SlideShare a Scribd company logo
Detrás dos números
hai vidas estragadas
polo terrorismo machista
25NDía internacional
contra a violencia machista
denuncias por violencia
machista recibidas no
primeiro semestre de 2023
3.454
sentenzas condenatorias
por violencia machista no
primeiro semestre de 2023
472
ordes e medidas de protección
e seguridade das vítimas incoadas
no primeiro semestre de 2023
972
vítimas menores
de idade no primeiro
semestre de 2023
41
vítimas de violencia
machista no primeiro
semestre de 2023
3.410
mulleres foron asasinadas
en Galiza no que vai de ano
en casos de violencia machista
2
Decálogo de prioridades
no reforzo da loita contra a violencia machista
1
	
Ante o negacionismo e a banalización, máis compromisos e máis recursos
económicos. Incremento de recursos económicos para garantir o desenvolvemento
do marco lexislativo e blindar a loita contra a violencia machista na crise económica.
Vímolo na crise de 2009 e non queremos volver velo nesta, nin un paso atrás e nin un
euro menos. Ante a dureza da violencia machista cómpre mellorar os recursos e para
iso hai que exixir da Xunta aumentar os recursos económicos e que non se recortarán.
Reclamamos o incremento do orzamento específico contra a violencia de xénero do
proxecto de orzamentos de 2024 de forma que se sitúen como mínimo, no 1% do total
e así dotar de suficientes recursos para que se rectifique a liña de incumprimento
da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero e profundar, á hora de impulsar as medidas, na loita contra a
discriminación múltiple ou interseccional das mulleres pola súa orientación sexual
e/ou identidade de xénero e, en particular, para erradicar a violencia lesbofóbica e a
violencia contra as mulleres trans.
2

Igualdade de recursos ao longo de todo o territorio. Reforzar os Centros de Información
á Muller aprobando un programa de ampliación e extensión dos CIM que contemple
o incremento da achega económica do programa de axudas e subvencións de apoio
aos CIM co obxectivo de reforzar e ampliar a rede galega de CIM facendo especial
énfase na creación destes centros naqueles concellos e comarcas nos que actualmente
non existen ou están sobrecargados; fixar rateo mínimas de persoal que deberán
estabelecerse en función do número de mulleres potencialmente usuarias do servizo
así como a contratación a xornada completa, como mínimo, de todo o persoal que
sexa obrigatorio para a acreditación do CIM e incorporar novos perfís profesionais,
nomeadamente, persoal técnico en igualdade e persoal administrativo.
3

Fortalecer e ampliar os recursos contra a violencia sexual. Urxe incrementar os
esforzos no ámbito da violencia sexual, na liña do marcado polo Convenio de Istambul,
acelerando a creación dos centros de atención 24 horas ás vítimas tomando como
referencia a totalidade dos hospitais públicos galegos para garantir a súa distribución
territorial equilibrada; acelerar o desenvolvemento do protocolo de prevención
e intervención fronte agresións sexuais no marco do ocio nocturno aprobado no
Parlamento galego e impulsar unha campaña específica no ámbito do ensino
secundario e universitario.
4
	
Reforzo da Atención primaria para que realmente poida ser un ente de detección
de violencias machistas, garantindo unha maior maior formación do persoal para
recoñecelas e dando cumprimento ao recollido no artigo 25 da lei respecto dos
servizos de atención psicolóxica. Así mesmo, impulsar medidas para garantir
a formación sanitaria con perspectiva de xénero e acabar coa violencia obstétrica.
5
	
Avanzar na despatriarcalización da xustiza, aumentando a formación e os recursos.
Impulso de cinco novos xulgados exclusivos e excluíntes (nos partidos xudiciais de
Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol e Pontevedra); intensificar a formación para todos os
axentes que interveñen na cadea de resposta, de forma especial ante falacias como
o inexistente Síndrome de Alienación Parental e o seu uso contra as denunciantes;
garantir espazos habilitados seguros e adecuados nos xulgados; investir na mellora
dos sistemas de protección, mellorando e ampliando o uso de dispositivos telemáticos
de protección, mudar o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia
e eficacia, complementar as valoracións policiais con Informes forenses de valoración
de risco de carácter urxente e incrementar o persoal do IMELGA ademais de impulsar
medidas de protección específicas para as vítimas menores.
6

Contra a trata e camiñando cara a abolición da prostitución. Diante do remate da
vixencia do I Plan galego contra a trata impulsar unha avaliación rigorosa do seu
resultado para traballar cos colectivos sociais e feministas a súa actualización e
o incremento orzamentario. Así mesmo, traballar activamente cara a a abolición da
prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor
ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización
ou aproximación moralista. Neste sentido, o goberno galego deberá impulsar un
programa específico para o abandono do exercicio da prostitución onde se planifique
un itinerario transversal e se garanta unha axuda periódica para tal fin.
7
	
A educación como ferramenta para a transformación. Garantir a formación docente
en materia de violencia machista e igualdade a través dunha materia específica
no máster habilitante e a través de formación obrigatoria e continuada ao longo da
carreira docente. Así mesmo, garantir a materia de Igualdade na oferta curricular das
diferentes etapas educativas cunha dotación horaria suficiente.
8
	
Incrementar a contía económica das axudas para actualizalas conforme á crise de
prezos. Aumentar para o ano 2024 as contías da prestación periódica (artigo 39 da lei)
para actualizalas conforme ao incremento do IPC e garantir a súa funcionalidade.
9

Incremento dos recursos habitacionais, tanto para a acollida urxente como vivenda
tutelada e axudas para o alugueiro. É preciso un novo impulso á Rede Galega de
Acollemento, afondando na colaboración con outras administracións para ampliar
o número de prazas e extensión xeográfica dos recursos habitacionais de urxencia,
así como planificar a progresiva xestión íntegra pública por parte da Xunta de Galiza.
Así mesmo, é preciso aumentar os recursos de axuda para o alugueiro e garantir
mecanismos de aval para protexer as vítimas ante un endurecemento xeral das
condicións de acceso á vivenda que afecta con máis intensidade aos colectivos
máis vulnerábeis.
10
	
Coñecer máis para acertar e avanzar. Elaboración periódica desde o propio Instituto
Galego de Estatística dunha macroenquisa galega bianual sobre violencia machista
que nos permita ter un coñecemento periódico da evolución dos diferentes parámetros
de violencia e da percepción pola sociedade. Incorporar ademais elementos de
discriminación múltiple ou interseccional e crear unha liña de financiamento para a
súa investigación tamén do punto de vista cualitativo polo tecido universitario galego,
desenvolvendo o ámbito de investigación que contempla a lei galega.

More Related Content

Similar to Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista

Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09MsArkadina Fontana
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalsatelite1
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
20minutos
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
BNGdoPorrinho
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
luarodalegre97
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 

Similar to Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista (6)

Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego final
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista

  • 1. Detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista 25NDía internacional contra a violencia machista denuncias por violencia machista recibidas no primeiro semestre de 2023 3.454 sentenzas condenatorias por violencia machista no primeiro semestre de 2023 472 ordes e medidas de protección e seguridade das vítimas incoadas no primeiro semestre de 2023 972 vítimas menores de idade no primeiro semestre de 2023 41 vítimas de violencia machista no primeiro semestre de 2023 3.410 mulleres foron asasinadas en Galiza no que vai de ano en casos de violencia machista 2 Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista 1 Ante o negacionismo e a banalización, máis compromisos e máis recursos económicos. Incremento de recursos económicos para garantir o desenvolvemento do marco lexislativo e blindar a loita contra a violencia machista na crise económica. Vímolo na crise de 2009 e non queremos volver velo nesta, nin un paso atrás e nin un euro menos. Ante a dureza da violencia machista cómpre mellorar os recursos e para iso hai que exixir da Xunta aumentar os recursos económicos e que non se recortarán. Reclamamos o incremento do orzamento específico contra a violencia de xénero do proxecto de orzamentos de 2024 de forma que se sitúen como mínimo, no 1% do total e así dotar de suficientes recursos para que se rectifique a liña de incumprimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e profundar, á hora de impulsar as medidas, na loita contra a discriminación múltiple ou interseccional das mulleres pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero e, en particular, para erradicar a violencia lesbofóbica e a violencia contra as mulleres trans. 2 Igualdade de recursos ao longo de todo o territorio. Reforzar os Centros de Información á Muller aprobando un programa de ampliación e extensión dos CIM que contemple o incremento da achega económica do programa de axudas e subvencións de apoio aos CIM co obxectivo de reforzar e ampliar a rede galega de CIM facendo especial énfase na creación destes centros naqueles concellos e comarcas nos que actualmente
  • 2. non existen ou están sobrecargados; fixar rateo mínimas de persoal que deberán estabelecerse en función do número de mulleres potencialmente usuarias do servizo así como a contratación a xornada completa, como mínimo, de todo o persoal que sexa obrigatorio para a acreditación do CIM e incorporar novos perfís profesionais, nomeadamente, persoal técnico en igualdade e persoal administrativo. 3 Fortalecer e ampliar os recursos contra a violencia sexual. Urxe incrementar os esforzos no ámbito da violencia sexual, na liña do marcado polo Convenio de Istambul, acelerando a creación dos centros de atención 24 horas ás vítimas tomando como referencia a totalidade dos hospitais públicos galegos para garantir a súa distribución territorial equilibrada; acelerar o desenvolvemento do protocolo de prevención e intervención fronte agresións sexuais no marco do ocio nocturno aprobado no Parlamento galego e impulsar unha campaña específica no ámbito do ensino secundario e universitario. 4 Reforzo da Atención primaria para que realmente poida ser un ente de detección de violencias machistas, garantindo unha maior maior formación do persoal para recoñecelas e dando cumprimento ao recollido no artigo 25 da lei respecto dos servizos de atención psicolóxica. Así mesmo, impulsar medidas para garantir a formación sanitaria con perspectiva de xénero e acabar coa violencia obstétrica. 5 Avanzar na despatriarcalización da xustiza, aumentando a formación e os recursos. Impulso de cinco novos xulgados exclusivos e excluíntes (nos partidos xudiciais de Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol e Pontevedra); intensificar a formación para todos os axentes que interveñen na cadea de resposta, de forma especial ante falacias como o inexistente Síndrome de Alienación Parental e o seu uso contra as denunciantes; garantir espazos habilitados seguros e adecuados nos xulgados; investir na mellora dos sistemas de protección, mellorando e ampliando o uso de dispositivos telemáticos de protección, mudar o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia, complementar as valoracións policiais con Informes forenses de valoración de risco de carácter urxente e incrementar o persoal do IMELGA ademais de impulsar medidas de protección específicas para as vítimas menores. 6 Contra a trata e camiñando cara a abolición da prostitución. Diante do remate da vixencia do I Plan galego contra a trata impulsar unha avaliación rigorosa do seu resultado para traballar cos colectivos sociais e feministas a súa actualización e o incremento orzamentario. Así mesmo, traballar activamente cara a a abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista. Neste sentido, o goberno galego deberá impulsar un programa específico para o abandono do exercicio da prostitución onde se planifique un itinerario transversal e se garanta unha axuda periódica para tal fin. 7 A educación como ferramenta para a transformación. Garantir a formación docente en materia de violencia machista e igualdade a través dunha materia específica no máster habilitante e a través de formación obrigatoria e continuada ao longo da carreira docente. Así mesmo, garantir a materia de Igualdade na oferta curricular das diferentes etapas educativas cunha dotación horaria suficiente. 8 Incrementar a contía económica das axudas para actualizalas conforme á crise de prezos. Aumentar para o ano 2024 as contías da prestación periódica (artigo 39 da lei) para actualizalas conforme ao incremento do IPC e garantir a súa funcionalidade.
  • 3. 9 Incremento dos recursos habitacionais, tanto para a acollida urxente como vivenda tutelada e axudas para o alugueiro. É preciso un novo impulso á Rede Galega de Acollemento, afondando na colaboración con outras administracións para ampliar o número de prazas e extensión xeográfica dos recursos habitacionais de urxencia, así como planificar a progresiva xestión íntegra pública por parte da Xunta de Galiza. Así mesmo, é preciso aumentar os recursos de axuda para o alugueiro e garantir mecanismos de aval para protexer as vítimas ante un endurecemento xeral das condicións de acceso á vivenda que afecta con máis intensidade aos colectivos máis vulnerábeis. 10 Coñecer máis para acertar e avanzar. Elaboración periódica desde o propio Instituto Galego de Estatística dunha macroenquisa galega bianual sobre violencia machista que nos permita ter un coñecemento periódico da evolución dos diferentes parámetros de violencia e da percepción pola sociedade. Incorporar ademais elementos de discriminación múltiple ou interseccional e crear unha liña de financiamento para a súa investigación tamén do punto de vista cualitativo polo tecido universitario galego, desenvolvendo o ámbito de investigación que contempla a lei galega.