O Couto Mixtofoi un
antigo territorio asentado
entre os actuais concellos
de Calvos de Randín e
Baltar, ao sur da provincia
de Ourense. Ata o Tratado
de Lisboa de 1864 cada
veciño elixía libremente a
nacionalidade española
ou portuguesa, aínda que
o territorio en si non
estaba ligado a ningunha
das dúas coroas.
3.
Estaba constituído polas
actuaisaldeas de Santiago,
Rubiás e Meaus; tiña unha
superficie aproximada de 27
km2. A poboación, no ano
1845, podería cifrarse en 200
veciños, equivalentes a uns
800-900 habitantes. Sábese
que o Couto naceu ligado ao
Castillo de Piconha, vinculado
naquel tempo coa Casa de
Braganza, na Baixa Idade
Media (S.X). A orixinalidade
deste lugar foi a de manter a
súa propia organización,
desvinculada das coroas
española e portuguesa.
4.
Entre os dereitose privilexios
máis representativos atópanse os
de non dar soldados, a exención
de impostos, a liberdade de
comercio de cultivos como o
tabaco. Para poder exercitar ditos
privilexios, no aspecto comercial,
dispoñían dun camino inmune á
acción das gardas fronteirizas.
Este camiño comunicaba o Couto
coa vila portuguesa de Tourém,
atravesando terras galegas de
Randín, nun percorrido duns seis
quilómetros.