Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Emonte
1. www.eMonte.es
Que é eMonte?
eMonte é unha plataforma que facilita a compra/venta de lotes de madeira entre
propietarios forestais e empresas rematantes.
Funcionamento:
1.- Os propietarios forestais que queiran vender madeira só teñen que entrar en
emonte.es, rexistrar a súa finca a través dun formulario moi sinxelo e agardar a recibir
ofertas.
2.- As empresas rematantes dispoñen dun portal onde se concentran todos os lotes de
madeira, coas súas características perfectamente detalladas e cun sistema de busca
que lle permite filtrar os lotes segundo as súas preferencias.
3.- Unha vez seleccionado o lote, as empresas poden desprazarse ás fincas sen
depender da presencia do propietario. Isto é posible grazas á APP de eMonte.
4.- Tras facer a valoración a pé de campo, as empresas poden realizar ofertas
económicas polos lotes de madeira a través do portal, entrando así a funcionar un
mecanismo de poxa na que o propietario forestal sempre ten a última palabra.
Tipos de usuarios:
- Vendedor: pequenos propietarios forestais e comunidades de montes.
- Comprador: Empresas rematantes
Vantaxes:
Os propietarios poden vender a súa madeira case sen desprazarse e o seu lote ten
maior visibilidade. Pola contra as empresas acceder a un maior número de lotes de
madeira, coñecen as características do lote previamente ao seu desprazamento, e
poden visitar o lote cando e como queiran sen depender da dispoñibilidade do
propietario.
2. Información comercial:
Propietarios: A incorporación de lotes na plataforma é gratuíta. Unicamente se aplica
unha penalización (90 €) en caso de ter ofertas e non aceptar ningunha delas. Esta
penalización está establecida para evitar malos usos, xa que non é unha ferramenta
para valorar a madeira. En caso de establecer un prezo de saída, se as empresas
rematantes non superan a cantidade, non se aplica ningún tipo de penalización.
Empresas rematantes: Comisión do 1% por cada un dos lotes que conseguen no
portal.
www.VendoFinca.es
Que é VendoFinca?
VendoFinca.es é unha plataforma web que facilita a compra/venta de fincas rústicas
en Galicia, e en todo o territorio español.
Funcionamento:
Un usuario que queira incorporar un anuncio de venta dunha fincas rústica debe
cumplimentar un formulario moi sinxelo formado por 4 pasos diferentes:
a) Datos da finca: nome da finca, superficie (m2), documentos públicos (en PDF)
e descrición da finca.
b) Localizar a finca O propietario debe indicar a provincia, concello, lugar e
referencia catastral. Con esta información a ferramenta delimitará a finca no
mapa.
c) Datos da venta: prezo de venta e datos de contacto (nome, email e teléfono).
3. d) Finalizar: Neste paso pódense incorporar fotografías do monte.
Se algunha persoa se interesa pola finca, poderá contactar directamente co propietario
ben por teléfono ou ben por correo electrónico a través do formulario habilitado ao
respecto.
Tipos de usuarios:
Vendedor: Persoa que ten unha finca rústica.
Comprador: Calquera persoa ou empresa interesada en mercar un terreo rústico.
Vantaxes:
Tanto compradores como vendedores dispoñen dun portal especializado centrado
única e exclusivamente na compra/venta de terreos de carácter rústico.
Información comercial:
A compra/venta de fincas rústicas a través do portal é gratuita, salvo que se contraten
servicios premium de busca activa de comprador.
https://emonte.es/cubica/
Que é eMonte cubicar?
É unha ferramente web a través da cal, calquera usuario pode estimar o volume de
madeira das 8 principais especies forestais de Galicia, é decir
4. Betula pubescens, Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster,Pinus radiat
a, Pinus sylvestris, Pseudotsuga menziesii e Quercus robur.
Funcionamento:
Os pasos que se deben seguir son os seguintes:
Paso 1. Identificación. Neste paso débese identificar o lote en cuestión e seleccionar a
especie a cubicar.
Paso 2. Modo de entrada de datos. Dependendo da información tomada a pé de
campo por propietarios e/ou empresas rematantes, debe seleccionar un dos dous
métodos:
a) Diámetro normas de todas as árbores e altura dunha mostra
b) Numero de árbores por clase diamétrica e diámetro normal e altura total dunha
mostra
Dependendo do método de selección, o resultado sufrirá modificacións. A máis datos
introducidos, a porcentaxe de erro da ferramenta diminuirá.
Paso 3. Medicións. Introducir os datos tomados a pé de campo.
Paso 4. Destinos. Este paso está especialmente pensado para as empresas
rematantes. A ferramenta é capaz de clasificar os destinos comerciais da madeira que
se obterá to aproveitamento.
Por exemplo:
o Serra de 1ª
o Serra de 2ª
o Trituración
Paso 5. Resultados. É o último paso de todos. A ferramenta eMonte cubica permite
coñecer o número de árbores, o volume da parcela en m3, a valoración en Euros
(tendo en conta os prezos fixados polo usuario) e tamén o destino, as trozas que se
obterán, así como a valoración de cada unha das mesmas.
5. Tipos de usuarios:
A ferramenta eMonte cubicar é válida tanto para propietarios forestais, comunidades
de montes e empresas rematantes.
Información comercial:
A utilización da ferramenta é gratuíta tanto para propietarios forestais como para
empresas. A ferramenta na súa versión gratuíta non permite gardar na nube os
resultados de cada lote.