Cando xa estabamos
nomedio do mar
démonos conta de
que a penas nos
quedaba gasóleo e
por iso decidimos
fondear preto da praia
de Mourisca.
6.
Nada máis desembarcar
notamosunhas pegadas
moi estrañas ao longo da
area. Eran coma doce
carreiros que chegaban
ata as rochas que hai alá,
ao final da praia.
Fómonos acercando… e
de súpeto…
7.
Vimos como asomabaa
cabeza xigante dun
enorme POLBO.
- Que,que,… que
GRANDE –dixen eu cos
ollos abertos coma
pratos.
O polbo moveu os
seus raxos e saltou
intentando alcanzarnos.
Nós corremos, corremos
e refuxiámonos nun
bosque
8.
Entón lembrei quelevaba
unha cámara na mochila.
-Voulle facer unha foto.
-Ten coidado –dixo meu
pai.
Arrimeime todo o que
poiden e… CLIC!, pero
coa luz do flash, o polbo
cegouse e quedou
desmaiado no medio da
praia.
Aproveitamos a ocasión e
marchamos na procura
do gasóleo.
9.
Cando voltamos ao
cabo dunhas horas
pudemos comprobar
que o polbo xa non
estaba. So había
unha enorme
ÁRBORE DE NADAL
con doce ponlas
cheas de boliñas.
10.
Conforme nos fomos
achegandoa aquela
fantástica árbore,
apreciamos que algo
raro pasaba: Ademáis
de ponlas tiña unha
especie de cabeza
con ollos na parte de
arriba.
11.
Meu pai foide atrevido,
tocoulle nunha das ramas
e nese mesmo momento
quedou cuberto cunha
tinta negra e pegañenta.
- Pero, isto que é? –
dixen eu, aguantando na
risa ao ver a meu pai
todo manchado de negro
- Que vai ser? –
contestou papá moi
enfurruñado- É O
POLBO!
12.
Empecei a recuar
chamandopolo meu pai:
- Vente, vente…
Entón unha das
ponlas da ÁRBORE
moveuse e comezou a
escribir na area:
QUERO SER O
VOSO AMIGO,
POR FAVOR .
13.
Papá e máiseu
mirámonos con cara
de sorpresa.
-Que facemos?
Observamos
atentamente ao
POLBO-ÁRBORE e
dixémoslle:
-Queres vir con nós á
Illa de Ons?
14.
O polbo amodiño,
amodiño,foi baixando
as ponlas-raxos e,
arrastrándose pola
area, seguíunos ata o
barco. Cando
intentabamos botar o
gasoleo, díxonos:
-Non vos molestedes
xa vos levo eu.
15.
Os autores eautoras deste conto foron os
nenos e nenas de 3º de Primaria do
Colexio de Beluso contando coa axuda de
Moisés que conseguiu que os seus
debuxos chegasen á Praia de Mourisca.
Beluso, decembro de 2010