SlideShare a Scribd company logo
Declaración institucional do Parlamento de Galicia
en relación co Día Internacional de Recordo das
Vítimas do Holocausto
O 27 de xaneiro conmemórase un ano máis o Día Internacional en
Memoria das Vítimas do Holocausto. A decisión de designar unha
data que anualmente lembre as atrocidades dunha traxedia como
a da Shoáh foi tomada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas un
primeiro de novembro do 2005.

Despois de aprobar a resolución, a Secretaría Xeral das Nacións
Unidas denominou este día especial como «un recordatorio
fundamental das leccións do Holocausto, unha desgraza sen igual
que non pode, simplemente, relegarse ao pasado e esquecerse». Os
horrores da Segunda Guerra Mundial foron sen dúbida un
catalizador para a creación das Nacións Unidas, e non podemos nin
debemos esquecer que un dos mandatos fundamentais
considerados na súa Carta son os dereitos humanos para todos, sen
distinción de raza, sexo, idioma ou relixión.

Foi un 27 de xaneiro o escollido como Día Internacional para a
Recordación do Holocausto, xa que tal día coma ese de 1945 o
exército soviético liberou aquela porta do inferno que foi o campo
de exterminio de Auschwitz-Birkenau.

Non é posible ollar cara a outro lado diante da traxedia sen igual do
Holocausto. Desde o Parlamento de Galicia, como representantes
do pobo galego, queremos e debemos lembrala. Porque lembrar é,
tamén, unha salvagarda para o futuro, para que nunca máis á
profunda perversión dos campos de exterminio, nunca máis á
barbarie e á degradación dos seres humanos, nunca máis ás
ideoloxías que só causan destrución e degradación moral.

Xa que logo, lembramos hoxe e por sempre:

Ás vítimas da Shoáh, aos seis millóns de xudeus de toda Europa que
foron perseguidos e aniquilados nos campos de exterminio polo
simple feito de seren xudeus.

Ao millón e medio de menores, que coa mesma crueldade foron
asasinados.

Ás decenas de miles de persoas xitanas que correron igual sorte,
baixo a delirante idea de non pertenceren a unha suposta raza
superior.

Aos miles de demócratas asasinados por combateren a ideoloxía
totalitaria enfrontándose aos designios criminais do III Reich.

Ás vítimas que conseguiron sobrevivir ao xenocidio, de quen
aprendemos a súa lección de enteireza e de loita.

Aos que arriscando a súa propia existencia axudaron a salvar a vida
doutras moitas persoas cuxo destino de morte os criminais xa
previran.

E lembramos hoxe tamén de xeito especial, pola súa proximidade,
aos galegos e ás galegas que sufriron o exilio e o exterminio nos
campos do horror.

Por iso, manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos
inalienables da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á
dignidade humana, para que nunca xamais poida repetirse unha
tolemia semellante á que agora recordamos.

O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuír
desde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o
respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza
fique sempre sometida ao dereito.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012

More Related Content

Similar to Declaración institucional día holocausto 2012

Historia Da Shoah
Historia Da ShoahHistoria Da Shoah
Historia Da Shoah
GZ-Israel
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
satelite1
 
Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela
Un dia de Xaneiro. De Carlos PenelaUn dia de Xaneiro. De Carlos Penela
Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela
GZ-Israel
 
A Favor De Israel
A Favor De IsraelA Favor De Israel
A Favor De Israel
GZ-Israel
 
Manifesto Agai
Manifesto AgaiManifesto Agai
Manifesto Agai
GZ-Israel
 
Manifesto AGAI
Manifesto AGAIManifesto AGAI
Manifesto AGAI
GZ-Israel
 
A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
A Pervivencia de símbolos franquistas en BetanzosA Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
contemporanea07
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocausto
satelite1
 
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democraciaO galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democraciaGalego en Berlín
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
ColeccióN 15
ColeccióN 15ColeccióN 15
ColeccióN 15
Ismael Vide González
 
Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
Convertinme Nunha Vasilla EsnaquizadaConvertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
GZ-Israel
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
Red Académica Internacional Historia a Debate
 

Similar to Declaración institucional día holocausto 2012 (14)

Historia Da Shoah
Historia Da ShoahHistoria Da Shoah
Historia Da Shoah
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
 
Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela
Un dia de Xaneiro. De Carlos PenelaUn dia de Xaneiro. De Carlos Penela
Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela
 
A Favor De Israel
A Favor De IsraelA Favor De Israel
A Favor De Israel
 
Manifesto Agai
Manifesto AgaiManifesto Agai
Manifesto Agai
 
Manifesto AGAI
Manifesto AGAIManifesto AGAI
Manifesto AGAI
 
A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
A Pervivencia de símbolos franquistas en BetanzosA Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocausto
 
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democraciaO galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Fascismos
FascismosFascismos
Fascismos
 
ColeccióN 15
ColeccióN 15ColeccióN 15
ColeccióN 15
 
Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
Convertinme Nunha Vasilla EsnaquizadaConvertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 

More from GZ-Israel

Que representa Israel para min
Que representa Israel para minQue representa Israel para min
Que representa Israel para min
GZ-Israel
 
Viena xudia
Viena xudiaViena xudia
Viena xudia
GZ-Israel
 
Pin AGAI
Pin AGAIPin AGAI
Pin AGAI
GZ-Israel
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesGZ-Israel
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
GZ-Israel
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso País
GZ-Israel
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
GZ-Israel
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
GZ-Israel
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga
GZ-Israel
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2GZ-Israel
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de Galicia
GZ-Israel
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progreso
GZ-Israel
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
GZ-Israel
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011
GZ-Israel
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04GZ-Israel
 
Xornal de Galicia . 18.04.2011
Xornal de Galicia  . 18.04.2011Xornal de Galicia  . 18.04.2011
Xornal de Galicia . 18.04.2011
GZ-Israel
 
Por la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israelPor la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israel
GZ-Israel
 
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de NoticiasPor la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
GZ-Israel
 
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de OurensePola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
GZ-Israel
 
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUIPer la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
GZ-Israel
 

More from GZ-Israel (20)

Que representa Israel para min
Que representa Israel para minQue representa Israel para min
Que representa Israel para min
 
Viena xudia
Viena xudiaViena xudia
Viena xudia
 
Pin AGAI
Pin AGAIPin AGAI
Pin AGAI
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso País
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de Galicia
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progreso
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
 
Xornal de Galicia . 18.04.2011
Xornal de Galicia  . 18.04.2011Xornal de Galicia  . 18.04.2011
Xornal de Galicia . 18.04.2011
 
Por la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israelPor la paz contra el boicot contra israel
Por la paz contra el boicot contra israel
 
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de NoticiasPor la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
Por la paz_contra_el_boicot_contra_israel_Diario de Noticias
 
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de OurensePola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
Pola Paz contra o Boicot a Israel . La Region de Ourense
 
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUIPer la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
Per la Pau contra el boicot a Israel. AVUI
 

Declaración institucional día holocausto 2012

  • 1. Declaración institucional do Parlamento de Galicia en relación co Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto O 27 de xaneiro conmemórase un ano máis o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. A decisión de designar unha data que anualmente lembre as atrocidades dunha traxedia como a da Shoáh foi tomada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas un primeiro de novembro do 2005. Despois de aprobar a resolución, a Secretaría Xeral das Nacións Unidas denominou este día especial como «un recordatorio fundamental das leccións do Holocausto, unha desgraza sen igual que non pode, simplemente, relegarse ao pasado e esquecerse». Os horrores da Segunda Guerra Mundial foron sen dúbida un catalizador para a creación das Nacións Unidas, e non podemos nin debemos esquecer que un dos mandatos fundamentais considerados na súa Carta son os dereitos humanos para todos, sen distinción de raza, sexo, idioma ou relixión. Foi un 27 de xaneiro o escollido como Día Internacional para a Recordación do Holocausto, xa que tal día coma ese de 1945 o exército soviético liberou aquela porta do inferno que foi o campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau. Non é posible ollar cara a outro lado diante da traxedia sen igual do Holocausto. Desde o Parlamento de Galicia, como representantes do pobo galego, queremos e debemos lembrala. Porque lembrar é, tamén, unha salvagarda para o futuro, para que nunca máis á profunda perversión dos campos de exterminio, nunca máis á barbarie e á degradación dos seres humanos, nunca máis ás ideoloxías que só causan destrución e degradación moral. Xa que logo, lembramos hoxe e por sempre: Ás vítimas da Shoáh, aos seis millóns de xudeus de toda Europa que
  • 2. foron perseguidos e aniquilados nos campos de exterminio polo simple feito de seren xudeus. Ao millón e medio de menores, que coa mesma crueldade foron asasinados. Ás decenas de miles de persoas xitanas que correron igual sorte, baixo a delirante idea de non pertenceren a unha suposta raza superior. Aos miles de demócratas asasinados por combateren a ideoloxía totalitaria enfrontándose aos designios criminais do III Reich. Ás vítimas que conseguiron sobrevivir ao xenocidio, de quen aprendemos a súa lección de enteireza e de loita. Aos que arriscando a súa propia existencia axudaron a salvar a vida doutras moitas persoas cuxo destino de morte os criminais xa previran. E lembramos hoxe tamén de xeito especial, pola súa proximidade, aos galegos e ás galegas que sufriron o exilio e o exterminio nos campos do horror. Por iso, manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienables da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana, para que nunca xamais poida repetirse unha tolemia semellante á que agora recordamos. O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito. Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012