras correntes musicais.
- Panorama neoclásico en Europa.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do Neoclasicismo
en canto ós seus elementos distintivos.
- Lectura e comprensión de textos de Poética musical
de Stravinsky.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu momento,
considerando o resto das artes así como as
circunstancias históricas presentes.
U.D 14: A MÚSICA DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (I):
MÚSICA CONCRETA, ELECTRÓNICA E ELECTROACÚSTICA. Nesta
unidade darase a coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes
musicais, as súas características, funcións e transformacións na segunda
metade do século XX.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aporta a música do século XX, despois da
segunda Guerra Mundial.
- Coñecer e analizar a través da partitura as principais
características da música concreta, electrónica e
electroacústica.
- Coñecer as características da música a partir de 1950 e os
autores máis representativos deste período estilístico no marco
europeo e americano.
- Recoñecer a través da audición a sonoridade dos novos
instrumentos de base eléctrica.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico
relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en
xeral e do período de maneira máis concreta.
- Relacionar a música de vangarda despois da segunda Guerra
Mundial co resto das manifestacións artísticas da época.
Conceptuais - Panorama histórico e cultural trala segunda
Guerra Mundial
- A preocupación polo son: novos instrumentos
- Novos achegamentos artísticos: música
concreta, electrónica e electroacústica
- Principais representantes e obras.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
51
CONTIDOS representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do século XX.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu
momento, considerando o resto das artes así
como as circunstancias históricas presentes.
U.D 15: A MÚSICA DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (II):
SERIALISMO INTEGRAL, MÚSICA ALEATORIA E OUTRAS TENDENCIAS.
Nesta unidade darase a coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes
musicais, as súas características, funcións e transformacións na segunda
metade do século XX.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS
- Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade
característica que aporta a música do século XX, despois da
segunda Guerra Mundial.
- Coñecer e analizar a través da partitura as principais
características da música aleatoria, o serialismo integral, a música
textual e outras tendencias musicais propias do período.
- Coñecer as características da música a partir de 1950 e os autores
máis representativos deste período estilístico no marco europeo e
americano.
- Recoñecer a través da audición a sonoridade dos novos
instrumentos de base eléctrica.
- Coñecer a partir da partitura as novas grafías e sistemas de
notación.
- Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo
ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do
período de maneira máis concreta.
- Relacionar estas tendencias musicais co resto das manifestacións
artísticas da época.
CONTIDOS
Conceptuais - O serialismo integral: a corrente europea e
americana.
- A música aleatoria en Norteamérica e Europa
- Outras tendencias de finais dos años 50 e 60:
música textural, música estocástica.
- Principais representantes das diferentes correntes
musicais.
Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
representacións gráficas.
- Análise de obras representativas do século XX en
canto ós seus elementos distintivos.
Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación
artística e expoñente da sociedade no seu momento,
considerando o resto das artes así como as
circunstancias históricas presentes.
Programacion didactica -_historia_da_musica__vixente_do_ano_pasado_
Programacion didactica -_historia_da_musica__vixente_do_ano_pasado_

More Related Content

Viewers also liked

Bach suite orchestral 3 - violin i (1)
Bach   suite orchestral 3 - violin i (1)Bach   suite orchestral 3 - violin i (1)
Bach suite orchestral 3 - violin i (1)Lucas Vieira
 
00 estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto
00    estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto00    estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto
00 estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal netoNertan Silva
 
Galamian contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...
Galamian   contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...Galamian   contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...
Galamian contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...William Soph
 
Harmonia Ian Guest vol 1
Harmonia Ian Guest vol 1Harmonia Ian Guest vol 1
Harmonia Ian Guest vol 1Will Carvalho
 
Lectura de comprension de lectura
Lectura de comprension de lecturaLectura de comprension de lectura
Lectura de comprension de lecturaWilfredo Barazorda
 
Chord melody method bill hart
Chord melody method   bill hartChord melody method   bill hart
Chord melody method bill hartgretechen
 
Curso de arranjo ian guest vol 2
Curso de arranjo  ian guest vol 2Curso de arranjo  ian guest vol 2
Curso de arranjo ian guest vol 2MILTON ALVES
 
Historia de la musica ppt
Historia de la musica pptHistoria de la musica ppt
Historia de la musica pptsally21lh
 

Viewers also liked (12)

Música
MúsicaMúsica
Música
 
Bach suite orchestral 3 - violin i (1)
Bach   suite orchestral 3 - violin i (1)Bach   suite orchestral 3 - violin i (1)
Bach suite orchestral 3 - violin i (1)
 
00 estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto
00    estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto00    estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto
00 estrutura tonal - harmonia - maria lúcia pascoal e alexandre pascoal neto
 
Galamian contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...
Galamian   contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...Galamian   contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...
Galamian contemporary violin technique vols 1 e 2 (www.sheetmusic-violin.bl...
 
Harmonia Ian Guest vol 1
Harmonia Ian Guest vol 1Harmonia Ian Guest vol 1
Harmonia Ian Guest vol 1
 
Lectura de comprension de lectura
Lectura de comprension de lecturaLectura de comprension de lectura
Lectura de comprension de lectura
 
Flauta doce-1
Flauta doce-1Flauta doce-1
Flauta doce-1
 
Tango best
Tango bestTango best
Tango best
 
Chord melody method bill hart
Chord melody method   bill hartChord melody method   bill hart
Chord melody method bill hart
 
Curso de arranjo ian guest vol 2
Curso de arranjo  ian guest vol 2Curso de arranjo  ian guest vol 2
Curso de arranjo ian guest vol 2
 
Metodo livre para flauta doce
Metodo livre para flauta doceMetodo livre para flauta doce
Metodo livre para flauta doce
 
Historia de la musica ppt
Historia de la musica pptHistoria de la musica ppt
Historia de la musica ppt
 

Similar to Programacion didactica -_historia_da_musica__vixente_do_ano_pasado_

Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015EvaPaula
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeasblas
 
Programación Departamento De Inglés
Programación Departamento De InglésProgramación Departamento De Inglés
Programación Departamento De InglésSusana Bayon
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1ceipanamariadieguez
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015cmariacoruna
 

Similar to Programacion didactica -_historia_da_musica__vixente_do_ano_pasado_ (10)

Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015
Proxecto final ccss 3º eso 2014 2015
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
Programación Departamento De Inglés
Programación Departamento De InglésProgramación Departamento De Inglés
Programación Departamento De Inglés
 
IES Nº1 de Ribeira presentacion comiteambiental 2010_2011
IES Nº1 de Ribeira presentacion comiteambiental 2010_2011IES Nº1 de Ribeira presentacion comiteambiental 2010_2011
IES Nº1 de Ribeira presentacion comiteambiental 2010_2011
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
Piale 2016
Piale 2016 Piale 2016
Piale 2016
 
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
Transición á etapa de educación secundaria obrigatoria ( 1
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Belenchu
BelenchuBelenchu
Belenchu
 

Programacion didactica -_historia_da_musica__vixente_do_ano_pasado_

  • 1. CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE OURENSE PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA HISTORIA DA MÚSICA Cursos 4ºe 5º - Grao Profesional CURSO 2013 – 2014
  • 2. 2 ÍNDICE 1. Enmarcación xeral, p. 4 2. Obxectivos, p. 5 3. Contidos, p. 5 4. Procedementos e instrumentos de avaliación e cualificación, p. 7 4.1. Avaliación do alumnado, p. 7 4.2. Avaliación do funcionamento da programación, p. 9 4.3. Procedementos de acceso a 5º e 6º GP, p. 9 5. Metodoloxía aplicada, p. 10 5.1. Adaptación do currículo ás necesidades específicas do alumnado, p. 10 6. CUARTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL, p. 12 6.1. Secuenciación e temporalización dos contidos, p. 12 6.2. Criterios de avaliación por trimestres, p. 13 6.2.1. Requisitos mínimos esixibles, p. 15 6.3. Recursos didácticos, p. 16 7. QUINTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL, p. 19 7.1. Secuenciación e temporalización dos contidos, p. 19 7.2. Criterios de avaliación por trimestres, p. 20 7.2.1. Requisitos mínimos esixibles, p. 22 7.3. Recursos didácticos, p. 23 ANEXOS, p. 29 A. Análise da materia de 4º curso por unidades didácticas, p. 29 UD 1 - Coñecendo a materia UD 2 - Prehistoria e mundo antigo: Grecia e Roma UD 3 - O canto das liturxias cristiáns. O Canto Gregoriano UD 4 - A monodia profana medieval UD 5 - O nacemento da polifonía UD 6 - A polifonía aquitana UD 7 - A Escola de Notre Dame UD 8 - O Ars Antiqua UD 9 - O Ars Nova en Francia UD 10 - O Trecento italiano UD 11 - A transición ó Renacemento. Ars Subtilior UD 12 - Introdución á música do Renacemento UD 13 - O século XV. O primeiro Renacemento
  • 3. 3 UD 14 - O século XVI UD 15 - Introdución á música do Barroco B. Análise da materia de 5º por unidades didácticas, p. 41 UD 1 - Coñecemento da materia UD 2- O Barroco (I). A música vogal na segunda metade do século XVII e primeira metade do XVIII UD 3. O Barroco (II). A música instrumental na segunda metade do século XVII e primeira metade do XVIII. UD 4. O Preclasicismo musical UD 5. O clasicismo musical: Haydn e Mozart UD 6. A transición cara o Romanticismo: Beethoven UD 7 - A música instrumental no Romanticismo UD 8 - A música vogal no Romanticismo UD 9 - Diversidade de estilos musicais a finais do século XIX e principios do XX. Nacionalismos musicais UD 10 - A vangarda en Francia e Rusia: impresionismo e outras figuras de transición UD 11 - Expresionismo, Atonalidade e Dodecafonismo. A segunda Escola de Viena UD 12 - As vangardas musicais UD 13 - O Neoclasicismo na música UD 14 - A música despois da segunda Guerra Mundial (I) Música Concreta, Electrónica e Electroacústica UD 15 - A música despois da segunda Guerra Mundial (II) Serialismo integral, Música Aleatoria e outras tendencias C. Actividades culturais e promoción das ensinanzas dentro do departamento, p. 52 D. Procedementos de autoavaliación departamento, p. 53
  • 4. 4 1. ENMARCACIÓN XERAL Materia: Historia da Música Curso: 4º e 5º Grao: Profesional Profesora: Lorena López Cobas Horas lectivas: 2 horas semanais Base legal: adscrita ao currículo oficial galego, no Decreto 203/2007 do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música. Descritor: coñecemento e análise da música occidental nos principais períodos históricos da historia. A materia de “Historia da Música” integrada nos cursos 4º e 5º do Grao Profesional ten como finalidade principal introducir ó alumno no descubrimento da existencia dun extenso abanico de estilos e de diferentes xeitos de concibir a creación musical. A través destes coñecementos resultaralles máis sinxelo abordar outras materias, como “Análise” e “Harmonía”, e ampliar a súa comprensión. De igual xeito, permite aproximar ós alumnos unha visión do feito musical como fenómeno histórico, cultural e estético, ampliando a perspectiva musical do intérprete. A finalidade da materia de Historia da Música, ó igual que o resto das ensinanzas profesionais de música, é dobre: a) Ten a función de afianzamento e a ampliación de coñecementos teóricos. b) Organízase en catro funcións básicas: formativa, orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores.
  • 5. 5 2. OBXECTIVOS XERAIS A ensinanza da historia da música no grao profesional debe ter como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades seguintes: a) Adquirir o hábito de escoitar música, tanto en soportes gravados como a través da asistencia aos acontecementos musicais presentes no seu contorno, interesándose por ampliar e diversificar as súas preferencias personais. b) Captar, a través da audición, as características das correntes estéticas, co fin de situar as obras musicais no tempo e recoñecer o seu estilo. c) Coñecer e comprender a música de cada época, tendo en conta as relacións cos conceptos estéticos imperantes en cada unha, para poder aplicar as convencións interpretativas ao seu repertorio e desenvolver o seu sentido crítico. d) Valorar a importancia da música nas sociedades humanas, a través do coñecemento das relacións establecidas ao longo da historia entre a música e o resto das artes, así como dos feitos históricos e os movementos socioculturais máis salientables de cada época, con vistas a obter unha visión máis global do fenómeno musical. e) Reflexionar sobre o fenómeno sonoro como un aspecto máis da conduta humana, intimamente conectado co proceso histórico en que se encadra en todos os seus aspectos: económicos, sociais e culturais. 3. CONTIDOS XERAIS A música como feito social e cultural. Introdución ás fontes de información histórica e a súa utilización (recursos bibliográficos, fontes escritas, iconográficas, sonoras, etc.). A música na cultura occidental: formas e xéneros musicais, períodos, estilos, compositores, instrumentos, etc. Situación da obra musical no seu contexto social, económico, ideolóxico, histórico e artístico. A evolución da notación.
  • 6. 6 Aproximación á organoloxía e á evolución dos instrumentos como condicionante das posibilidades técnico-interpretativas e da propia composición do repertorio. Aproximación crítica á periodización da historia da música. Planificación e realización de traballos prácticos de aproximación histórica e análise. Comentario de texto literario-musical. Audicións analíticas, con ou sen partitura asociada. Análise iconográfica. Interese por ampliar e diversificar os gustos musicais. Actitude aberta e respectuosa ante os gustos e as opinións dos demais. Emprego dun vocabulario técnico e xeral axeitados. Os contidos anteriormente citados serán concretados e especificados en cada unha das unidades didácticas establecidas para os cursos 4º e 5º do Grao Profesional de Música e presentes nesta programación didáctica. 4. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN Dentro dos procedementos de avaliación haberá dous tipos igualmente importantes: a avaliación do alumnado e a avaliación do funcionamento da programación. 4.1. Avaliación do alumnado Esta avaliación constará de varias fases: 1. Avaliación inicial: será realizada ao comezar o curso, momento no que trataremos de detectar o grao de interese do alumnado cara a materia e ver se posúe coñecementos previos. No inicio de cada unidade didáctica procuraremos facer unha enquisa oral para observar o grao de coñecemento do tema por parte de cada alumno. 2. Avaliación formativa: • Avaliaremos oralmente nas sesións presenciais o proceso de aprendizaxe do alumnado para detectar os seus progresos e
  • 7. 7 dificultades, podendo realizar unha atención individualizada, que se anotará diariamente no caderno do alumnado. • Realizaremos observacións sistemáticas a diario, que serán importantes para avaliar los contidos actitudinais. • Realizaremos exercicios e actividades na aula, que permitan ao alumnado ir afianzando os contidos conceptuais e procedimentais (comentarios de texto, de partituras e de audicións). 3. Avaliación final: A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria, polo que a avaliación do proceso de aprendizaxe será continua, o que implica que a nota final do alumno ou alumna dependerá de diversos parámetros: • Probas escritas e/ou orais trimestrais, coas súas respectivas recuperacións (50%). • Traballo práctico anual de entrega obrigatoria por escrito e impreso na data límite que se estipule ao comezo do curso (10%). • Exercicios escritos e orais realizados na clase de forma puntual para fixar contidos teóricos e prácticos: comentarios de textos, imaxes, partituras, audicións, cuestionarios sobre lecturas específicas, etc (30%). • Asistencia activa e produtiva ás clases, tendo en conta que a avaliación deste punto estará baixo o estrito criterio do docente (10%). • Proporanse igualmente unha serie de traballos optativos que nunca restarán nota ao alumno, senón que sempre contarán de forma positiva e serán determinantes en caso de que a nota estea como moito a tres décimas da seguinte cualificación. A nota final da materia será o resultado da media obtida das cualificacións de cada un dos trimestres, sendo indispensable ter unha nota mínima de 5 en cada avaliación. No caso que de nunha avaliación non se obtivese a cualificación precisa, poñeranse a disposición do alumnado diversos mecanismos de recuperación que lle permitan acadar os obxectivos mínimos. Todo alumno ou alumna que perda o dereito á avaliación continua (cunha porcentaxe de faltas de asistencia segundo marca a lexislación de réxime interno do conservatorio) terá a obriga de entregar o traballo anual e de
  • 8. 8 realizar unha proba final (xuño e/ou setembro), na que entrará a totalidade da materia anual. Esta proba final será igualmente obrigatoria para aqueles alumnos e alumnas que non superasen dúas das tres avaliacións do curso académico. O traballo anual entregarase impreso, mentres que os exercicios de análise e comentarios solicitados na clase poderán ser escritos á man. Cada traballo ou exercicio será corrixido, puntuado e devolto ao seu autor ou autora previamente á realización da correspondente proba trimestral. En canto ás medidas de recuperación, os alumnos e alumnas disporán de probas escritas e orais de recuperación se non superan os criterios de avaliación marcados para cada trimestre. Cada alumno e alumna só poderá optar a unha proba de recuperación por trimestre. Se o alumno ou alumna suspende dúas das tres avaliacións, terá a posibilidade de superar a materia por medio dunha proba final que se fará a finais de maio ou principios de xuño. Se o alumno non supera os criterios de avaliación asociados aos traballos de entrega obrigatoria, o docente poderá dispor de mecanismos auxiliares de recuperación por medio da realización de novos traballos titorizados, que incidan nos contidos e obxectivos que o alumno ou alumna non acadase. Se o alumno ou alumna queda na súa nota final a tres décimas da cualificación seguinte, terá a posibilidade de mellorar a nota presentando algún traballo optativo titorizado polo docente da materia. O docente reservarase en cada caso a potestade de anular esta disposición dependendo das actitudes do alumno ou alumna fronte á aprendizaxe da materia. No mes de setembro porase á disposición do alumnado a posibilidade de superar a materia realizando unha proba escrita ou oral sobre a totalidade dos contidos. A estrutura da proba incluirá preguntas tipo tema (con texto de base ou non), varias preguntas curtas, varias preguntas tipo test e comentarios de audición. Optativamente o alumno ou alumna poderá presentar un traballo escrito e impreso sobre algún dos aspectos contidos no programa da materia, co fin de subir a súa nota final sempre e cando se atope como mínimo a tres décimas da seguinte cualificación. No caso de que o alumno ou alumna quixese optar á ampliación de matrícula, ademais de solicitala na Secretaría do Centro no prazo estipulado,
  • 9. 9 deberá no caso da materia de “Historia da Música” ter superados os obxectivos marcados para todo o curso, realizando unha proba escrita da totalidade da materia correspondente nas datas que sinale o centro e obtendo como mínimo unha cualificación de 5. Asimesmo deberá presentar o traballo obrigatorio anual nesa mesma data, co fin de dar por superada a materia de todo o curso. 4.2. Avaliación do funcionamento da programación Durante o desenvolvemento das actividades da programación teremos en conta: • O grao de conexión das actividades propostas cos intereses do alumnado. • As dificultades de cada alumno e alumna na resolución de problemas. • A adecuación dos recursos empregados, temporalización e metodoloxía. • Compenetración da selección de contidos e da súa secuenciación. Isto permitirá realizar as modificacións convenientes durante o proceso de ensinanza, mellorando a calidade das actividades propostas en relación á resposta de aprendizaxe obtida. 4.3. Procedementos de acceso a 5º e 6º GP O alumnado que queira acceder a 5º ou 6º de Grao Profesional deberá realizar unha proba escrita sobre a totalidade dos contidos sinalados para 4º (páxina 11) e 5º (páxina 18) curso de Grao Profesional de Historia da Música respectivamente, cuxa data será estipulada polo centro. Para máis información sobre os contidos de cada curso consúltese o anexo da presente programación. A estrutura da proba incluirá preguntas tipo tema (con texto de base ou non), varias preguntas curtas, varias preguntas tipo test e comentarios de audición. Optativamente o alumno ou alumna poderá presentar un traballo escrito e impreso sobre algún dos aspectos contidos no programa da materia, co fin de subir a súa nota final, sempre e cando se atope como mínimo a tres décimas da seguinte cualificación. 5. METODOLOXÍA APLICADA A metodoloxía que aplicaremos será activa -o propio alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe, sendo o persoal docente só un guía ou
  • 10. 10 orientador-; e individualizada, xa que se adaptará a cada alumn@ no seu ritmo de aprendizaxe. Temos de ter igualmente presente que as dificultades deben de estar dosificadas axeitadamente para manter a ilusión e o ánimo de aprender do alumnado, polo que a metodoloxía tamén debe ser progresiva. En xeral, procuraremos facer efectivos os seguintes puntos: • Utilización dun vocabulario claro e conciso. • Exemplificación de cada un dos conceptos que se pretenda explicar co fin de darlle á materia un enfoque práctico e utilitario. • Realización frecuente de audicións comentadas, así como de análise de partituras musicais de cada período e estilo. • Contextualización de todas as manifestacións musicais incluídas no programa dentro duns parámetros culturais precisos e fundamentais para entender a historia da cultura musical. • Incitación á participación activa do alumnado para fomentar non só a aprendizaxe deste, senón tamén a súa autonomía. • Realización diaria de esquemas e sistemas visuais de asimilación de conceptos, empregando para iso soportes informáticos diversos, como as presentacións Power Point ou a visualización de DVDs. • Estreito seguimento do alumnado, comentando cos demais profesores as súas actitudes e avances. • Incitación á reflexión sobre os conceptos musicais relacionados con cada período histórico abordado. • Realización de lecturas frecuentes e de comentarios de textos. • Fomentar o diálogo, autocrítica e unha actitude encamiñada cara a un posterior desenvolvemento persoal e musical. 5.1. Adaptación do currículo ás necesidades específicas do alumnado Dado que é posible que no grupo de alumnado existan necesidades educativas especiais, temos que considerar na nosa proposta a devandita circunstancia, a través da concepción aberta e flexible da nosa programación didáctica. Non obstante, a administración educativa ten a obriga de dotar dos medios necesarios para estas necesidades específicas poidan ser cubertas con éxito por parte da comunidade educativa.
  • 11. 11 As necesidades específicas poden responder a cuestións de diferente natureza: dificultades de aprendizaxe (dislexias, dislaias), dificultades debidas a alteracións da conduta (trastorno de déficit de atención, hiperactividade), necesidades debidas a deficiencias físicas permanente ou temporais, déficit ou duperdotación intelectual. Por toda esta variedade as estratexias de actuación deben ser flexibles con respecto a cada caso particular, xa que nunha clase colectiva o tratamento individualizado ás veces faise complexo. Prevense as seguintes accións: - Adecuación do programa da materia a través de actividades deseñadas específicamente para cada caso. - Reforzo do horario lectivo do alumnado por medio de titorías individualizadas. - Oferta de esquemas alternativos dos contidos e dos textos que se propuxeron para ser lidos na clase adaptados ao grao de déficit ou duperdotación de cada alumno ou alumna. - Uso de procedementos de avaliación específicos adaptados ás necesidades especiais en cada caso.
  • 12. 12 6. CUARTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL Materia: Historia da Música Curso: 4º Grao: Profesional Horario lectivo: 2 horas semanais 6.1. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS A continuación aparece desglosada a secuenciación das unidades didácticas ó longo do curso. PRIMEIRO TRIMESTRE UD 1: Presentación da materia. As fontes musicais. UD 2: Prehistoria e mundo antigo. Grecia e Roma. UD 3: O canto das liturxias cristiáns. O Canto Gregoriano. UD 4: A monodia profana medieval. SEGUNDO TRIMESTRE UD 5: O nacemento da polifonía. UD 6: A polifonía aquitana. UD 7: A Escola de Notre Dame. UD 8: O Ars Antiqua. UD 9: O Ars Nova en Francia. UD 10: O Trecento italiano. TERCEIRO TRIMESTRE UD 11: A transición ó Renacemento. Ars subtilior UD 12: Introdución á música do Renacemento UD 13: O século XV. O primeiro Renacemento UD 14: O século XVI UD 15: Introdución á música do Barroco
  • 13. 13 6.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Primeiro trimestre 1) Identificar a través da audición de obras dende a Antigüidade ata a Idade Media e as súas características máis salientábeis. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas. 2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos da Antigüidade con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de signo visual. 3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia que abrangue dende a Antigüidade á Idade Media, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento dende a Antigüidade á Idade Media. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática.
  • 14. 14 Segundo trimestre 1) Identificar a través da audición obras dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova para identificar as seus trazos máis salientables. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas. 2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de signo visual. 3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia que abrangue dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento dende a creación da polifonía medieval ata a Ars Nova. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados no trimestre, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz. Este criterio valorará en qué medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática. Terceiro trimestre 1) Identificar a través da audición obras da época do Renacemento e os inicios do Barroco para identificar as seus trazos máis relevantes. Este criterio
  • 15. 15 avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas. 2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos da época do Renacemento e os inicios do Barroco con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de signo visual. 3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia que abrangue da época do Renacemento e os inicios do Barroco, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 4) Poder relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento da época do Renacemento e os inicios do Barroco. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática. 6.2.1. Requisitos mínimos esixibles Realizar unha proba escrita e/ou oral sobre os contidos do 4º curso de Historia da Música, tal e como se contempla no punto 4 (Procedementos de avaliación) da presente programación, debendo obter como mínimo unha cualificación igual ou superior a 5. Presentar obrigatoriamente por escrito un traballo anual de crítica musical sobre unha gravación audiovisual de libre elcción sobre repertorio de música “culta”, que debe constar como mínimo das seguintes partes:
  • 16. 16 - Datos sobre a gravación audiovisual: intérpretres, discográfica, título, ano de gravación, contidos. - Explicación da biografía e da obra do compositor da peza elixida dentro da gravación. - Comentario de audición dun fragmento ou da obra completa elixida. - Comparación crítica desta versión da obra elixida con respecto a outra. 6.3. RECURSOS DIDÁCTICOS 6.3.1. Material para a preparación da materia: - Apuntes de clases estruturados en 12 temas (4 temas por avaliación), facilitados a través da web en formato PDF, previamente ao comezo de cada tema. - Audicións que cada alumno e alumna deberá localizar na web ou nas bibliotecas que teña á súa disposición. - Consultar ou dispoñer dalgún destes libros, que serán de uso para os dous cursos de Historia da Música do Grao Profesional: BURKHOLDER, Peter; GROUT, Donald e PALISCA, Claude. Historia de la música occidental. Madrid; Alianza, 2008. 7a edición (versión original en inglés: 2006). MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols. SADIE, Stanley. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000. 6.3.2. Recursos usados para a aula - Recursos audiovisuais: equipo de son, canón de proxección, lector de DVD, ordenador - Recursos por escrito: apuntes de clases estruturados en 12 temas, facilitados a través da web en formato PDF, coas súas respectivas actividades didácticas. 6.3.3. Recursos para a ampliación da materia - ALÉN, M.P. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Vigo: A Nosa Terra, 1997*. - ANDRÉS, Ramón. Diccionario de instrumentos musicales. Desde la Antigüedad a J. S. Bach. Barcelona: Península, 2001, 1º edición 1995.
  • 17. 17 - ATLAS, A.W. La música del renacimiento. Madrid: Akal, 2002*. - BASSO, A. La época de Bach y Haendel. Madrid: Tuner, 1986*. - BUKOFZER, M.F. La música en la época barroca. De Monteverdi a Bach. Madrid: Alianza Música, 1994, 3ª edición. - CALDWELL, J. La música medieval. Madrid: Alianza, 1984*. - CASARES RODICIO, E. (ed.) Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana. Madrid: SGAE, 1999*. - COMOTTI, G. La música en la cultura griega y romana. Madrid: Turner, 1986*. - COSTA, Luís. “A orixe das cantigas: contexto historiográfico”, en Cantigas do mar: Homenaxe a Joan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998), 55-75. - ________. “Algunhas cuestións de teoría e de método verbo da investigación da música de tradición oral en Galicia”, en Encontros O son da memoria (Santiago: Consello da Cultura Galega- Arquito Sonoro de Galicia, 2004), 169-209. - FERNÁNDEZ DE LA CUESTA, I. Historia de la música española. 1. Desde los orígenes hasta el “ars nova”. Madrid: Alianza Música, 1983*. - FUBINI, E. La estética musical. Desde la Antigüedad a nuestros días. Madrid: Alianza, 1988*. - ________. Música y estética en la época medieval. Madrid: Eunsa, 2007*. - GALLICO, C. La época del Humanismo y del Renacimiento. Madrid: Turner, 1986. - GALLO, A. Historia de la música 3. El medievo. Madrid: Turner, 1987. - GARBAYO, J. “O esplendor do barroco musical en Galicia”, en O feito diferencial de música, vol.2 (Santiago: Museo do Pobo Galego, 1998), 121- 177. - GRIFFITHS, Paul. Breve historia de la música occidental. Madrid: Akal, 2009. - GROUT, D. y PALISCA, C. Historia de la música occidental. Madrid: Alianza, 1986, 2 vols. - HILL, J. W. La música Barroca. Madrid: Akal, 2008*. - HOPPIN, R. La música medieval. Madrid: Akal, 1991*.
  • 18. 18 - LÓPEZ CALO, J. La música medieval en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1982*. - LÓPEZ COBAS, Lorena. Historia da música en Galicia. Sarria (Lugo): Ouvirmos, 2013. - MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols*. - PALISCA, C.V. La música en el barroco. Buenos Aires: Editorial Víctor Lerú, 1978. - PÉREZ ARROYO, Rafael. Egipto. La música en la era de las pirámides. Madrid: Ediciones Centro de Estudios Egipcios, 2001. - REESE, G. La música en la Edad Media. Madrid: Alianza, 1988*. - ________. La música en el Renacimiento. Madrid: Alianza, 1988*. - ROWELL, L. Introducción a la filosofía de la música. Barcelona: Gedisa, 1999. - SADIE, S. (ed.) The New Grove’s Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan Press Limited, 1954*. - ________ (ed.). The New Grove Dictionary of Musical Instruments. Londres: Macmillan Press Limited, 1984*. - ________. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000*. - VILLANUEVA, Carlos. “Criterios, fontes e materiais para a interpretación da música medieval galega”, en O feito diferencial galego (Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 1998), vol. 2, 41-119. - ________. “As cantigas do mar de Martín Códax”, en Cantigas do mar: Homenaxe a Joan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998), 13-54. *Os libros que aparecen marcados atópanse na biblioteca do centro.
  • 19. 19 7. QUINTO CURSO DE GRAO PROFESIONAL Materia: Historia da Música Curso: 5º Grao: Profesional Horario lectivo: 2 horas semanais 7.1. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS A continuación aparece desglosada a secuenciación das unidades didácticas ó longo do curso. PRIMEIRO TRIMESTRE UD 1 - Coñecemento da materia UD 2 - O Barroco (I). A música vogal na segunda metade do século XVII e primeira metade do XVIII UD 3. O Barroco (II). A música instrumental na segunda metade do século XVII e primeira metade do XVIII. UD 4. O Preclasicismo musical SEGUNDO TRIMESTRE UD 5. O clasicismo musical: Haydn e Mozart UD 6. A transición cara o Romanticismo: Beethoven UD 7 - A música instrumental no Romanticismo UD 8 - A música vogal no Romanticismo UD 9 - Diversidade de estilos musicais a finais do século XIX e principios do XX. Nacionalismos musicais TERCEIRO TRIMESTRE UD 10 - A vangarda en Francia e Rusia: impresionismo e outras figuras de transición UD 11 - Expresionismo, Atonalidade e Dodecafonismo. A segunda Escola de Viena UD 12 - As vangardas musicais
  • 20. 20 UD 13 - O Neoclasicismo na música UD 14 - A música despois da segunda Guerra Mundial (I) Música Concreta, Electrónica e Electroacústica UD 15 - A música despois da segunda Guerra Mundial (II) Serialismo integral, Música Aleatoria e outras tendencias 7.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Primeiro trimestre 1) Identificar a través da audición de obras barrocas e as súas características máis relevantes. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas. 2) Ser capaz de comentar exemplos iconográficos representativos dos séculos XVII e XVIII con referencias musicais. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para establecer conclusións de tipo sociolóxico ante fontes de signo visual. 3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz, partindo das convencións de presentación do material establecidas. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis
  • 21. 21 importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática. Segundo trimestre 1) Identificar a través da audición obras do Clasicismo e o Romanticismo para identificar as seus trazos máis salientables. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas. 2) Identificar a través de partituras: xéneros, autores, trazos musicais e cronoloxías determinadas. Este criterio permite avaliar a capacidade do alumnado para relacionar a teoría coa práctica musical. 3) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 4) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento desta época. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 5) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática. Terceiro trimestre 1) Identificar a través da audición e das partituras obras do século XX para identificar as seus trazos máis relevantes. Este criterio avalía a capacidade do alumnado para captar o carácter, o xénero, a estrutura formal e os trazos estilísticos máis importantes das obras escoitadas.
  • 22. 22 2) Estar capacitado para realizar comentarios de texto relativos á materia que abrangue desta época, sexan históricos, estilísticos ou doutro campo. Este criterio avalía a capacidade dos alumnos e alumnas para captar e describir as ideas plasmadas polo autor, e de relacionalas coas correntes estilísticas dunha época concreta. 3) Relacionar a historia da música con outros aspectos da cultura e do pensamento deste século. Este criterio avalía a evolución do pensamento crítico do alumnado, no referente á súa capacidade de valoración das etapas da historia da música, no global, ou de determinados autores e obras, no particular, dentro de contexto social e cultural en que se produciron. 4) Ter autonomía para poder realizar traballos sobre algúns aspectos tratados na materia, empregando os recursos dispoñibles de xeito coherente e eficaz, partindo das convencións de presentación do material establecidas. Este criterio valorará en que medida o alumnado é quen de de propor e realizar en termos aceptables, un traballo individual ou en grupo, que obrigue a manexar as fontes sonoras ou escritas, considerando como como máis importante o rigor e a aplicación das técnicas de investigación aprendidas máis que a relevancia ou oportunidade da temática. 7.2.1. Requisitos mínimos esixibles Realizar unha proba escrita e/ou oral sobre os contidos do 5º curso de Historia da Música (páxina 18), tal e como se contempla no punto 4 (Procedementos de avaliación, páxina 7) da presente programación, debendo obter como mínimo unha cualificación igual ou superior a 5. Presentar obrigatoriamente por escrito un traballo anual de lectura dun libro sobre música ou músicos de libre elección, que debe constar como mínimo das seguintes partes: - Identificación do libro: autor, título, editorial, cidade de edición, ano, páxinas, número de edición, tradutor se procede. - Breve resumo xeral do libro. - Resumo por capítulos. - Reflexión fundamentada sobre un dos capítulos do libro (de libre elección), empregando como material de apoio outras lecturas sobre o mesmo tema.
  • 23. 23 7.3. RECURSOS DIDÁCTICOS 7.3.1. Material para a preparación da materia: - Apuntes de clases estruturados en 12 temas (4 temas por avaliación), facilitados a través da web en formato PDF, previamente ao comezo de cada tema. - Audicións que cada alumno e alumna deberá localizar na web ou nas bibliotecas que teña á súa disposición. - Consultar ou dispoñer dalgún destes libros, que serán de uso para os dous cursos de Historia da Música do Grao Profesional: BURKHOLDER, Peter; GROUT, Donald e PALISCA, Claude. Historia de la música occidental. Madrid; Alianza, 2008. 7a edición (versión original en inglés: 2006). MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols. SADIE, Stanley. Guía Akal de la música. Madrid: Akal, 2000. 7.3.2. Recursos usados para a aula - Recursos audiovisuais: equipo de son, canón de proxección, lector de DVD, ordenador - Recursos por escrito: apuntes de clases estruturados en 12 temas, facilitados a través da web en formato PDF, coas súas respectivas actividades. 7.3.3. Recursos para a ampliación da materia BIBLIOGRAFÍA o ABRAHAM, Gerald. Cien años de música. Madrid: Alianza, 1985. o ADORNO, Theodor W. Filosofía de la nueva música. Madrid: Akal, 2003. o ALÉN, M.P. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Vigo: A Nosa Terra, 1997. o ANCESCHI, L. La idea del Barroco. Estudios sobre un problema estético. Madrid: Tecnos, 1991. o ANDRÉS, Ramón. Diccionario de instrumentos musicales. Desde la Antigüedad a J. S. Bach. Barcelona: Península, 2001, 1º edición 1995.
  • 24. 24 o BAINES, A. Musical Instruments through the Ages. Londres: Penguin Books, 1971. o BARBLAN, G. “Il termine “Barocco” e la musica” en Miscelánea en homenaje a monseñor Higinio Anglés, vol.1 (Barcelona: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1961), 93-110. o BASSO, Alberto. La época de Bach y Haendel. Madrid: Turner, 1986. o BENEDETTO, Renato di. Historia de la música. 7, el siglo XIX. Primera parte: Madrid: Turner, 1987. o BENT, Ian. Music analysis in the nineteenth century. 1, Fugue, form and style. Cambridge: Cambridge University Press, 1994. o BIANCONI, Lorenzo. Historia de la música. El siglo XVII. Madrid: Turner, 1986. o BUKOFZER, M.F. La música en la época barroca. De Monteverdi a Bach. Madrid: Alianza Música, 1994, 3ª edición. o CASARES RODICIO, E. “La música barroca: análisis formal e ideológico” en La música en el barroco (Oviedo: Universidad de Oviedo, Oviedo, 1977), 15-50. o CASARES RODICIO, E. (ed.) Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana. Madrid: SGAE, 1999. o DIBELUIS, Ulrich. La música contemporánea a partir de 1945. Madrid: Akal, 2004. o DOWNS, Philip G. La música clásica: la era de Haydn, Mozart y Beethoven. Madrid: Akal, 1998. o DOWNS, Philip. Antología de la música clásica. Madrid: Akal, 2006. o DUFOURCQ, N. “La época del bajo continuo (ca. 1600-1750)”, en CHAILLEY, J. Compendio de Musicología (Madrid: Alianza Música, 1991), 207-241. o EINSTEIN, Alfred. La música en la época romántica. Madrid: Alianza, 1986. o FERNÁNDEZ DE LA CUESTA, I. “La época del bajo continuo”, en CHAILLEY, J Compendio de Musicología (Madrid: Alianza Música, 1991), 542-549. o FUBINI, E. La estética musical. Desde la Antigüedad a nuestros días. Madrid: Alianza, 1988.
  • 25. 25 o GARBAYO, J. “O esplendor do barroco musical en Galicia”, en O feito diferencial de música, vol.2 (Santiago: Museo do Pobo Galego, 1998), 121-177. o GOLDÁRAZ GAÍNZA, Javier. Afinación y temperamento en la música occidental. Madrid: Alianza Editorial, 1992. o GÓMEZ AMAT, Carlos. Historia de la música española. 5, Siglo XIX. Madrid: Alianza, 1988. o GRIFFITHS, Paul. Breve historia de la música occidental. Madrid: Akal, 2009. o GROUT, D. y PALISCA, C. Historia de la música occidental. Madrid: Alianza, 1986, 2 vols. o HILL, John Walter. La musica barroca: música en Europa occidental, 1580-1750. Madrid: Akal, 2008. o KÜHN, Clemens. Historia de la composición musical en exemplos comentados. Barcelona: Idea Books, 2003. o ________. Tratado de la forma musical. Barcelona: Idea Books, 2003. o LÓPEZ CALO, J. “La música. 1500-1800”, en Galicia renace (Santiago: Xunta de Galicia, 1997), 72-84. o LÓPEZ COBAS, Lorena. Historia da música en Galicia. Sarria (Lugo): Ouvirmos, 2013. o MARCO, Tomás. Pensamiento musical y siglo XX. Madrid: SGAE, 2002. o MEYER, Leonard B. El estilo en la música: teoría musical, historia e ideología. Madrid: Pirámide, 2000. o MICHELS, U. Atlas de la música. Madrid: Alianza, 1989, 2 vols. o MORGAN, Robert P. Antología de la música del siglo XX. Madrid: Akal, 1998. o MORGAN, Robert P. La música del siglo XX. Madrid: Akal, 1999. o NEUBAUER, John. La emancipación de la música : el alejamiento de la mímesis en la estética del siglo XVIII. Madrid: Visor, 1992. o OROZCO DÍAZ, E. Introducción al barroco. Granada: Universidad de Granada, 1988, vol. 1. o PALISCA, C.V. La música en el barroco. Buenos Aires: Editorial Víctor Lerú, 1978.
  • 26. 26 o -----------. “Baroque”, en SADIE, Stanley ed. The New Grove Dictionary of Music and Musicians, vol.2, (Library of Congress Cataloging in Publication, 1980), 172- 178. o PLANTINGA, Leon. La música romántica. Madrid: Akal, 2002. o PLANTINGA, Leon. Antología de la música romántica. Madrid: Akal, 2008. o RODRÍGUEZ SUSO, Carmen. Prontuario de musicología. Música, sonido, sociedad. Barcelona: Clivis, 2002. o ROSEN, Charles. Formas de sonata. Barcelona: Labor, 1987. o ROWELL, L. Introducción a la filosofía de la música. Barcelona: Gedisa, 1999. o SALAZAR, A. Conceptos fundamentales de la historia de la música. Madrid: Alianza Música, 1988. o SACHS, Curt. Storia degli strumenti musicali. Oscar Mondadori: Milán, 1980, 1º edición1940. o SADIE, S. (ed.) The New Grove’s Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan Press Limited, 1954. o ________ (ed.). The New Grove Dictionary of Musical Instruments. Londres: Macmillan Press Limited, 1984. o SATIE, Eric. Memorias de un amnésico y otros escritos. Madrid: Árdora, 2005. o STEFANI, G. Musica barocca. Poetica e ideología. Milán: Bompiani, 1987. o STRAUS, Joseph. Introduction to post-tonal theory. Englewood Cliffs (New Jersey): Prentice-Hall, 1990. o TREITLER, Leo. “La interpretación histórica de la música: una difícil tarea”, en Los últimos diez años de la investigación musical (Valladolid: Universidad de Valladolid, 2002), 1-36. o VIRGILI, Mª Antonia (ed.). Música y literatura en la Península Ibérica, 1600-1750: actas del Congreso Internacional, Valladolid, 20-21 y 22 de febrero, 1995. Valladolid: Universidad de Valladolid, 1997.
  • 27. 27 PÁXINAS WEB DE INTERESE • Centro de Documentación de Música e Danza de Madrid (http://cdmyd.mcu.es/) • Museos da música (www.music.ed.ac.uk/euchmi/cimcim/), Museo da música de Barcelona (www.museumusica.bcn.es), Museo da Gaita de Gijón (www.asturies.com/viesca/gaita/museo/museo.htm), Musée de la musique en París (www.cite-musique.fr/francais/musee/collections.html). • Fontes musicais internacionais: Association Internationale de Bibliothèques, Archives et Centres de Documentation (www.iaml.info/fr), Repertorio Internacional de Fontes Musicais (http://rism.stub.uni- frankurt.de), Repertorio Internacional de Literatura Musical (http://rilm.org), Repertorio Internacional de Prensa Musical (www.rilm.org), Repertorio Internacional de Iconografía Musical (www.ripm.org) e RIdIM (www.ridim.org); e a Asociación Española de Documentación Musical (www.aedom.org). • Acceso gratuito a partituras musicais: http://www.mundopartituras.com/, IMSLP (http://imslp.org/index.php?title=P%C3%83%C2%A1gina_principal&) , Biblioteca de Clariperu (partituras clarinete) (http://www.clariperu.org/) , Mutopia Project (http://www.mutopiaproject.org/), The Choral Public Domain Library (http://www.cpdl.org/) , Arquivo de música de Werner Icking Music Archive http://icking-music-archive.org/index.php) , Project Gutenberg (http://www.gutenberg.org/browse/categories/4) , etc… • Revistas electrónicas sobre música clásica: www.operaactual.com ; www.filomusica.com ; www.calssicscore.hut2.ru; www.orfeoed.com/menu.asp ; www.goldbergweb.com/es; www.opusmusica.com ; www.mundoclasico.com ; www.sinfoniavirtual.com. ALGUNHAS BIBLIOTECAS DE OURENSE - Bibliotecas Municipais de A Carballeira, Da Ponte e de San Francisco. O catálogo pódese consultar en: www.opacmeiga.rbgalicia.org
  • 28. 28 - Biblioteca Central do Campus de Ourense. Campus Universitario As Lagoas: www.uvigo.es/biblioteca/index.es.htm - Biblioteca Pública Nodal. Concello, nº 11(988 21 09 32): www.rbgalicia.org/ourense - Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Hernán Cortés, 2 (988 22 34 93): www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/arquivos/ourense ANEXOS A. ANÁLISE DA MATERIA DE 4º CURSO POR UNIDADES DIDÁCTICAS: UD 1: COÑECENDO A MATERIA. A finalidade desta unidade didáctica será presentar ó alumno a materia, o desenvolvemento do curso, normas, contidos, etc…así como avaliar os seus coñecementos previos para que os propios alumnos coñezan o seu punto de partida. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Presentar a materia e o curso (contidos, normas de comportamento, avaliación…) - Avaliar os coñecementos previos dos alumnos, para coñecer o punto de partida. CONTIDOS Conceptuais Presentación da materia e dos contidos propios do curso. Procedimentais Realización dunha avaliación inicial respecto dos coñecementos da materia. Actitudinais Toma de conciencia da importancia da materia de Historia da Música dentro do currículo no desenvolvemento do Grao Profesional.
  • 29. 29 UD 2: PREHISTORIA E MUNDO ANTIGO: GRECIA E ROMA. A finalidade desa unidade é a de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións nos distintos contextos históricos asociados á Antigüidade. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Comprender que a música é a historia do home. - Coñecer o contexto histórico-cultural e o significado da música na sociedade do mundo antigo. - Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura, as principais características da música e dos instrumentos desta época. - Entender os conceptos derivados da teoría musical. - Comprender a música como un arte relacionado cas demais, e como expoñente dunha época, vistas as circunstancias sociais, culturais e políticas do seu período. CONTIDOS Conceptuais - Antropoloxía. Arqueoloxía e prehistoria musical. O home e o son. Música e etnoloxía. - A música nas civilizacións do Oriente Próximo. Mesopotamia, Exipto e Palestina. Marco xeográfico e cultural. As fontes arqueolóxicas, iconográficas e escritas. Organoloxía. A música na sociedade. - A música en Grecia. O período xeométrico, arcaico e clásico. As orixes da teoría musical. A notación musical grega. Organoloxía. - A música en Roma. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou en outras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do mundo antigo en canto ós seus elementos formais, melodía, ritmo, textura e harmonía. - Comentario das distintas características dos instrumentos musicais a través de láminas. - Análise dos elementos teóricos da música grega sobre as seguintes pezas: o Epitafio de Seikilos, o Stasi-mon de Orestes (Eurípides) e o Segundo Himno a Apolo. - Comentario sobre o significado da música na sociedade grega mediante textos escollidos dos poemas homéricos e doutros autores posteriores. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando as demais artes así como as circunstancias históricas presentes. - Valoración da importancia do son como expresión primixenia do ser humano. - Valoración do aspecto expresivo das obras musicais do mundo antigo en relación coa súa finalidade. - Gusto por coñecer o desenvolvemento tanto na organoloxía como na teoría e o proceso de creación musical.
  • 30. 30 UD3: O CANTO DAS LITURXIAS CRISTIÁNS. O CANTO GREGORIANO. O obxectivo desta unidade é o de coñecer os elementos básicos da linguaxe musical usada nas liturxias cristiáns ata o século XII. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto histórico no que se orixinaron os ritos occidentais. - Comentar e diferenciar as características dos distintos ritos mediante a audición. - Coñecer o proceso de creación, implantación e difusión do canto gregoriano e o seu contexto histórico. - Analizar, empregando como soportes materiais a audición e a partitura, as características de calquera peza gregoriana. - Ler en notación cadrada. CONTIDOS Conceptuais - A orixe do canto litúrxico en Occidente. - As liturxias rexionais en Oriente. O canto bizantino. - O canto das igrexas latinas: canto galicano, ambrosiano, mozárabe, beneventano e romano. - O pensamento musical na igrexa primitiva. Os pais da igrexa. San Agustín. Boecio. Casiodoro. - A difusión do canto gregoriano. - Análise e función do canto gregoriano. Características xerais. Notación. O ritmo. Os modos eclesiásticos. - Formas litúrxicas do repertorio gregoriano. O repertorio paralitúrxico: tropos, secuencias e drama litúrxico. - O pensamento musical no contorno do canto gregoriano. Procedimentais - Dedución das principais características dos ritos occidentais a través de audicións. - Audicións dalgúns fragmentos das diferentes liturxias rexionais e extraer conclusións comparativas. - Relacionar a expresión musical destas composicións co pensamento estético do período. - Análise de distintas pezas do repertorio gregoriano. - Comparación de gravacións realizadas por coros de monxes coas realizadas por coros profesionais. - Estudo comparativo a través da audicións entre a música grega e a música relixiosa monódica. Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo destes cantos en relación coa súa finalidade relixiosa. - Respecto polas distintas formas na expresión musical dos ritos. - Gusto polas audicións en si mesmas. - Concienciación sobre a importancia da música gregoriana como a máis importante manifestación musical no mundo occidental durante séculos e como a fonte directa da música culta. - Valoración da importancia da notación cadrada como base da nosa notación actual.
  • 31. 31 UD 4: A MONODIA PROFANA MEDIEVAL. Nesta unidade preténdense coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais nacidas no ámbito profano en diversos países europeos (séculos XI e XIII). OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto histórico e cultural no que xurde a poesía cantada desta época. - Entender as formas poéticas e musicais da monodia profana medieval. - Aprender a escoitar música deste período identificándoo fronte a outros estilos e explicar as súas características. - Ser capaz de realizar unha aproximación analítica mediante partitura e audición da música trobadoresca. CONTIDOS Conceptuais - Primeiras noticias. As cancións con texto en latín. O manuscrito de Cambridge e os Carmina Burana. - Os trobadores. Xeracións e principais representantes. Tipos e formas da poesía trobadoresca segundo o contido. Formas poéticas e musicais dos trobadores. Os instrumentos. - Os trobeiros. Xeracións e principias representantes. Antecedentes poéticos. - As formas musicais: letanía, secuencia, himno, rondel (rondeaux, ballade e virelai). - A difusión da monodia profana: os minnesingers. A canción monofónica en Italia: os laudes. As cantigas españolas e galaico-portuguesas. Procedimentais - Audicións comentadas, coa axuda do texto e/ou partitura, dos principias poetas-músicos da monodia profana medieval, sobre as formas da poesía e da música e demais elementos musicais como modalidade, ámbito, interválica, xiros melódicos, ritmo, etc. - Estudo comparativo entre as melodías gregorianas e o repertorio monódico profano de trobadores e trobeiros. - Comparación mediante audicións do estilo musical dos trobadores co estilo das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio e das Cantigas de Martín Códax e destas coas cantigas arábigo- andaluzas. - Descrición, coa axuda de láminas (miniaturas das cantigas de Santa María) de tódolos instrumentos musicais. - Recoñecemento dos instrumentos musicais visualizados nas gravacións empregadas. - Comentario dalgún texto sobre as vidas e trazos de trobadores e trobeiros e dalgún outro extraído do Libro del Buen Amor do Arcipreste de Hita. Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo da lírica profana medieval en relación coa finalidade da súa
  • 32. 32 composición. - Concienciación da importancia da poesía cantada e moi especialmente en España. - Gusto polas audicións, espertando o interese por coñecer o proceso creativo desta música e dos instrumentos musicais. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 5: O NACEMENTO DA POLIFONÍA. Esta unidade ten como obxectivo xeral coñecer as transformacións que sufriron as texturas musicais na liturxia cristiá en occidente a partires do século IX. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Comprender adecuadamente as primeiras formas de polifonía e o seu proceso de formación e desenvolvemento. - Identificar a través da audición e partitura estas formas musicais. - Recoñecer o contexto histórico e cultural no que xorde a polifonía. - Entender a finalidade desta música. CONTIDOS Conceptuais - Orixe e razón do nacemento da polifonía. - Descricións teóricas e exemplos das primeiras formas da polifonía primitiva: o organum paralelo e paralelo modificado. - Evolución do organum cara o 1100: o organum libre. Procedimentais - Discriminación das diferentes formas de polifonía primitiva empregando os escasos exemplos que se conservan e as súas audicións. - Estudio e análise dos estilos de organum do repertorio polifónico primitivo, a partir dalgunhas das súas pezas e a súa audición comentada. Actitudinais - Valoración da importancia para a música posterior destes primeiros pasos na polifonía. - Toma de conciencia do cambio estético que experimenta a música neste intre. - Interese por coñecer o desenvolvemento polifónico nos seus inicios. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 6: A POLIFONÍA AQUITANA. Esta unidade ten como obxectivo xeral dar a coñecer os elementos básicos das primeiras partituras de música polifónica conservadas. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Comprender adecuadamente as formas de polifonía desta época e o seu proceso de formación e desenvolvemento. - Identificar a través da audición e partitura estas formas musicais. - Recoñecer o contexto histórico e cultural no que xurde este repertorio polifónico. - Entender a finalidade desta música. Conceptuais - A Escola de San Martial de Limoges. Os estilos compositivos: estilo melismático e estilo
  • 33. 33 CONTIDOS discantus. - As formas musicais: versus, tropos de Benedicamus e secuencias Procedimentais - Discriminación das diferentes formas de polifonía do repertorio de San Marcial, empregando algúns dos exemplos que se conservan e as súas audicións. - Estudo e análise dos estilos de organum do repertorio de Santiago de Compostela, a partir dalgunhas das súas pezas e a súa audición comentada. Actitudinais - Valoración da importancia para a música posterior destes primeiros pasos na polifonía. - Toma de conciencia do cambio estético que experimenta a música neste intre. - Interese por coñecer o desenvolvemento polifónico nos seus inicios. - -Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 7: A ESCOLA DE NOTRE DAME. Nesta unidade a finalidade será a de coñecer os elementos básicos da linguaxe musical nacida ao abeiro da escola parisina da catedral de Notre Dame durante os séculos XII e XIII. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto histórico e cultural no que xorde a polifonía de Notre Dame e a súa finalidade. - Saber explicar os distintos xéneros musicais empregados e practicados en Notre Dame e o emprego do gregoriano nestes. - Coñecer os modos rítmicos e a notación modal. - Aprender a escoitar música deste momento histórico identificándoa fronte a outros períodos e, particularmente, fronte á polifonía de San Martial de Limoges e Santiago de Compostela. CONTIDOS Conceptuais - O organum duplum. Leonin. O Magnus Liber Organi. - O organum triplum e quadruplum. As cláusulas de substitución. Perotin. - A notación modal e os modos rítmicos. - O conductus simplex e o conductus con cauda. - A creación do motete. Procedimentais - Análise das diversas formas polifónicas do repertorio de Notre Dame practicadas sobre o verso aleluiático Pascha nostrum (duplum, motetes). - Análise dos quadrupla Viderunt e Sederunt de Perotin, deducindo os recursos estruturais e harmónicos dos mesmos. - Análise dalgún conductus de Perotin, chegando a conclusións sobre os recursos polifónicos, rítmicos, etc… empregados. - Análise das características da polifonía deste período empregando a audición como base. - Comentario de textos relativos o período a estudar. Actitudinais - Concienciación do grande avance rítmico e
  • 34. 34 polifónico practicado na Escola de Notre Dame. - Valoración do aspecto expresivo desta música interpretada alternatium co canto chan. - Interese por coñecer as formas polifónicas de Notre Dame. - Gusto polas audicións, contempladas dende a estética deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 8: ARS ANTIQUA. O principal obxectivo será o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións no século XIII en territorio francés. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Explicar os principias cambios operados na música con respecto ó período de Notre Dame. - Entender as características dos xéneros musicais, vocais e instrumentais, practicados no Ars Antiqua e distinguilos, empregando como soporte a partitura e a audición. - Coñecer ós principais músicos e teóricos deste período. - Coñecer o contexto histórico e cultural de onde xurde esta música, así como o pensamento estético desta época. CONTIDOS Conceptuais - O motete relixioso e profano. Motetes latinos e franceses. Motetes politextuais. - O motete- conductus - Avances rítmicos a finais do século XIII. - Da notación modal á notación mensural. Franco de Colonia. - Cancións polifónicas profanas. - Procedementos compositivos: hoquetus, rondellus. - Música instrumental. - Compositores e teóricos do Ars Antiqua. Procedimentais - Análise de determinadas pezas e audicións comentadas das mesmas. - Análise das características da polifonía deste período empregando a audición como base. - Comentario de textos relativos o período a estudar centrándose no pensamento estético. Actitudinais - Valoración do carácter secular que vai adquirindo a polifonía e as consecuencias estéticas que se derivan. - Interese polo desenvolvemento dos xéneros e as complexidades rítmicas que adquire a música desta época. - Gusto polas audicións desta música, valorando a súa expresión en relación co pensamento estético da época. - -Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 35. 35 UD 9: ARS NOVA EN FRANCIA. O principal obxectivo será o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais nacidas en Francia no século XIV. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Explicar os principais avances na música deste período con respecto ó Ars Antiqua. - Discernir, con partitura e/ou audición, os motetes isorrítmicos respecto ós do Ars Antiqua. - Recoñecer auditivamente e con textos as formas fixas do Ars Nova francés. - Comentar a partir da audición, os diferentes estilos da polifonía relixiosa. - Coñecer o contexto histórico e cultural no que xurde o Ars Nova e o seu pensamento estético. CONTIDOS Conceptuais - As innovacións de Philippe de Vitry. - O motete isorrítmico - A canción de discanto - As formas fixas: rondeau, ballade, virelai. A chace. - A polifonía litúrxica do século XIV. Estilos de movementos polifónicos de misas. Principais misas. - A figura de Guillaume de Machaut. - O Llibre Vermell de Montserrat. - O pensamento estético do século XIV. Procedimentais - Análise dos elementos característicos do Ars Nova (isorritmia, isoperiodicidade, etc..) empregando diferentes exemplos do período, coa audición e a partitura. - Traballo con textos e audicións das formas fixas do Ars Nova francés, principalmente de pezas de Machaut. - Audición comentada da Misa de Notre Dame de Machaut. - Comentario dalgún texto onde se reflicta o pensar estético do Ars Nova. Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo das obras do Ars Nova en relación coa finalidade da súa composición. - Interese por coñecer o desenvolvemento do proceso compositivo no Ars Nova. - Gusto pola audición de obras desta época, valorando a súa expresión en relación co pensamento estético. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 36. 36 UD 10: TRECENTO ITALIANO. A principal finalidade será a de coñecer os os elementos básicos da música creada no século XIV en Italia. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Explicar os principais avances na música deste período. - Discernir, con partitura e/ou audición, as formas musicais cultivadas durante o século XIV en Italia. - Recoñecer auditivamente e con textos as formas musicais do Trecento italiano. CONTIDOS Conceptuais - Formas poéticas e musicais do Trecento italiano: o madrigal, a caccia e a ballata. - Xeracións de compositores do Trecento italiano. Francesco Landini. - O sistema de notación italiano. - Fontes posteriores da polifonía italiana. Codex Rossi e Codex Squarcialupi. Procedimentais - Análise dos elementos característicos da polifonía do Trecento italiano empregando diferentes exemplos con partituras e audicións comentadas. - Traballo con textos e audicións das formas musicais do Trecento italiano, principalmente das pezas de Francesco Landini. Actitudinais - Valoración do aspecto expresivo das obras do Trecento italiano en relación coa finalidade da súa composición. - Gusto pola audición de obras desta época, valorando a súa expresión en relación co pensamento estético. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 11: A TRANSICIÓN Ó RENACEMENTO. ARS SUBTILIOR. O Obxectivo principal desta unidade será o de coñecer os principais cambios xurdidos en territorio italiano, inglés e franco-flamenco a finais do século XIV e principios do XV. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Explicar os principais cambios experimentados a fins do século XIV na composición musical. - Coñecer o discanto inglés. CONTIDOS Conceptuais - O estilo de tendencia manierista de fins do século XIV. - A complexidade rítmica da notación francesa. - Algúns compositores dos manuscritos de Chantilly e Módena. - O discanto inglés. O Manuscrito de Old Hall. Dunstable. Procedimentais - Dedución a partir do estudo sobre a partitura e a audición das complexidades rítmicas de fins do século XIV.
  • 37. 37 - Análise e audición dalgunha peza de Dunstable. Deducir as principais características do fauxbordon inglés. Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta a música nesta época. - Valoración das distintas premisas estéticas de cada momento ó longo da historia da música. - Gusto polas audicións da música deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias. UD 12: INTRODUCIÓN Á MÚSICA DO RENACEMENTO. A principal finalidade será a de coñecer os elementos básicos da linguaxe musical predominante nos séculos do período do Renacemento (s. XV-XVI). OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Aprender a escoitar a música deste momento identificando as súas características fronte a outros períodos. - Coñecer as pautas desta música para saber comentar as características da música do Renacemento en xeral. - Entender a finalidade xeral da música composta neste período en cada unha das súas formas. CONTIDOS Conceptuais - O contexto histórico e a periodización das diferentes etapas do Renacemento. - Renacemento e Humanismo. - O Manierismo. - Características musicais xerais - Coñecemento das cinco xeracións de compositores do período do Renacemento. Procedimentais - Discriminación auditiva de obras diversas deste período, comparadas con épocas anteriores. - Análise de partituras cos principais trazos deste período no tocante á melodía, harmonía, forma, etc. Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta a música nesta época. - Valoración das distintas premisas estéticas de cada momento ó longo da historia da música. - Gusto polas audicións da música deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 38. 38 UD 13: O SÉCULO XV. O PRIMEIRO RENACEMENTO. A finalidade primordial será a de coñecer aos principais compositores franco-flamencos do século XV, incluíndo un estudo das súas características, funcións e transformacións. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Aprender a escoitar música deste momento identificando as súas principais características musicais. - Saber comentar as características da música do século XV. - Entender a finalidade xeral da música composta neste período en cada unha das súas formas. - Coñecer ós principais compositores e obras deste período concreto do Renacemento. CONTIDOS Conceptuais - A primeira xeración de compositores franco- flamencos. Características. - Dufay e a misa cíclica. O motete. A chanson borgoñona. - A notación mensural branca. - Binchois e os últimos borgoñóns. - A segunda xeración de compositores. Características. Ockeghem. A misa, o motete, a chanson. Procedimentais - Discriminación auditiva de obras deste estilo, comparadas con épocas anteriores. - Análise de partituras cos principais trazos deste período no tocante a melodía, harmonía, forma, etc. - Relación, mediante diapositivas, a música do século XV coa arquitectura, pintura e escultura da mesma época. - Comentario de textos onde se exprese o pensamento estético deste período. Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta a música nesta época. - Valoración das distintas premisas estéticas de cada momento ó longo da historia da música. - Gusto polas audicións da música deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 39. 39 UD 14: O SÉCULO XVI. O obxectivo principal será o de coñecer ao principais compositores que introducen o humanismo na música durante o século XVI e as transformacións que sufriu a música por mor das reformas relixiosas. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Poder diferenciar a música do século XVI mediante audición e/ou partitura, da dos outros períodos. - Ser capaz de diferenciar, auditivamente ou con partitura, a música do século XVI anterior e posterior ó Concilio de Trento. - Saber comentar as características principais da música desta etapa do Renacemento. - Coñecer ós principais compositores e obras deste período. - Coñecer o pensamento estético e a finalidade da música composta neste período en cada unha das súas formas. CONTIDOS Conceptuais - Terceira xeración franco-flamenca. Características. Josquin des Prez Misas. Motetes. Chansons. - A música italiana no primeiro período renacentista: a frottola e outros cantos. - Os inicios da imprenta musical. - Cuarta xeración de músicos franco-flamencos. Características - O madrigal italiano. Etapas e características. Principais madrigalistas. - A cultura musical nacional. A chanson parisina; o lied alemán, o romance e o vilancico en España. O ayr e outras canción inglesas. Características. - A emancipación da música instrumental. As tablaturas para tecla e laúde. - O Concilio de Trento - As grandes escolas europeas. A escola romana - Palestrina; a escola veneciana - os Gabrieli. - A quinta xeración de compositores franco- flamencos. Orlando di Lasso. - A escola española: Tomás Luís de Victoria Procedimentais - Audicións comentadas de distintos autores e xéneros musicais do século XVI. - Análise de partituras de distintos xéneros musicais, e a partir delas sacar conclusións dos trazos máis característicos deste estilo. - Comentario de textos que expresen o pensamento estético da época. Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta a música nesta época. - Valoración das distintas premisas estéticas de cada momento ó longo da historia da música. - Gusto polas audicións da música deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 40. 40 UD 15: INTRODUCIÓN Á MÚSICA DO BARROCO. Nesta unidade introducirase a música do Barroco, incidindo nos elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto histórico e cultural no que xorde este estilo. - Comprender a nova estética da música, en relación ó século XVI, e os cambios no pensamento musical ó longo deste período. - Distinguir, mediante audición ou partitura, a música dos períodos do Barroco e en relación con outros estilos. - Coñecer os principais compositores e obras desta época. CONTIDOS Conceptuais - Trazos básicos da música do Barroco. - Barroco temperán. Características xerais. - O nacemento da Ópera. Precursores. A Camerata florentina. O estilo recitativo. - A música de cámara vocal - A música relixiosa. O estilo concertado. - A música instrumental. Tipos Procedimentais - Análise de diversas partituras sacando conclusións acerca dos distintos estilos da música do Barroco. - Dedución, mediante audicións e vídeos, da evolución musical no Barroco. - Comentarios de texto que ilustren o pensamento estético en cada momento deste período. Actitudinais - Tomar conciencia dos cambios que experimenta a música nesta época. - Valoración das distintas premisas estéticas de cada momento ó longo da historia da música. - Gusto polas audicións da música deste período. - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando tamén o resto das artes así como as circunstancias históricas propias.
  • 41. 41 B. ANÁLISE DA MATERIA DE 5º CURSO POR UNIDADES DIDÁCTICAS: UD 1: COÑECENDO A MATERIA. O obxectivo fundamental desta unidade é o coñecemento do funcionamento da materia, así coma contidos, criterios de avaliación, programación de curso e procedementos de avaliación OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Presentar a materia e o curso (contidos, normas de comportamento, avaliación…) - Avaliar os coñecementos previos dos alumnos, para coñecer o punto de partida. CONTIDOS Conceptuais - Presentación da materia e dos contidos propios do curso. Procedimentais - Realización dunha avaliación inicial acerca dos coñecementos da materia por medio de audicións. Actitudinais - Toma de conciencia da importancia da materia de Historia da Música dentro do Currículo no desenvolvemento do Grao Profesional. UD 2: O BARROCO (I). A MÚSICA VOCAL NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XVII E PRIMEIRA METADE DO XVIII. Nesta unidade a principal finalidade é coñecer as principais manifestacións vogais do período musical do Barroco, comprendendo especialmente as orixes das manifestacións operísticas e principais xéneros relixiosos cristiáns. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa moderna. - Comprender que a historia da música está intimamente ligada á historia da cultura de calquera civilización e en calquera período cronolóxico. - Ter un coñecemento xeral das principais características musicais da música vogal europea dese período. - Coñecer as principais correntes de ópera existentes nos séculos XVII e XVIII. - Comprender o proceso de desenvolvemento e consolidación da música vogal escénica e relixiosa. CONTIDOS Conceptuais - Revisión do concepto e historiografía do Barroco. - A música vogal na segunda metade do século XVII. A música escénica: Italia e o bel canto (Venecia e Nápoles); Francia e a traxedia lírica en época de Luís XIV (Lully); Inglaterra e a restauración musical (Blow, Purcell e Haendel); Alemaña e o singspiel. - A música vogal relixiosa: o catolicismo e as súas manifestacións vogais; o protestantismo e as novas formas musicais: concertos sacros, anthem, cantatas e oratorios. - A música vogal no século XVIII: os tres tipos de
  • 42. 42 óperas (seria, bufa e cómica); as reformas (querella dos antigos e modernos; a querella dos bufóns) - España e a tonadilla escénica - A música relixiosa e a eclosión das súas formas: Johan Sebastián Bach e as súas obras vogais (cantatas, oratorios e paixóns) Procedimentais - Comentario de textos de autores da época: Rameau, Gluck, Piccinini. - Audicións da música desa época en diferentes versións. - Comentario de textos bibliográficos sobre temas concretos: concepto de barroco, as orixes da ópera en España… - Desenvolvemento de hábitos de estudio. - Control da principal bibliografía básica sobre o tema. Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música vogal dos séculos XVII e XVIII. - Sensibilidade ante as dificultades de interpretación da música deste período. - Apreciación da complexidade do estudo da música de todos os tempos e lugares. - Valoración das aportacións españolas á música vocal do período. UD 3. O BARROCO (II). A MÚSICA INSTRUMENTAL NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XVII E PRIMEIRA METADE DO XVIII. A principal finalidade desta unidade é a de coñecer e valorar de forma xeral as aportacións de música instrumental propias do período do Barroco europeo. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa moderna. - Ter un coñecemento xeral das principais características da música instrumental europea dese período. - Coñecer as principais correntes instrumentais existentes nos séculos XVII e XVIII nos diferentes países. - Comprender o proceso compositivo de autores como Vivaldi, Corelli, J. S. Bach ou Haendel. - Comprender o proceso de desenvolvemento e consolidación da música instrumental. CONTIDOS Conceptuais - A emancipación da música instrumental: Frescobaldi e os novos xéneros. - A música instrumental en Italia a finais do século XVII: Corelli e Vivaldi. A evolución do concerto e a sonata. - A música instrumental na corte de Luís XIV de Francia: o espectáculo propagandístico e a música de cámara; o pensamento musical e a autonomía da música (Rousseau e Rameau). - A música instrumental en Inglaterra: as institucións musicais da corte; música doméstica; Haendel e a música instrumental. - A música instrumental en Alemaña: Buxtehude e J. S. Bach - A música instrumental en España Procedimentais - Comentario de textos de autores da época (Rameau)
  • 43. 43 - Audicións da música desa época en diferentes versións. - Comentario de textos bibliográficos sobre temas concretos (Pedrero, Neubauer, Hill) - Comentario crítico de audicións. - Desenvolvemento de hábitos de estudio. - Control da principal bibliografía básica sobre o tema. Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música instrumental dos séculos XVII e XVIII. - Sensibilidade ante as dificultades de interpretación da música diste período. - Valoración das aportacións españolas á música instrumental do período. UD 4. O PRECLASICISMO MUSICAL. O obxectivo básico desta unidade é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións nos distintos contextos históricos, especialmente a mediados do século XVIII. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura, as principais características do Preclasicismo musical. - Establecer relacións coa música do Barroco tardío, e entender a importancia do período como ponte cara o Clasicismo. - Recoñecer as características musicais máis sobresaíntes do Preclasicismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...) - Comprender a importancia da adoitada conxunción dos elementos da música para dar lugar á composición de obras musicais. - Entender a música coma un arte relacionado coas demais, e como expoñente dunha época, vistas as circunstancias políticas, culturais e sociais do seu período. CONTIDOS Conceptuais - Contexto histórico-social e estético da segunda metade do século XVIII - Os compositores do preclasicismo: os instrumentos de tecla e a sonata para teclado ( o estilo galante e Domenico Scarlatti; o Empfindsamer Stil e Carl Philip Emmanuel Bach) - Os instrumentos da orquestra e a música sinfónica e camerística: a escola de Milán (Sammartini); a escola de Mannheim (Johann Stamitz); e o nacemento do concerto clásico (Johann Christian Bach) - A transformación da ópera a mediados do XVIII. Procedimentais - Audicións da música desa época. - Comentario de textos bibliográficos sobre temas concretos (Downs) - Desenvolvemento de hábitos de estudo. - Control da principal bibliografía básica sobre o tema. Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento dos precedentes da música clásica. - Sensibilidade ante as dificultades de interpretación. - Apreciación da complexidade do estudo da música. - Valoración das aportacións españolas á música instrumental do período.
  • 44. 44 UD 5. O CLASICISMO MUSICAL: HAYDN E MOZART. A finalidade fundamental desta unidade é a de coñecer os elementos básicos la linguaxe musical clásica, especialmente dos compositores centroeuropeos. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura, as principais características do Clasicismo musical. - Recoñecer as características musicais máis sobresaintes do Clasicismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...) - Comprender a importancia da adoitada conxunción dos elementos da música (sexan rítmicos, melódicos, harmónicos ou formais) para dar lugar á composición de obras musicais. - Entender a música coma un arte relacionado coas demais, e como expoñente dunha época, vistas as circunstancias políticas, culturais e sociais do seu período. CONTIDOS Conceptuais - O Clasicismo: características xerais - Os grandes compositores do período: Haydn, Mozart. - As formas clásicas: sonata, concerto e variación - Organoloxia: o piano. O cuarteto de corda. A evolución da orquestra - Música de cámara e orquestral: o cuarteto e a sinfonía Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Comentario de textos sobre a estética da época. - Análise de obras representativas do Clasicismo en canto ós seus elementos formais, melodía, ritmo, textura e harmonía. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes. UD 6. A TRANSICIÓN CARA O ROMANTICISMO: BEETHOVEN. A principal finalidade desta unidade é a de coñecer as transformacións que introduciu Beethoven na linguaxe musical culta especialmente a principios do século XIX. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer o contexto cultural e o significado da música na Europa de transición do século XVIII ao XIX. - Comprender que a historia da música está intimamente ligada á historia da cultura de calquera civilización e en calquera período cronolóxico. - Ter un coñecemento xeral das principias características musicais da música de Beethoven. - Coñecer os principais cánones formais e estilísticos da música de principios do século XIX. - Comprender o proceso compositivo de Beethoven.
  • 45. 45 - Comprender o proceso e evolución das formas musicais clásicas. CONTIDOS Conceptuais - As sonatas para piano - A música de cámara - A música sinfónica e concertística - Valoración del estilo tardío de Beethoven Procedimentais - Audicións da música desa época en diferentes versións. - Comentario de textos bibliográficos sobre temas concretos (Downs) - Comentario de textos da época (testamento Beethoven, Hoffmann) - Comentario crítico e comparativo de audicións. - Visionado de recursos audiovisuais en soporte DVD. - Control da principal bibliografía básica sobre o tema. Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música de Beethoven e a súa personalidade. - Sensibilidade ante as dificultades de interpretación da música deste período. - Apreciación da complexidade do estudo da música de todos os tempos e lugares. U.D 7: A MÚSICA INSTRUMENTAL NO ROMANTICISMO. Nesta unidade o obxectivo xeral é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais que xorden no século XIX a raíz da nova concepción da música. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar, empregando a audición con ou sen partitura, as principais características do Romanticismo musical. - Establecer relacións coa música do Clasicismo. - Recoñecer as características musicais máis sobresaíntes do Romanticismo (liña melódica, forma, textura, instrumentación, ...) - Comprender a importancia da axeitada conxunción dos elementos da música (sexan rítmicos, melódicos, harmónicos ou formais) para dar lugar á composición de obras musicais. - Entender a música como un arte relacionado coas demais, e como expoñente dunha época, vistas as circunstancias políticas, culturais e sociais do seu período. CONTIDOS Conceptuais - Contexto histórico-social e estético: concepto e periodización do Romanticismo en música; aspectos estéticos e socioculturais; elementos da linguaxe musical. - O piano: evolución do instrumento e a súa técnica no século XIX; linguaxes pianísticas (Robert Schumann, Frédéric Chopin, Franz Liszt) - A música sinfónica: a evolución dos instrumentos durante o século XIX; música programática (Berlioz e Liszt); o sinfonismo clasicista (Mendelssohn, Schubert); o sinfonismo finisecular (Brahms, Bruckner, Mahler e Richard Strauss) - A música instrumental en España Procedimentais - Audicións activas da música desa época en diferentes versións, con apoio de partituras. - Comentario de textos bibliográficos sobre temas concretos (Einstein) - Comentario de textos da época (Mendelssohn, Berlioz) - Comentario crítico e comparativo de audicións.
  • 46. 46 - Visionado de recursos audiovisuais en soporte DVD. Actitudinais - Interese por afondar no coñecemento da música instrumental do século XIX. - Sensibilidade ante as dificultades de interpretación da música deste período. - Apreciación da complexidade do estudo da música de todos os tempos e lugares. U.D 8: A MÚSICA VOCAL NO ROMANTICISMO. Nesta unidade coñeceranse os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais vocais nacidas no século XIX, especialmente en territorio europeo. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais características da música vocal do Romanticismo. - Recoñecer e diferenciar a través da audición o cambio de sonoridade que supón a música romántica con respecto ó período clásico. - Coñecer as características dos distintos períodos da música vocal romántica e os autores máis representativos deste período estilístico. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta. - Comprender o uso social da música vocal romántica e o papel do músico no seu contexto socio-cultural. - Relacionar a música romántica co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - Principios estéticos fundamentais da música romántica - O nacemento do lied ou canción romántica - A expansión da ópera no século XIX: Francia, Italia e Alemaña - Principais compositores do Romanticismo vocal. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do Romanticismo en canto ós seus elementos formais, melodía, ritmo, textura e harmonía. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes.
  • 47. 47 U.D 9: DIVERSIDADE DE ESTILOS MUSICAIS A FINAIS DO SÉCULO XIX E PRINCIPIOS DO XX: NACIONALISMOS MUSICAIS. O principal obxectivo desta unidade é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais nos distintos países a finais do século XIX, facendo fincapé na idiosincrasia de cada territorio. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais características da música nacionalista. - Recoñecer e diferenciar a través da audición o cambio de sonoridade que supón a música nacionalista a mediados do século XIX. - Coñecer as características musicais do período nacionalista e os autores máis representativos deste período estilístico. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta, incidindo no recoñecemento das escalas e ritmos propios da música popular no seu seo. - Comprender o uso social da música nacionalista e o papel do músico no seu contexto socio-cultural. - Relacionar la música nacionalista co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - Os Nacionalismos: características xerais - Principios estéticos fundamentais dos nacionalismos musicais. - A música en Rusia, Bohemia, Escandinavia, Hungría. Principais compositores nacionalistas. - A música en España Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do Romanticismo en canto ós seus elementos. - Comentario de textos. Actitudinais - Valoración da obra musical idiosincrática como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento. UD 10: A VANGARDA EN FRANCIA E RUSIA: IMPRESIONISMO E OUTRAS FIGURAS DE TRANSICIÓN. A principal finalidade desta unidade é a de dar a coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais que nacen tras os cambios que se operan a finais do século XIX e os principais trazos das novas manifestacións musicais. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Coñecer e analizar a través da audición e/ou partitura as principais características da música música impresionista. - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aporta o Impresionismo musical a finais do século XIX. - Coñecer as características musicais do Impresionismo e os
  • 48. 48 autores máis representativos deste período estilístico. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta, centrando a atención no emprego das escalas pentatónica e de tons enteiros, así como a aparición do movemento paralelo. - Relacionar a música impresionista co resto das manifestacións artísticas da época, incidindo de maneira especial na pintura e a literatura. CONTIDOS Conceptuais - O movemento impresionista: características xerais - Principios estéticos fundamentais do Impresionismo musical. - Os métodos impresionistas na música - Principais compositores impresionistas. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do Impresionismo en canto ós seus elementos. - Comentario de textos. Actitudinais - Valoración da obra musical do século XX no seu contexto histórico e intelectual. UD 11: EXPRESIONISMO, ATONALIDADE E DODECAFONISMO. A SEGUNDA ESCOLA DE VIENA. Nesta unidade didáctica traballarase a linguaxe musical nacida no territorio centroeuropeo na primeira década do século XX. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aportan as novas correntes artístico-musicais do século XX. - Coñecer e analizar a través da partitura as principais características da música da chamada "Segunda Escola de Viena". - Coñecer as características musicais da Atonalidade e o Dodecafonismo e os autores máis representativos deste período estilístico. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta, centrando a atención no emprego da escala cromática como base da técnica dodecafónica. - Relacionar a música expresionista e dodecafónica co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - O Expresionismo e a Atonalidade: características musicais - A técnica dodecafónica. O principio da serie. - Representantes da Segunda Escola de Viena: Schoenberg, Webern e Berg. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas da Atonalidade e Dodecafonismo en canto ós seus elementos. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as
  • 49. 49 circunstancias históricas presentes. UD 12: AS VANGARDAS MUSICAIS DE COMEZOS DE SÉCULO. Nesta unidade o obxectivo primordial é o de coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais que nacen a principios do século XX e resposta a diversos plantexamentos estéticos. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aportan as vangardas históricas á música do século XX. - Coñecer e analizar a través da partitura as principais características da música das primeiras vangardas musicais. - Coñecer as características musicais das primeiras vangardas históricas (Futurismo, Dadaísmo, Experimentalismo) e os autores máis representativos deste período estilístico. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta. - Coñecer as novas grafías musicais. - Relacionar a música de vangarda co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - As vangardas históricas: características principais - Principios estéticos fundamentais: a ruptura coa tradición - As primeiras vangardas musicais: Futurismo, Dadaísmo e Experimentalismo norteamericano. Principais representantes das diferentes vangardas musicais. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas das vangardas en canto ós seus elementos distintivos. - Lectura e comprensión de textos estéticos e musicais. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes. U.D 13: O NEOCLASICISMO NA MÚSICA. Nesta unidade coñeceranse os elementos básicos da linguaxe musical neoclásica de compositores coma Stravinsky ou Hindemith. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aporta a estética neoclásica á música do século XX. - Coñecer e analizar a través da partitura as principais características da música do Neoclasicismo. - Coñecer as características do Neoclasicismo na música e os
  • 50. 50 autores máis representativos deste período estilístico no marco europeo. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta. - Relacionar a música de vangarda co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - O Neoclasicismo: características principais - Principios estéticos do Neoclasicismo musical. A figura de Stravinsky. - Elementos da linguaxe musical neoclásica: melodía, ritmo, textura e harmonía, timbre e estrutura. - Influencias de outras correntes musicais. - Panorama neoclásico en Europa. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do Neoclasicismo en canto ós seus elementos distintivos. - Lectura e comprensión de textos de Poética musical de Stravinsky. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes. U.D 14: A MÚSICA DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (I): MÚSICA CONCRETA, ELECTRÓNICA E ELECTROACÚSTICA. Nesta unidade darase a coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións na segunda metade do século XX. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aporta a música do século XX, despois da segunda Guerra Mundial. - Coñecer e analizar a través da partitura as principais características da música concreta, electrónica e electroacústica. - Coñecer as características da música a partir de 1950 e os autores máis representativos deste período estilístico no marco europeo e americano. - Recoñecer a través da audición a sonoridade dos novos instrumentos de base eléctrica. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta. - Relacionar a música de vangarda despois da segunda Guerra Mundial co resto das manifestacións artísticas da época. Conceptuais - Panorama histórico e cultural trala segunda Guerra Mundial - A preocupación polo son: novos instrumentos - Novos achegamentos artísticos: música concreta, electrónica e electroacústica - Principais representantes e obras. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras
  • 51. 51 CONTIDOS representacións gráficas. - Análise de obras representativas do século XX. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes. U.D 15: A MÚSICA DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (II): SERIALISMO INTEGRAL, MÚSICA ALEATORIA E OUTRAS TENDENCIAS. Nesta unidade darase a coñecer os elementos básicos das diferentes linguaxes musicais, as súas características, funcións e transformacións na segunda metade do século XX. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS - Recoñecer e diferenciar a través da audición a sonoridade característica que aporta a música do século XX, despois da segunda Guerra Mundial. - Coñecer e analizar a través da partitura as principais características da música aleatoria, o serialismo integral, a música textual e outras tendencias musicais propias do período. - Coñecer as características da música a partir de 1950 e os autores máis representativos deste período estilístico no marco europeo e americano. - Recoñecer a través da audición a sonoridade dos novos instrumentos de base eléctrica. - Coñecer a partir da partitura as novas grafías e sistemas de notación. - Coñecer e aplicar con precisión o vocabulario específico relativo ós conceptos musicais propios da linguaxe musical en xeral e do período de maneira máis concreta. - Relacionar estas tendencias musicais co resto das manifestacións artísticas da época. CONTIDOS Conceptuais - O serialismo integral: a corrente europea e americana. - A música aleatoria en Norteamérica e Europa - Outras tendencias de finais dos años 50 e 60: música textural, música estocástica. - Principais representantes das diferentes correntes musicais. Procedimentais - Escoita activa, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas. - Análise de obras representativas do século XX en canto ós seus elementos distintivos. Actitudinais - Valoración da obra musical como manifestación artística e expoñente da sociedade no seu momento, considerando o resto das artes así como as circunstancias históricas presentes.