SlideShare a Scribd company logo
Contaminación luminosa
Documento elaborado a partir de materiais creados pola IDA (en
colaboración con NOAO, NSF e IYA Dark Skies Awareness) e Cel Fosc.
Ao longo desta sesión...
• Recordaremos a historia da iluminación
exterior e o seu propósito.
• Repasaremos cales son os tipos de lámpadas e
luminarias.
• Saberemos máis sobre o impacto daniño da luz
artificial pola noite.
A noite
A paisaxe nocturna
Durante séculos a paisaxe nocturna estivo
definida pola Lúa e as estrelas. As noites
de Lúa Chea eran relativamente brillantes
e as de Lúa Nova, bastante escuras.
Para os habitantes das cidades nos
últimos 100 anos a paisaxe nocturna ten
que ver máis ben con edificios, rúas e
espazos abertos iluminados.
Podería haber un punto de acordo, un
punto medio?
Historia
A iluminación das rúas tal e como a
coñecemos comezou hai uns 300 anos, co uso
de lámpadas de aceite colocadas sobre postes
de madeira.
No século XVIII as lámpadas de aceite seguían
usándose mais os postes de madeira foron
reemprazados polos de ferro fundido.
A comezos do XIX empezaron a utilizarse as
lámpadas de gas e logo no XX xeralizouse o
uso das lámpadas eléctricas.
A iluminación exterior, hoxe
Rúas e estradas
Parques
Estadios
Aparcadoiros
Paisaxística ou “de
acento”
Residencial e edificios
Paseos e carrís-bici
Propósito da iluminación exterior
• Proporcionar un ambiente seguro pola noite.
• Extender o uso dos parques e paseos pola noite.
• Realzar lugares históricos ou singulares.
• Mellorar o desprazamento por estrada e nos
cruzamentos.
Tipos de lámpadas
Hai catro tipos básicos:
– Incandescentes
– Fluorescentes
– De descarga de alta
intensidade
• Entre elas: vapor de mercurio, haluros
metálicos, sodio de alta presión e sodio de
baixa presión.
– Díodos de emisión de luz (LED)
• A tecnoloxía LED é relativamente recente
Lámpada
compacta
fluorescente
Sodio de
alta presión
Sodio de baixa
presión
Incandescentes
• Tradicionalmente, as máis comúns
nos fogares.
• Empregan a corrente eléctrica para
quentar un fío fino de tungsteno
dentro dun bulbo de vidro para
producir luz.
• Teñen unha vida curta.
• Converten a maior parte da enerxía
en calor en vez de luz.
Fluorescentes
• Moi usadas en establecementos
comerciais.
• A produción de luz débese á emisión de
fluorescencia dun gas a baixa presión
polo paso dunha corrente eléctrica.
• Son de 3 a 4 veces máis eficientes que
as lámpadas incandescentes e duran
10 veces máis.
• Producen até 100 lumens por watt
(aproximadamente).
Descarga de alta intensidade
• Empréganse principalmente para a
iluminación de grandes superficies.
• Proporcionan unha maior eficacia e un
máis longo tempo de servizo.
• As máis comúns son as de haluros
metálicos e sodio a alta presión.
– Haluros metálicos – 100 lumens/watt
– Sodio a alta presión – 150 lumens/watt
Descarga de alta intensidade
continua. Sodio a baixa presión
• Tamén considerada unha lámpada de
descarga de alta intensidade, mais con
características especiais.
• Para uso no exterior.
• É a forma máis eficiente de iluminación
artificial.
• Mantén a saída de luz mellor que outras
lámpadas.
• Tecnoloxía vella, non hai moitos fabricantes
a produciren novos produtos.
• Produce 200 lumens por watt.
Tipos de luminarias
• Montadas sobre columnas: úsanse nas rúas,
aparcadoiros, carrís-bicis, paseos.
• Lanternas montadas na parede: úsanse
sobre todo para seguridade.
• Bolardos luminosos: empréganse en camiños
e iluminación de superficies.
• Luces empotradas: empréganse en camiños,
ou enterradas no chan ou outras estruturas.
Óscar Blanco
Que é a contaminación luminosa?
Calquera efecto negativo sobre as persoas e o
medio ambiente derivado da luz artificial.
→ Resplendor no ceo, cegamento, luz que vai onde non
debería ir (á ventá do veciño, cara ao ceo)...
Iluminación exterior
A iluminación exterior debería…
• Mellorar a visibilidade, non
impedila.
• Non producir cegamento.
• Integrarse na paisaxe
nocturna, non ocupala por
completo.
• Non permitir que a luz pase ás
propiedades dos demais.
• Ter un plan rector.
A iluminación exterior debería…
• Proporcionar un ambiente seguro.
• Crear vías seguras para o tráfico, os ciclistas e os
peóns.
• Facilitar o uso nocturno dos espazos abertos.
Evitar a contaminación luminosa…
• Significa aproveitar mellor os recursos naturais e
aforrar enerxía e diñeiro.
• Non significa iluminar menos ou peor. Antes polo
contrario, o obxectivo é iluminar mellor as vilas e
cidades empregando luz artificial só onde se necesita,
só cando se necesita, en cantidade suficiente e non
excesiva e co espectro axeitado.
Luminarias apantalladas
Importancia das luces apantalladas
As luces non apantalladas producen
– Resplendor no ceo
– Cegamento
Problemas da luz non apantallada
Intrusión luminosa: a luz
artificial invade o interior
das vivendas.
St. Cugat del Valles, 1998. Fonte: Cel Fosc
← Madrid, 1999. Fonte: Cel Fosc.
Problemas da luz non apantallada
Empeora a
seguridade vial e
cidadá: produce
cegamentos, zonas
de sombra
indesexadas, etc. Por
exemplo, a lámpada
que deslumbra á
dereita do camiño foi
instalada para
protexer os
estudantes pola
noite. Mirade a
seguinte imaxe...
Onde foi o
estudante?
A luz que se emite fóra do uso para o que se necesita é enerxía
malgastada e son cartos malgastados. A iluminación exterior
medioambientalmente responsábel reduce este gasto.
Abaixo, o Escondido Education Center antes (á esquerda) e despois
(á dereita). As luces innecesarias no tellado só servían para
aumentar a factura da luz, non para mellorar a seguridade do
aparcadoiro.
Problemas da luz non apantallada
Impacto negativo na natureza
Os animais e plantas viven cun
ritmo baseado no ciclo de 24
horas. Os animais -incluídos os
peixes- poden ficar desorientados
pola excesiva iluminación artificial
da noite.
A luz artificial interfire coa
migración, o apareamento, a busca
de alimento e o sono.
Impacto negativo na saúde humana
A luz que penetra nos dormitorios
altera o padrón de sono.
A luz que encandea pode cegar ou
reducir a visión nocturna.
Investigacións recentes descubriron o
efecto negativo da luz artificial na
noite sobre o noso reloxo biolóxico.
→ A exposición á luz de noite inhibe a secreción de
melatonina, que desenvolve unha gran variedade
de funcións no organismo.
Impacto negativo na astronomía
A contaminación luminosa impídenos
gozar do gran espectáculo que é o
ceo nocturno e o inmenso patrimonio
cultural asociado.
O firmamento é ademais un gran laboratorio natural no que
traballan un gran número de profesionais. A investigación
astronómica leva aparellada unha importante industria que
nos deu a tecnoloxía dos teléfonos móbiles; a tecnoloxía
das imaxes médicas (raios X, resonancias magnéticas, etc)
ou os satélites de comunicacións.
Impacto negativo na astronomía
Este é o ceo que en inverno nos rouba a luz artificial.
Dilapidación de recursos
A mala iluminación malgasta enerxía e diñeiro sen obter o
proveito desexado. Por exemplo, as aínda comúns “farolas
globo” desaproveitan máis da metada da luz que producen
ao dirixila cara ao ceo,
onde non se precisa.
St. Cugat del Valles, 1998.
Dilapidación de recursos
Segundo as estimacións do proxecto “Cities at night”
[http://www.citiesatnight.org/], cada ano en España
gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite.
->Desa partida, a Galicia corresponderíanlle non menos de 60 millóns de €.
->Na Coruña o orzamento anual do Concello en enerxía para a iluminación excede os 3 millóns de €.
Que pode facer un concello?
• Incluír a contaminación luminosa na axenda pública e entendela
coma un problema grave mais de fácil solución.
• Introducir nos sistemas de iluminación mecanismos de redución de
fluxo a partir de certas horas da noite.
• Empregar o “sentidiño” na definición dos horarios de acendido e
apagado (incluída a iluminación ornamental).
• Cambiar as luminarias existentes por outras máis eficientes e
menos contaminantes (e procurar que esa maior eficiencia
produza aforro).
• Adaptar as normativas e instrucións municipais para evitar a
contaminación luminosa pública e privada.
Solucións
Solucións
A iluminación exterior debe estar totalmente
apantallada. Iso significa que non se emite luz por
enriba dun ángulo de 90 graos.
Solucións
• Temporizadores
• Reguladores de intensidade
• Sensores de movemento.
*Os sensores de movemento nun
aparcadoiro ou nunha casa son
ademais un mecanismo de alerta
ante actividades fóra de horas.
Solucións
Solucións
Exemplos de iluminación exterior
Óscar Blanco
Iluminación empotrada
mal feita,
iluminación empotrada
ben feita.
Iluminación totalmente apantallada nun aeroporto
Iluminación non apantallada nun caixeiro automático
A luz apantallada reduce o
cegamento
A imaxe inferior é unha proba
de iluminación apantallada
nunha rúa. Á dereita, as
mesmas luces presentadas en
comparación coas luces
existentes non apantalladas.
Grazas pola atención, e
lembrade que “ceo escuro”
non significa “cidade
escura”.
Significa aforro de recursos,
protección do medio
ambiente e protección da
saúde!

More Related Content

Viewers also liked

Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 
Whimsy.smartpitch.milestone3
Whimsy.smartpitch.milestone3Whimsy.smartpitch.milestone3
Whimsy.smartpitch.milestone3
aprilscoville
 
Coldplay Music Video Analysis
Coldplay Music Video AnalysisColdplay Music Video Analysis
Coldplay Music Video Analysis
Saeed Moulai
 
Close reading of a literary passage worksheet
Close reading of a literary passage worksheetClose reading of a literary passage worksheet
Close reading of a literary passage worksheet
Steven Kolber
 
Recomanacions estiu2016 anglès
Recomanacions estiu2016 anglèsRecomanacions estiu2016 anglès
Recomanacions estiu2016 anglès
lluís nater
 
Clase 1- Programación IV - BSI1100
Clase 1- Programación IV  - BSI1100Clase 1- Programación IV  - BSI1100
Clase 1- Programación IV - BSI1100
Randy Valverde
 
Y6 华文 单元 2 听读教材
Y6 华文 单元 2 听读教材Y6 华文 单元 2 听读教材
Y6 华文 单元 2 听读教材
慈心 Chan
 
Isabel allende san sebastian 2016
Isabel allende san sebastian 2016Isabel allende san sebastian 2016
Isabel allende san sebastian 2016
Mellissa Walles
 
Thematic analysis (qa) testing
Thematic analysis (qa) testingThematic analysis (qa) testing
Thematic analysis (qa) testing
norhafezah
 

Viewers also liked (9)

Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
Whimsy.smartpitch.milestone3
Whimsy.smartpitch.milestone3Whimsy.smartpitch.milestone3
Whimsy.smartpitch.milestone3
 
Coldplay Music Video Analysis
Coldplay Music Video AnalysisColdplay Music Video Analysis
Coldplay Music Video Analysis
 
Close reading of a literary passage worksheet
Close reading of a literary passage worksheetClose reading of a literary passage worksheet
Close reading of a literary passage worksheet
 
Recomanacions estiu2016 anglès
Recomanacions estiu2016 anglèsRecomanacions estiu2016 anglès
Recomanacions estiu2016 anglès
 
Clase 1- Programación IV - BSI1100
Clase 1- Programación IV  - BSI1100Clase 1- Programación IV  - BSI1100
Clase 1- Programación IV - BSI1100
 
Y6 华文 单元 2 听读教材
Y6 华文 单元 2 听读教材Y6 华文 单元 2 听读教材
Y6 华文 单元 2 听读教材
 
Isabel allende san sebastian 2016
Isabel allende san sebastian 2016Isabel allende san sebastian 2016
Isabel allende san sebastian 2016
 
Thematic analysis (qa) testing
Thematic analysis (qa) testingThematic analysis (qa) testing
Thematic analysis (qa) testing
 

Similar to Introdución á contaminación luminosa

A enerxía na nosa vida
A enerxía na nosa vidaA enerxía na nosa vida
A enerxía na nosa vida
carlaromalde
 
A lámpada
A lámpada A lámpada
A lámpada
mariamego
 
As enerxías renovables e non renovables na nosa vida
As enerxías renovables e non renovables na nosa vidaAs enerxías renovables e non renovables na nosa vida
As enerxías renovables e non renovables na nosa vidacerredo
 
Enerxia solar
Enerxia solarEnerxia solar
Enerxia solarmonadela
 

Similar to Introdución á contaminación luminosa (6)

A enerxía na nosa vida
A enerxía na nosa vidaA enerxía na nosa vida
A enerxía na nosa vida
 
A enerxía
A  enerxíaA  enerxía
A enerxía
 
A lámpada
A lámpada A lámpada
A lámpada
 
Ana Celeste
Ana CelesteAna Celeste
Ana Celeste
 
As enerxías renovables e non renovables na nosa vida
As enerxías renovables e non renovables na nosa vidaAs enerxías renovables e non renovables na nosa vida
As enerxías renovables e non renovables na nosa vida
 
Enerxia solar
Enerxia solarEnerxia solar
Enerxia solar
 

More from Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 
Astronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións ApolloAstronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións Apollo
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 
Grandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomíaGrandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomía
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 
CEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripciónCEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripción
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 
Eclipses na Coruña
Eclipses na CoruñaEclipses na Coruña
O ceo deste verán
O ceo deste veránO ceo deste verán
Un reloxo nocturno
Un reloxo nocturnoUn reloxo nocturno
Introducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínicaIntroducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínica
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
 

More from Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (8)

Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
 
Astronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións ApolloAstronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións Apollo
 
Grandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomíaGrandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomía
 
CEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripciónCEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripción
 
Eclipses na Coruña
Eclipses na CoruñaEclipses na Coruña
Eclipses na Coruña
 
O ceo deste verán
O ceo deste veránO ceo deste verán
O ceo deste verán
 
Un reloxo nocturno
Un reloxo nocturnoUn reloxo nocturno
Un reloxo nocturno
 
Introducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínicaIntroducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínica
 

Introdución á contaminación luminosa

  • 1. Contaminación luminosa Documento elaborado a partir de materiais creados pola IDA (en colaboración con NOAO, NSF e IYA Dark Skies Awareness) e Cel Fosc.
  • 2. Ao longo desta sesión... • Recordaremos a historia da iluminación exterior e o seu propósito. • Repasaremos cales son os tipos de lámpadas e luminarias. • Saberemos máis sobre o impacto daniño da luz artificial pola noite.
  • 4. A paisaxe nocturna Durante séculos a paisaxe nocturna estivo definida pola Lúa e as estrelas. As noites de Lúa Chea eran relativamente brillantes e as de Lúa Nova, bastante escuras. Para os habitantes das cidades nos últimos 100 anos a paisaxe nocturna ten que ver máis ben con edificios, rúas e espazos abertos iluminados. Podería haber un punto de acordo, un punto medio?
  • 5. Historia A iluminación das rúas tal e como a coñecemos comezou hai uns 300 anos, co uso de lámpadas de aceite colocadas sobre postes de madeira. No século XVIII as lámpadas de aceite seguían usándose mais os postes de madeira foron reemprazados polos de ferro fundido. A comezos do XIX empezaron a utilizarse as lámpadas de gas e logo no XX xeralizouse o uso das lámpadas eléctricas.
  • 6. A iluminación exterior, hoxe Rúas e estradas Parques Estadios Aparcadoiros Paisaxística ou “de acento” Residencial e edificios Paseos e carrís-bici
  • 7. Propósito da iluminación exterior • Proporcionar un ambiente seguro pola noite. • Extender o uso dos parques e paseos pola noite. • Realzar lugares históricos ou singulares. • Mellorar o desprazamento por estrada e nos cruzamentos.
  • 8. Tipos de lámpadas Hai catro tipos básicos: – Incandescentes – Fluorescentes – De descarga de alta intensidade • Entre elas: vapor de mercurio, haluros metálicos, sodio de alta presión e sodio de baixa presión. – Díodos de emisión de luz (LED) • A tecnoloxía LED é relativamente recente Lámpada compacta fluorescente Sodio de alta presión Sodio de baixa presión
  • 9. Incandescentes • Tradicionalmente, as máis comúns nos fogares. • Empregan a corrente eléctrica para quentar un fío fino de tungsteno dentro dun bulbo de vidro para producir luz. • Teñen unha vida curta. • Converten a maior parte da enerxía en calor en vez de luz.
  • 10. Fluorescentes • Moi usadas en establecementos comerciais. • A produción de luz débese á emisión de fluorescencia dun gas a baixa presión polo paso dunha corrente eléctrica. • Son de 3 a 4 veces máis eficientes que as lámpadas incandescentes e duran 10 veces máis. • Producen até 100 lumens por watt (aproximadamente).
  • 11. Descarga de alta intensidade • Empréganse principalmente para a iluminación de grandes superficies. • Proporcionan unha maior eficacia e un máis longo tempo de servizo. • As máis comúns son as de haluros metálicos e sodio a alta presión. – Haluros metálicos – 100 lumens/watt – Sodio a alta presión – 150 lumens/watt
  • 12. Descarga de alta intensidade continua. Sodio a baixa presión • Tamén considerada unha lámpada de descarga de alta intensidade, mais con características especiais. • Para uso no exterior. • É a forma máis eficiente de iluminación artificial. • Mantén a saída de luz mellor que outras lámpadas. • Tecnoloxía vella, non hai moitos fabricantes a produciren novos produtos. • Produce 200 lumens por watt.
  • 13. Tipos de luminarias • Montadas sobre columnas: úsanse nas rúas, aparcadoiros, carrís-bicis, paseos. • Lanternas montadas na parede: úsanse sobre todo para seguridade. • Bolardos luminosos: empréganse en camiños e iluminación de superficies. • Luces empotradas: empréganse en camiños, ou enterradas no chan ou outras estruturas.
  • 15. Que é a contaminación luminosa? Calquera efecto negativo sobre as persoas e o medio ambiente derivado da luz artificial. → Resplendor no ceo, cegamento, luz que vai onde non debería ir (á ventá do veciño, cara ao ceo)...
  • 17. A iluminación exterior debería… • Mellorar a visibilidade, non impedila. • Non producir cegamento. • Integrarse na paisaxe nocturna, non ocupala por completo. • Non permitir que a luz pase ás propiedades dos demais. • Ter un plan rector.
  • 18. A iluminación exterior debería… • Proporcionar un ambiente seguro. • Crear vías seguras para o tráfico, os ciclistas e os peóns. • Facilitar o uso nocturno dos espazos abertos.
  • 19. Evitar a contaminación luminosa… • Significa aproveitar mellor os recursos naturais e aforrar enerxía e diñeiro. • Non significa iluminar menos ou peor. Antes polo contrario, o obxectivo é iluminar mellor as vilas e cidades empregando luz artificial só onde se necesita, só cando se necesita, en cantidade suficiente e non excesiva e co espectro axeitado.
  • 21. Importancia das luces apantalladas As luces non apantalladas producen – Resplendor no ceo – Cegamento
  • 22. Problemas da luz non apantallada Intrusión luminosa: a luz artificial invade o interior das vivendas. St. Cugat del Valles, 1998. Fonte: Cel Fosc ← Madrid, 1999. Fonte: Cel Fosc.
  • 23. Problemas da luz non apantallada Empeora a seguridade vial e cidadá: produce cegamentos, zonas de sombra indesexadas, etc. Por exemplo, a lámpada que deslumbra á dereita do camiño foi instalada para protexer os estudantes pola noite. Mirade a seguinte imaxe...
  • 25. A luz que se emite fóra do uso para o que se necesita é enerxía malgastada e son cartos malgastados. A iluminación exterior medioambientalmente responsábel reduce este gasto. Abaixo, o Escondido Education Center antes (á esquerda) e despois (á dereita). As luces innecesarias no tellado só servían para aumentar a factura da luz, non para mellorar a seguridade do aparcadoiro. Problemas da luz non apantallada
  • 26. Impacto negativo na natureza Os animais e plantas viven cun ritmo baseado no ciclo de 24 horas. Os animais -incluídos os peixes- poden ficar desorientados pola excesiva iluminación artificial da noite. A luz artificial interfire coa migración, o apareamento, a busca de alimento e o sono.
  • 27. Impacto negativo na saúde humana A luz que penetra nos dormitorios altera o padrón de sono. A luz que encandea pode cegar ou reducir a visión nocturna. Investigacións recentes descubriron o efecto negativo da luz artificial na noite sobre o noso reloxo biolóxico. → A exposición á luz de noite inhibe a secreción de melatonina, que desenvolve unha gran variedade de funcións no organismo.
  • 28. Impacto negativo na astronomía A contaminación luminosa impídenos gozar do gran espectáculo que é o ceo nocturno e o inmenso patrimonio cultural asociado. O firmamento é ademais un gran laboratorio natural no que traballan un gran número de profesionais. A investigación astronómica leva aparellada unha importante industria que nos deu a tecnoloxía dos teléfonos móbiles; a tecnoloxía das imaxes médicas (raios X, resonancias magnéticas, etc) ou os satélites de comunicacións.
  • 29. Impacto negativo na astronomía Este é o ceo que en inverno nos rouba a luz artificial.
  • 30. Dilapidación de recursos A mala iluminación malgasta enerxía e diñeiro sen obter o proveito desexado. Por exemplo, as aínda comúns “farolas globo” desaproveitan máis da metada da luz que producen ao dirixila cara ao ceo, onde non se precisa. St. Cugat del Valles, 1998.
  • 31. Dilapidación de recursos Segundo as estimacións do proxecto “Cities at night” [http://www.citiesatnight.org/], cada ano en España gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite. ->Desa partida, a Galicia corresponderíanlle non menos de 60 millóns de €. ->Na Coruña o orzamento anual do Concello en enerxía para a iluminación excede os 3 millóns de €.
  • 32. Que pode facer un concello? • Incluír a contaminación luminosa na axenda pública e entendela coma un problema grave mais de fácil solución. • Introducir nos sistemas de iluminación mecanismos de redución de fluxo a partir de certas horas da noite. • Empregar o “sentidiño” na definición dos horarios de acendido e apagado (incluída a iluminación ornamental). • Cambiar as luminarias existentes por outras máis eficientes e menos contaminantes (e procurar que esa maior eficiencia produza aforro). • Adaptar as normativas e instrucións municipais para evitar a contaminación luminosa pública e privada.
  • 34. Solucións A iluminación exterior debe estar totalmente apantallada. Iso significa que non se emite luz por enriba dun ángulo de 90 graos.
  • 35. Solucións • Temporizadores • Reguladores de intensidade • Sensores de movemento. *Os sensores de movemento nun aparcadoiro ou nunha casa son ademais un mecanismo de alerta ante actividades fóra de horas.
  • 38. Exemplos de iluminación exterior Óscar Blanco
  • 41. Iluminación non apantallada nun caixeiro automático
  • 42. A luz apantallada reduce o cegamento A imaxe inferior é unha proba de iluminación apantallada nunha rúa. Á dereita, as mesmas luces presentadas en comparación coas luces existentes non apantalladas.
  • 43. Grazas pola atención, e lembrade que “ceo escuro” non significa “cidade escura”. Significa aforro de recursos, protección do medio ambiente e protección da saúde!