2. A primavera é unha das 4 estacións do ano
E VOLVEMOS
COMEZAR
PRIMAVERA
VERÁN
OUTONO
INVERNO
3. Neste ano, a Primavera empezou o 20 de marzo e rematará o 20 de xuño.
Que vos parece se collemos
un calendario e facemos unha
«X» en cada día que pase de
Primavera?
Cantos días dura a
Primavera?.
Imos contar os días! (podedes
ir botando unha boliña de
papel nun bote por cada día
de Primavera)
4. O TEMPO NA PRIMAVERA
O tempo na Primavera cambia moito!. Pode…
Deixamos o frío do inverno e pouco a
pouco vai facendo máis calor.
Facemos un gráfico co tempo da Primavera?
Cada día pintaremos
un dos rectángulos en
función do tempo
que faga.
5. OS OLORES DA PRIMAVERA
A Primavera é unha das estacións que sentimos polo nariz. Sabedes por
que?. Sí, polas flores!
Podemos atopar flores:
NO CAMPO NAS ÁRBORES NAS CASA
6. Hai moitas persoas que son alérxicas ao pole.
COIDADO!
O pole é un po moi fino que teñen
as flores e soe ser de cor amarela.
7. ACTIVIDADES:
1. Abride a xanela da casa, sodes capaces de cheirar a Primavera? (se tedes a
posibilidade e non sodes alérxicos, cheirade algunha flor). Queremos que nos
contedes no blog se cheiran ben ou mal as flores, que flores cheirastes, que
flores tedes na casa….
2. Facede o debuxo dunha flor e enviádenola ao blog, que queremos velas!
8. OS ANIMAIS NA PRIMAVERA:
Seguro que desde que empezou a Primavera empezastes a ver moitos
animaliños que facía tempo que non viades. E outros que xa estaban
connosco pero non había tantos!. Imos traballar cos animaliños da
Primavera!
XOANIÑA
12. CHEGOU A HORA DE ESPERTAR!
Moitos animais hibernan. E dicir, pasan durmindo todo o Inverno e
espertan en Primavera.
QUEREDES COÑECER ALGÚNS
ANIMAIS QUE HIBERNAN?
14. NA PRIMAVERA TAMÉN NACEN MOITAS CRÍAS
Na Primavera moitos animais teñen crías.
15. ACTIVIDADES:
1. Buscade pola vosa contorna os animais da Primavera. Indicade nunha ficha
como esta se os atopastes ou non.
16. 2. Escolle un dos animais da Primavera e cumprimenta a seguinte ficha sobre el.
17. FROITAS DE PRIMAVERA
Hoxe en día podemos atopar moitísimas froitas nos supermercados e froitarías
aínda que non sexan de temporada.
Agora imos traballar as FROITAS de PRIMAVERA.
22. Indica cales das seguintes froitas gústanche ou non che gustan (une con frechas).
23. Facemos un batido de froita?.
Para facer un batido necesitamos froita e leite. Despois pasámolo batedor!
Así que tedes que facer un batido.
Queremos que nos contedes:
• que froitas puxestes
• se estaba rico e
• mandádenos unha foto!
CONTINUARÁ
24. PICTOGRAMAS ARASAAC
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Goberno de Aragón e foron
creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://arasaac.org) que os distribúe baixo a
licenza Creative Commons (BY-NC-SA).
Autor pictogramas: Sergio Palao
Procedencia: ARASAAC (http://arasaac.org)
Licenza: CC (BY-NC-SA)
Propiedade:Goberno de Aragón