DIARIO DE EVA Unha muller maltratada   Iván
DIARIO DE EVA 17 de agosto: Día especial Hoxe Anxo, o meu querido Anxo, tróuxome rosas, un ramo de fermosas rosas. Sabe que me gustan e sempre está no detalle. Canto o quero! E el a min, non teño ningunha dúbida.
18 de agosto: Día triste Son unha torpe. Queimei a comida. Anxo enfadouse con razón e berroume. Penso que estaba celoso porque me dixo que con quen andaba en vez de atender á cociña. Respondín que estaba soa, pero teimou en que algo andaba facendo con alguén. Dixo que xa non o quería. Como non ei querelo ? É a luz dos meus ollos!. Estou triste porque el enfadouse e aínda non volveu. DIARIO DE EVA II
DIARIO DE EVA III Día 19 de agosto Anxo volveu tarde e eu, sempre metendo a pata, boteillo na cara, porque estaba preocupada, pero seguía cabreado polo da comida e díxome que non era quen para pedir explicacións, que calara dunha vez. Claro, non sei calar e insistín. Deume unhas labazadas pero tiña razón, nunca sei facer as cousas ben. Que me custaba calar?
DIARIO DE EVA IV 20 de agosto: Día especial Anxo xa me perdoou. Son feliz, feliz! Regaloume un anel precioso e iso que teño varios, pero o meu home é así, xeneroso, todo amor para min, só para min.
DIARIO DE EVA V 21 de agosto. Día triste Fun tomar un café con Tania. Anxo non quere que salga da casa sen el, pero Tania tentoume e Anxo, como é natural, enfadouse moito, chamoume de todo e con razón, pero como me puxen chula escapóuselle a man e levei unha puñada, non foi nada, só un golpiño, pero o sangue asustoume moito.
DIARIO DE EVA VI 22 de agosto. Día especial Imos ir de vacacións a Grecia! Estou que salto, sempre quixen coñecer Grecia e o meu amor vaime levar o mes que ven. Xa ten as reservas e estivemos a mirar xuntos imaxes en internet. Que bonito é todo! Poucas mulleres teñen un home como o meu.
DIARIO DE EVA VI 25 de agosto.  Estiven uns días sen escribir. Estiven no hospital. Foi unha caída desas bobas. Discutimos. Anxo empurroume e tiven mala sorte, din contra a esquina do chinero e fixen unha fenda na cabeza. Non era grave pero os médicos dixeron que era mellor que estivera internada por se pasaba algo.
DIARIO DE EVA VII 26 de agosto Como me apañarei  para non parar de meter a pata? Volvín enfadar a Anxo, moito, moito. Esta vez bateume ben, estaba cego! Non podo case respirar, dóeme todo ..... Teño que fixarme máis nas cousas, non está ben que .... Estou moi cansa.
27 de agosto Non hai nada escrito. Eva morreu ás 7:00 horas dun día que debía ter sido ? DIARIO DE EVA
 

Diario De Eva

  • 1.
    DIARIO DE EVAUnha muller maltratada Iván
  • 2.
    DIARIO DE EVA17 de agosto: Día especial Hoxe Anxo, o meu querido Anxo, tróuxome rosas, un ramo de fermosas rosas. Sabe que me gustan e sempre está no detalle. Canto o quero! E el a min, non teño ningunha dúbida.
  • 3.
    18 de agosto:Día triste Son unha torpe. Queimei a comida. Anxo enfadouse con razón e berroume. Penso que estaba celoso porque me dixo que con quen andaba en vez de atender á cociña. Respondín que estaba soa, pero teimou en que algo andaba facendo con alguén. Dixo que xa non o quería. Como non ei querelo ? É a luz dos meus ollos!. Estou triste porque el enfadouse e aínda non volveu. DIARIO DE EVA II
  • 4.
    DIARIO DE EVAIII Día 19 de agosto Anxo volveu tarde e eu, sempre metendo a pata, boteillo na cara, porque estaba preocupada, pero seguía cabreado polo da comida e díxome que non era quen para pedir explicacións, que calara dunha vez. Claro, non sei calar e insistín. Deume unhas labazadas pero tiña razón, nunca sei facer as cousas ben. Que me custaba calar?
  • 5.
    DIARIO DE EVAIV 20 de agosto: Día especial Anxo xa me perdoou. Son feliz, feliz! Regaloume un anel precioso e iso que teño varios, pero o meu home é así, xeneroso, todo amor para min, só para min.
  • 6.
    DIARIO DE EVAV 21 de agosto. Día triste Fun tomar un café con Tania. Anxo non quere que salga da casa sen el, pero Tania tentoume e Anxo, como é natural, enfadouse moito, chamoume de todo e con razón, pero como me puxen chula escapóuselle a man e levei unha puñada, non foi nada, só un golpiño, pero o sangue asustoume moito.
  • 7.
    DIARIO DE EVAVI 22 de agosto. Día especial Imos ir de vacacións a Grecia! Estou que salto, sempre quixen coñecer Grecia e o meu amor vaime levar o mes que ven. Xa ten as reservas e estivemos a mirar xuntos imaxes en internet. Que bonito é todo! Poucas mulleres teñen un home como o meu.
  • 8.
    DIARIO DE EVAVI 25 de agosto. Estiven uns días sen escribir. Estiven no hospital. Foi unha caída desas bobas. Discutimos. Anxo empurroume e tiven mala sorte, din contra a esquina do chinero e fixen unha fenda na cabeza. Non era grave pero os médicos dixeron que era mellor que estivera internada por se pasaba algo.
  • 9.
    DIARIO DE EVAVII 26 de agosto Como me apañarei para non parar de meter a pata? Volvín enfadar a Anxo, moito, moito. Esta vez bateume ben, estaba cego! Non podo case respirar, dóeme todo ..... Teño que fixarme máis nas cousas, non está ben que .... Estou moi cansa.
  • 10.
    27 de agostoNon hai nada escrito. Eva morreu ás 7:00 horas dun día que debía ter sido ? DIARIO DE EVA
  • 11.