“KOTE MALABAR”
                                 Por Antonio González




        Kote Malabar, o malabarista, estivo o pasado martes, 26 de setembro de 2011 na
escola. Todos os alumnos/as do centro fomos ao pavillón polideportivo a contemplar o
espectáculo que se nos ofreceu. Era a primeira vez que viña a actuar ao colexio.

        Primeiro presentouse coa colaboración de Carmen Espiñeira, profesora de Lingua
Castelá no 1º ciclo de ESO, Abel, o orientador, Marta, alumna de 4º de ESO e a axuda de
todo o público. Logo, tras a “presentación coas autoridades” Kote comezou co seu
espectáculo, facendo malabares, primeiro sinxelos e cada vez máis complicados. Solicitou,
en varias ocasións, a colaboración do público, tanto de Primaria como da ESO, e incluso
dalgúns mestres…

        Dos números máis admirados (que foron todos) podemos destacar os que realizou
usando o diábolo, que case alcanza ao teito do pavillón do Xestal. Foi espectacular.
Primeiro fixo uns cantos números cun só diábolo e, logo, con dous diábolos. Pediu antes
de facer este número a axuda de catro alumnos; tres malabaristas e un encargado de coller
os mazos que caían ao chan. Despois de realizar o número dos diábolos, catro alumnos de
ESO e un profesor colocáronse de tal xeito que formaron una especie de simbiose na que
podían estar deitados un no regazo do outro, apoiando as pernas no chan e non caer coa
falta de cadeiras sustentantes dos corpos.

       Ao final, a profesora Verónica “prestouse” a realizar con Kote un número no que
no canto de usar mazas normais usaban coitelos. O derradeiro número foron uns cantos
malabares… Incendiados!!! Os malabares con lume foron, irónicamente, os que apagaron
o espectáculo de Kote.



       Despois de rematado o espectáculo, concedeunos unha entrevista para a Xesteira
(na páxina seguinte)
ENTREVISTA A KOTE MALABAR



P: Dende onde vides? De onde sodes?

R: De Santiago de Compostela.

P: Kote, como entraches neste mundo do espectáculo?

R: Dende moi pequeno gustoume facer teatro na escola e estas cousas dos malabares e o
espectáculo, ademais, en Santiago existe una escola de circo, que é a única de toda
Galicia.

P: En que lugares adoitas actuar?

R: Actúo en moitos lugares, para concellos, colexios, nas rúas, en centros comerciais… Alí
onde me chamen.

P: Ben, pois moitas gracias por esta breve entrevista.

                                           *****


Pido disculpas pola sinxeleza desta entrevista, pero é que despois había Matemáticas…

                                                                Atte. Antonio González.

Kote malabar

  • 1.
    “KOTE MALABAR” Por Antonio González Kote Malabar, o malabarista, estivo o pasado martes, 26 de setembro de 2011 na escola. Todos os alumnos/as do centro fomos ao pavillón polideportivo a contemplar o espectáculo que se nos ofreceu. Era a primeira vez que viña a actuar ao colexio. Primeiro presentouse coa colaboración de Carmen Espiñeira, profesora de Lingua Castelá no 1º ciclo de ESO, Abel, o orientador, Marta, alumna de 4º de ESO e a axuda de todo o público. Logo, tras a “presentación coas autoridades” Kote comezou co seu espectáculo, facendo malabares, primeiro sinxelos e cada vez máis complicados. Solicitou, en varias ocasións, a colaboración do público, tanto de Primaria como da ESO, e incluso dalgúns mestres… Dos números máis admirados (que foron todos) podemos destacar os que realizou usando o diábolo, que case alcanza ao teito do pavillón do Xestal. Foi espectacular. Primeiro fixo uns cantos números cun só diábolo e, logo, con dous diábolos. Pediu antes de facer este número a axuda de catro alumnos; tres malabaristas e un encargado de coller os mazos que caían ao chan. Despois de realizar o número dos diábolos, catro alumnos de ESO e un profesor colocáronse de tal xeito que formaron una especie de simbiose na que podían estar deitados un no regazo do outro, apoiando as pernas no chan e non caer coa falta de cadeiras sustentantes dos corpos. Ao final, a profesora Verónica “prestouse” a realizar con Kote un número no que no canto de usar mazas normais usaban coitelos. O derradeiro número foron uns cantos malabares… Incendiados!!! Os malabares con lume foron, irónicamente, os que apagaron o espectáculo de Kote. Despois de rematado o espectáculo, concedeunos unha entrevista para a Xesteira (na páxina seguinte)
  • 2.
    ENTREVISTA A KOTEMALABAR P: Dende onde vides? De onde sodes? R: De Santiago de Compostela. P: Kote, como entraches neste mundo do espectáculo? R: Dende moi pequeno gustoume facer teatro na escola e estas cousas dos malabares e o espectáculo, ademais, en Santiago existe una escola de circo, que é a única de toda Galicia. P: En que lugares adoitas actuar? R: Actúo en moitos lugares, para concellos, colexios, nas rúas, en centros comerciais… Alí onde me chamen. P: Ben, pois moitas gracias por esta breve entrevista. ***** Pido disculpas pola sinxeleza desta entrevista, pero é que despois había Matemáticas… Atte. Antonio González.