SlideShare a Scribd company logo
1 of 46
IES Pedro Floriani - Valores éticos 18-19.
Textos para o concurso de microrrelatos
de Amnistía Internacional.
O ACOSO ESCOLAR
“No noso grupo conseguímolo”
O tema do Concurso de Microrrelatos deste ano é o acoso escolar. Na materia de valores éticos
participamos escribindo os relatos en clase; despois, se queremos, podemos presentalos para o concurso,
entregándoos a través do formulario que está nesta páxina:
https://blogs.es.amnesty.org/galicia/2019/02/21/concurso-xuvenil-de-microrrelatos-sobre-o-acaso-escolar/
O ACOSO ESCOLAR
“No noso grupo conseguímolo”
Na convocatoria dise:
Sensibilizar sobre o problema do acoso escolar, concienciar á sociedade sobre a importancia
de tomar medidas e dar a coñecer os novos medios cos que se conta para previlo e loitar contra el (coma
os equipo de mediación). Estes son o obxectivos do V Concurso de Microrrelatos Xuvenil organizado
pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. Nesta ocasión, o tema do concurso é “No noso
grupo conseguímolo” e busca abordar tanto a problemática do acoso escolar como posibles solucións. Por
iso, os textos que se presenten -a extensión máxima é de 250 palabras- deberán centrarse nos diferentes
suxeitos que sofren a violencia, exércena, traballan para erradicala… tendo en conta diferentes punto
de vista, especialmente da comunidade escolar.
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
As amizades son moi importantes nas nosas vidas , algunhas duran e outras non
e sempre hai una corda que sempre queda aí. Unha amizade de verdade non
se deixan nunca. Terán unha pelexa pero nunca se separaran.
E o compañeirismo tamén é moi importante hai que saber que estas con eles
por moitos anos e non hai que pelexar por calquera cousa.
O bullyng e moi perigoso porque ten perigo de suicido o depresión,
ou algo moito peor, o suicidio, e iso non pode ser, por que fai que teña unha vida
imposible.
E por importante o estudo, temos que ter por lo menos 3 horas de estudo con
descanso de por medio. Porque o necesitamos para a vida cotiá, para
conseguir traballo é ser felices.
Tania Alonso
A vida
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
Esta é a historia de unha nena chamada Sabrina, estaba coa súa mellor amiga na
hípica cando empezou a recibir mensaxes dunhas compañeiras do seu instituto,
estábana insultando, ela púxose moi triste, non sabía por que lle facían iso, levaba
con elas desde primaria, de pronto empezárona a chamar, ela non lles colleu, entón
apagou o móbil e seguiu coa súa amiga falando coma se pasase nada. Ao día
seguinte, luns, Sabrina foi falar coa súa titora, e ela díxolle que non se preocupase,
que ía falar con elas, que non lles fixese caso, Sabrina xa non tiña con quen estar
no recreo hasta que unhas compañeiras de outra clase lle dixeron que se quería
estar con elas, Sabrina díxolle que si e agora está con elas.
Sandra Amoedo
A historia de Sabrina
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
’’La confianza es la igualdad’’ es mi lema. Pero nunca lo he visto cumplirse, todos
desconfían y aunque confíen la rompen y no solo la confianza: toda autoestima,
moral, la vida y ellos mismos. Después, si confían y no se destruyen, llega la otra
parte: la igualdad. Es ilógico que por ser de un sito u otro, por tener tus
creencias… no le gustes a los demás, por tener un color de piel distinto, ser de otro
lugar u otro, o que te guste una persona del mismo género.
¿Por que os dais de palos si ambos sois iguales, sois homo sapiens, coméis, bebéis y
pensáis igual pero lo hacéis de distinta manera?
Si esto se arregla desde que nacéis comenzaría bien con juegos cooperativos sin
ningún tipo de discriminación, se evitaría que los niños y niñas se pegasen o
insultasen, podríamos evitar todo si comenzáramos desde niños.
Raúl Araujo
La confianza
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
Érase una vez una niña chiquitina que se metían con ella por ser pequeña, un día
cinco chicas la dejaron encerrada en el baño al acabar las clases y no la oyeron
gritar y se quedó ahí hasta el día siguiente. Cuando entraron por la mañana se
oyeron llantos, abrieron el baño y vieron a una niña en el suelo llorando y le
preguntaron ¿Quién te encerró aquí? Unas niñas de mi clase que siempre se están
metiendo conmigo por mi tamaño. Y avisaron a los padres de la niña y las de las
niñas de su clase. Las acabaron expulsando a cinco de ellas y al resto castigadas
con dos partes.
Juan Francisco Darroza
NON MÁIS ACOSO ESCOLAR
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
Era el primer día de Jaime en su nuevo instituto, estaba nervioso, sus compañeros
siempre se habían portado mal con él, incluso algunos le pegaban. Gracias a la
directora y sus padres, se cambió al que está actualmente, Jaime ahora tiene
amigos de verdad, se divierte de verdad, y disfruta del instituto de verdad, Jaime
podrías haber sido tú, o aún puedes serlo.
Carlos García
Jaime
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
A amizade é ambiguamente ambigua, tras quedar co seu amigo subiuse ao balcón e…
Tres semanas antes, Hugo chega ao seu novo colexio o CEIP II República. A primeira persoa a que coñece é a
Alfredo. Era un neno, alto, forte e moi amable.
O primeiro día de clase lle ensinou todo o colexio e lle pediu ser o seu amigo.
O día seguinte Alfredo obrígalle a darlle o seu bocata. Hugo negase e dálle un puñada. Estas agresións
repítense todos os días e Hugo ponse nervioso con pensaren ver a Alfredo.
Alfredo chama a Hugo para que vaia durmir a súa casa, tras quedar co seu ¨amigo¨, subiu o balcón e tirouse…
Ou...
Esta e primeira semana de Hugo no seu novo colexio o CEIP II República. A primeira persoa a que coñece é a
Alfredo el lle di que lle pode ensinar o colexio. Tras ensinarllo, lle pide ser o deu amigo. O día seguinte Alfredo lle
pide o seu bocata a Hugo se nega e Alfredo lle mete unha puñada, está agresión se repite e Hugo llo di a
profesora, ela fala con Alfredo e el cesa coas súas agresións sen que haxa confrontacións.
Antón Míguez
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
Había unha vez nena chamada Abril. A súa nai decidiu marcharse a outra cidade
porque hai uns meses o seu marido morrera. A cidade chamábase Rebig, a súa filla
Abril era moi distinta as demais: media 1.80 e pesaba máis de 100 quilos. Tan
pronto chegou ao instituto a nena non tiña amigos os nenos burlábanse dela. A
nena foi á directora e explicoulle todo o que lle pasou durante todo o curso ,e ela
decidiu cambiala do instituto para outro. Pero cando se estaba indo a directora foi
a clase e díxolles que Abril cambiara de instituto e se puxeron moi mal por todo o
que fixeran e non foron conscientes de todo o que lle fixeron, decidiron preparar
unha pancarta dicíndolle a Abril que non se fóra, que ían ser bos con ela. Cando
Abril viu a pancarta botouse a chorar porque pensou que as persoas poden facerte
moitisimo dano pero cando cometen os errores os din aínda que lle coste admitilo
ou aceptalo. Nunca mais ocultes o que che pasa como abril busca un adulto,
profesor o titor legal.
Nadia Posada
Non máis!
Valores éticos 2018-19
2º ESO A
O compañeirismo só se pode facer en equipo. Está é a historia de unha neno
chamado ÁLEX, que lle fan Bullying porque ten unha enfermidade que non pode
crecer máis, se queda pequeno para sempre e ten mal xenio.
Eu me chamo Álex son o protagonista da historia e me levo moi ben coa xente da
miña clase desde hai tempo. Eu sempre estou contento, porque só teño un par de
amigos e eses son os da miña clase.
Alejandro Sánchez
O bullying
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Laura era unha nena nova na clase. Era moi tímida e non falaba moito, non tiña
moitos amigos polo que atopábase no recreo soa. Co paso do tempo Lucas
comezouse a fixar nela, non dun xeito amigable, un día comezoulle a gastar
bromas. Un día escondeulle os deberes, outro día tiroulle a merenda ao lixo, e
outro, tiroulle do cabelo. Laura comezouse a illar ou iso parecíame a min, pasou de
sentarse na primeira fila a sentarse no fondo da clase, xa non traía os deberes
nunca e sempre parecía ter a cachola nas nubes. Un día as cousas saíronse de
control e Lucas empurrou a Laura polas escaleiras, Laura golpeouse na fronte e
rompeu un oso dun brazo. Os compañeiros de Laura e Lucas fartos destes
comportamentos, xuntáronse unha mañá e encamiñáronse ao despacho de director
para denunciar estes comportamentos. Días despois o problema estaba solucionado
e as bromas cesaran. Xa non había máis acoso escolar.
Alonso Pazos, Saray
Laura era unha nena nova na clase
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Alfonso é un neno especial porque tiña unha vida familiar moi mala o seu pai era
alcohólico e a súa nai abandonarao de pequeno.
Que era o único que el podía facer? Pois soamente se lle ocorría a idea de mostrar
que a súa vida era horrorosa e para iso metíase con Nico, un neno mais pequeno,
que sempre facía os deberes , estudaba e sempre sacaba deces e gustáballe estudar.
Soamente facía iso para chamar a atención e sentirse querido por alguén, por moi
malo que fose, ao principio soamente o insultaba, logo pasou a pegarlle e máis
tarde o tirou escaleiras abaixo.
Un dia Nico fartouse e decidiu enfrontarse a Alfonso, e Alfonso recibiu o seu
merecido.
Dende ese día no o volveu molestar nin a el nin a ninguén.
Álvarez Louro, Hugo
Microrrelato
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Un neno chamado Abdou era orixinario de Senegal pero vivía en España, polo
tanto era un neno de raza negra. Cando estaba no instituto oito anos despois de
chegar a España a maioría dos nenos e nenas metíanse con el porque era negro e
tiña poucos amigos. O acoso escolar ía a máis, un dia insultárono, ao seguinte
escondéronlle material escolar, ao seguinte pegáronlle...
Un dia que o acurralaron chegou unha nena con dúas amigas e defenderon a
Abdou e díxolles aos compañeiros que antes de xulgalo que falasen con el para
coñecerse mellor e que logo verían o boa persoa que é. E grazas á súas tres amiga,
fixo moitos mais amigos e amigas.
Isto demostra a importancia que ten coñecer as persoas antes de coñecelas.
Berdomás Rodríguez, Raúl
Non xulgues polas aparencias
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Era un neno que sufría acoso por parte dun dos seus compañeiros de clase. O
acosador lle pegaba, lle insultaba e lle roubaba cousas de valor. Un dia o neno
contoulle o que lle pasaba, a un dos seus amigos. El contoullo a máis compañeiros,
e máis ata que un día, o neno, apareceu resgardado por un montón de nenos. O
acosador asustouse e non volveu a molestar a ninguén.
Blanco Alonso, Marcos
MICRORRELATO
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
En que estaba a pensar? Gañei algo? Era eu o único? Esas e outras dúbidas non abandonan a
miña mente dende fai moito tempo. Onde estará ela agora?
Como empezara todo? Non tiñamos ningún motivo especial, simplemente decidimos…; non,
decidir non é a palabra adoitada. Decidir implica pensar, valorar opcións, e nós non
pensáramos. Simplemente decidimos “tomala” con ela. Que dano poderían facer unhas risas? Ao
principio ela ría connosco, mais logo as bromas escaparon das nosas mans e empezamos a correr
sen freos.
Como foi o primeiro golpe? Non estou moi seguro, pero sei que lle doeu, e a min tamén me
doeu. Doeume espertar e ver de súpeto tantas atrocidades. Esa noite non durmín. Despois
erguinme, erguinme e confesei, erguinme e acusei. Foi amodiño e, sinceramente, de unha forma
moi tortuosa. Foran demasiados meses, case un curso.
Estará ela agradecida? Non quero pensar no que tería pasado se eu non tivera dito nada.
Perdooume? Espero que non. Espero…; non, desexo que non perdoase a dor, que non perdoase
as lágrimas a escuras, que non perdoase o silencio dos nosos compañeiros e compañeiras. É cruel
desexar que alguén garde tanto rancor? Demasiadas preguntas.
Collazo Couñago, Marina
Erguerse
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Hoxe cando fun ao colexio, saín ao recreo e fun ao pavillón. Na esquina estaban unha
nena no chan, tiña uns 13 anos, e ao seu redor había tres nenos duns 17 anos. Estábana
insultando e dándolle patadas. Eu collín e saín correndo a chamar á orientadora para que
me fora axudar a sacar aquela nela de alí. Cando chegamos ao lugar os rapaces xa non
estaban. Só estaba a nena no chan chorando. Rosa, a orientadora, foi a xunto dela,
levantouna e deulle un abrazo. Despois fun eu e dinlle un bico. Rosa levouna ao seu
despacho e estiveron a falar. Eu mentres esperei fora. A rapaza saíu e díxome que entrara
con ela. Estivemos alí falando do que pasara. Rosa díxome que lle axudara pero ela dixo
que non quería, que tiña que saír deste problema ela soa. Eu seguín insistindo para que eu
lle axudara. A nena enfadada saíu de alí e eu saín correndo detrás de ela. Collina das mans
e mireina aos ollos díxenlle que eu non lle ía facer nada que podía confiar en min e que a ía
a acompañar a todos os sitios que facía falta. A nena deume un abrazo e sacou un sorriso.
Acompañeina hasta a clase. Desde aquel dia á rapaza non lle pasou nada máis.
Darriba Vila, Andrea
Non ao acoso escolar
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Hoxe entrei no colexio e vin dous nenos que estaban gastándolle una broma a una
nena da miña clase que se chamaba Lucía. Eu non dixen nada porque pensaba que
era de broma, entón entrei ao colexio e no recreo vin que eses mesmos nenos
estabanse meténdose con Lucía. Eu non era a única que estaba vendo iso pero os
demais non fixeron nada, entón eu fun a xunta dela e díxenlle que por que se
metían con ela. Ela díxome que non sabia, que ela so estaba sentada e xa viñan
molestala. Entón eu díxenlle que tiña que falar cun adulto e ela díxome que tiña
moito medo. Entón díxenlle que eu iría con ela e fomos a xunta da miña profesora
e contámoslle o sucedido. Entón o acosador foi expulsado do colexio e a nena foi
unas das miñas mellores amigas. Despois o acosador volveu ao colexio e non lle
fixo nada a ninguén.
dos Santos Rodríguez, Débora
MICRORRELATO
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Ola, eu chámome Lucas, é hoxe vou a contar a miña historia.
Nunca fun moi popular entre os meus compañeiros no colexio, sempre pasei desapercibido, tampouco me
molestaba xa que estaba moi unido a o meu mellor amigo, Bruno, e non necesitaba a ninguén máis ca el.
Cando chegamos ao instituto todo cambiou, eu chegaba con moita ilusión é gañas de empezar o curso, sen
ningún tipo de medo, pero Bruno chegou con terror, sempre había sido o popular e o máis interesante e
nono quería perder a súa figura social. Por medo a quedar só, comezou a relacionarse con persoas máis
maiores ca el que non eran unha boa influencia. Eu non quería ni acercarme a eles, xa que no me parecía
moi apropiado as burlas é as bromas que lles facían a algúns alumnos.
Un día vin como os amigos de Bruno empurraban a un neno es o tiraban ao chan, rapidamente fun a
xunto da miña titora é comenteille o sucedido, ela tomou represalias contra eles, pero a semana seguinte
fixéronme a min o mesmo ca a aquel neno, pensei que solo o facían para desquitarse por decidir comentarlle
a profesora o ocorrido anteriormente, sen embargo as agresións verbais e físicas non cesaron, non sabía que
facer estaba moi aterrorizado e confundido pola situación. Nunha destas agresións verbais unha profesora
decatouse do que me facían é castigounos, non volveron a facerme nada xa que o castigo foi exemplar.
Conseguín integrarme graza aos profesores é agora son moi feliz.
Gómez Balado, Lara
A MIÑA HISTORIA
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Ola, eu chámome Xosé e teño trinta anos de idade, estudei medicina e agora traballo no hospital da miña
localidade. Teño moitos amigos tanto no traballo como fóra. Pois cóntovos este rolo porque constantemente
está saíndo na televisión de noticias de nenos que sofren acoso escolar e que cando son maiores vailles fatal
na vida e nunca se recuperan, isto é verdade que pasa e seguirá pasando se alguén non o para, se non lle
axudan a persoa indefensa. Pero tamén e verdade que un pódese recuperar, isto seino de primeira man xa
que fai tempo que pasoume a min. Eu con nove, dez, once doce anos era un neno do máis feliz tiña os meus
amigos no colexio, xogaba no patio con todos os meus compañeiros, invitábanme a moitos aniversarios.
Pero todo cambiou cando cheguei ao instituto, xa non era o mesmo. Puxéranme nunha clase onde non
coñecía a ninguén, xa que todos os meus compañeiros estaban en A e en B e eu estaba en C. Nesta clase
uns nenos que viñan doutro colexio tomárona comigo. Facíanme a zancadilla polos corredores, facíanme
bacío na clase, insultábanme polo meu aspecto e a miña estatura. Ao principio non so contei a ninguén,
pero isto cada vez ía a máis. Entón o que fixen foi ir a contalo aos antigos amigos do colexio de primaria.
Sorprendeume moito xa que o primeiro día defendéronme e apoiáronme en todo. Os nenos que me
insultaban deixaban de facelo, xa que entre todos éramos máis ca eles. Durante o resto dos cursos do
instituto, xa non me volveron a insultar máis e todo foi tan ben como antes. Isto demostroume que os
amigos de verdade duran para sempre.
González Rodríguez, María
Relato curto
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Algo tiña sentido? Valía algo para alguén? Non… non o valía, ou polo menos iso
era o que el pensaba. Pero o certo era que si que había xente que o quería, o que
pasa e que o illamento, o medo que sentía era o que lle facía voltarse para atrás ou
relacionarse con alguén. Sempre mentía na súa maneira de ser, sempre loitaba con
el mesmo para ser alguén como eles, xente que para el era feliz así, xente que se
non saía de festa morría de aburrimento, xente que vivía a vida sen pensar nas
consecuencias dos seus actos. Esta historia non trata de cómo ou quén lle axudou
se non de como el conseguiu volver a ser el mesmo, o que a súa familia e seres
queridos tanto botaban de menos, volveu, saíu de ese illamento, de esa monotonía
de soidade, fixo amigos de verdade que o querían e respectaban tal e como el era,
por fin podía divertirse e volver ás súas afeccións e volver xogar ao que xogaba
antes sen avergoñarse de como era ou do que xogaba.
Ibrahimi Lorenzo, Yassin
O SENTIDO…
Valores éticos 2018-19
2º ESO B
Eran as 11:30 e soou o timbre para marchar ao recreo. Xoán tiña medo porque
probablemente, hoxe tamén lle pegarían. Andrés, o seu amigo, sabía que o
acosaban e esta vez acompañou a Xoán para que non tivese medo. Isto non foi
eficiente pois apalizaron a Xoán e a Andrés está vez. Ao día seguinte, Andrés,
contoulle ao seu amigo Xoel o que lle acontecera no recreo. Xoel tomou unha boa
decisión e contoullo ao titor. O seu titor obrigoulles aos acosadores a cambiar de
colexio. Tamén interveu a policía que sancionou aos acosadores poñéndolles unha
multa aos seus pais. Xoán, grazas aos seus amigos, deixou de ser acosado. Durante
as dúas semanas que foi acosado sentiuse moi mal pero non tivo medo de contarlle
o acontecido aos seus amigos que lle solucionaron o problema.
Vilas Espinosa, Iván
MICRORRELATO
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
No I E S Pedro Floriani non esta permitido o bullying nin o acoso escolar. Había
unha rapaza que tivo que mudarse e cambiar de instituto ela non sabia que ía
para un instituto totalmente diferente .
Cando chegou o primeiro dia todo foi normal case ninguén lle falaba, o segundo
dia xa ninguén lle falou e a partir dunha semana a xente metíase con ela...
sentíase... o peor... ata que ás dúas semanas decatouse de que tiña que ser forte, e
como as persoas que se metían con ela vían que non lles afectaba o que lles dicía
deixárona en paz …
Empezou a ter moitos amigos ….
Porque na vida hai que ser fortes ...
Álvarez Sobral, Cristina
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Outro dia mais, escondida no ultimo recuncho no que me poderían atopar, as lágrimas
rodando polas miñas meixelas, os moratóns aínda moi recentes, o medo aínda no meu
corpo. Alguén entrou nesta sala, chaman por min, asomo un pouco a cabeza rezando que
non sexa algún de eles. Achegouse a min, abrazoume, e foi cando me decatei de que non
era unha soa persoa, eran varias, sequei as lágrimas e dime conta de quen eran, o grupo co
que eu anteriormente estaba, cando empezara este inferno aloxáranse de min, abraceime a
eles e, despois de todos estes meses conseguiron facerme sorrir.
Nas tres seguintes semanas estiven con eles, e aínda que algúns dos dias escoitábanse
insultos, burlas..., non doia tanto, porque o meu grupo axudoume a superalo e conseguín
volver a ser a mesma quen era, e vivir sen ningún medo a ir a clase.
Costas Lago, Lara
AS ESCONDIDAS
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Pódese dicir que o acoso escolar é fácil de sobrelevar, pero intenta poñerte no lugar
do outro. Os rapaces e rapazas que o sofren constantemente non teñen ganas de
saír da casa, estar cos amigos,… Pero o peor é ir ao colexio ou ao instituto por
obrigación dos teus pais, chegar e que te insulten e che peguen, e a xente, maiores e
pequenos, non se inmuten nin fagan nada, e ti sufrilo e chegar a casa chorando e
pensando “que fixen eu para merecer isto?”, que teus pais te leven a un psicólogo
porque tes que aprender a vivir con isto, cando ti non tes que ir se non os que te
acosan. Volver ao instituto todos os días xa preparado para o que che espera, iso
non e vida para ningún nena ou neno.
Ferreira García, Lucía
O acoso escolar
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
O trece de febreiro dun ano moi próximo ao noso, a titora de cuarto de la ESO comunicou que
lle parecera una moi boa idea para o día de San Valentín; escribir unha carta a unha persoa que
aprecien moito da súa clase. Samuel no poido evitar pensar que el non recibiría ningunha carta
e que, por suposto, ninguén pensaría nel un día como ese.
Camiñou durante horas polo paseo que había diante da súa casa, cando estaba triste era o seu
sitio favorito para pensar. Levaba anos na mesma clase e ninguén acercara nunca a el; desde
que hai dous anos deixou de falar co seu grupo de amigos, todos o deixaran de lado.
Na outra punta da cidade, Marina escribía a carta que pensaba entregarlle a Samuel. Ela fora
testemuña das pelexas, dos insultos e de todas as veces que os seus compañeiros ridiculizaran a
Samu. Ela, sen embargo, sabía o que era ese sentimento; a ela deixárana de lado moitas veces
no seu anterior instituto. Non deixaría que Samuel se quedase sen carta nun día como ese, con
tanta pouca importancia para ela, pero con moita para o seu instituto.
Samuel non tiña nin idea de que, grazas á empatía, o seu sufrimento e a súa soidade na clase
acabaría por fin.
González Cuervo, Paula
A CARTA DE SAMUEL
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Juan encontrábase co seu grupo de amigos, el sentíase potente no seu grupo, por
iso, cando mirou a Xoán agredindo a Pablo decidiu intervir. El e os seus amigos
separaron a Xoán de Pablo e avisaron a Policía, xa que eles encontrábanse na rúa.
Cando a policía chegou leváronse a Xoán a comisaría e levaron a Pablo ao hospital
xa que Xoán mancárao na perna e estaba sangrando.
Despois da súa boa obra Juan e os seus amigos sentíanse moi ben consigo mesmos
debido a que acabaran cos abusos de Xoán a Pablo. Días despois Xoán foi
mandado a un centro de menores e Pablo transformouse nun novo membro do
grupo de amigos de Juan e empezou a sentirse seguro .
Lago Couñago, Diego
A SEGURIDADE DE GRUPO
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Eu son Alicia, teño 15 e vivo en San Sebastián. Son unha persoa moi reservada e
tranquila, a miña mellor compañía é a música de Operación Triunfo e uns cantos
libros. Cando tiña aproximadamente 8-9 anos, os meus compañeiros de clase
insultábanme, quitábanme o bocadillo e moitas veces pegábanme ao saír do recinto
escolar. Pasei así uns cantos meses, eles ameazábanme con pegarme se llo contaba
a meus pais ou mesmo á directora da escola. Meus compañeiros o vían todo, máis
non facían absolutamente nada, iso seguramente era o que máis me fastidiaba.
Tendo en conta a miña experiencia, non creo que ningún neno ou nena mereza ese
trato.
Martínez Salgado, Michele
ESTA E A MIÑA HISTORIA
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Un día un neno chamado David estaba confuso pola culpa da xente, porque os
nenos da súa clase se meten con el ,el non sabía o que pasaba, ate que coñeceu a o
seu amigo verdadeiro, Luis. Era o primeiro neno que falase ben e non se metera
con el, non era como aquelas falsas amizades que tiña. Luis era máis grande que
David pero non había problema, a maioría das veces David era pegado polos seus
compañeiros. Luis fartouse de que lle pegaran, entón decidiu que tiña que intentar
facerse respectar e puido facerse respectar .
Na actualidade David creou unha asociación que defendía a toda costa os nenos
que sufrían o bullying.
Moukhass El Yaziri, Akram
A vida de David
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
A seguinte historia fala sobre un rapaz que por ter distincións mentais ou físicas
facíanlle bullying .
Nos recreos pasaban del, burlábanse etc... Pero todo iso cambiou nun so dia. O
primeiro dia de clase de 5º chegou unha rapaza nova que o cambiou todo. Ela ao
ver esa situación faloulles a todos os rapaces e rapazas sobre o respecto e o
compañeirismo que hai que ter aos compañeiros. Grazas a iso o lema que tiveron
colocado todo o ano na porta da súa clase foi : no noso grupo hai compañeirismo.
Rodríguez Bas, David
O Respecto Faino Todo
Valores éticos 2018-19
3º ESO A
Xoán tiña 14 anos cando a súa vida deu un xiro de 180 grados. Desde moi pequeno fora un neno tímido, introvertido e
costáballe moito relacionarse. Pasou toda primaria practicamente so, non tiña ningún amigo.
A cousa foi a peor ao chegar ao instituto xa que se empezaron a meter con el. Ao principio non lles facía caso, pero cada
vez era peor, incluso lle chegaban a pegar. Así pasou primeiro e segundo da ESO. En terceiro a maioría da xente que
estaba na súa clase era nova, pero pronto comezaron a meterse con el de novo. Sobre todo un rapaz que tiña dous anos
máis que el, chamado Óscar. Óscar insultábao, pegáballe, falaba mal del aos demais compañeiros de clase e etc.
Pero chegou un día no que as cousas cambiaron, foi no recreo. Como todos os días, Óscar dispoñíase a quitarlle os cartos
do almorzo a Xoán, pero un segundo antes de que lle botara a man enriba, alguén agarrou a Óscar pola mochila, era
Antonio (un compañeiro da súa clase que sabía o que lle estaban facendo a Xoán, pero hasta ese momento non fixera
nada).Este despois de agarralo, deulle a volta e lanzoulle un puñetazo. A partir dese momento ninguén se volveu a meter
con Xoán, incluso se empezou a facer amigo de Antonio.
Con este relato non quero dicir que este ben utilizar a violencia. O mensaxe que quero enviar e que todos aqueles que
coñezan unha situación como esta non aparte a mirada sen máis, senón que interveñan dunha maneira ou outra para
cambiar esa situación e acabar co acoso escolar.
Rodríguez Domínguez, José
Xoán
Valores éticos 2018-19
3º ESO B
Menduiña era un neno guapo, listo... pero que faltaba moito a clase a causa da
súa enfermidade e os compañeiros en vez de axudalo a levalo mellor facíanlle
“bullying”. Os seus compañeiros non lle deixaban entrar ao pavillón, mollábanlle a
roupa, botábanlle a merenda a unha árbore e logo dicían que a tirara el para non
merendar, tirábanlle os seus anteollos, non lle deixaban xogar, molestábano,
insultábano... e os seus profesores en vez de tomar medidas non lle deixaban
correr, castigábano todos os días por cousas que el non facía... e a solución que
tomou a familia foi cambialo de centro porque non había outra opción e agora ten
amigos e o que quere e que todos teñan amigos porque di que todos unidos podemos
con todo.
Lucía Campos
Menduiña, un neno triste
Valores éticos 2018-19
3º ESO B
Todo isto empezou cando eu tiña quince anos.
Empezaba a ter amigos e amigas e eles empezaban a ter parellas e as típicas ñoñadas de adolescentes.
Eu nunca tivera noiva e polo tanto sempre me quedaba só.
Recordo que no verán dese ano, eu quería ter parella para estar cómodo cos meus amigos e así poder darlle agarimos a
alguén a parte da miña nai ; o malo era que non sentía ningún tipo de atracción por ningunha moza.
Nunha tarde daquel verán coñecín a un rapaz chamado Xián. Nunca pensei que aquel mozo ía remexerme a vida daquela
maneira tan bonita.
Xián era un neno moi riquiño, normaliño de todo, do montón como dirían as miñas amigas, pero a min gustábame máis
que a unha rapaza un xeado de chocolate.
Nese momento, desde que o vin namoreime.
A todo isto, meus amigos e amigas non sabían nada da miña orientación sexual e pensei que sería bo dicírllelo pero a súa
vez non podía facelo porque non me sentía “normal” porque a un mozo lle gustasen os rapaces.
Sentíame mal, moi mal; pero llelo dixen.
Os rapaces que eu pensaba que eran os meus amigos convertéronse nos meus irmáns de distinto sangue. Apoiáronme en
todo e axudáronme a saír con Xián.
A día de hoxe, o mozo do que eu me namorei segue comigo e xa levamos 3 anos.
Sentíame mal, moi mal; pero iso xa é pasado.
Leila El Hafid
SENTÍAME MAL, MOI MAL.
Valores éticos 2018-19
3º ESO B
Un día máis aquel neno deume unhas bofetadas, isto xa sucedera varias veces e
estaba cansa de que isto pasase. Decidín falalo cos meus amigas e amigas e
decidimos ir dialogar con el. Despois de falar un rato con Antón, descubrimos que
se comportaba así porque tiña problemas na casa, ao rato de dicilo botouse a
chorar e tivemos que animalo. Grazas a esa charla fixémonos amigos e recordamos
que a amizade é o mellor do mundo.
Ángela Lago
A amizade
Valores éticos 2018-19
3º ESO B
Xoán era un neno de Castrelos, el tiña moitos amigos. Ata que un día houbo unha
discusión, el pasouno moi mal, porque os seus amigos xa non xogaban con el. Xoán
estivo dous meses sen saír da casa, ata que un día seus amigos volveron e
chamaron por el con poucas palabras xa volveron a xogar todos xuntos. A
confianza e a unión restaurouse entre eles.
Pedro Otero
Xoán e o seu problema
Valores éticos 2018-19
3º ESO B
“Non podo máis, non podo máis, non podo máis pensaba eu, tirada no chan do
meu cuarto, é a cuarta vez nesta semana que chego a casa con feridas e
mouratóns, é a cuarta vez que lle agocho a realidade aos meus pais...”
Isto era o que eu pensaba e facía xa fai catro meses, fai xa catro meses que aquel
inferno que vivía día a día... A miña sorte? Os meus amigos, sen dúbida! Eles
foron os que me animaron a contar o que en realidade pasaba no instituto, eles
foron os que me deron apertas cando choraba da impotencia e sobre todo, foron
eles os que, cun sorriso na cara, dixéronme: “Aquí remata una época e comeza
outra”.
Dígoo con moita certeza, os meus amigos son incribles.
Laura Pereiro
Cambios...
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
E cando estaba cos seus amigos, sentía que volvía a forza que aquela loita lle
quitou. Xa non importaba o que lle dixeran. Non importaba se lle gustaba á xente
ou non. Eles axudábanlle de miles de dormas diferentes, sin ter que facer máis que
estar alí con el. El… El só podía pensar no ben que se sentía ter amigos que lle
escoitasen e quixesen.
Podía ser que a vida sí merecese a pena...
Saraiba Amoedo
O Respecto Faino Todo
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Un grupo de chavales, moi amigos, reparten amizade, unión e felicidade combatendo o
acoso. Eles reuníronse cada mañá despois do colexio e falaban do acoso que vían pola rúa,
había demasiado e eles tíñano que resolver, pero sen agresividade. Críanse superheroes e
resolvían problemas cada día, cada vez máis.
Un día encontráronse cunha persoa tirada no chan e os demais estaban bofándose de el.
Entón se fixeron o grupo de amigos da persoa tirada e enfrontáronse a os que se bofaron de
ese rapaz. Así uníronse cada ves máis persoas de distintos lugares e idades. E se alguén se
metía con algunha persoa outro o defendía, para que non se sentise só. Finalmente
conseguiron unir a todos mediante unha gran charla que retransmitiron por youtube.
Todos xuntos contaron as súas historias e como se sentían, para facer pensar a todos, e
todos transmitiron a mesma mensaxe: “Non cometades acoso escolar”.
Marco Campo
Non estamos sos
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Carlos era un rapaz que no colexio tiña moitos amigos, era feliz e sacaba boas
notas.
Cando tivo que comezar o instituto, os seus pais decidiron mudarse a unha nova
cidade .
Carlos comezou o instituto sen ninguén ao que apoiarse nos malos momentos, con
quen falar cando se sentira só ou alguén con quen comentar as notas dos exames.
Carlos pouco a pouco foi facendo amigos e co paso dos meses deuse conta de que a
amizade e o mellor remedio para os problemas.
marey freire rodríguez. 4ºB
Marey Freire
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
“Os millennials deberían ter en conta o compañeirismo, o apoio e a amizade”
A sociedade está contaminada hoxe en dia, non me refiro a nivel global que tamén
teñen o seu, senón a nivel social. O marketing manexa os fíos das nosas vidas,
todo tipo de publicidade está centrada en lavarnos a mente, e non falo da venta de
produtos senón tamén dos programas de televisión que fan que teñas unha idea
obxectiva do que dixen, forzando que teñas unha opinión xenérica de todo o que
ensinan, por iso os mozos debemos darnos conta de isto xa que somos o futuro.
Osián González
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Estou nerviosa. Este ano comezo bacharelato nun novo centro, con novos alumnos, novos
profesores e nunha nova cidade. Estou nerviosa polo que poida pasar, por como poidan
reaccionar os novos compañeiros á miña chegada. Poden pasar varias cousas: poden ser
persoas abertas e recibirme cun sorriso na cara, pode haber unha mestura e algúns recibirme
ben e outros non e como última opción e espero que menos probable, que todos sexan uns
egoístas e non me acepten. Pero en realidade, sempre hai boas persoas en todos sitios, e
aínda que sexan poucas, a forte unión do grupo potencia a felicidade, e ser feliz é o que
máis importa. Por outra parte tamén teño bastante medo polo mero feito de que este curso
do que falo xa é bacharelato. Isto quere dicir que as miñas responsabilidades e horas de
estudo se disparan. Non vou ter tempo para saír nin para facer outra cousa que non sexa
estudar, e non creo que dure así moito tempo. Non creo que aguante moito sen saír e sen
facer vida social. Esta gran dependencia da vida social é perigosa, perigosa porque pode
facerme fracasar no bacharelato. E iso é o que menos me apetece agora, o fracaso.
Clara Lorenzo
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Desde pequeno recordo que na miña aula todos levábanse ben, algúns mellor ca outros, claro, pero nunca excluíamos a ninguén. As nosas familias e os
nosos profesores recordábannos cada pouco a importancia da amizade e de ser un grupo do cal estar orgullosos.
Pasou Primaria e algúns dos meus compañeiros marcharon para outros institutos e os que íamos ao mesmo cambiáronnos de clase. Xa non éramos os
mesmos pero polo que parecía os novos compañeiros procedentes doutros colexios eran bos rapaces e forxamos unha boa amizade con eles. Con todos
menos con Anxo, un rapaz solitario e algo estraño. Anxo nunca falaba tan alto como para que todos o escoitasen, prefería pasar inadvertido
sentándose só e mirando a mesa ou pola ventá durante horas e horas. Cando alguén lle dicía calquera cousa contestaba cunha voz apagada e monótona
que entristecía a calquera.
Pouco a pouco e grazas a Alberto, único compañeiro que o coñecía de antes, puidemos axudar a Anxo a superar aquela mala etapa. Xamais foi ben
visto nin aceptado no seu colexio. Nin sequera Alberto, que falaba con el máis que toda a clase xunta, parecía ser Memorias dunha clase antiacoso.
Desde pequeno recordo que na miña aula todos levábanse ben, algúns mellor ca outros, claro, pero nunca excluíamos a ninguén. As nosas familias e os
nosos profesores recordábannos cada pouco a importancia da amizade e de ser un grupo do cal estar orgullosos.
Pasou Primaria e algúns dos meus compañeiros marcharon para outros institutos e os que íamos ao mesmo cambiáronnos de clase. Xa non éramos os
mesmos pero polo que parecía os novos compañeiros procedentes doutros colexios eran bos rapaces e forxamos unha boa amizade con eles. Con todos
menos con Anxo, un rapaz solitario e algo estraño. Anxo nunca falaba tan alto como para que todos o escoitasen, prefería pasar inadvertido
sentándose só e mirando a mesa ou pola ventá durante horas e horas. Cando alguén lle dicía calquera cousa contestaba cunha voz apagada e monótona
que entristecía a calquera.
Pouco a pouco e grazas a Alberto, único compañeiro que o coñecía de antes, puidemos axudar a Anxo a superar aquela mala etapa. Xamais foi ben
visto nin aceptado no seu colexio. Nin sequera Alberto, que falaba con el máis que toda a clase xunta, parecía ser considerado un amigo para Anxo.
Grazas ao compañeirismo que reinaba entre todos integramos a Anxo no grupo, e cando este xa parecía confiar en nós decidimos invitarlle a ir ao cine.
Aquela tarde mirei por primeira vez a Anxo comunicarse con máis dunha persoa á vez, rir e facer rir e pasalo moi ben. Xa era un amigo máis, e despois
de coñecelo por un par de meses, un dos máis destacables.
Pablo Martínez
Memorias dunha clase antiacoso
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
A unión fai a forza dicía a miña mellor amiga. Ela era a nena mais boa, simpática e amable que
coñecín neste mundo. Éramos amigas dende pequenas, sempre estivo aí para axudarme e
aconsellarme cando fixera falta. Fomos xuntas a clase ata 3º da ESO, tristemente ese ano os
seus pais conseguiron traballo noutra zona de España e tiveron que mudarse. Foi unha das
despedidas máis duras da miña vida, xa que eu o facía todo con ela, e eramos coma irmás. O que
non sabía era que sería a última vez que a vería. Durante un ano enteiro estivemos falando
todos os días. Co paso do tempo eu coñecín a outra rapaza e ela fixo novos amigos no seu pobo,
e inevitablemente perdemos o contacto. Pasaron dous anos sen falar, e un día descubrín que os
seus compañeiros lle fixeron a vida imposible e ela decidiu abandonar. Agora penso que
distanciarnos foi o peor. Ela estaba soa, e eu non estaba alí para escoitala e coidala. Penso que
eu podería habela salvado. Pero agora xa non está e xa non vale de nada. Paréceme terrible que
a xente deixara que unha persoa tan boa deixase este mundo. O acoso escolar non leva a nada.
Por que lle fas a vida imposible a alguén que non te fixo nada? Por que o acosas ata que ten
que quitarse a vida por que non soporta existir? Non trates mal á xente, se non queres que
fagan o mesmo contigo.
Alba Mera
A unión fai a forza
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Dixéronme unha vez que o acoso escolar podíase combater cunha serie de valores, que todo ser humano, por
moi abominable que puidese chegar a ser, tiña un pensamento moral e ético. Que grazas á complexidade da
mente, no máis radical dos casos podería distinguir entre o ben e o mal. O problema é que eles non
contaban con que eses termos sempre resultan moi ambiguos. Quen é o que establece o que é correcto e o que
non?
Eu agora estou morto: caída desde un sétimo piso e rotura de costelas, cranio e derrame interno. Un
espectáculo incrible para a miña anatomía externa. Era un candidato espléndido para expoñerse na
Morgue. Pero non falemos nun ton tan pesimista. A pesar de todo, perdurarei no tempo nunha carta. Algo
así coma na Crónica dunha morte anunciada. Pero claro está, coa miña interpretación do que é o máis alá.
Por aquí non vexo ningún Deus nin ningún Demo. Non vou relatar o que pasou. Tampouco fai falla
pensalo demasiado para deducilo. Os verdadeiros diaños estaban no mundo real, cada día, durante esas
seis horribles horas de clase. Estiven acompañado, non o vou negar. Pero a min comezaron a axudarme moi
tarde. Demasiado. De aí esta carta. Non vos marquedes un Gary Cooper, vivos viventes que aínda
poboades a Terra. Pedide axuda. O último que quero é poñerme filosófico. Porén, cando deixamos de
estalo?
Bulide! A vida non ten senso se nos pechan a fonte de emocións. Buscade axuda, non estades sos.
Diego Muíños
Só ante o perigo
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
Ola! Chámome Lúa, teño 16 anos e estou facendo 4º da ESO. No meu grupo de amigos somos
cinco, catro levamos dende infantil xuntos, a quinta persoa que forma parte do noso grupo,
leva un ano, aínda que leve pouco tempo estamos moi unidas. Vou contar a nosa historia.
Cando estabamos en 3º da ESO viu unha rapaza nova á nosa clase, tiña unha maneira de
vestir peculiar, pero non é nada malo. Era moi boa persoa, graciosa e agradable. Algunhas
persoas da miña clase ao principio metíanse con ela todo o tempo, burlábanse dela, ríanse dela e
ninguén facía nada. Os meus amigos e máis eu falabamos do mal que nos parecía o que esas
persoas estaban a facer. Xa que ela non se merecía iso e o estaba a pasar mal. Un día cansos
diso acercámonos a falar con ela e quedamos esa mesma tarde, pasámolo moi ben todas xuntas.
Comezamos a defendela na clase, xa que non valía a pena quedarse calados, porque o que
estaban a facer estaba mal. Entón as persoas que se metían con ela deixaron de facelo, porque
déronse conta de que non servía para nada o que estaban a facer, entón pedíronlle perdón. A
nosa nova amiga, agradeceunos moito o que fixeramos, pero non tiña nada que agradecer, era o
que deberiamos facer, e tiñamos que facelo antes. Agora estamos todos e todas moi unidas e
unidos, xa que chegamos a conclusión de que xuntas somos máis fortes.
Irea Navós
Xuntas somos máis fortes!
Valores éticos 2018-19
4º ESO A, B
O esforzo e a cooperación son o cemento no rañaceos do compañeirismo. Cada un
de nós construímos a nosa cidade, formada por membros e pilares importantes da
nosa vida. Pero todo o que se constrúe realízase pasiño a pasiño co paso do tempo.
Fabricamos casas, edificios altos e baixos… todo cos pilares fundamentais, para
que esas construcións se manteñan firmes e duradeiras. Eses pilares son o respecto,
a educación e a igualdade; son os valores necesarios para unha loita a que só nós
podemos vencer...o acoso escolar.
Romina Viglione
Microrrelato do acoso escolar

More Related Content

Similar to Microrrelatos 18-19 IES Pedro Floriani

Similar to Microrrelatos 18-19 IES Pedro Floriani (13)

O que sei do silencio
O que sei do silencioO que sei do silencio
O que sei do silencio
 
O que sei do silencio
O que sei do silencioO que sei do silencio
O que sei do silencio
 
Biblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivoBiblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivo
 
Acoso Escolar
Acoso EscolarAcoso Escolar
Acoso Escolar
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Exposición
Exposición Exposición
Exposición
 
Todos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolarTodos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolar
 
Pps acoso
Pps acosoPps acoso
Pps acoso
 
Microrrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xéneroMicrorrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xénero
 
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-BeadeAcoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade
 
Conto
ContoConto
Conto
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
DíA Da Muller
DíA Da MullerDíA Da Muller
DíA Da Muller
 

More from avellanacova

Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo Histórico
Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo HistóricoMarx - Conceptos clave sobre o Materialismo Histórico
Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo Históricoavellanacova
 
O sistema nervioso
O sistema nerviosoO sistema nervioso
O sistema nerviosoavellanacova
 
Filosofía presocrática
Filosofía presocráticaFilosofía presocrática
Filosofía presocráticaavellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunista
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto ComunistaTecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunista
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunistaavellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánica
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánicaTecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánica
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánicaavellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortos
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortosTecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortos
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortosavellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1avellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2avellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2avellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1avellanacova
 
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic World
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic WorldTecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic World
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic Worldavellanacova
 
Difusión PIALE 2019 - Ramón Soler
Difusión PIALE 2019  - Ramón SolerDifusión PIALE 2019  - Ramón Soler
Difusión PIALE 2019 - Ramón Soleravellanacova
 
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19Encontro con Rosa Cameselle 2018-19
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19avellanacova
 
Encontro con Paz Gesteira 2018-19
Encontro con Paz Gesteira 2018-19Encontro con Paz Gesteira 2018-19
Encontro con Paz Gesteira 2018-19avellanacova
 
Os contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e DistopíasOs contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e Distopíasavellanacova
 
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexo
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexoAlicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexo
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexoavellanacova
 
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescencia
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescenciaAlicia no País das Marabillas como metáfora da adolescencia
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescenciaavellanacova
 

More from avellanacova (20)

Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo Histórico
Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo HistóricoMarx - Conceptos clave sobre o Materialismo Histórico
Marx - Conceptos clave sobre o Materialismo Histórico
 
A neurona
A neuronaA neurona
A neurona
 
O sistema nervioso
O sistema nerviosoO sistema nervioso
O sistema nervioso
 
Kant - Ética
Kant - ÉticaKant - Ética
Kant - Ética
 
Filosofía presocrática
Filosofía presocráticaFilosofía presocrática
Filosofía presocrática
 
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunista
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto ComunistaTecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunista
Tecnoloxía e ser humano 6 – Manifesto Comunista
 
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánica
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánicaTecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánica
Tecnoloxía e ser humano 5 – A laranxa mecánica
 
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortos
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortosTecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortos
Tecnoloxía e ser humano 4 – O club dos poetas mortos
 
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 1
 
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2
Tecnoloxía e ser humano 3 – Unha mente marabillosa 2
 
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 2
 
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1
Tecnoloxía e ser humano 2 – O labirinto do Fauno 1
 
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic World
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic WorldTecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic World
Tecnoloxía e ser humano 1 – Jurassic World
 
Difusión PIALE 2019 - Ramón Soler
Difusión PIALE 2019  - Ramón SolerDifusión PIALE 2019  - Ramón Soler
Difusión PIALE 2019 - Ramón Soler
 
Who am I 19-20
Who am I 19-20Who am I 19-20
Who am I 19-20
 
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19Encontro con Rosa Cameselle 2018-19
Encontro con Rosa Cameselle 2018-19
 
Encontro con Paz Gesteira 2018-19
Encontro con Paz Gesteira 2018-19Encontro con Paz Gesteira 2018-19
Encontro con Paz Gesteira 2018-19
 
Os contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e DistopíasOs contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e Distopías
 
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexo
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexoAlicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexo
Alicia no País das Marabillas - O xardín como metáfora do desexo
 
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescencia
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescenciaAlicia no País das Marabillas como metáfora da adolescencia
Alicia no País das Marabillas como metáfora da adolescencia
 

Microrrelatos 18-19 IES Pedro Floriani

  • 1. IES Pedro Floriani - Valores éticos 18-19. Textos para o concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional.
  • 2. O ACOSO ESCOLAR “No noso grupo conseguímolo” O tema do Concurso de Microrrelatos deste ano é o acoso escolar. Na materia de valores éticos participamos escribindo os relatos en clase; despois, se queremos, podemos presentalos para o concurso, entregándoos a través do formulario que está nesta páxina: https://blogs.es.amnesty.org/galicia/2019/02/21/concurso-xuvenil-de-microrrelatos-sobre-o-acaso-escolar/
  • 3. O ACOSO ESCOLAR “No noso grupo conseguímolo” Na convocatoria dise: Sensibilizar sobre o problema do acoso escolar, concienciar á sociedade sobre a importancia de tomar medidas e dar a coñecer os novos medios cos que se conta para previlo e loitar contra el (coma os equipo de mediación). Estes son o obxectivos do V Concurso de Microrrelatos Xuvenil organizado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. Nesta ocasión, o tema do concurso é “No noso grupo conseguímolo” e busca abordar tanto a problemática do acoso escolar como posibles solucións. Por iso, os textos que se presenten -a extensión máxima é de 250 palabras- deberán centrarse nos diferentes suxeitos que sofren a violencia, exércena, traballan para erradicala… tendo en conta diferentes punto de vista, especialmente da comunidade escolar.
  • 4. Valores éticos 2018-19 2º ESO A As amizades son moi importantes nas nosas vidas , algunhas duran e outras non e sempre hai una corda que sempre queda aí. Unha amizade de verdade non se deixan nunca. Terán unha pelexa pero nunca se separaran. E o compañeirismo tamén é moi importante hai que saber que estas con eles por moitos anos e non hai que pelexar por calquera cousa. O bullyng e moi perigoso porque ten perigo de suicido o depresión, ou algo moito peor, o suicidio, e iso non pode ser, por que fai que teña unha vida imposible. E por importante o estudo, temos que ter por lo menos 3 horas de estudo con descanso de por medio. Porque o necesitamos para a vida cotiá, para conseguir traballo é ser felices. Tania Alonso A vida
  • 5. Valores éticos 2018-19 2º ESO A Esta é a historia de unha nena chamada Sabrina, estaba coa súa mellor amiga na hípica cando empezou a recibir mensaxes dunhas compañeiras do seu instituto, estábana insultando, ela púxose moi triste, non sabía por que lle facían iso, levaba con elas desde primaria, de pronto empezárona a chamar, ela non lles colleu, entón apagou o móbil e seguiu coa súa amiga falando coma se pasase nada. Ao día seguinte, luns, Sabrina foi falar coa súa titora, e ela díxolle que non se preocupase, que ía falar con elas, que non lles fixese caso, Sabrina xa non tiña con quen estar no recreo hasta que unhas compañeiras de outra clase lle dixeron que se quería estar con elas, Sabrina díxolle que si e agora está con elas. Sandra Amoedo A historia de Sabrina
  • 6. Valores éticos 2018-19 2º ESO A ’’La confianza es la igualdad’’ es mi lema. Pero nunca lo he visto cumplirse, todos desconfían y aunque confíen la rompen y no solo la confianza: toda autoestima, moral, la vida y ellos mismos. Después, si confían y no se destruyen, llega la otra parte: la igualdad. Es ilógico que por ser de un sito u otro, por tener tus creencias… no le gustes a los demás, por tener un color de piel distinto, ser de otro lugar u otro, o que te guste una persona del mismo género. ¿Por que os dais de palos si ambos sois iguales, sois homo sapiens, coméis, bebéis y pensáis igual pero lo hacéis de distinta manera? Si esto se arregla desde que nacéis comenzaría bien con juegos cooperativos sin ningún tipo de discriminación, se evitaría que los niños y niñas se pegasen o insultasen, podríamos evitar todo si comenzáramos desde niños. Raúl Araujo La confianza
  • 7. Valores éticos 2018-19 2º ESO A Érase una vez una niña chiquitina que se metían con ella por ser pequeña, un día cinco chicas la dejaron encerrada en el baño al acabar las clases y no la oyeron gritar y se quedó ahí hasta el día siguiente. Cuando entraron por la mañana se oyeron llantos, abrieron el baño y vieron a una niña en el suelo llorando y le preguntaron ¿Quién te encerró aquí? Unas niñas de mi clase que siempre se están metiendo conmigo por mi tamaño. Y avisaron a los padres de la niña y las de las niñas de su clase. Las acabaron expulsando a cinco de ellas y al resto castigadas con dos partes. Juan Francisco Darroza NON MÁIS ACOSO ESCOLAR
  • 8. Valores éticos 2018-19 2º ESO A Era el primer día de Jaime en su nuevo instituto, estaba nervioso, sus compañeros siempre se habían portado mal con él, incluso algunos le pegaban. Gracias a la directora y sus padres, se cambió al que está actualmente, Jaime ahora tiene amigos de verdad, se divierte de verdad, y disfruta del instituto de verdad, Jaime podrías haber sido tú, o aún puedes serlo. Carlos García Jaime
  • 9. Valores éticos 2018-19 2º ESO A A amizade é ambiguamente ambigua, tras quedar co seu amigo subiuse ao balcón e… Tres semanas antes, Hugo chega ao seu novo colexio o CEIP II República. A primeira persoa a que coñece é a Alfredo. Era un neno, alto, forte e moi amable. O primeiro día de clase lle ensinou todo o colexio e lle pediu ser o seu amigo. O día seguinte Alfredo obrígalle a darlle o seu bocata. Hugo negase e dálle un puñada. Estas agresións repítense todos os días e Hugo ponse nervioso con pensaren ver a Alfredo. Alfredo chama a Hugo para que vaia durmir a súa casa, tras quedar co seu ¨amigo¨, subiu o balcón e tirouse… Ou... Esta e primeira semana de Hugo no seu novo colexio o CEIP II República. A primeira persoa a que coñece é a Alfredo el lle di que lle pode ensinar o colexio. Tras ensinarllo, lle pide ser o deu amigo. O día seguinte Alfredo lle pide o seu bocata a Hugo se nega e Alfredo lle mete unha puñada, está agresión se repite e Hugo llo di a profesora, ela fala con Alfredo e el cesa coas súas agresións sen que haxa confrontacións. Antón Míguez
  • 10. Valores éticos 2018-19 2º ESO A Había unha vez nena chamada Abril. A súa nai decidiu marcharse a outra cidade porque hai uns meses o seu marido morrera. A cidade chamábase Rebig, a súa filla Abril era moi distinta as demais: media 1.80 e pesaba máis de 100 quilos. Tan pronto chegou ao instituto a nena non tiña amigos os nenos burlábanse dela. A nena foi á directora e explicoulle todo o que lle pasou durante todo o curso ,e ela decidiu cambiala do instituto para outro. Pero cando se estaba indo a directora foi a clase e díxolles que Abril cambiara de instituto e se puxeron moi mal por todo o que fixeran e non foron conscientes de todo o que lle fixeron, decidiron preparar unha pancarta dicíndolle a Abril que non se fóra, que ían ser bos con ela. Cando Abril viu a pancarta botouse a chorar porque pensou que as persoas poden facerte moitisimo dano pero cando cometen os errores os din aínda que lle coste admitilo ou aceptalo. Nunca mais ocultes o que che pasa como abril busca un adulto, profesor o titor legal. Nadia Posada Non máis!
  • 11. Valores éticos 2018-19 2º ESO A O compañeirismo só se pode facer en equipo. Está é a historia de unha neno chamado ÁLEX, que lle fan Bullying porque ten unha enfermidade que non pode crecer máis, se queda pequeno para sempre e ten mal xenio. Eu me chamo Álex son o protagonista da historia e me levo moi ben coa xente da miña clase desde hai tempo. Eu sempre estou contento, porque só teño un par de amigos e eses son os da miña clase. Alejandro Sánchez O bullying
  • 12. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Laura era unha nena nova na clase. Era moi tímida e non falaba moito, non tiña moitos amigos polo que atopábase no recreo soa. Co paso do tempo Lucas comezouse a fixar nela, non dun xeito amigable, un día comezoulle a gastar bromas. Un día escondeulle os deberes, outro día tiroulle a merenda ao lixo, e outro, tiroulle do cabelo. Laura comezouse a illar ou iso parecíame a min, pasou de sentarse na primeira fila a sentarse no fondo da clase, xa non traía os deberes nunca e sempre parecía ter a cachola nas nubes. Un día as cousas saíronse de control e Lucas empurrou a Laura polas escaleiras, Laura golpeouse na fronte e rompeu un oso dun brazo. Os compañeiros de Laura e Lucas fartos destes comportamentos, xuntáronse unha mañá e encamiñáronse ao despacho de director para denunciar estes comportamentos. Días despois o problema estaba solucionado e as bromas cesaran. Xa non había máis acoso escolar. Alonso Pazos, Saray Laura era unha nena nova na clase
  • 13. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Alfonso é un neno especial porque tiña unha vida familiar moi mala o seu pai era alcohólico e a súa nai abandonarao de pequeno. Que era o único que el podía facer? Pois soamente se lle ocorría a idea de mostrar que a súa vida era horrorosa e para iso metíase con Nico, un neno mais pequeno, que sempre facía os deberes , estudaba e sempre sacaba deces e gustáballe estudar. Soamente facía iso para chamar a atención e sentirse querido por alguén, por moi malo que fose, ao principio soamente o insultaba, logo pasou a pegarlle e máis tarde o tirou escaleiras abaixo. Un dia Nico fartouse e decidiu enfrontarse a Alfonso, e Alfonso recibiu o seu merecido. Dende ese día no o volveu molestar nin a el nin a ninguén. Álvarez Louro, Hugo Microrrelato
  • 14. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Un neno chamado Abdou era orixinario de Senegal pero vivía en España, polo tanto era un neno de raza negra. Cando estaba no instituto oito anos despois de chegar a España a maioría dos nenos e nenas metíanse con el porque era negro e tiña poucos amigos. O acoso escolar ía a máis, un dia insultárono, ao seguinte escondéronlle material escolar, ao seguinte pegáronlle... Un dia que o acurralaron chegou unha nena con dúas amigas e defenderon a Abdou e díxolles aos compañeiros que antes de xulgalo que falasen con el para coñecerse mellor e que logo verían o boa persoa que é. E grazas á súas tres amiga, fixo moitos mais amigos e amigas. Isto demostra a importancia que ten coñecer as persoas antes de coñecelas. Berdomás Rodríguez, Raúl Non xulgues polas aparencias
  • 15. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Era un neno que sufría acoso por parte dun dos seus compañeiros de clase. O acosador lle pegaba, lle insultaba e lle roubaba cousas de valor. Un dia o neno contoulle o que lle pasaba, a un dos seus amigos. El contoullo a máis compañeiros, e máis ata que un día, o neno, apareceu resgardado por un montón de nenos. O acosador asustouse e non volveu a molestar a ninguén. Blanco Alonso, Marcos MICRORRELATO
  • 16. Valores éticos 2018-19 2º ESO B En que estaba a pensar? Gañei algo? Era eu o único? Esas e outras dúbidas non abandonan a miña mente dende fai moito tempo. Onde estará ela agora? Como empezara todo? Non tiñamos ningún motivo especial, simplemente decidimos…; non, decidir non é a palabra adoitada. Decidir implica pensar, valorar opcións, e nós non pensáramos. Simplemente decidimos “tomala” con ela. Que dano poderían facer unhas risas? Ao principio ela ría connosco, mais logo as bromas escaparon das nosas mans e empezamos a correr sen freos. Como foi o primeiro golpe? Non estou moi seguro, pero sei que lle doeu, e a min tamén me doeu. Doeume espertar e ver de súpeto tantas atrocidades. Esa noite non durmín. Despois erguinme, erguinme e confesei, erguinme e acusei. Foi amodiño e, sinceramente, de unha forma moi tortuosa. Foran demasiados meses, case un curso. Estará ela agradecida? Non quero pensar no que tería pasado se eu non tivera dito nada. Perdooume? Espero que non. Espero…; non, desexo que non perdoase a dor, que non perdoase as lágrimas a escuras, que non perdoase o silencio dos nosos compañeiros e compañeiras. É cruel desexar que alguén garde tanto rancor? Demasiadas preguntas. Collazo Couñago, Marina Erguerse
  • 17. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Hoxe cando fun ao colexio, saín ao recreo e fun ao pavillón. Na esquina estaban unha nena no chan, tiña uns 13 anos, e ao seu redor había tres nenos duns 17 anos. Estábana insultando e dándolle patadas. Eu collín e saín correndo a chamar á orientadora para que me fora axudar a sacar aquela nela de alí. Cando chegamos ao lugar os rapaces xa non estaban. Só estaba a nena no chan chorando. Rosa, a orientadora, foi a xunto dela, levantouna e deulle un abrazo. Despois fun eu e dinlle un bico. Rosa levouna ao seu despacho e estiveron a falar. Eu mentres esperei fora. A rapaza saíu e díxome que entrara con ela. Estivemos alí falando do que pasara. Rosa díxome que lle axudara pero ela dixo que non quería, que tiña que saír deste problema ela soa. Eu seguín insistindo para que eu lle axudara. A nena enfadada saíu de alí e eu saín correndo detrás de ela. Collina das mans e mireina aos ollos díxenlle que eu non lle ía facer nada que podía confiar en min e que a ía a acompañar a todos os sitios que facía falta. A nena deume un abrazo e sacou un sorriso. Acompañeina hasta a clase. Desde aquel dia á rapaza non lle pasou nada máis. Darriba Vila, Andrea Non ao acoso escolar
  • 18. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Hoxe entrei no colexio e vin dous nenos que estaban gastándolle una broma a una nena da miña clase que se chamaba Lucía. Eu non dixen nada porque pensaba que era de broma, entón entrei ao colexio e no recreo vin que eses mesmos nenos estabanse meténdose con Lucía. Eu non era a única que estaba vendo iso pero os demais non fixeron nada, entón eu fun a xunta dela e díxenlle que por que se metían con ela. Ela díxome que non sabia, que ela so estaba sentada e xa viñan molestala. Entón eu díxenlle que tiña que falar cun adulto e ela díxome que tiña moito medo. Entón díxenlle que eu iría con ela e fomos a xunta da miña profesora e contámoslle o sucedido. Entón o acosador foi expulsado do colexio e a nena foi unas das miñas mellores amigas. Despois o acosador volveu ao colexio e non lle fixo nada a ninguén. dos Santos Rodríguez, Débora MICRORRELATO
  • 19. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Ola, eu chámome Lucas, é hoxe vou a contar a miña historia. Nunca fun moi popular entre os meus compañeiros no colexio, sempre pasei desapercibido, tampouco me molestaba xa que estaba moi unido a o meu mellor amigo, Bruno, e non necesitaba a ninguén máis ca el. Cando chegamos ao instituto todo cambiou, eu chegaba con moita ilusión é gañas de empezar o curso, sen ningún tipo de medo, pero Bruno chegou con terror, sempre había sido o popular e o máis interesante e nono quería perder a súa figura social. Por medo a quedar só, comezou a relacionarse con persoas máis maiores ca el que non eran unha boa influencia. Eu non quería ni acercarme a eles, xa que no me parecía moi apropiado as burlas é as bromas que lles facían a algúns alumnos. Un día vin como os amigos de Bruno empurraban a un neno es o tiraban ao chan, rapidamente fun a xunto da miña titora é comenteille o sucedido, ela tomou represalias contra eles, pero a semana seguinte fixéronme a min o mesmo ca a aquel neno, pensei que solo o facían para desquitarse por decidir comentarlle a profesora o ocorrido anteriormente, sen embargo as agresións verbais e físicas non cesaron, non sabía que facer estaba moi aterrorizado e confundido pola situación. Nunha destas agresións verbais unha profesora decatouse do que me facían é castigounos, non volveron a facerme nada xa que o castigo foi exemplar. Conseguín integrarme graza aos profesores é agora son moi feliz. Gómez Balado, Lara A MIÑA HISTORIA
  • 20. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Ola, eu chámome Xosé e teño trinta anos de idade, estudei medicina e agora traballo no hospital da miña localidade. Teño moitos amigos tanto no traballo como fóra. Pois cóntovos este rolo porque constantemente está saíndo na televisión de noticias de nenos que sofren acoso escolar e que cando son maiores vailles fatal na vida e nunca se recuperan, isto é verdade que pasa e seguirá pasando se alguén non o para, se non lle axudan a persoa indefensa. Pero tamén e verdade que un pódese recuperar, isto seino de primeira man xa que fai tempo que pasoume a min. Eu con nove, dez, once doce anos era un neno do máis feliz tiña os meus amigos no colexio, xogaba no patio con todos os meus compañeiros, invitábanme a moitos aniversarios. Pero todo cambiou cando cheguei ao instituto, xa non era o mesmo. Puxéranme nunha clase onde non coñecía a ninguén, xa que todos os meus compañeiros estaban en A e en B e eu estaba en C. Nesta clase uns nenos que viñan doutro colexio tomárona comigo. Facíanme a zancadilla polos corredores, facíanme bacío na clase, insultábanme polo meu aspecto e a miña estatura. Ao principio non so contei a ninguén, pero isto cada vez ía a máis. Entón o que fixen foi ir a contalo aos antigos amigos do colexio de primaria. Sorprendeume moito xa que o primeiro día defendéronme e apoiáronme en todo. Os nenos que me insultaban deixaban de facelo, xa que entre todos éramos máis ca eles. Durante o resto dos cursos do instituto, xa non me volveron a insultar máis e todo foi tan ben como antes. Isto demostroume que os amigos de verdade duran para sempre. González Rodríguez, María Relato curto
  • 21. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Algo tiña sentido? Valía algo para alguén? Non… non o valía, ou polo menos iso era o que el pensaba. Pero o certo era que si que había xente que o quería, o que pasa e que o illamento, o medo que sentía era o que lle facía voltarse para atrás ou relacionarse con alguén. Sempre mentía na súa maneira de ser, sempre loitaba con el mesmo para ser alguén como eles, xente que para el era feliz así, xente que se non saía de festa morría de aburrimento, xente que vivía a vida sen pensar nas consecuencias dos seus actos. Esta historia non trata de cómo ou quén lle axudou se non de como el conseguiu volver a ser el mesmo, o que a súa familia e seres queridos tanto botaban de menos, volveu, saíu de ese illamento, de esa monotonía de soidade, fixo amigos de verdade que o querían e respectaban tal e como el era, por fin podía divertirse e volver ás súas afeccións e volver xogar ao que xogaba antes sen avergoñarse de como era ou do que xogaba. Ibrahimi Lorenzo, Yassin O SENTIDO…
  • 22. Valores éticos 2018-19 2º ESO B Eran as 11:30 e soou o timbre para marchar ao recreo. Xoán tiña medo porque probablemente, hoxe tamén lle pegarían. Andrés, o seu amigo, sabía que o acosaban e esta vez acompañou a Xoán para que non tivese medo. Isto non foi eficiente pois apalizaron a Xoán e a Andrés está vez. Ao día seguinte, Andrés, contoulle ao seu amigo Xoel o que lle acontecera no recreo. Xoel tomou unha boa decisión e contoullo ao titor. O seu titor obrigoulles aos acosadores a cambiar de colexio. Tamén interveu a policía que sancionou aos acosadores poñéndolles unha multa aos seus pais. Xoán, grazas aos seus amigos, deixou de ser acosado. Durante as dúas semanas que foi acosado sentiuse moi mal pero non tivo medo de contarlle o acontecido aos seus amigos que lle solucionaron o problema. Vilas Espinosa, Iván MICRORRELATO
  • 23. Valores éticos 2018-19 3º ESO A No I E S Pedro Floriani non esta permitido o bullying nin o acoso escolar. Había unha rapaza que tivo que mudarse e cambiar de instituto ela non sabia que ía para un instituto totalmente diferente . Cando chegou o primeiro dia todo foi normal case ninguén lle falaba, o segundo dia xa ninguén lle falou e a partir dunha semana a xente metíase con ela... sentíase... o peor... ata que ás dúas semanas decatouse de que tiña que ser forte, e como as persoas que se metían con ela vían que non lles afectaba o que lles dicía deixárona en paz … Empezou a ter moitos amigos …. Porque na vida hai que ser fortes ... Álvarez Sobral, Cristina
  • 24. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Outro dia mais, escondida no ultimo recuncho no que me poderían atopar, as lágrimas rodando polas miñas meixelas, os moratóns aínda moi recentes, o medo aínda no meu corpo. Alguén entrou nesta sala, chaman por min, asomo un pouco a cabeza rezando que non sexa algún de eles. Achegouse a min, abrazoume, e foi cando me decatei de que non era unha soa persoa, eran varias, sequei as lágrimas e dime conta de quen eran, o grupo co que eu anteriormente estaba, cando empezara este inferno aloxáranse de min, abraceime a eles e, despois de todos estes meses conseguiron facerme sorrir. Nas tres seguintes semanas estiven con eles, e aínda que algúns dos dias escoitábanse insultos, burlas..., non doia tanto, porque o meu grupo axudoume a superalo e conseguín volver a ser a mesma quen era, e vivir sen ningún medo a ir a clase. Costas Lago, Lara AS ESCONDIDAS
  • 25. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Pódese dicir que o acoso escolar é fácil de sobrelevar, pero intenta poñerte no lugar do outro. Os rapaces e rapazas que o sofren constantemente non teñen ganas de saír da casa, estar cos amigos,… Pero o peor é ir ao colexio ou ao instituto por obrigación dos teus pais, chegar e que te insulten e che peguen, e a xente, maiores e pequenos, non se inmuten nin fagan nada, e ti sufrilo e chegar a casa chorando e pensando “que fixen eu para merecer isto?”, que teus pais te leven a un psicólogo porque tes que aprender a vivir con isto, cando ti non tes que ir se non os que te acosan. Volver ao instituto todos os días xa preparado para o que che espera, iso non e vida para ningún nena ou neno. Ferreira García, Lucía O acoso escolar
  • 26. Valores éticos 2018-19 3º ESO A O trece de febreiro dun ano moi próximo ao noso, a titora de cuarto de la ESO comunicou que lle parecera una moi boa idea para o día de San Valentín; escribir unha carta a unha persoa que aprecien moito da súa clase. Samuel no poido evitar pensar que el non recibiría ningunha carta e que, por suposto, ninguén pensaría nel un día como ese. Camiñou durante horas polo paseo que había diante da súa casa, cando estaba triste era o seu sitio favorito para pensar. Levaba anos na mesma clase e ninguén acercara nunca a el; desde que hai dous anos deixou de falar co seu grupo de amigos, todos o deixaran de lado. Na outra punta da cidade, Marina escribía a carta que pensaba entregarlle a Samuel. Ela fora testemuña das pelexas, dos insultos e de todas as veces que os seus compañeiros ridiculizaran a Samu. Ela, sen embargo, sabía o que era ese sentimento; a ela deixárana de lado moitas veces no seu anterior instituto. Non deixaría que Samuel se quedase sen carta nun día como ese, con tanta pouca importancia para ela, pero con moita para o seu instituto. Samuel non tiña nin idea de que, grazas á empatía, o seu sufrimento e a súa soidade na clase acabaría por fin. González Cuervo, Paula A CARTA DE SAMUEL
  • 27. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Juan encontrábase co seu grupo de amigos, el sentíase potente no seu grupo, por iso, cando mirou a Xoán agredindo a Pablo decidiu intervir. El e os seus amigos separaron a Xoán de Pablo e avisaron a Policía, xa que eles encontrábanse na rúa. Cando a policía chegou leváronse a Xoán a comisaría e levaron a Pablo ao hospital xa que Xoán mancárao na perna e estaba sangrando. Despois da súa boa obra Juan e os seus amigos sentíanse moi ben consigo mesmos debido a que acabaran cos abusos de Xoán a Pablo. Días despois Xoán foi mandado a un centro de menores e Pablo transformouse nun novo membro do grupo de amigos de Juan e empezou a sentirse seguro . Lago Couñago, Diego A SEGURIDADE DE GRUPO
  • 28. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Eu son Alicia, teño 15 e vivo en San Sebastián. Son unha persoa moi reservada e tranquila, a miña mellor compañía é a música de Operación Triunfo e uns cantos libros. Cando tiña aproximadamente 8-9 anos, os meus compañeiros de clase insultábanme, quitábanme o bocadillo e moitas veces pegábanme ao saír do recinto escolar. Pasei así uns cantos meses, eles ameazábanme con pegarme se llo contaba a meus pais ou mesmo á directora da escola. Meus compañeiros o vían todo, máis non facían absolutamente nada, iso seguramente era o que máis me fastidiaba. Tendo en conta a miña experiencia, non creo que ningún neno ou nena mereza ese trato. Martínez Salgado, Michele ESTA E A MIÑA HISTORIA
  • 29. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Un día un neno chamado David estaba confuso pola culpa da xente, porque os nenos da súa clase se meten con el ,el non sabía o que pasaba, ate que coñeceu a o seu amigo verdadeiro, Luis. Era o primeiro neno que falase ben e non se metera con el, non era como aquelas falsas amizades que tiña. Luis era máis grande que David pero non había problema, a maioría das veces David era pegado polos seus compañeiros. Luis fartouse de que lle pegaran, entón decidiu que tiña que intentar facerse respectar e puido facerse respectar . Na actualidade David creou unha asociación que defendía a toda costa os nenos que sufrían o bullying. Moukhass El Yaziri, Akram A vida de David
  • 30. Valores éticos 2018-19 3º ESO A A seguinte historia fala sobre un rapaz que por ter distincións mentais ou físicas facíanlle bullying . Nos recreos pasaban del, burlábanse etc... Pero todo iso cambiou nun so dia. O primeiro dia de clase de 5º chegou unha rapaza nova que o cambiou todo. Ela ao ver esa situación faloulles a todos os rapaces e rapazas sobre o respecto e o compañeirismo que hai que ter aos compañeiros. Grazas a iso o lema que tiveron colocado todo o ano na porta da súa clase foi : no noso grupo hai compañeirismo. Rodríguez Bas, David O Respecto Faino Todo
  • 31. Valores éticos 2018-19 3º ESO A Xoán tiña 14 anos cando a súa vida deu un xiro de 180 grados. Desde moi pequeno fora un neno tímido, introvertido e costáballe moito relacionarse. Pasou toda primaria practicamente so, non tiña ningún amigo. A cousa foi a peor ao chegar ao instituto xa que se empezaron a meter con el. Ao principio non lles facía caso, pero cada vez era peor, incluso lle chegaban a pegar. Así pasou primeiro e segundo da ESO. En terceiro a maioría da xente que estaba na súa clase era nova, pero pronto comezaron a meterse con el de novo. Sobre todo un rapaz que tiña dous anos máis que el, chamado Óscar. Óscar insultábao, pegáballe, falaba mal del aos demais compañeiros de clase e etc. Pero chegou un día no que as cousas cambiaron, foi no recreo. Como todos os días, Óscar dispoñíase a quitarlle os cartos do almorzo a Xoán, pero un segundo antes de que lle botara a man enriba, alguén agarrou a Óscar pola mochila, era Antonio (un compañeiro da súa clase que sabía o que lle estaban facendo a Xoán, pero hasta ese momento non fixera nada).Este despois de agarralo, deulle a volta e lanzoulle un puñetazo. A partir dese momento ninguén se volveu a meter con Xoán, incluso se empezou a facer amigo de Antonio. Con este relato non quero dicir que este ben utilizar a violencia. O mensaxe que quero enviar e que todos aqueles que coñezan unha situación como esta non aparte a mirada sen máis, senón que interveñan dunha maneira ou outra para cambiar esa situación e acabar co acoso escolar. Rodríguez Domínguez, José Xoán
  • 32. Valores éticos 2018-19 3º ESO B Menduiña era un neno guapo, listo... pero que faltaba moito a clase a causa da súa enfermidade e os compañeiros en vez de axudalo a levalo mellor facíanlle “bullying”. Os seus compañeiros non lle deixaban entrar ao pavillón, mollábanlle a roupa, botábanlle a merenda a unha árbore e logo dicían que a tirara el para non merendar, tirábanlle os seus anteollos, non lle deixaban xogar, molestábano, insultábano... e os seus profesores en vez de tomar medidas non lle deixaban correr, castigábano todos os días por cousas que el non facía... e a solución que tomou a familia foi cambialo de centro porque non había outra opción e agora ten amigos e o que quere e que todos teñan amigos porque di que todos unidos podemos con todo. Lucía Campos Menduiña, un neno triste
  • 33. Valores éticos 2018-19 3º ESO B Todo isto empezou cando eu tiña quince anos. Empezaba a ter amigos e amigas e eles empezaban a ter parellas e as típicas ñoñadas de adolescentes. Eu nunca tivera noiva e polo tanto sempre me quedaba só. Recordo que no verán dese ano, eu quería ter parella para estar cómodo cos meus amigos e así poder darlle agarimos a alguén a parte da miña nai ; o malo era que non sentía ningún tipo de atracción por ningunha moza. Nunha tarde daquel verán coñecín a un rapaz chamado Xián. Nunca pensei que aquel mozo ía remexerme a vida daquela maneira tan bonita. Xián era un neno moi riquiño, normaliño de todo, do montón como dirían as miñas amigas, pero a min gustábame máis que a unha rapaza un xeado de chocolate. Nese momento, desde que o vin namoreime. A todo isto, meus amigos e amigas non sabían nada da miña orientación sexual e pensei que sería bo dicírllelo pero a súa vez non podía facelo porque non me sentía “normal” porque a un mozo lle gustasen os rapaces. Sentíame mal, moi mal; pero llelo dixen. Os rapaces que eu pensaba que eran os meus amigos convertéronse nos meus irmáns de distinto sangue. Apoiáronme en todo e axudáronme a saír con Xián. A día de hoxe, o mozo do que eu me namorei segue comigo e xa levamos 3 anos. Sentíame mal, moi mal; pero iso xa é pasado. Leila El Hafid SENTÍAME MAL, MOI MAL.
  • 34. Valores éticos 2018-19 3º ESO B Un día máis aquel neno deume unhas bofetadas, isto xa sucedera varias veces e estaba cansa de que isto pasase. Decidín falalo cos meus amigas e amigas e decidimos ir dialogar con el. Despois de falar un rato con Antón, descubrimos que se comportaba así porque tiña problemas na casa, ao rato de dicilo botouse a chorar e tivemos que animalo. Grazas a esa charla fixémonos amigos e recordamos que a amizade é o mellor do mundo. Ángela Lago A amizade
  • 35. Valores éticos 2018-19 3º ESO B Xoán era un neno de Castrelos, el tiña moitos amigos. Ata que un día houbo unha discusión, el pasouno moi mal, porque os seus amigos xa non xogaban con el. Xoán estivo dous meses sen saír da casa, ata que un día seus amigos volveron e chamaron por el con poucas palabras xa volveron a xogar todos xuntos. A confianza e a unión restaurouse entre eles. Pedro Otero Xoán e o seu problema
  • 36. Valores éticos 2018-19 3º ESO B “Non podo máis, non podo máis, non podo máis pensaba eu, tirada no chan do meu cuarto, é a cuarta vez nesta semana que chego a casa con feridas e mouratóns, é a cuarta vez que lle agocho a realidade aos meus pais...” Isto era o que eu pensaba e facía xa fai catro meses, fai xa catro meses que aquel inferno que vivía día a día... A miña sorte? Os meus amigos, sen dúbida! Eles foron os que me animaron a contar o que en realidade pasaba no instituto, eles foron os que me deron apertas cando choraba da impotencia e sobre todo, foron eles os que, cun sorriso na cara, dixéronme: “Aquí remata una época e comeza outra”. Dígoo con moita certeza, os meus amigos son incribles. Laura Pereiro Cambios...
  • 37. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B E cando estaba cos seus amigos, sentía que volvía a forza que aquela loita lle quitou. Xa non importaba o que lle dixeran. Non importaba se lle gustaba á xente ou non. Eles axudábanlle de miles de dormas diferentes, sin ter que facer máis que estar alí con el. El… El só podía pensar no ben que se sentía ter amigos que lle escoitasen e quixesen. Podía ser que a vida sí merecese a pena... Saraiba Amoedo O Respecto Faino Todo
  • 38. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Un grupo de chavales, moi amigos, reparten amizade, unión e felicidade combatendo o acoso. Eles reuníronse cada mañá despois do colexio e falaban do acoso que vían pola rúa, había demasiado e eles tíñano que resolver, pero sen agresividade. Críanse superheroes e resolvían problemas cada día, cada vez máis. Un día encontráronse cunha persoa tirada no chan e os demais estaban bofándose de el. Entón se fixeron o grupo de amigos da persoa tirada e enfrontáronse a os que se bofaron de ese rapaz. Así uníronse cada ves máis persoas de distintos lugares e idades. E se alguén se metía con algunha persoa outro o defendía, para que non se sentise só. Finalmente conseguiron unir a todos mediante unha gran charla que retransmitiron por youtube. Todos xuntos contaron as súas historias e como se sentían, para facer pensar a todos, e todos transmitiron a mesma mensaxe: “Non cometades acoso escolar”. Marco Campo Non estamos sos
  • 39. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Carlos era un rapaz que no colexio tiña moitos amigos, era feliz e sacaba boas notas. Cando tivo que comezar o instituto, os seus pais decidiron mudarse a unha nova cidade . Carlos comezou o instituto sen ninguén ao que apoiarse nos malos momentos, con quen falar cando se sentira só ou alguén con quen comentar as notas dos exames. Carlos pouco a pouco foi facendo amigos e co paso dos meses deuse conta de que a amizade e o mellor remedio para os problemas. marey freire rodríguez. 4ºB Marey Freire
  • 40. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B “Os millennials deberían ter en conta o compañeirismo, o apoio e a amizade” A sociedade está contaminada hoxe en dia, non me refiro a nivel global que tamén teñen o seu, senón a nivel social. O marketing manexa os fíos das nosas vidas, todo tipo de publicidade está centrada en lavarnos a mente, e non falo da venta de produtos senón tamén dos programas de televisión que fan que teñas unha idea obxectiva do que dixen, forzando que teñas unha opinión xenérica de todo o que ensinan, por iso os mozos debemos darnos conta de isto xa que somos o futuro. Osián González
  • 41. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Estou nerviosa. Este ano comezo bacharelato nun novo centro, con novos alumnos, novos profesores e nunha nova cidade. Estou nerviosa polo que poida pasar, por como poidan reaccionar os novos compañeiros á miña chegada. Poden pasar varias cousas: poden ser persoas abertas e recibirme cun sorriso na cara, pode haber unha mestura e algúns recibirme ben e outros non e como última opción e espero que menos probable, que todos sexan uns egoístas e non me acepten. Pero en realidade, sempre hai boas persoas en todos sitios, e aínda que sexan poucas, a forte unión do grupo potencia a felicidade, e ser feliz é o que máis importa. Por outra parte tamén teño bastante medo polo mero feito de que este curso do que falo xa é bacharelato. Isto quere dicir que as miñas responsabilidades e horas de estudo se disparan. Non vou ter tempo para saír nin para facer outra cousa que non sexa estudar, e non creo que dure así moito tempo. Non creo que aguante moito sen saír e sen facer vida social. Esta gran dependencia da vida social é perigosa, perigosa porque pode facerme fracasar no bacharelato. E iso é o que menos me apetece agora, o fracaso. Clara Lorenzo
  • 42. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Desde pequeno recordo que na miña aula todos levábanse ben, algúns mellor ca outros, claro, pero nunca excluíamos a ninguén. As nosas familias e os nosos profesores recordábannos cada pouco a importancia da amizade e de ser un grupo do cal estar orgullosos. Pasou Primaria e algúns dos meus compañeiros marcharon para outros institutos e os que íamos ao mesmo cambiáronnos de clase. Xa non éramos os mesmos pero polo que parecía os novos compañeiros procedentes doutros colexios eran bos rapaces e forxamos unha boa amizade con eles. Con todos menos con Anxo, un rapaz solitario e algo estraño. Anxo nunca falaba tan alto como para que todos o escoitasen, prefería pasar inadvertido sentándose só e mirando a mesa ou pola ventá durante horas e horas. Cando alguén lle dicía calquera cousa contestaba cunha voz apagada e monótona que entristecía a calquera. Pouco a pouco e grazas a Alberto, único compañeiro que o coñecía de antes, puidemos axudar a Anxo a superar aquela mala etapa. Xamais foi ben visto nin aceptado no seu colexio. Nin sequera Alberto, que falaba con el máis que toda a clase xunta, parecía ser Memorias dunha clase antiacoso. Desde pequeno recordo que na miña aula todos levábanse ben, algúns mellor ca outros, claro, pero nunca excluíamos a ninguén. As nosas familias e os nosos profesores recordábannos cada pouco a importancia da amizade e de ser un grupo do cal estar orgullosos. Pasou Primaria e algúns dos meus compañeiros marcharon para outros institutos e os que íamos ao mesmo cambiáronnos de clase. Xa non éramos os mesmos pero polo que parecía os novos compañeiros procedentes doutros colexios eran bos rapaces e forxamos unha boa amizade con eles. Con todos menos con Anxo, un rapaz solitario e algo estraño. Anxo nunca falaba tan alto como para que todos o escoitasen, prefería pasar inadvertido sentándose só e mirando a mesa ou pola ventá durante horas e horas. Cando alguén lle dicía calquera cousa contestaba cunha voz apagada e monótona que entristecía a calquera. Pouco a pouco e grazas a Alberto, único compañeiro que o coñecía de antes, puidemos axudar a Anxo a superar aquela mala etapa. Xamais foi ben visto nin aceptado no seu colexio. Nin sequera Alberto, que falaba con el máis que toda a clase xunta, parecía ser considerado un amigo para Anxo. Grazas ao compañeirismo que reinaba entre todos integramos a Anxo no grupo, e cando este xa parecía confiar en nós decidimos invitarlle a ir ao cine. Aquela tarde mirei por primeira vez a Anxo comunicarse con máis dunha persoa á vez, rir e facer rir e pasalo moi ben. Xa era un amigo máis, e despois de coñecelo por un par de meses, un dos máis destacables. Pablo Martínez Memorias dunha clase antiacoso
  • 43. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B A unión fai a forza dicía a miña mellor amiga. Ela era a nena mais boa, simpática e amable que coñecín neste mundo. Éramos amigas dende pequenas, sempre estivo aí para axudarme e aconsellarme cando fixera falta. Fomos xuntas a clase ata 3º da ESO, tristemente ese ano os seus pais conseguiron traballo noutra zona de España e tiveron que mudarse. Foi unha das despedidas máis duras da miña vida, xa que eu o facía todo con ela, e eramos coma irmás. O que non sabía era que sería a última vez que a vería. Durante un ano enteiro estivemos falando todos os días. Co paso do tempo eu coñecín a outra rapaza e ela fixo novos amigos no seu pobo, e inevitablemente perdemos o contacto. Pasaron dous anos sen falar, e un día descubrín que os seus compañeiros lle fixeron a vida imposible e ela decidiu abandonar. Agora penso que distanciarnos foi o peor. Ela estaba soa, e eu non estaba alí para escoitala e coidala. Penso que eu podería habela salvado. Pero agora xa non está e xa non vale de nada. Paréceme terrible que a xente deixara que unha persoa tan boa deixase este mundo. O acoso escolar non leva a nada. Por que lle fas a vida imposible a alguén que non te fixo nada? Por que o acosas ata que ten que quitarse a vida por que non soporta existir? Non trates mal á xente, se non queres que fagan o mesmo contigo. Alba Mera A unión fai a forza
  • 44. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Dixéronme unha vez que o acoso escolar podíase combater cunha serie de valores, que todo ser humano, por moi abominable que puidese chegar a ser, tiña un pensamento moral e ético. Que grazas á complexidade da mente, no máis radical dos casos podería distinguir entre o ben e o mal. O problema é que eles non contaban con que eses termos sempre resultan moi ambiguos. Quen é o que establece o que é correcto e o que non? Eu agora estou morto: caída desde un sétimo piso e rotura de costelas, cranio e derrame interno. Un espectáculo incrible para a miña anatomía externa. Era un candidato espléndido para expoñerse na Morgue. Pero non falemos nun ton tan pesimista. A pesar de todo, perdurarei no tempo nunha carta. Algo así coma na Crónica dunha morte anunciada. Pero claro está, coa miña interpretación do que é o máis alá. Por aquí non vexo ningún Deus nin ningún Demo. Non vou relatar o que pasou. Tampouco fai falla pensalo demasiado para deducilo. Os verdadeiros diaños estaban no mundo real, cada día, durante esas seis horribles horas de clase. Estiven acompañado, non o vou negar. Pero a min comezaron a axudarme moi tarde. Demasiado. De aí esta carta. Non vos marquedes un Gary Cooper, vivos viventes que aínda poboades a Terra. Pedide axuda. O último que quero é poñerme filosófico. Porén, cando deixamos de estalo? Bulide! A vida non ten senso se nos pechan a fonte de emocións. Buscade axuda, non estades sos. Diego Muíños Só ante o perigo
  • 45. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B Ola! Chámome Lúa, teño 16 anos e estou facendo 4º da ESO. No meu grupo de amigos somos cinco, catro levamos dende infantil xuntos, a quinta persoa que forma parte do noso grupo, leva un ano, aínda que leve pouco tempo estamos moi unidas. Vou contar a nosa historia. Cando estabamos en 3º da ESO viu unha rapaza nova á nosa clase, tiña unha maneira de vestir peculiar, pero non é nada malo. Era moi boa persoa, graciosa e agradable. Algunhas persoas da miña clase ao principio metíanse con ela todo o tempo, burlábanse dela, ríanse dela e ninguén facía nada. Os meus amigos e máis eu falabamos do mal que nos parecía o que esas persoas estaban a facer. Xa que ela non se merecía iso e o estaba a pasar mal. Un día cansos diso acercámonos a falar con ela e quedamos esa mesma tarde, pasámolo moi ben todas xuntas. Comezamos a defendela na clase, xa que non valía a pena quedarse calados, porque o que estaban a facer estaba mal. Entón as persoas que se metían con ela deixaron de facelo, porque déronse conta de que non servía para nada o que estaban a facer, entón pedíronlle perdón. A nosa nova amiga, agradeceunos moito o que fixeramos, pero non tiña nada que agradecer, era o que deberiamos facer, e tiñamos que facelo antes. Agora estamos todos e todas moi unidas e unidos, xa que chegamos a conclusión de que xuntas somos máis fortes. Irea Navós Xuntas somos máis fortes!
  • 46. Valores éticos 2018-19 4º ESO A, B O esforzo e a cooperación son o cemento no rañaceos do compañeirismo. Cada un de nós construímos a nosa cidade, formada por membros e pilares importantes da nosa vida. Pero todo o que se constrúe realízase pasiño a pasiño co paso do tempo. Fabricamos casas, edificios altos e baixos… todo cos pilares fundamentais, para que esas construcións se manteñan firmes e duradeiras. Eses pilares son o respecto, a educación e a igualdade; son os valores necesarios para unha loita a que só nós podemos vencer...o acoso escolar. Romina Viglione Microrrelato do acoso escolar