1. Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
AXUDAS ECONÓMICAS PARA ATENCIÓN DA PRIMEIRA INFANCIA EN ESCOLAS
INFANTÍS 0-3 NON SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS A TRAVÉS DO
PROGRAMA CHEQUE INFANTIL (Orde do 24 de maio de 2012. DOG n.º 102 do
mércores, 30 de maio de 2012)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120530/AnuncioCA05-240512-0002_gl.pdf
OBXECTO
Concesión de axudas económicas para a atención de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3
non sostidas con fondos públicos, por un período máximo de once meses.
TIPO DE AXUDA
A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co
seguinte cadro, sen que poida superar o custo da praza. No caso de media xornada
reduciranse nun 50%. Considérase que as nenas e nenos con necesidades especiais
ocupan dúas prazas.
Atención educativa
Atención educativa
con comedor
Tramo de renda per cápita Contía máxima Contía máxima
mensual de axuda mensual de axuda
por praza por praza
Inferior ao 30% do IPREM De 0 a 159,74€ 180,00€ 250,00€
Entre o 30% e o 50% do IPREM De 159,75€ a 266,25€ 180,00€ 233,00€
Entre o 50% e o 75% do IPREM De 266,26€ a 399,37€ 147,00€ 200,00€
Entre o 75% e o 100% do IPREM De 399,38€ a 532,50€ 115,00€ 159,00€
Entre o 100% e o 125% do IPREM De 532,51€ a 665,63€ 75,00€ 109,00€
Entre o 125% e o 150% do IPREM De 665,64€ a 798,76€ 55,00€ 74,00€
Entre o 150% do IPREM e 1.000€ De 798,77€ a 1.000€ 45,00€ 51,00€
Superior a 1.000€ 45,00€ 45,00€
PERSOAS BENEFICIARIAS
Familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia con responsabilidade sobre
nenas/os de 0 a 3 anos nados con posterioridade ao 31 de decembro de 2009.
Solicitantes de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos e que non
resultaran adxudicatarias/os dunha por falta de prazas.
Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3
sostidas con fondos públicos.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse en calquera rexistro da Xunta de Galicia ou en formato
electrónico a través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
O prazo remata o 29 de xuño de 2012.