Exposición "A auga é vida" realizada pola Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea, 2004) en colaboración co Colectivo Ecoloxista do Salnés. en colaboración co Colectivo Ecoloxista do Salnés
Características da auga, distribución na Terra, usos,
problemas, tratamentos...
Neste dossier plasmamos as nosas investigacións estas foron realizadas na materia de C. Naturais para coñecer mellor os problemas que podemos chegar a ter coa auga senón traballamos por un mundo máis sostible. A auga é fundamental para a vida polo tanto temos que coidala e non podemos deixar que se estraguen as cantidades de auga que se están botando a perder en cidades, no campo, etc
Exposición "A auga é vida" realizada pola Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea, 2004) en colaboración co Colectivo Ecoloxista do Salnés. en colaboración co Colectivo Ecoloxista do Salnés
Características da auga, distribución na Terra, usos,
problemas, tratamentos...
Neste dossier plasmamos as nosas investigacións estas foron realizadas na materia de C. Naturais para coñecer mellor os problemas que podemos chegar a ter coa auga senón traballamos por un mundo máis sostible. A auga é fundamental para a vida polo tanto temos que coidala e non podemos deixar que se estraguen as cantidades de auga que se están botando a perder en cidades, no campo, etc
2. 1.- A AUGA: PROPIEDADES.
• A auga é un líquido fundamental para o ser humano, que está en
todo o que ten vida, de feito pódese vivir meses sen alimento, pero
soamente sobreviviríamos entre tres e cinco días sen beber. A auga
atópase na natureza formando ríos, lagos e mares, e tamén no aire, e
nas follas das árbores. As tres cuartas partes do corpo dunha persoa
son auga, por iso necesitamos bebela, para hidratarnos, repoñendo a
auga que perdemos a través da suor ou da ouriña. A auga non ten
forma propia, é dicir, adáptase a calquera recipiente, e ademáis é:
• - incolora, porque non ten cor,
• - inodora, porque non cheira a nada, e
• - insípida, porque non sabe a nada.
3. 2.- OS ESTADOS DA AUGA
Na natureza podemos atopar auga de tres maneiras diferentes: sólida,
cando está dura, coma o granizo, o xeo ou a neve; líquida, coma a auga
que podemos beber e gasosa cando se converte en vapor.
SÓLIDO LÍQUIDO GASOSO
4. 3.- A AUGA NA NATUREZA
• Na natureza podemos encontrar auga en moitos lugares, aínda que
non sempre se ve. Segundo o lugar da Terra onde se encontre
podemos distinguir:
• • Augas superficiais: están sobre a superficie da Terra. A maior
cantidade da auga do planeta encóntrase nos océanos e mares, que
teñen auga salgada. Os lagos, ríos e glaciares teñen auga doce.
• • Augas subterráneas: encóntranse baixo a terra. Cando as augas
superficiais entran polas gretas do chan, forman os acuíferos.
MAR GLACIAR ACUÍFERO
5. 3.1.- A AUGA MÓVESE: O CICLO DA AUGA
A auga da natureza está sempre en movemento, e a ese movemento da
auga na Terra se lle chama o ciclo da auga. Durante o seu percorrido a
auga pasa polo seus tres estados.
• A auga está en estado GASOSO cando sube en forma de vapor de
auga, que formará as nubes, por mor do sol que quenta a superficie
do mar.
• A auga está en estado SÓLIDO cando ao arrefriar o vapor de auga, cae
a terra en forma de neve ou sarabia.
• A auga está en estado LÍQUIDO, cando ese vapor de auga, tamén
pode caer en forma de chuvia
6.
7. 3.2.- DE CAMIÑO AO MAR: O CURSO DO RÍO
Os ríos nacen en montañas e desembocan no mar ou no océano. Este
percorrido chámase CURSO DO RÍO.
• O curso alto é o lugar onde nace o río. Leva pouca auga, pero vai máis
apresa, e adoita haber fervenzas.
• O curso medio é o tramo intermedio. Leva máis auga, pero vai máis
devagar, e atravesa as zonas chairas.
• O curso baixo e onde finaliza o río, lentamente, a súa viaxe e
desemboca no mar.
CURSO
ALTO
CURSO
MEDIO
CURSO
BAIXO
8. 4.- A IMPORTANCIA DA AUGA
Os seres vivos necesitamos a auga para poder vivir, e as persoas tamén
a utilizamos para asearnos, cociñar, e mesmo, divertirnos.... Para que
siga habendo vida na Terra é moi importante saber coidar da auga, por
iso non se pode malgastar.
9. 4.1.- AUGA POTABLE E NON POTABLE
uen diría que a auga é un recurso escaso cando as tres cuartas partes
do noso planeta, e incluso do noso corpo, son auga? Pero a maioría
desa auga é salgada, de modo que, non é potable, e a auga que
necesita o ser humano debe cumprir características coma ser doce,
estar limpa e ser accesible. A que xa non hai tanta auga que cumpra
todas esas características? A auga auga potable, é soamente un 5% da
auga total do planeta así que é un recurso moi escaso, por iso non
debemos derrochala ni tampouco ensuciala.
10. 5.- QUE TEMPO IRÁ?
Para a nosa actividade diaria das persoas é moi importante saber que
tempo vai ir. Os meteorólogos fan a súa previsión usando mapas to
tempo, onde indican o tempo metoerolóxico que estáprevisto en cada
lugar. É simplemente unha previsión, de modo que, ainda que se adoita
cumprir, tamén cabe a posibilidade de que non se cumpra.
11.
12. 6.- A AUGA É UN DEREITO DE TODOS
• Durante moitos anos loitouse porque a ONU (Organización das
Nacións Unidas) recoñecera o dereito de todos os seres humanos ao
acceso a fontes de agua potable e por fin se logrou (2010). Grazas á
agua, podemos lavar o corpo, as mans, ou os dentes e así evitamos
enfermidades. Os nenos de 4 a 8 anos deben beber uns cinco vasos
de auga ao día, sen embargo hai moitos nenos e adultos no mundo
que non teñen un acceso doado á auga potable. Para que a auga sexa
potable, é dicir, que non teña nengún risco para a nosa saúde, ten
que ser tratada pasando antes polas prantas potabilizadoras, e o
mesmo debe ocorrer ao devolvela ao mar.
• Recorda que a auga hai que coidala, non debes malgastala
nin ensuciala, porque
• GOTA A GOTA A AUGA SE ESGOTA.