Moitos desastres naturaisafectaron ao noso planeta ao longo dos séculos. Dende os comezos grandes catástrofes foron sufridas pola terra que habitamos, máis o carácter de estas cambiou dende a nosa presenza. Sen dúbida, houbo un antes e un despois dende a nosa aparición.
3.
Para empezar afalar de catástrofes naturais, é preciso falar de que tipos existen e a qué zonas soen afectar. Daremos un breve repaso polas causas dos desastres, polas consecuencias e pola relación que manteñen co denominado cambio climático.
4.
Avalancha Unhaavalancha é un deslizamento brusco de material, mestura de xeo, rocha, lama e vexetación ladeira abaixo. As avalanchas poden ser de pedras ou de pó. Poden recorrer quilómetros e provocar a destrución total da ladeira e todo o que atope ao seu paso.
5.
Vaga de calorUnha vaga de calor é unha catástrofe caracterizada pola calor extrema no lugar onde acontece. As vagas de calor son estrañas e precisan combinacións especiais de fenómenos atmosféricos para ter lugar, e poden incluír inversións de temperatura, ventos catabáticos, e outros fenómenos.
6.
Corremento de lodo Un corremento de lodo é o deslizamento de lodo ou lama debido á chuvia caída sobre chans de pobre drenaxe. As causas poden ser a deforestación, a carencia de vexetación, etc. Algúns corrementos de lodo son masivos e poden arrasar grandes áreas
7.
Erupción límnica Unhaerupción límnica é unha repentina liberación de gas asfixiante ou inflamábel dun lago. Tres lagos teñen esta característica, o Lago Nyos, no Camerún, o Lago Mono, en California e o Lago Kivu, entre Rwanda e a República Democrática do Congo.
8.
Erupción volcánica Osvolcáns son aberturas ou gretas na codia terrestre a través da cal pode saír lava, gases, ou poden estoupar arroxando ao aire grandes bloques de terra e rochas.
9.
Furacán Un Furacáné un sistema ciclónico a baixa presión que se forma sobre os océanos. Está causado pola evaporación da auga que ascende do mar converténdose nunha treboada. O efecto Coriolis fai que a treboada xire, converténdose nun furacán se supera os 110 km/h.
10.
Terremoto Un terremoto é un movemento brusco das placas tectónicas da codia terrestre. Na superficie, manifestase por un movemento do chan, e pode danar enormemente a estruturas mal construídas. Os terremotos máis poderosos poden destruír ata as construcións mellor deseñadas. Ademais, poden provocar catástrofes secundarios como erupcións volcánicas ou tsunamis.
11.
Tromba de augaUnha tromba de auga ou tromba marina é un fenómeno que ocorre en augas tropicalis en condicións de chuvia. Fórmanse na base de nubes tipo cúmulo e chegan ata a superficie do mar onde recollen a marusía da auga. As trombas de auga son perigosas para os barcos, os avións e estruturas terrestres. No Triángulo das Bermudas prodúcense a miúdo.
12.
Treboada Una Treboadaé un exemplo de tempo extremo caracterizado pola presenza de raios, abundante chuvia, fortes ventos, saraiba e en ocasións neve ou tornados.
13.
Treboada solar Unha Treboada solar é unha explosión violenta na atmosfera do Sol cunha enerxía equivalente a millóns de bombas de hidróxeno. As emisións das treboadas solares son perigosas para os satélites en órbita, misións espaciais, sistemas de comunicación, redes de suministro eléctrico e todo tipo de aparato electrónico.
14.
Tornado Os tornadosson correntes violentas de vento que poden soprar ata 500 km/h. Poden aparecer en solitario ou en grupos ao longo da liña da fronte tormentosa.
15.
Un tsunami éunha onda xigante de auga que alcanza a beira do continente cunha altura superior a 15 metros.. Os tsunamis poden ser causados por sismos submarinos como o Terremoto do Océano Índico de 2004, ou por derrubamentos como o acontecido na Bahía Lituya, Alaska. Este último entrería xa na clasificación dos megatsunamis.
16.
Onda Brava Chamada o terror dos mares a Onda Brava ou Onda Errante é unha xigantesca onda marina que pode ser xerada por un sinistro nas correntes marinas, un tifón ou unha grande treboada. En Galiza aparecen con bastante frecuencia, supoñendo um gran perigo para percebeiros, mexilloeiros á cría ou pescadores.
17.
Frecuentemente xorde apregunta na comunidade científica sobre a naturalidade dunha catástrofe natural, é dicir, que a actividade humana pode ser en parte responsábel por mor do acelerado ritmo de quecemento do planeta. Tamén se discute sobre o factor económico, que fai máis vulnerábeis aos máis pobres. No gráfico pódese apreciar unha tendencia de incremento dos rexistros de catástrofes naturais ao longo de dúas décadas.
18.
En conclusión, as catástrofes naturáis acontecen de xeito normal, mais o cambio acelerado que está a padecer o noso planeta non o é, co cal podemos deducir que o aumento de catástrofes naturais pode ter algo que ver co factor humano. Se golpeamos ao nóso planeta, debemos ter a seguridade de que a resposta de este non vai a ser menor. En resumen, non mordámola mán de quén nos alimenta e nos gorece.