Érase unha vez,hai xa moito tempo, que no reino das cores había sete cabaleiros: o vermello , o laranxa , o amarelo , o verde , o azul , o anil e o violeta . Todos eran valentes e ousados, e estaban moi orgullosos da súa cor.
3.
O Cabaleiro Vermellodicía: A miña cor é a máis bonita. Mirade o lume, as cereixas, as rosas vermellas e as fresas.
4.
O Cabaleiro Laranxarespostáballe sempre: Sí, pero o vermello é a cor do sangue, da guerra. Sen embargo, a miña é a cor das laranxas e das mandarinas. É unha cor suave, e mesmo parece que arrecende moi ben.
5.
Axiña interrompía oCabaleiro Amarelo: Que falsedade! Eu si son fermoso: mirade o sol, o ouro, as margaridas, os limóns e o mel.
6.
Entón, o CabaleiroVerde botábase a rir: Vamos, vamos! Cando as plantas e as árbores están fortes e xóvenes, as súas follas son verdes. Mirade os montes, os prados e os bosques. O mundo é verde cando está vivo.
7.
Pero o CabaleiroAzul berraba: Que tolería acabo de oír? Se de algunha cor é o mundo, ese é o azul. Mirade o mar inmenso, e os lagos e os ríos. Azul mariño para a auga e azul celeste para o ceo.
8.
O Cabaleiro Anildicía fachendoso: Pero, de que cor son as uvas, os figos, as moras.? A cor Anil é seria, solemne, magnífica.
9.
Para rematar, dicíao Cabaleiro Violeta: O violeta é unha cor chea de sentimento, de emoción; é o ceo no solpor, o son suave que producen os violíns. Só o seu nome xa é pura poesía.
10.
E cada undeles pasaba as horas diante do espello contemplando os reflexos da súa cor; porque todos se crían o mellor e só vían defectos nos demais.
11.
Un día, oRei Branco e Negro, que era o señor dos sete cabaleiros, acompañado d a Raíña Rosa , chamounos e díxolles:
12.
Amados e valentescabaleiros de cores: empezo a estar un pouco farto das vosas pelexas. EU, O REI BRANCO E NEGRO, mándovos que de agora en diante vaiades sempre xuntos e non discutades polas vosas diferenzas. É certo que somos diferentes, pero … que aburrimento se todo fora igual!
Mirade: axiña casaráa miña filla, a princesa Rosa e Branca, e quero decorar a entrada do meu pazo co máis fermoso que ninguén teña visto nunca. Déixovos este encargo, Cabaleiros das Sete Cores.
15.
Cada cabaleiro comezoua pensar como contentar ao rei e só se lles ocurría adornar o pazo cun gran arco da súa cor. Na véspera da voda, reuníronse e, cando cada un explicou a súa idea, empezou a mesma discusión de sempre. Entonces, o Rei Branco e Negro saíu do seu cuarto e dixo aos seus soldados:
16.
Atrapade a esesCabaleiros fachendosos e levádeos onde non poida volver a velos nunca xamais.
17.
Obedecendo as súasordes, os soldados atraparon aos Sete Cabaleiros de Cores. E mandáronos máis aló das nubes.
18.
Entón ocorreu algoque ninguén fora quen de imaxinar. Algo marabilloso! Alí máis aló das nubes, formaron el arco máis bonito e esplendoroso que ninguén vira xamais: o arco da vella. Todos os cabaleiros, cada un coa súa cor, pero ao lado dos demais.
19.
Entón os SeteCabaleiros entenderon que o máis importante era a TOLERANCIA: Recoñecer o pluralismo, respectar a diversidade, compartir cos demais as diferenzas como algo positivo, beneficioso, enriquecedor.