FIELTRO


O feltro é un pano cuxa característica
principal é que para fabricalo non se tece,
é dicir, que non xorde do cruzamento entre
trama e urdidoira, compostos dos que
xorden as teas. Tamén, se lle pode dar
coloración.
Para facer un feltro necesítase conglomerar
mediante vapor e presión, varias capas de
fibras de la ou pelo de varios animais,
usando a propiedade que teñen de
adherirse entre si, de aí que ás veces sexa
coñecido como aglomerado. Úsase para
facer zapatillas, alfombras, sombreiros, etc



Como facer unha conta redonda para colares?



       1.     Coller unha pequena cantidade de la e esfiañala. Facer unha bóla
       colocando as febras en sentido lonxitudinal e transversal. Sen apertar.

       2. Pulverizar a bóla con auga quente e xabón e facela xirar entre as mans con
       suaves movementos. A la vaise unindo facéndose cada vez máis compacta.

       3. Segundo a bóla se vai facendo máis compacta vaise xirando con máis forza,
       sempre humedecendo a mans con auga quente e xabón. De vez en canto
       introducimos a bóla en auga quente. A bóla rematada debe de ser compacta e
       dura.

       4. Repetir os pasos 1,2 e 3 para a creación de cada unha das bólas (negras,
       verdes e mesturadas)

       5. Unha vez secas as bólas procedemos a montar o colar. Enfilamos as bólas no
       cordón de algodón, coa axuda dunha agulla e poñemos o peche.
Fieltro
Fieltro

Fieltro

  • 1.
    FIELTRO O feltro éun pano cuxa característica principal é que para fabricalo non se tece, é dicir, que non xorde do cruzamento entre trama e urdidoira, compostos dos que xorden as teas. Tamén, se lle pode dar coloración. Para facer un feltro necesítase conglomerar mediante vapor e presión, varias capas de fibras de la ou pelo de varios animais, usando a propiedade que teñen de adherirse entre si, de aí que ás veces sexa coñecido como aglomerado. Úsase para facer zapatillas, alfombras, sombreiros, etc Como facer unha conta redonda para colares? 1. Coller unha pequena cantidade de la e esfiañala. Facer unha bóla colocando as febras en sentido lonxitudinal e transversal. Sen apertar. 2. Pulverizar a bóla con auga quente e xabón e facela xirar entre as mans con suaves movementos. A la vaise unindo facéndose cada vez máis compacta. 3. Segundo a bóla se vai facendo máis compacta vaise xirando con máis forza, sempre humedecendo a mans con auga quente e xabón. De vez en canto introducimos a bóla en auga quente. A bóla rematada debe de ser compacta e dura. 4. Repetir os pasos 1,2 e 3 para a creación de cada unha das bólas (negras, verdes e mesturadas) 5. Unha vez secas as bólas procedemos a montar o colar. Enfilamos as bólas no cordón de algodón, coa axuda dunha agulla e poñemos o peche.