1. Pequena investigación científica do grupo de 3º PDC.
Decidimos facer unha pequena investigación empregando os datos da nosa
estación meteorolóxica.
Imos intentar constatar a seguinte hipótese:
Cando vai vento do Norte prodúcese un descenso térmico.
A nosa estación mide precipitacións e temperaturas mínimas e máximas.
Non ventos. Estudaremos a oscilación térmica diaria no centro, tanto en
máximas como en mínimas; para ser rigorosos usaremos nas máximas as
diferenzas de luns a martes, e nas mínimas as diferenzas de xoves a venres,
de martes a mércores e de mércores a xoves empregamos máximas e
mínimas.
Para poder comparar os nosos descensos térmicos co vento predominante
empregaremos os datos da estación meteorolóxica de Meteogalicia en
Camariñas, que dista do noso centro 3 km.
2. Aprendemos a interpretar a dirección do vento predominante dada en graos.
os ventos de compoñente norte están entre 315° e 45°
os ventos de compoñente leste están entre 45° e 135°
os ventos de compoñente sur están entre 135° e 225°
os ventos de compoñente oeste están entre 225° e 315°
Explicitamos na seguinte táboa todos os días nos que se produciu un
descenso térmico ou nas temperaturas máximas ou nas mínimas e o vento
predominante neses días. Os resultados obtidos entre o 21 de Xaneiro e o 1
de Maio son:
3. ΔTmáx. ΔTmín. Vento predominante
21 / 22 xan. -1 X X X Suroeste
22/ 23 xan. 2 -2 Oeste
29/30 xan. 0 -1 Sur
4/5 feb. -0,5 XXX Noroeste
5/6 feb. 0 -1,5 Norte
19/ 20 feb. -2 -1 Sur
20/ 21 feb. 1,5 -0,5 Sur
28 feb./ 1 mar. X X X -3 Noreste
5/ 6 mar. -4,5 1 Sur
6/ 7 mar. -2 -1 Sur
7/ 8 mar. X X X -0,5 Sur
11/ 12 mar. -2 X X X Norte
12/ 13 mar. 1 -5 Norte
19/ 20 mar. -1 3 Sur
20/ 21 mar. 2 -2 Sur
2/ 3 abril. -2 X X X X X X
3/ 4 abril. -2 0 X X X
4/ 5 abril. X X X -2 X X X
16/ 17 abril. -2 -1 Sur
17/ 18 abril. -1,5 1 Norte
23/ 24 abril. -2 1 Oeste
24/ 25 abril. -7 0 Norte
4. Facemos constar que dos 20 días recollidos con predominio de vento Norte,
só en cinco observamos descenso térmico.
A conclusión á que chegamos é que non podemos confirmar a nosa
hipótese.
Non podemos afirmar que a hipótese sexa falsa. Os nosos datos son
escasos, porén, facendo un estudo só visual dos 3 últimos anos de
temperaturas medias e ventos predominantes na estación de Camariñas
non observamos correlación algunha entre descenso térmico e vento do
Norte na nosa zona.
Empregando tamén táboas históricas chegamos á conclusión de que na
nosa zona non hai relación entre vento do Oeste e chuvia, esta era outra
hipótese razonable posto que unha borrasca nas Azores soe preceder á
chuvia.
(Rosa, Isma, Josy, Carlos, Andrea, Alberto, Celia, Christian e Ana)