SlideShare a Scribd company logo
COMO ERA A VIDA ANTIGAMENTE
E A INFLUENCIA DO TEMPO
ÍNDICE
● AGRICULTURA
● PRIMEIROS CULTIVOS DO ANO
● A PLANTACIÓN DE PATACAS
● UNHA CURIOSIDADE SOBRE O TEMPO
● O MILLO
● SACHAR AS PLANTACIÓNS
● UN COSTUME PERDIDO
● COMEZA A RECOLLEITA
● A RECOLLEITA DO MILLO
● O PRIMEIRO CENTEO
● UN PAN TRADICIONAL
● O ÚLTIMO CULTIVO DO ANO
● EXPLICACIÓN SOBRE O TRABALLO
● O TEMPO LIBRE NO PASADO
Empezamos a falar coa influencia do clima na
agricultura no pasado. A agricultura, como
seguramente xa sabedes, é un traballo no que o
factor principal para unha boa colleita é o tempo.
Na actualidade, hai outros sistemas para que o
tempo non inflúa nas colleitas, pero no pasado non
tiñamos a posibilidade de usar estas novas
técnicas.
AGRICULTURA
PRIMEIROS CULTIVOS DO ANO
O tempo influía moito nas
colleitas. Ó comezo do ano
xa empezaban plantando
na horta as coles, xa que
en xaneiro hai bastante
chuvia e necesítana. Se
vían que era un tempo moi
seco tiñan que regalas
máis a miúdo.
A PLANTACIÓN DE PATACAS
Despois, xa en febreiro,
plantan as primeiras
patacas. Meu avó, que é
quen me dá toda esta
información, chámalle ás
primeiras patacas, patacas
de cedo, porque despois
destas, no mes de marzo
plántanse outra vez máis
patacas.
UNHA CURIOSIDADE SOBRE O
TEMPO
Meu avó tamén me dixo que no pasado as
patacas plantábanse a mediados do mes de
marzo, pero que agora xa se plantan no mes
de abril. El pensa que cambiou un pouco o
clima nestes anos, pero aínda que o clima
cambiara non prexudicou nada as colleitas.
As patacas plántanse no mes de marzo e
abril porque despois veñen meses máis
secos e as patacas non necesitan moita
auga.
O MILLO
Xa no mes de maio,
seguían traballando
plantando o millo. Como di
miña avoa: agora é fácil, xa
que se utiliza o tractor para
todo pero antigamente
plantaban todo á man. O
millo necesita moito sol,
polo que se un ano vén o
tempo con moita chuvia
podíase perder toda a
colleita.
SACHAR AS PLANTACIÓNS
No mes de xuño tiñan que facer o custoso
traballo de sachar as plantacións. Primeiro,
sachaban as patacas, as cales tiñan que
sachalas dúas veces. Máis tarde, sachaban
o millo. Como se plantaba moito millo
axudábanse uns veciños a outros para facer
este traballo moito máis fácil.
UN COSTUME PERDIDO
A finais do mes de xullo
seguían traballando, agora
facendo o palleiro, un
costume que xa se perdeu
nesta zona. Consiste en
facer unha montaña de
palla para gardar a palla e
que non se estrague coa
chuvia.
COMEZA A RECOLLEITA
No mes de agosto recollíanse as patacas e
gardábanas nas cortes que tiñan ó lado das
casas. Tamén neste mes collíanse os
garavanzos, os cales se plantaban no mes
de abril.
A RECOLLEITA DO MILLO
Despois no mes de
setembro facían un traballo
que para eles era un dos
máis custosos: a recolleita
do millo. No pasado non se
recollía o millo igual que
agora, antes recollíano e
coa palla do millo facían
cabanas que son como
montañas de millo para
gardalo e despois darllo ós
animais (a cabana de palla
de millo aparece na foto).
Xa no mes de outubro tiñan
que sementar o centeo.
Pero meu avó explicoume
que este centeo que
plantaban no mes de
outubro non era para facer
fariña para eles, senón que
o usaban para darlles de
comer ós animais. Se o
tempo non era bo e se
botaba a perder o centeo
os animais tiñan outros
cultivos para alimentarse.
O PRIMEIRO CENTEO
O seguinte mes, novembro,
sementaban outra vez o
centeo, pero este usábano
para facer fariña. Con esa
fariña facían un produto
moi tradicional de Galicia: a
boroa. A boroa facíase no
forno de leña con fariña de
millo e fariña de centeo e
era o pan que se
consumía.
UN PAN TRADICIONAL
O ÚLTIMO CULTIVO DO ANO
Xa a últimos de ano
sementaban o trigo,
co cal despois
facían fariña e
consumíana.
EXPLICACIÓN SOBRE O
TRABALLO
Todo este traballo que facían antes non ten punto de
comparación co que se fai agora, xa que agora está todo
moi mecanizado e utilízase a maquinaria para todo,porén,
antigamente facíase todo á man e con vacas. Por exemplo
cando se ía á herba para os animais, traían a herba no
carro, o cal era tirado polas vacas. Tamén quero destacar
que antes non só se facía o que acabo de mencionar,
porque todas as persoas que se adicaban á agricultura
tiñan vacas e demais animais co que o traballo era moito
máis grande e custoso. A agricultura e a gandaría son
traballos onde non tes ningún día de descanso e é
imprescindible que che acompañe un tempo bo para ter
colleitas boas e alimento suficiente para ti e para os
animais.
O TEMPO LIBRE NO PASADO
Miña avoa sempre me conta que antigamente todos os días
tiña que traballar: unhas veces tiña que sementar, outras
veces plantar algún cultivo, tiña que levar as vacas a
pacer... O único momento que tiñan de ocio eran as
romarías. Ela sempre di que era o único momento onde se
divertían os mozos e as mozas, bailaban e os noivos
xuntábanse, iso si, sempre ás agachadas. Tamén me conta
sempre que ela tivo a sorte de ir á escola e aprender tantas
cousas como sabe.
TODA A INFORMACIÓN
PROPORCIONÁRONMA MEU AVÓ
RICARDO LEMA E MIÑA AVOA
Mª TERESA CURRÁS
O TRABALLO FOI REALIZADO POR:
MANUEL VARELA TRILLO 3ºB

More Related Content

More from Marga Bio

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
Marga Bio
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
Meteocarlaeloy
Marga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnadoMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesoradoMarga Bio
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatísticoMarga Bio
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaMarga Bio
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolMarga Bio
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarga Bio
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaMarga Bio
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaMarga Bio
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoMarga Bio
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Marga Bio
 

More from Marga Bio (20)

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
Meteocarlaeloy
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
 
Análise
AnáliseAnálise
Análise
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatístico
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no clima
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
Reglemeteojeucool
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
 
Tornados
TornadosTornados
Tornados
 
Pre tem
Pre temPre tem
Pre tem
 
Pre humi
Pre humiPre humi
Pre humi
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxía
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º eso
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Ficha meteo
Ficha meteoFicha meteo
Ficha meteo
 

Manuel 3 b_o traballo antigamente

  • 1. COMO ERA A VIDA ANTIGAMENTE E A INFLUENCIA DO TEMPO
  • 2. ÍNDICE ● AGRICULTURA ● PRIMEIROS CULTIVOS DO ANO ● A PLANTACIÓN DE PATACAS ● UNHA CURIOSIDADE SOBRE O TEMPO ● O MILLO ● SACHAR AS PLANTACIÓNS ● UN COSTUME PERDIDO ● COMEZA A RECOLLEITA ● A RECOLLEITA DO MILLO ● O PRIMEIRO CENTEO ● UN PAN TRADICIONAL ● O ÚLTIMO CULTIVO DO ANO ● EXPLICACIÓN SOBRE O TRABALLO ● O TEMPO LIBRE NO PASADO
  • 3. Empezamos a falar coa influencia do clima na agricultura no pasado. A agricultura, como seguramente xa sabedes, é un traballo no que o factor principal para unha boa colleita é o tempo. Na actualidade, hai outros sistemas para que o tempo non inflúa nas colleitas, pero no pasado non tiñamos a posibilidade de usar estas novas técnicas. AGRICULTURA
  • 4. PRIMEIROS CULTIVOS DO ANO O tempo influía moito nas colleitas. Ó comezo do ano xa empezaban plantando na horta as coles, xa que en xaneiro hai bastante chuvia e necesítana. Se vían que era un tempo moi seco tiñan que regalas máis a miúdo.
  • 5. A PLANTACIÓN DE PATACAS Despois, xa en febreiro, plantan as primeiras patacas. Meu avó, que é quen me dá toda esta información, chámalle ás primeiras patacas, patacas de cedo, porque despois destas, no mes de marzo plántanse outra vez máis patacas.
  • 6. UNHA CURIOSIDADE SOBRE O TEMPO Meu avó tamén me dixo que no pasado as patacas plantábanse a mediados do mes de marzo, pero que agora xa se plantan no mes de abril. El pensa que cambiou un pouco o clima nestes anos, pero aínda que o clima cambiara non prexudicou nada as colleitas. As patacas plántanse no mes de marzo e abril porque despois veñen meses máis secos e as patacas non necesitan moita auga.
  • 7. O MILLO Xa no mes de maio, seguían traballando plantando o millo. Como di miña avoa: agora é fácil, xa que se utiliza o tractor para todo pero antigamente plantaban todo á man. O millo necesita moito sol, polo que se un ano vén o tempo con moita chuvia podíase perder toda a colleita.
  • 8. SACHAR AS PLANTACIÓNS No mes de xuño tiñan que facer o custoso traballo de sachar as plantacións. Primeiro, sachaban as patacas, as cales tiñan que sachalas dúas veces. Máis tarde, sachaban o millo. Como se plantaba moito millo axudábanse uns veciños a outros para facer este traballo moito máis fácil.
  • 9. UN COSTUME PERDIDO A finais do mes de xullo seguían traballando, agora facendo o palleiro, un costume que xa se perdeu nesta zona. Consiste en facer unha montaña de palla para gardar a palla e que non se estrague coa chuvia.
  • 10. COMEZA A RECOLLEITA No mes de agosto recollíanse as patacas e gardábanas nas cortes que tiñan ó lado das casas. Tamén neste mes collíanse os garavanzos, os cales se plantaban no mes de abril.
  • 11. A RECOLLEITA DO MILLO Despois no mes de setembro facían un traballo que para eles era un dos máis custosos: a recolleita do millo. No pasado non se recollía o millo igual que agora, antes recollíano e coa palla do millo facían cabanas que son como montañas de millo para gardalo e despois darllo ós animais (a cabana de palla de millo aparece na foto).
  • 12. Xa no mes de outubro tiñan que sementar o centeo. Pero meu avó explicoume que este centeo que plantaban no mes de outubro non era para facer fariña para eles, senón que o usaban para darlles de comer ós animais. Se o tempo non era bo e se botaba a perder o centeo os animais tiñan outros cultivos para alimentarse. O PRIMEIRO CENTEO
  • 13. O seguinte mes, novembro, sementaban outra vez o centeo, pero este usábano para facer fariña. Con esa fariña facían un produto moi tradicional de Galicia: a boroa. A boroa facíase no forno de leña con fariña de millo e fariña de centeo e era o pan que se consumía. UN PAN TRADICIONAL
  • 14. O ÚLTIMO CULTIVO DO ANO Xa a últimos de ano sementaban o trigo, co cal despois facían fariña e consumíana.
  • 15. EXPLICACIÓN SOBRE O TRABALLO Todo este traballo que facían antes non ten punto de comparación co que se fai agora, xa que agora está todo moi mecanizado e utilízase a maquinaria para todo,porén, antigamente facíase todo á man e con vacas. Por exemplo cando se ía á herba para os animais, traían a herba no carro, o cal era tirado polas vacas. Tamén quero destacar que antes non só se facía o que acabo de mencionar, porque todas as persoas que se adicaban á agricultura tiñan vacas e demais animais co que o traballo era moito máis grande e custoso. A agricultura e a gandaría son traballos onde non tes ningún día de descanso e é imprescindible que che acompañe un tempo bo para ter colleitas boas e alimento suficiente para ti e para os animais.
  • 16. O TEMPO LIBRE NO PASADO Miña avoa sempre me conta que antigamente todos os días tiña que traballar: unhas veces tiña que sementar, outras veces plantar algún cultivo, tiña que levar as vacas a pacer... O único momento que tiñan de ocio eran as romarías. Ela sempre di que era o único momento onde se divertían os mozos e as mozas, bailaban e os noivos xuntábanse, iso si, sempre ás agachadas. Tamén me conta sempre que ela tivo a sorte de ir á escola e aprender tantas cousas como sabe.
  • 17. TODA A INFORMACIÓN PROPORCIONÁRONMA MEU AVÓ RICARDO LEMA E MIÑA AVOA Mª TERESA CURRÁS
  • 18. O TRABALLO FOI REALIZADO POR: MANUEL VARELA TRILLO 3ºB