SlideShare a Scribd company logo
Secretaría de Política Social
          Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia


  MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS DO NOVO CONVENIO DE CENTROS
                   ESPECIAS DE EMPREGO

O venres 16 de abril asinouse o convenio dos CEE. Este convenio está asinado
por CC.OO. e UGT. A CIG se negou a firmalo.
Os tres sindicatos decidimos aceptar as táboas salariais que presentou a parte
empresarial despois de moito debate, coa condición de que se metese o pago
do 75% da IT nos tres primeiros días de baixa. A parte empresarial aceptouno
coa condición de que fose só na primeira baixa e despois de moito tempo de
debate, non fomos capaces de sacarlles mais. Dende CC.OO. parecíanos
fundamental meter este tema aínda que fose deste xeito, xa que era unha
forma de entrar para melloralo en futuros convenios. A CIG negouse a firmalo
polo tema de que fose este 75% só nunha baixa ao ano, si o firmaría se fose en
todas as baixas e así o manifestou na xuntanza do día 8 de abril.


Artigo 3º (Ámbito temporal): O convenio entrará en vigor a partir do 1 de
xaneiro de 2007 e finalizará o seu período de vixencia o 31 de decembro de
2008.
Nova redacción: O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2009 e
finalizará o seu período de vixencia o 31 de decembro de 2011. Os pluses
retributivos se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2010.

Artigo 11º (Vacacións) parágrafo 5º: No caso de enfermidade ou accidente no
período de vacacións, estas quedarán suspendidas e poderán gozarse en
calquera mes do ano axeitándose ás necesidades productivas da empresa.
Nova redacción: Cando o período de vacacións fixado no calendario laboral da
empresa coincida no tempo cunha IT derivada dunha enfermidade profesional
ou accidente laboral, dunha enfermidade común ou accidente non laboral, do
embarazo ou lactación natural ou co período de suspensión do contrato de
maternidade ou paternidade ou cos períodos de risco durante o embarazo,
terase dereito a gozar das vacacións en datas distintas ao goce do permiso, ao
finalizar o período de suspensión, aínda que remate o ano natural a que
corresponde, con previo aviso de 7 días naturais e acordo entre as partes.

Artigo 12º.d (Licenzas e permisos): Polo tempo necesario nos casos en que o
traballador/a ou os fillos/as menores precisen asistir ás consultas da
Seguridade Social, tanto de médico de cabeceira como dos especialistas;
cando non sexa posible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo,
deberá presentar o correspondente xustificante que certifique a efectiva
asistencia á consulta, así como avisar a empresa previamente para os efectos
de reorganizar a actividade productiva.
Nova redacción: Polo tempo necesario para asistir ou acompañar a fillos/as en
idade de escolarización ou maiores dependentes ao seu cargo, a consultorio
médico en horas coincidentes coa xornada laboral, debendo xustificar dito
permiso co correspondente xustificante. Así mesmo deberá avisar á empresa
previamente aos efectos de reorganizar a actividade productiva.
Secretaría de Política Social
  Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia


Artigo 12º.e (Licenzas e permisos): Cinco días naturais nos casos de
enfermidade grave ou hospitalización, intervención cirúrxica ou falecemento de
fillos/as, cónxuxe ou parella de feito.
Dous días neste mesmo suposto no caso de netos, irmáns, pais dun ou doutro
cónxuxe e avós, que serán cinco no caso de convivencia no mesmo domicilio.
Cando por tal motivo o traballador/a precise facer desprazamentos fóra da
CCAA o prazo será dun día máis.
Nova redacción: Seis días naturais nos casos de enfermidade grave ou
hospitalización, intervención cirúrxica ou falecemento de fillos, cónxuxe ou
parella de feito.
Tres días neste mesmo suposto no caso de netos, irmáns, pais dun ou doutro
cónxuxe e avós, que serán seis no caso de convivencia no mesmo domicilio.
Cando por tal motivo o traballador/a precise facer un desprazamento ao efecto
superior a 250 quilómetros, o prazo será dun día máis.

Artigo 12º.k (Licenzas e permisos): Novo apartado.
As persoas traballadoras, por lactación dun fillo/a menor de nove meses, terán
dereito á unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividirse en dúas
fraccións, ao principio e ao final da súa xornada de traballo. A duración do
permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.
A persoa, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da
súa xornada en media hora coa mesma finalidade.
A hora de ausencia do traballo poderá acumularse en xornadas completas, de
forma seguida ou fraccionada tras acordo coa empresa, polo tempo restante
ata os 9 meses do bebé.
Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en
caso de que ambos traballen, pero non de maneira simultánea por ambos
cónxuxes.

Artigo 12º.l (Licenzas e permisos): Os días 24 e 31 de decembro serán días
inhábiles para todos os efectos, e non recuperables.
Nova redacción: Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para todos
os efectos, e non recuperables. Se por necesidades do servizo non se puidese
gozar dos días 24 e 31 de decembro facilitarase un descanso en xaneiro do
seguinte ano equivalente a dúas horas por cada hora traballada.

Artigo 13º (Permisos non retribuídos): Novo artigo.
    - Por defunción de familiares ata o 3º grao de consanguinidade ou
       afinidade facilitarase a asistencia ás exequias posibilitando o cambio de
       quenda ou un día de permiso non retribuído.
    - Un mes de permiso sen salario pero computado como antigüidade, por
       coidado de familiares ata o 2º grao, debidamente acreditadas. Só se
       poderá solicitar unha vez cada dous anos e é preciso ter unha
       antigüidade na empresa de a lo menos un ano.

Artigo 15º (Redución de xornada): Novo artigo
    - Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún
       menor de nove anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica
       ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terán
       dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución
Secretaría de Política Social
  Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia


        proporcional do salario entre, a lo menos un octavo e un máximo da
        metade de duración daquela.
    - Os empregados cunha idade igual ou superior a 55 anos terán dereito a
        unha redución de entre 1/3 e ½ da súa xornada, coa diminución
        proporcional do salario, sempre que as necesidades de produción da
        empresa o permitan. En caso de desacordo, someteranse as partes ao
        AGA.
    - Quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata segundo
        grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade,
        accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non
        desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución da
        xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un
        oitavo e un máximo da metade de duración daquela.
    - Redución ou reordenación do tempo de traballo por violencia de xénero:
        a vítima terá dereito á redución da xornada coa diminución de salario ou
        á adaptación do horario.
A redución de xornada leva parella a redución proporcional dos haberes
correspondentes.
En todos os supostos, agás por motivos de violencia de xénero que será a
partir da súa xustificación, requirirase unha antelación de 20 días tanto para a
petición de redución de xornada como para solicitar á volta á xornada
completa.

Artigo 15º (Maternidade, paternidade, adopción e coidado de familiares):
Auméntase un parágrafo referido á paternidade:
Nos casos de nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento, o traballador terá
dereito a unha suspensión do contrato durante 13 días ininterrompidos,
ampliables no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples en dous
días máis por cada fillo/a a partir do segundo. Esta suspensión é independente
do desfrute compartido do período de descanso por maternidade.
No suposto de parto, a suspensión corresponde en exclusiva ao outro
proxenitor. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito
corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados; non
obstante, cando o período de descanso por maternidade sexa desfrutado na
súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade
unicamente poderá ser exercido polo outro.
O traballador que exerza este dereito poderá facelo durante o período
comprendido dende a finalización do permiso por nacemento de fillo/a, previsto
legal ou convencionalmente, ou dende a resolución xudicial pola que se
constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de
acollemento, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4
do Estatuto dos Traballadores ou inmediatamente despois da finalización de
dita suspensión.
A suspensión do contrato a que se refire este artigo, poderá desfrutarse en
réxime de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50%, previo acordo
entre o empresario e o traballador.
O traballador deberá comunicar ao empresario, coa debida antelación, o
exercicio deste dereito nos termos establecidos, no seu caso, nos convenios
colectivos.
Secretaría de Política Social
  Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia


Artigo 16º (Excedencias):
Auméntase un parágrafo referido á excedencia por coidado de fillos/as:
Para atender ao coidado de cada fillo/a menor de tres anos, con reserva de
praza que se computará a efectos de antigüidade.
O traballador/a poderá solicitar durante o primeiro ano a reincorporación ao seu
posto cun preaviso de 20 días e de 30 días a partir do primeiro, aínda que non
finalizase o período da concesión. Poderase solicitar indistintamente polo pai
ou nai.

Artigo 23º (Plus de asistencia):
Establécese un complemento de asistencia de carácter non consolidable de
30€ cuadrimestrais para todas as categorías. Auméntase a 40€.

Artigo 24º (Plus de distancia):
Establecese un complemento de distancia de natureza extrasalarial en contía
máxima de 30€ cuadrimestrais coa finalidade de compensar ao traballador/a
polos gastos que lle ocasione o desprazamento desde o seu domicilio ao lugar
de traballo. Auméntase a 40€.

Artigo 25º (Plus de domingos e festivos): Novo artigo
O/a traballador/a que realice unha xornada completa entre as 00:00h e as
24:00h de calquera domingo ou festivo percibirá un complemento de 12€ no
ano 2010 e de 15€ no ano 2011 cada vez que realice a devandita xornada. Se
non traballase a xornada completa, terá dereito á parte proporcional que
corresponda da cantidade total referida en función do tempo traballado.
Exceptúase dese complemento o persoal cando a xornada habitual de traballo
inclúa os domingos e festivos.

Artigo 31º (Paga de vinculación): Novo artigo
Establécese unha gratificación extraordinaria non consolidable a percibir unha
soa vez no momento de cumprir 21 anos na empresa.
A contía desta paga sería o SALARIO da categoría segunda nivel N2 do Anexo
I.

Artigo 32º (Anticipos salariais): Novo artigo
Todo traballador/a terá dereito a percibir entregas de cantidades a conta, para
estudio, formación, gasto extraordinario e temas de saúde dos fillos/as e
compañeiros/as que deriven das necesidades dos/as traballadores/as.
Cada traballador/a non poderá solicitar mais dun mes de salario. Terá que ter
unha antigüidade mínima dun ano na empresa e deberá xustificar o motivo da
solicitude.
A cantidade utilizada polo/a traballador/a devolverase nun máximo de 14
pagas, non podendo pedir outro anticipo nun prazo mínimo dun ano. A
cantidade concedida se detraerá proporcionalmente da nómina de cada mes e
en todo caso antes de finalizar o seu contrato no caso de traballadores/as
eventuais.
Secretaría de Política Social
  Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia


Artigo 50º Incapacidade Temporal
No caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, as
empresas complementarán os tres primeiros días de baixa ata o 75% dos
conceptos salariais fixos. Este complemento farase exclusivamente para a
primeira baixa do ano.

Artigo 52º (Seguro Colectivo): Novo artigo
A parte empresarial asinantes deste convenio concertarán seguros colectivos
de accidente, con primas ao seu cargo, durante a vixencia deste convenio,
mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:
    1. Accidente laboral con resultado de morte...... 18.000€
    2. Accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta
       ou gran invalidez............................................ 20.000€
A repercusión na cobertura da póliza pola diferenza do incremento que se
produce, entenderase con efectos a partir de 30 días despois do asinamento do
presente convenio.va creación, subscribirán este seguro no prazo de 30 días
dende a contratación do primeiro traballador.
Este seguro deberase subscribir no prazo de 30 días dende a publicación do
presente convenio. As empresas de n
O traballador/a facilitará o nome do beneficiario/a á empresa no mesmo
período de tempo do punto anterior.

Artigo 55º (Fomento da contratación indefinida): Novo artigo
A empresa comprométese a que un 70% do cadro de persoal en cada
momento teña contrato indefinido.

Disposición adicional terceira: Nova disposición
As fundacións que estean constituídas como mínimo nun 20% por sociedades
ou entidades definidas na Sección 2ª (ámbito territorial, funcional e persoal),
artigo 2 (ámbito) do presente Convenio Colectivo, aplicaráselles os convenios
colectivos sectoriais vixentes en cada un dos sectores nos que se encadre a
actividade productiva do centro.
Secretaría de Política Social
        Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia



                                                                      TABOAS SALARIAIS
                                                                          ANEXO I

                                                      2008                  2010                               2011
                                                 Sal.       Sal.       Sal.       Sal.       %
Categorías Nivel           Nomes               Mensual     Anual      Mensual    Anual     incr.

    1       N1     Técnico superior nivel 1    1.086,50   15.211,10   1.128,20   15.794,80 3,84%

            N2     Técnico superior nivel 2    1.026,10   14.365,70   1.065,50   14.917,00 3,84%

    2       N1      Técnico medio nivel 1       965,5     13.518,80   1.002,70   14.037,80 3,84%

            N2      Técnico medio nivel 2       905,5     12.676,40    940,2     13.162,80 3,84%

    3                 Mando intermedio          814,9     11.408,30   864,15     11.846,10 3,84%   IPC previsto + 1p + desviación
                                                                                                    do ano anterior, se procedera
    4                 Técnico axudante          784,6     10.984,10    814,7     11.405,80 3,84%

    5       N1      Administrativo nivel 1      766,6     10.732,30     796      11.144,00 3,84%

            N2      Administrativo nivel 2      617,2     8.640,90    664,05     9.266,70 7,59%

    6       N1     Técnico non cual. Nivel 1    615,2     8.612,80     661,9     9.266,60 7,59%

            N2     Técnico non cual. Nivel 2    605,4     8.475,00     651,3     9.118,20 7,59%

    7                      Operario             600,3     8.403,80      640      8.960,00 6,62%
Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia




                                                                             TABOAS SALARIAIS
                                                                                 ANEXO I I

                                                             2008                  2010                               2011
                                                        Sal.       Sal.       Sal.       Sal.       %
Categorías Nivel                   Nomes              Mensual     Anual      Mensual    Anual     incr.

     1          N1        Técnico superior nivel 1    1.581,20   22.136,80   1.641,85   22.985,90 3,84%

                N2        Técnico superior nivel 2    1.238,10   17.332,80   1.285,55   17.997,70 3,84%

     2          N1         Técnico medio nivel 1      1.164,50   16.302,30   1.209,12   16.927,68 3,84%

                N2         Técnico medio nivel 2      1.092,40   15.294,20   1.134,35   15.880,90 3,84%

     3                       Mando intermedio         1.080,60   15.127,80   1.122,01   15.708,14 3,84%   IPC previsto + 1p + desviación
                                                                                                           do ano anterior, se procedera
     4                       Técnico axudante         1.012,90   14.180,30   1.051,73   14.724,22 3,84%

     5          N1         Administrativo nivel 1      924,9     12.948,60   960,38     13.445,32 3,84%

                N2         Administrativo nivel 2      745,9     10.442,60   774,51     10.843,14 3,84%

     6          N1       Técnico non cual. Nivel 1     742,3     10.391,60   770,73     10.598,14 3,84%

                N2       Técnico non cual. Nivel 2      729      10.206,60   757,01     10.598,14 3,84%

     7                            Operario             722,2     10.110,70    749,9     10.498,60 3,84%



                        Información evolución do
                                    IPC
                          IPC Real 2008    1,4%
                         IPC Real 2009      0,8%
Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

More Related Content

Viewers also liked

Passo a Passo - Paixão por cuidar
Passo a Passo - Paixão por cuidarPasso a Passo - Paixão por cuidar
Passo a Passo - Paixão por cuidar
paixaoporcuidar
 
Atividade 4 Meio 2 O Turismo Em Sergipe
Atividade 4   Meio 2   O Turismo Em SergipeAtividade 4   Meio 2   O Turismo Em Sergipe
Atividade 4 Meio 2 O Turismo Em Sergipe
guest49a067
 
Instituições de Ensino
Instituições de EnsinoInstituições de Ensino
Instituições de Ensino
Evandro Santos
 
Eq 2grau Completas
Eq 2grau CompletasEq 2grau Completas
Eq 2grau Completastioheraclito
 
História real
História realHistória real
História realmana 5066
 
pensando Pensando Segurança Pública vol2 final
pensando Pensando Segurança Pública   vol2 finalpensando Pensando Segurança Pública   vol2 final
pensando Pensando Segurança Pública vol2 finalmana 5066
 
Questao10simu
Questao10simuQuestao10simu
Questao10simu
estudanteforum
 
Vygotsky
VygotskyVygotsky
Vygotsky
Max Suell Vitor
 
Acentuacao grafica exercicios
Acentuacao grafica exerciciosAcentuacao grafica exercicios
Acentuacao grafica exercicios
Emerson Assis
 
Aula 2 - Conjuntos
Aula 2 - ConjuntosAula 2 - Conjuntos
Aula 2 - ConjuntosSoterO o/
 
40119492 como-apresentar-seus-numeros
40119492 como-apresentar-seus-numeros40119492 como-apresentar-seus-numeros
40119492 como-apresentar-seus-numerosGrupo Itaquerê
 
Código limpo: Funções Capítulo 3
Código limpo: Funções  Capítulo 3Código limpo: Funções  Capítulo 3
Código limpo: Funções Capítulo 3Inael Rodrigues
 
Ficha 6 nº naturais global
Ficha 6  nº naturais globalFicha 6  nº naturais global
Ficha 6 nº naturais globalAndreia Silva
 
Edição de páginas para a Web
Edição de páginas para a WebEdição de páginas para a Web
Edição de páginas para a Web
Elisabete Cruz
 
Ficha de trabalho so 6 m4 linux comandos
Ficha de trabalho so 6 m4   linux comandosFicha de trabalho so 6 m4   linux comandos
Ficha de trabalho so 6 m4 linux comandosfilipereira
 
Lista sobre conjuntos numéricos
Lista sobre conjuntos numéricosLista sobre conjuntos numéricos
Lista sobre conjuntos numéricosUyara Teixeira
 

Viewers also liked (20)

Passo a Passo - Paixão por cuidar
Passo a Passo - Paixão por cuidarPasso a Passo - Paixão por cuidar
Passo a Passo - Paixão por cuidar
 
Atividade 4 Meio 2 O Turismo Em Sergipe
Atividade 4   Meio 2   O Turismo Em SergipeAtividade 4   Meio 2   O Turismo Em Sergipe
Atividade 4 Meio 2 O Turismo Em Sergipe
 
Instituições de Ensino
Instituições de EnsinoInstituições de Ensino
Instituições de Ensino
 
Eq 2grau Completas
Eq 2grau CompletasEq 2grau Completas
Eq 2grau Completas
 
História real
História realHistória real
História real
 
pensando Pensando Segurança Pública vol2 final
pensando Pensando Segurança Pública   vol2 finalpensando Pensando Segurança Pública   vol2 final
pensando Pensando Segurança Pública vol2 final
 
Invasão Holandesa
Invasão HolandesaInvasão Holandesa
Invasão Holandesa
 
Questao10simu
Questao10simuQuestao10simu
Questao10simu
 
Vygotsky
VygotskyVygotsky
Vygotsky
 
Acentuacao grafica exercicios
Acentuacao grafica exerciciosAcentuacao grafica exercicios
Acentuacao grafica exercicios
 
Avaliaçao redação
Avaliaçao redaçãoAvaliaçao redação
Avaliaçao redação
 
Aula 2 - Conjuntos
Aula 2 - ConjuntosAula 2 - Conjuntos
Aula 2 - Conjuntos
 
40119492 como-apresentar-seus-numeros
40119492 como-apresentar-seus-numeros40119492 como-apresentar-seus-numeros
40119492 como-apresentar-seus-numeros
 
Código limpo: Funções Capítulo 3
Código limpo: Funções  Capítulo 3Código limpo: Funções  Capítulo 3
Código limpo: Funções Capítulo 3
 
Ficha 6 nº naturais global
Ficha 6  nº naturais globalFicha 6  nº naturais global
Ficha 6 nº naturais global
 
Edição de páginas para a Web
Edição de páginas para a WebEdição de páginas para a Web
Edição de páginas para a Web
 
Ficha de trabalho so 6 m4 linux comandos
Ficha de trabalho so 6 m4   linux comandosFicha de trabalho so 6 m4   linux comandos
Ficha de trabalho so 6 m4 linux comandos
 
Ponto75
Ponto75Ponto75
Ponto75
 
Lista sobre conjuntos numéricos
Lista sobre conjuntos numéricosLista sobre conjuntos numéricos
Lista sobre conjuntos numéricos
 
Ft8
Ft8Ft8
Ft8
 

Similar to Centros especiais de emprego

Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Ana
Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e AnaSuspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Ana
Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Anaignaciotomas
 
Plataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescoPlataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescooscargaliza
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)oscargaliza
 
Resolución permisos e licencias
Resolución permisos e licenciasResolución permisos e licencias
Resolución permisos e licencias26021966
 
Permisos e licenzas profesorado.
Permisos e licenzas profesorado.Permisos e licenzas profesorado.
Permisos e licenzas profesorado.
mmaannuu gonzalez
 
ExtincióN Do Contrato
ExtincióN Do ContratoExtincióN Do Contrato
ExtincióN Do Contratomercenoe
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballoiespobra
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballo
iespobra
 
Díptico muller fina lx
Díptico muller fina lxDíptico muller fina lx
Díptico muller fina lxoscargaliza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012
Confederación Intersindical Galega
 
Axudas corresponsabilidade
Axudas corresponsabilidadeAxudas corresponsabilidade
Axudas corresponsabilidadeoscargaliza
 

Similar to Centros especiais de emprego (14)

Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Ana
Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e AnaSuspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Ana
Suspensión do contrato. Por Laura, Silvia e Ana
 
Borrador texto
Borrador textoBorrador texto
Borrador texto
 
Plataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescoPlataforma peixe fresco
Plataforma peixe fresco
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
 
Resolución permisos e licencias
Resolución permisos e licenciasResolución permisos e licencias
Resolución permisos e licencias
 
Permisos e licenzas profesorado.
Permisos e licenzas profesorado.Permisos e licenzas profesorado.
Permisos e licenzas profesorado.
 
ExtincióN Do Contrato
ExtincióN Do ContratoExtincióN Do Contrato
ExtincióN Do Contrato
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballo
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballo
 
Díptico muller fina lx
Díptico muller fina lxDíptico muller fina lx
Díptico muller fina lx
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012
 
Axudas corresponsabilidade
Axudas corresponsabilidadeAxudas corresponsabilidade
Axudas corresponsabilidade
 

More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataformaoscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 

More from oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 

Centros especiais de emprego

  • 1. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS DO NOVO CONVENIO DE CENTROS ESPECIAS DE EMPREGO O venres 16 de abril asinouse o convenio dos CEE. Este convenio está asinado por CC.OO. e UGT. A CIG se negou a firmalo. Os tres sindicatos decidimos aceptar as táboas salariais que presentou a parte empresarial despois de moito debate, coa condición de que se metese o pago do 75% da IT nos tres primeiros días de baixa. A parte empresarial aceptouno coa condición de que fose só na primeira baixa e despois de moito tempo de debate, non fomos capaces de sacarlles mais. Dende CC.OO. parecíanos fundamental meter este tema aínda que fose deste xeito, xa que era unha forma de entrar para melloralo en futuros convenios. A CIG negouse a firmalo polo tema de que fose este 75% só nunha baixa ao ano, si o firmaría se fose en todas as baixas e así o manifestou na xuntanza do día 8 de abril. Artigo 3º (Ámbito temporal): O convenio entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2007 e finalizará o seu período de vixencia o 31 de decembro de 2008. Nova redacción: O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2009 e finalizará o seu período de vixencia o 31 de decembro de 2011. Os pluses retributivos se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2010. Artigo 11º (Vacacións) parágrafo 5º: No caso de enfermidade ou accidente no período de vacacións, estas quedarán suspendidas e poderán gozarse en calquera mes do ano axeitándose ás necesidades productivas da empresa. Nova redacción: Cando o período de vacacións fixado no calendario laboral da empresa coincida no tempo cunha IT derivada dunha enfermidade profesional ou accidente laboral, dunha enfermidade común ou accidente non laboral, do embarazo ou lactación natural ou co período de suspensión do contrato de maternidade ou paternidade ou cos períodos de risco durante o embarazo, terase dereito a gozar das vacacións en datas distintas ao goce do permiso, ao finalizar o período de suspensión, aínda que remate o ano natural a que corresponde, con previo aviso de 7 días naturais e acordo entre as partes. Artigo 12º.d (Licenzas e permisos): Polo tempo necesario nos casos en que o traballador/a ou os fillos/as menores precisen asistir ás consultas da Seguridade Social, tanto de médico de cabeceira como dos especialistas; cando non sexa posible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo, deberá presentar o correspondente xustificante que certifique a efectiva asistencia á consulta, así como avisar a empresa previamente para os efectos de reorganizar a actividade productiva. Nova redacción: Polo tempo necesario para asistir ou acompañar a fillos/as en idade de escolarización ou maiores dependentes ao seu cargo, a consultorio médico en horas coincidentes coa xornada laboral, debendo xustificar dito permiso co correspondente xustificante. Así mesmo deberá avisar á empresa previamente aos efectos de reorganizar a actividade productiva.
  • 2. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia Artigo 12º.e (Licenzas e permisos): Cinco días naturais nos casos de enfermidade grave ou hospitalización, intervención cirúrxica ou falecemento de fillos/as, cónxuxe ou parella de feito. Dous días neste mesmo suposto no caso de netos, irmáns, pais dun ou doutro cónxuxe e avós, que serán cinco no caso de convivencia no mesmo domicilio. Cando por tal motivo o traballador/a precise facer desprazamentos fóra da CCAA o prazo será dun día máis. Nova redacción: Seis días naturais nos casos de enfermidade grave ou hospitalización, intervención cirúrxica ou falecemento de fillos, cónxuxe ou parella de feito. Tres días neste mesmo suposto no caso de netos, irmáns, pais dun ou doutro cónxuxe e avós, que serán seis no caso de convivencia no mesmo domicilio. Cando por tal motivo o traballador/a precise facer un desprazamento ao efecto superior a 250 quilómetros, o prazo será dun día máis. Artigo 12º.k (Licenzas e permisos): Novo apartado. As persoas traballadoras, por lactación dun fillo/a menor de nove meses, terán dereito á unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividirse en dúas fraccións, ao principio e ao final da súa xornada de traballo. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. A persoa, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. A hora de ausencia do traballo poderá acumularse en xornadas completas, de forma seguida ou fraccionada tras acordo coa empresa, polo tempo restante ata os 9 meses do bebé. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen, pero non de maneira simultánea por ambos cónxuxes. Artigo 12º.l (Licenzas e permisos): Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para todos os efectos, e non recuperables. Nova redacción: Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para todos os efectos, e non recuperables. Se por necesidades do servizo non se puidese gozar dos días 24 e 31 de decembro facilitarase un descanso en xaneiro do seguinte ano equivalente a dúas horas por cada hora traballada. Artigo 13º (Permisos non retribuídos): Novo artigo. - Por defunción de familiares ata o 3º grao de consanguinidade ou afinidade facilitarase a asistencia ás exequias posibilitando o cambio de quenda ou un día de permiso non retribuído. - Un mes de permiso sen salario pero computado como antigüidade, por coidado de familiares ata o 2º grao, debidamente acreditadas. Só se poderá solicitar unha vez cada dous anos e é preciso ter unha antigüidade na empresa de a lo menos un ano. Artigo 15º (Redución de xornada): Novo artigo - Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de nove anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terán dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución
  • 3. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia proporcional do salario entre, a lo menos un octavo e un máximo da metade de duración daquela. - Os empregados cunha idade igual ou superior a 55 anos terán dereito a unha redución de entre 1/3 e ½ da súa xornada, coa diminución proporcional do salario, sempre que as necesidades de produción da empresa o permitan. En caso de desacordo, someteranse as partes ao AGA. - Quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un oitavo e un máximo da metade de duración daquela. - Redución ou reordenación do tempo de traballo por violencia de xénero: a vítima terá dereito á redución da xornada coa diminución de salario ou á adaptación do horario. A redución de xornada leva parella a redución proporcional dos haberes correspondentes. En todos os supostos, agás por motivos de violencia de xénero que será a partir da súa xustificación, requirirase unha antelación de 20 días tanto para a petición de redución de xornada como para solicitar á volta á xornada completa. Artigo 15º (Maternidade, paternidade, adopción e coidado de familiares): Auméntase un parágrafo referido á paternidade: Nos casos de nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento, o traballador terá dereito a unha suspensión do contrato durante 13 días ininterrompidos, ampliables no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples en dous días máis por cada fillo/a a partir do segundo. Esta suspensión é independente do desfrute compartido do período de descanso por maternidade. No suposto de parto, a suspensión corresponde en exclusiva ao outro proxenitor. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados; non obstante, cando o período de descanso por maternidade sexa desfrutado na súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade unicamente poderá ser exercido polo outro. O traballador que exerza este dereito poderá facelo durante o período comprendido dende a finalización do permiso por nacemento de fillo/a, previsto legal ou convencionalmente, ou dende a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores ou inmediatamente despois da finalización de dita suspensión. A suspensión do contrato a que se refire este artigo, poderá desfrutarse en réxime de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50%, previo acordo entre o empresario e o traballador. O traballador deberá comunicar ao empresario, coa debida antelación, o exercicio deste dereito nos termos establecidos, no seu caso, nos convenios colectivos.
  • 4. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia Artigo 16º (Excedencias): Auméntase un parágrafo referido á excedencia por coidado de fillos/as: Para atender ao coidado de cada fillo/a menor de tres anos, con reserva de praza que se computará a efectos de antigüidade. O traballador/a poderá solicitar durante o primeiro ano a reincorporación ao seu posto cun preaviso de 20 días e de 30 días a partir do primeiro, aínda que non finalizase o período da concesión. Poderase solicitar indistintamente polo pai ou nai. Artigo 23º (Plus de asistencia): Establécese un complemento de asistencia de carácter non consolidable de 30€ cuadrimestrais para todas as categorías. Auméntase a 40€. Artigo 24º (Plus de distancia): Establecese un complemento de distancia de natureza extrasalarial en contía máxima de 30€ cuadrimestrais coa finalidade de compensar ao traballador/a polos gastos que lle ocasione o desprazamento desde o seu domicilio ao lugar de traballo. Auméntase a 40€. Artigo 25º (Plus de domingos e festivos): Novo artigo O/a traballador/a que realice unha xornada completa entre as 00:00h e as 24:00h de calquera domingo ou festivo percibirá un complemento de 12€ no ano 2010 e de 15€ no ano 2011 cada vez que realice a devandita xornada. Se non traballase a xornada completa, terá dereito á parte proporcional que corresponda da cantidade total referida en función do tempo traballado. Exceptúase dese complemento o persoal cando a xornada habitual de traballo inclúa os domingos e festivos. Artigo 31º (Paga de vinculación): Novo artigo Establécese unha gratificación extraordinaria non consolidable a percibir unha soa vez no momento de cumprir 21 anos na empresa. A contía desta paga sería o SALARIO da categoría segunda nivel N2 do Anexo I. Artigo 32º (Anticipos salariais): Novo artigo Todo traballador/a terá dereito a percibir entregas de cantidades a conta, para estudio, formación, gasto extraordinario e temas de saúde dos fillos/as e compañeiros/as que deriven das necesidades dos/as traballadores/as. Cada traballador/a non poderá solicitar mais dun mes de salario. Terá que ter unha antigüidade mínima dun ano na empresa e deberá xustificar o motivo da solicitude. A cantidade utilizada polo/a traballador/a devolverase nun máximo de 14 pagas, non podendo pedir outro anticipo nun prazo mínimo dun ano. A cantidade concedida se detraerá proporcionalmente da nómina de cada mes e en todo caso antes de finalizar o seu contrato no caso de traballadores/as eventuais.
  • 5. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia Artigo 50º Incapacidade Temporal No caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, as empresas complementarán os tres primeiros días de baixa ata o 75% dos conceptos salariais fixos. Este complemento farase exclusivamente para a primeira baixa do ano. Artigo 52º (Seguro Colectivo): Novo artigo A parte empresarial asinantes deste convenio concertarán seguros colectivos de accidente, con primas ao seu cargo, durante a vixencia deste convenio, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións: 1. Accidente laboral con resultado de morte...... 18.000€ 2. Accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez............................................ 20.000€ A repercusión na cobertura da póliza pola diferenza do incremento que se produce, entenderase con efectos a partir de 30 días despois do asinamento do presente convenio.va creación, subscribirán este seguro no prazo de 30 días dende a contratación do primeiro traballador. Este seguro deberase subscribir no prazo de 30 días dende a publicación do presente convenio. As empresas de n O traballador/a facilitará o nome do beneficiario/a á empresa no mesmo período de tempo do punto anterior. Artigo 55º (Fomento da contratación indefinida): Novo artigo A empresa comprométese a que un 70% do cadro de persoal en cada momento teña contrato indefinido. Disposición adicional terceira: Nova disposición As fundacións que estean constituídas como mínimo nun 20% por sociedades ou entidades definidas na Sección 2ª (ámbito territorial, funcional e persoal), artigo 2 (ámbito) do presente Convenio Colectivo, aplicaráselles os convenios colectivos sectoriais vixentes en cada un dos sectores nos que se encadre a actividade productiva do centro.
  • 6. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia TABOAS SALARIAIS ANEXO I 2008 2010 2011 Sal. Sal. Sal. Sal. % Categorías Nivel Nomes Mensual Anual Mensual Anual incr. 1 N1 Técnico superior nivel 1 1.086,50 15.211,10 1.128,20 15.794,80 3,84% N2 Técnico superior nivel 2 1.026,10 14.365,70 1.065,50 14.917,00 3,84% 2 N1 Técnico medio nivel 1 965,5 13.518,80 1.002,70 14.037,80 3,84% N2 Técnico medio nivel 2 905,5 12.676,40 940,2 13.162,80 3,84% 3 Mando intermedio 814,9 11.408,30 864,15 11.846,10 3,84% IPC previsto + 1p + desviación do ano anterior, se procedera 4 Técnico axudante 784,6 10.984,10 814,7 11.405,80 3,84% 5 N1 Administrativo nivel 1 766,6 10.732,30 796 11.144,00 3,84% N2 Administrativo nivel 2 617,2 8.640,90 664,05 9.266,70 7,59% 6 N1 Técnico non cual. Nivel 1 615,2 8.612,80 661,9 9.266,60 7,59% N2 Técnico non cual. Nivel 2 605,4 8.475,00 651,3 9.118,20 7,59% 7 Operario 600,3 8.403,80 640 8.960,00 6,62%
  • 7. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia TABOAS SALARIAIS ANEXO I I 2008 2010 2011 Sal. Sal. Sal. Sal. % Categorías Nivel Nomes Mensual Anual Mensual Anual incr. 1 N1 Técnico superior nivel 1 1.581,20 22.136,80 1.641,85 22.985,90 3,84% N2 Técnico superior nivel 2 1.238,10 17.332,80 1.285,55 17.997,70 3,84% 2 N1 Técnico medio nivel 1 1.164,50 16.302,30 1.209,12 16.927,68 3,84% N2 Técnico medio nivel 2 1.092,40 15.294,20 1.134,35 15.880,90 3,84% 3 Mando intermedio 1.080,60 15.127,80 1.122,01 15.708,14 3,84% IPC previsto + 1p + desviación do ano anterior, se procedera 4 Técnico axudante 1.012,90 14.180,30 1.051,73 14.724,22 3,84% 5 N1 Administrativo nivel 1 924,9 12.948,60 960,38 13.445,32 3,84% N2 Administrativo nivel 2 745,9 10.442,60 774,51 10.843,14 3,84% 6 N1 Técnico non cual. Nivel 1 742,3 10.391,60 770,73 10.598,14 3,84% N2 Técnico non cual. Nivel 2 729 10.206,60 757,01 10.598,14 3,84% 7 Operario 722,2 10.110,70 749,9 10.498,60 3,84% Información evolución do IPC IPC Real 2008 1,4% IPC Real 2009 0,8%
  • 8. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia