Couto Mixto
Pablo VázquezPonte e Olalla Pérez Rodríguez
Lingua Galega e Literatura
1º Bacharelato B
Curso 2015-2016
2.
Couto Mixto
Coñécese comoCouto Mixto a un
antigo territorio autónomo situado en
Ourense entre os concellos de Calvos Randín
e Baltar e Montalegre. Está formado por tres
pequenas aldeas: Santiago, Meaus e Rubiás.
No pasado habitábano,
aproximadamente, 900 veciños, pero na
actualidade só suman 200.
Vídeo do Couto Mixto:
https://www.youtube.com/watch?v=EgsM7X
2QcUY
3.
Historia do CoutoMixto
Non se atoparon documentos nos cales se conte a historia ou nacemento exacto do Couto,
pero o que si sabemos é que naceu ligado ó Castelo de Picoña e procurando o apoio no Conde de
Monterrei polos enfrontamentos dos veciños de Barroso e Randín.
No ano 1530 defínense Santiago e Rubiás como mistigos de Portugal e Galicia,
considerándose o primeiro documento no cal se recoñece a autonomía desta zona, pero no 1840
tivéronse que ratificar estes acordos polos conflitos entre os veciños do Couto Mixto e os da Raia.
No 1819 asínase na Igrexa de Santiago un documento que recoñecía os privilexios do Couto
ligado á Casa de Bragança e á Diocese de Ourense.
No 1951 fórmase a Comisión Mixta para establecer os límites entre os territorios, pero non
chegou a acordo . Nin esta nin a segunda proposta. Na primeira Portugal quedaría con Santiago e
Rubiás e España con Meaus, e na segunda Santiago pasaría a ser parte de España..
Por fin , no 1864 chégase a un acordo polo cal os territorios pasan a ser de España a cambio
de que esta lle entregue outros tres territorios a Portugal ( Soutelinho da Raia, Lamadarcos e
Cambedo), pero o Tratado de Lindes (Tratado no cal se estableceron estes principios) dábase a
posibilidade aos habitantes de escoller eles a súa nacionalidade.
Nun principio os tres lugares foron asinados ao concello de Baltar, pero os habitantes de
Santiago e Rubiás reclamaban a súa unión co Concello de Calvos de Randínque, e foilles concedida
creando a parroquia de Rubiás dos Mixtos.
Actualmente é un pasto comunal establecido polos gobernos español e portugués.
4.
Privilexios do CoutoMixto
Nacionalidade:
Os habitantes non se atopaban obrigados a pertencer a España ou a Portugal, podendo escoller atendendo a
diferentes razóns. Cando se lles outorgou a súa independencia concedéuselles un ano para escoller unha opción.
Este momento denomínase Día das Vodas no cal cada familia, tradicionalmente, bebía dun cáliz de viño inscribindo
a letra P (Portugal) ou G (Galiza) no seu domicilio.
Dentro deste privilexio atópase o dereito de exención de sangue no cal os habitantes non contribuían a ningún
exército.
Autogoberno:
Ademais do alcalde que se escollía cada tres anos cómpre salientar os chamados Homes Bos elixidos en cada
poboación e o Vigairo do Mes que executaba as decisión do alcalde.
Tiñan a posibilidade de tomar decisión en aberto na praza pública.
Tributos:
Os habitantes non estaban obrigados a pagar impostos nin a España nin a Portugal. Isto trouxo a moitas parellas ou
comerciantes, xa que non tiñan que pagar impostos polos comercios, actividade moi desenvolvida neste territorio.
5.
Dereito de asilo:
Asautoridades non podían entrar nos territorios en busca dun fuxitivo para detelo, só se cometera homicidio ou un delito de sangue.
Do mesmo modo, o Couto podía negar aloxamento ás forzas militares de ambos países, práctica que en diversas ocasións non se
respectou diante da superioridade numérica das tropas visitantes.
Impresos oficiais:
Non estaban obrigados ao uso do papel selado, podían usar o papel común, do mesmo modo a non pagar dereitos polo rexistro de
propiedade, como as hipotecas.
Agricultura, gandería e comercio:
Os veciños dedicábanse ao cultivo de liño, millo e patacas, á cría de gando, especialmente vacas, e ao comercio de todos estes
produtos e animais amparándose nos privilexios que os outros países lles concederan. Destacaba o comercio de sal e tabaco, pero coa
chegada do acordo entre España e Portugal só lles permitiron plantar 300 pés de tabaco para o autoconsumo.
Camiño Privilexiado:
Os habitantes dispoñían de camiños cara Galiza e cara Portugal nos cales as autoridades non podían realizar ningunha aprehensión.
Tampouco era necesaria licenza para o porte de armas.
6.
O couto naactualidade
No 1998 fundouse a Asociación de Amigos do Couto, para
recuperar a memoria histórica do Couto e o desenvolvemento de
actividades culturais. Asemade creouse un Museo Aberto do Couto e
publicáronse diferentes estudos de investigación.
A evolución da poboación no Couto