Por que conservareste complexo
fabril?
• É un dos máis notables exemplos da
arquitectura industrial do século XX en Galicia,
construído seguindo os valores estéticos do
Modernismo e as ideas do Racionalismo.
• O uso do formigón armado e o aceiro roblonado
na súa estrutura foron innovacións técnicas na
época en que se construíu.
• Está estreitamente unido ao desenvolvemento
industrial das Rías Baixas e á historia da vila de
Cangas, formando xa parte da paisaxe na que
nos recoñecemos.
3.
O proxecto daempresa Marina Atlántica
consistía na construción dun porto
deportivo con algo máis de 400 amarres
e dunha grande urbanización, deseñada
polo arquitecto británico Norman Foster.
A extinta Caixanova, agora Novagalicia
Banco formaba parte deste proxecto.
RESIDENCIAL MARINA ATLÁNTICA
5.
A concesión foirealizada en febreiro de 2005
e Marina Atlántica solicitou varias prórrogas
á Autoridade Portuaria indicando que as
obras no se puideran levar adiante
ante a oposición veciñal.
Finalmente será a crise financeira e a do
ladrillo as que poñan fin ao proxecto, ao
entrar a empresa en concurso de acredores
e solicitar ela mesma á Autoridade Portuaria
a rescisión da concesión que o facía posible.
7.
Un proxecto rexeitadopolos
veciños: CANGAS NON SE
VENDEA Confraría de Pescadores de Cangas "San Xosé“
e a rede de colectivos “Galiza non se vende” e o
Foro Social de Cangas denuncian e chaman aos
veciños e veciñas á mobilización contra o “atentado
ecolóxico” que supón o proxecto para Massó, a
“perda de 500 empregos no mar”, a “ilegalidade”
das obras e o “pelotazo especulativo” que
representa esa “usurpación de terreos e
privatización do mar”.
8.
• O pobode Cangas merece ese espazo natural e zona
verde para uso público e TODOS os grupos con
representación municipal, e en especial ós que teñen
responsabilidade de goberno, deben implicarse en
favor do ben público para que esta obra non se chegue
a iniciar.
• O Foro Social reclama que sexa a poboación, a traveso
da participación cidadán na elaboración do PXOM que
agora comeza, a que decida a utilización do Salgueirón
dentro dunha visión GLOBAL do concello e das súas
necesidades. Ten que ser valorada publicamente a
necesidade destes terreos para paliar o enorme déficit
do concello en zonas verdes e pensamos se teñen que
reclamar das administracións autonómica e estatal
inversións no concello, entre as que debería estar a
recuperación do patrimonio no Salgueirón.
www.cangasnonsevende.org 2008
O Foro Socialde Cangas insiste en que o
porto deportivo é ilegal a pesar de contar co
visto e prace da Autoridade Portuaria ao non
existir un plan de usos.
Veciños e veciñas de Cangas concéntranse
na zona de obras para impedir o
desenvolvemento das obras, o que provoca
enfrontamentos coa garda civil e mesmo
detencións.
Paralización das obras
ACTUACIÓNS LEGAIS
• AConfraría de Pescadores de Cangas
"San Xosé" interpón un contencioso no
mesmo ano 2005 no que se realiza a
concesión.
• O fallo xudicial do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, en setembro de 2009,
dá a razón á empresa Marina Atlántica.
18.
FALLO A FAVORDO PROXECTO DO
PORTO DO
TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA• Entende que o custo ambiental sobre a pesca era menor
que o beneficio socioeconómico no concello de Cangas.
Apuntaba, ademais, que non había motivo para
expropiar porque non se priva do dereito de pescar, só
se limita.
• O TSXG entende que a actividade do porto deportivo era
compatible co plan de usos do Porto de Vigo.
• Tamén sinalaba que non cabía pedir a nulidade da
concesión do porto sobre a base dun informe negativo
da Consellería de Pesca, que despois cambiou por outro
en febreiro de 2005, e que non era negativo.
• O TSXG propoñía que a empresa Marina Atlántica
puxese un aval de 631.014 euros.
19.
• A Confraríade Pescadores interpón un recurso
de casación contra o fallo xudicial do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia.
• A sentenza é finalmente favorable aos intereses
da Confraría de Cangas pero chega nun
momento en que a Autoridade Portuaria xa
retirou a concesión a Marina Atlántica. Aínda así
é importante porque pode afastar no futuro
outras empresas que puidesen ter a tentación
de poñer en marcha unha iniciativa similar.
FALLO AO FAVOR DA CONFRARÍA
DO TRIBUNAL
SUPREMO
20.
E AGORA QUE?
•Concello, Foro Social e Confraría de Pescadores
parecen de acordo en que é o momento de
decidir o destino dos terreos e poñer fin ao
estado de total abandono do Salgueirón.
• Urxe a inmediata limpeza e coidado desta
fermosa zona de Cangas, aínda propiedade
privada, unha paisaxe que precisa dunha xestión
e planificación que mellore a escaseza de
Cangas en zonas verdes (xa se cifraban no 2004
en 270.000 m² ,15 m² por cada 100 construídos)
e concilie a conservación deste importante
patrimonio industrial coa súa sostenibilidade
económica.