O NOSO CORPO
•Onoso corpo ten tres partes:
cabeza, tronco e extremidades.
cabeza
tronco
extremidades
2.
•Na cabeza estáo cerebro e moitos dos
órganos dos sentidos:
o nariz, os ollos, a boca, as orellas...
3.
•No tronco estánórganos moi importantes
do noso corpo: os pulmóns, o corazón e
o estómago.
•As extremidades superiores son os
brazos e as inferiores son as pernas.
4.
•O noso corponon é ríxido senón que se pode
dobrar por unhas partes que se chaman
articulacións.
•As articulacións máis importantes son o
ombreiro, o cóbado, o pulso, o xeonllo, o
nocello, a cintura e o pescozo.
pulso
cintura
pescozo
nocello
xeonllo
cóbado
ombreiro
5.
•As persoas temoscinco sentidos que nos
permiten coñecer o mundo:
•A vista serve para ver o mundo que nos rodea. O
órgano da vista son os ollos.
•O gusto serve para percibir os sabores. O órgano
do gusto é a lingua.
6.
•O olfacto servepara percibir os olores. O órgano do
olfacto é a nariz.
•O oído serve para percibir os sons que nos rodean.
O órgano do oído son os oídos.
•O tacto serve para percibir como son as cousas
que tocamos: duras, brandas, suaves, ásperas... O
órgano do tacto está na pel.
7.
OS OSOS
No interiordo noso corpo encóntranse os ósos
e xuntos forman o esqueleto.
Os ósos son duros e ríxidos. Serven para dar
forma ao corpo e para protexer outras partes
máis delicadas, como o cerebro ou o corazón.
Os ósos non se poden mover nin dobrar e
únense entre sí polas articulacións.
8.
Algúns dos ósosson:
o cranio
o cúbito
o radio
o úmero
as costelas
a columna vertebral
a pelve
o fémur
a tibia
9.
OS MÚSCULOS
Os músculosencóntranse baixo a pel e
recobren o esqueleto.
Son brandos e elásticos e pódense estirar e
encoller sen se romper.
Os músculos únense aos ósos por medio dos
tendóns. Os tendóns son os encargados de
tirar das articulacións e así podemos
movernos.
10.
Algúns dos músculosmáis importantes do
noso corpo son:
os pectorais
os bíceps
e os abdominais.
os xemelgos
11.
A RESPIRACIÓN
Se aguantasa respiración, decataraste de que
podes estar moi pouco tempo sen coller aire. Isto
ocorre porque para vivir necesitamos respirar
continuamente.
Respiramos moitas veces ao longo do día, pero
non sempre o facemos ben. Respirar
correctamente é bo para a nosa saúde e,
ademais, axúdanos a relaxarnos cando estamos
nerviosos.
12.
Cando respiramos, entraaire no noso corpo. O
aire pasa por un tubo que se chama tráquea e
chega aos pulmóns, que se encontran no
interior do noso peito.
A continuación, expulsamos ese aire dos
pulmóns e volvemos coller aire outra vez.
pulmóns
tráquea