SlideShare a Scribd company logo
Aprobación definitiva do Regulamento das Escolas Municipais de Narón
                     BOP: 13 de julio de 2009 • Número 156 • Página 65

O Pleno do Concello de Narón aprobou inicialmente, na sesión celebrada o día 29 de
xaneiro de 2009, o Regulamento das Escolas Infantís Muncpais de Narón, polo que
pasado o período de exposición pública sen que se tivesen formulado alegacións, o
Pleno do Concello aprobou na sesión do 28 de maio de 2009 definitivamente o
Regulamento así como a publicación íntegra do mesmo no Boletín Oficial da
Provincia:

PREÁMBULO:
As Escolas Infantís Municipais cumpren unha función eminentemente social e
educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de
raza, sexo ou condición social ou económica, a través dun programa global que garanta
o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as.
As EIM cooperarán estreitamente cós pais, titores ou representantes legais có fin de
facilita-la conciliación da vida familiar e laboral, e consegui-la mellor integración entre
os centros e as familias.
As EIM desenvolverán un proxecto educativo baseado nos principios de liberdade,
igualdade, solidaridade, diversidade, interculturalidade e respecto dos demais, e en
particular dos nenos, coma mínimo tal como se contempla nas Convencións e Dereito
Internacionais.


           CAPÍTULO VIII: NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA


ARTIGO 52.- DEREITOS E OBRIGAS DOS PAIS/NAIS/TITORES
Os pais, nais, titores ou representantes legais, terán os seguintes dereitos:
a) A que os fillos reciban a educación definida nos principios constitucionais, e nas leis
educativas que os desenvolven, así como o recollido no Proxecto Educativo e Proxecto
Curricular contidos no Plan de Centro.
b) A Participar na comunidade educativa das EIM ó través do Consello Escolar e da
Asociación de nais e pais das EIM.
c) A deixar de utulizar os servizos ou abandonar a escola por vontade propia.
d) A teren información comprensible das medidas adoptadas respecto dos/as menores e
a pediren explicación de canto afecte a súa propia educación.
e) A participaren nas actividades previamente planificadas polo persoal docente, tanto
relacionadas coas festas tradicionais como de calquera outra índole.
Os pais, nais, titores ou representantes legais, terán as seguintes obrigas:
a) Cumprir as normas que estableza a escola para o seu bo funcionamento recollidas no
presente regulamento.
b) Manter e observar unha conducta inspirada no mútuo respecto, tolerancia e
colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.
c) Participar na vida da escola, de acordo co que se dispoña neste regulamento.
d) Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde ou malestar sexa
conveniente que o alumnado abandone a escola.


ARTIGO 53.- FOMENTO DA PARTICIPACIÓN
A dirección das EIM fomentará a colaboración dos nais, pais e titores legais, así coma a
súa participación nos órganos da mesma, facilitando os contactos e reunións do persoal
con eles.


ARTIGO 54.- FUNCIÓNS DAS ASOCIACIÓNS DE NAIS/PAIS
As asociacións de pais e nais é o órgano de participación de nais, pais e titores. A súa
constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección.
1. Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, as asociacións promoverán
os seguintes fins:
Defender os dereitos dos pais/nais, titores ou representantes legais no relativo á
prestación de servizos ós nenos/as.
Colaborar coa dirección e co persoal das EIM para favorecer o desenvolvemento
integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na
prestación dos servizos.
2. Para o desempeño destes fins e funcións a dirección das EIM prestará ás asociacións
de pais e nais canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requirida
polos órganos de representación destas.


ARTIGO 55.- GARANTÍA DE INFORMACIÓN ÁS ANPAS
Sen prexuízo da información impartida no Consello Escolar das EIM e para garantir a
axeitada participación dos pais, serán de aplicación xeral as seguintes normas:
- Ó comezo do curso a dirección das EIM informará ós órganos de representación das
asociacións dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida
en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.
- No caso de discrepancias referentes a aspectos do funcionamento de cada EIM, as
asociacións poderán dar traslado delas ó Concello de Narón.
- As nais, pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información
precisen sobre a atención recibida polos nenos/as.


ARTIGO 56.- FOMENTO DE RELACIÓN DAS EIM COAS ANPAS
A relación cas nais, pais, titores ou representantes legais, que deberá ser fomentada pola
dirección das EIM, ten como principias obxectivos:
- O intercambio de criterios educativos.
- A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as.
- O compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades, etc.
- A interrelación entre as ANPAS das EIM.
Trala consulta co equipo técnico das EIM a dirección poñerá en coñecemento dos pais,
titores ou representantes legais de cada neno/a unha información sobre a súa evolución
integral que terá carácter semestral e que se realizará en documento normalizado.
As visitas dos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as realizaranse de
conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oído o
equipo técnico, sempre e cando non dificulte a boa marcha das EIM.


ARTIGO 57.- INFORMACIÓN ÁS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS
Có fin de garantir a necesaria cooperación cos pais, titores ou representantes legais dos
nenos/as, realizaranse reunións xerais e de grupo, segundo a natureza dos temas que se
vaian tratar que terán lugar nas dependencias das EIM, logo da convocatoria por escrito.
En todo caso, as direccións das EIM informarán por escrito ó principio do curso dos
horarios de atención e información ós pais, titores ou representantes legais dos nenos/as.

More Related Content

Similar to Bop Anpa

Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
Loudes Otero
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias galFolleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
Roser Batlle Suñer
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Eva Rey
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Loudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
Loudes Otero
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete definisatelite1
 
Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013AsocXaruma
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
AutismoGalicia
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardoanpaluispardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardoanpaluispardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardoanpaluispardo
 
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
humptyff
 
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
humptyff
 
Presentación curso 15 16
Presentación curso 15 16Presentación curso 15 16
Presentación curso 15 16
ceeprincipefelipe
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
Coordinadora Galega ENDL
 

Similar to Bop Anpa (20)

Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
 
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias galFolleto aprendizaxe-servizo familias gal
Folleto aprendizaxe-servizo familias gal
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete defini
 
Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013Memoria Xaruma 2013
Memoria Xaruma 2013
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 
Estatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis PardoEstatutos Anpa Luis Pardo
Estatutos Anpa Luis Pardo
 
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
 
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia10 apuntamentos clave da lei de convivencia
10 apuntamentos clave da lei de convivencia
 
Presentación curso 15 16
Presentación curso 15 16Presentación curso 15 16
Presentación curso 15 16
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 

Bop Anpa

  • 1. Aprobación definitiva do Regulamento das Escolas Municipais de Narón BOP: 13 de julio de 2009 • Número 156 • Página 65 O Pleno do Concello de Narón aprobou inicialmente, na sesión celebrada o día 29 de xaneiro de 2009, o Regulamento das Escolas Infantís Muncpais de Narón, polo que pasado o período de exposición pública sen que se tivesen formulado alegacións, o Pleno do Concello aprobou na sesión do 28 de maio de 2009 definitivamente o Regulamento así como a publicación íntegra do mesmo no Boletín Oficial da Provincia: PREÁMBULO: As Escolas Infantís Municipais cumpren unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as. As EIM cooperarán estreitamente cós pais, titores ou representantes legais có fin de facilita-la conciliación da vida familiar e laboral, e consegui-la mellor integración entre os centros e as familias. As EIM desenvolverán un proxecto educativo baseado nos principios de liberdade, igualdade, solidaridade, diversidade, interculturalidade e respecto dos demais, e en particular dos nenos, coma mínimo tal como se contempla nas Convencións e Dereito Internacionais. CAPÍTULO VIII: NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA ARTIGO 52.- DEREITOS E OBRIGAS DOS PAIS/NAIS/TITORES Os pais, nais, titores ou representantes legais, terán os seguintes dereitos: a) A que os fillos reciban a educación definida nos principios constitucionais, e nas leis educativas que os desenvolven, así como o recollido no Proxecto Educativo e Proxecto Curricular contidos no Plan de Centro. b) A Participar na comunidade educativa das EIM ó través do Consello Escolar e da Asociación de nais e pais das EIM. c) A deixar de utulizar os servizos ou abandonar a escola por vontade propia. d) A teren información comprensible das medidas adoptadas respecto dos/as menores e a pediren explicación de canto afecte a súa propia educación. e) A participaren nas actividades previamente planificadas polo persoal docente, tanto relacionadas coas festas tradicionais como de calquera outra índole.
  • 2. Os pais, nais, titores ou representantes legais, terán as seguintes obrigas: a) Cumprir as normas que estableza a escola para o seu bo funcionamento recollidas no presente regulamento. b) Manter e observar unha conducta inspirada no mútuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia. c) Participar na vida da escola, de acordo co que se dispoña neste regulamento. d) Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde ou malestar sexa conveniente que o alumnado abandone a escola. ARTIGO 53.- FOMENTO DA PARTICIPACIÓN A dirección das EIM fomentará a colaboración dos nais, pais e titores legais, así coma a súa participación nos órganos da mesma, facilitando os contactos e reunións do persoal con eles. ARTIGO 54.- FUNCIÓNS DAS ASOCIACIÓNS DE NAIS/PAIS As asociacións de pais e nais é o órgano de participación de nais, pais e titores. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección. 1. Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, as asociacións promoverán os seguintes fins: Defender os dereitos dos pais/nais, titores ou representantes legais no relativo á prestación de servizos ós nenos/as. Colaborar coa dirección e co persoal das EIM para favorecer o desenvolvemento integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na prestación dos servizos. 2. Para o desempeño destes fins e funcións a dirección das EIM prestará ás asociacións de pais e nais canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requirida polos órganos de representación destas. ARTIGO 55.- GARANTÍA DE INFORMACIÓN ÁS ANPAS Sen prexuízo da información impartida no Consello Escolar das EIM e para garantir a axeitada participación dos pais, serán de aplicación xeral as seguintes normas: - Ó comezo do curso a dirección das EIM informará ós órganos de representación das asociacións dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.
  • 3. - No caso de discrepancias referentes a aspectos do funcionamento de cada EIM, as asociacións poderán dar traslado delas ó Concello de Narón. - As nais, pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información precisen sobre a atención recibida polos nenos/as. ARTIGO 56.- FOMENTO DE RELACIÓN DAS EIM COAS ANPAS A relación cas nais, pais, titores ou representantes legais, que deberá ser fomentada pola dirección das EIM, ten como principias obxectivos: - O intercambio de criterios educativos. - A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as. - O compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades, etc. - A interrelación entre as ANPAS das EIM. Trala consulta co equipo técnico das EIM a dirección poñerá en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais de cada neno/a unha información sobre a súa evolución integral que terá carácter semestral e que se realizará en documento normalizado. As visitas dos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oído o equipo técnico, sempre e cando non dificulte a boa marcha das EIM. ARTIGO 57.- INFORMACIÓN ÁS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS Có fin de garantir a necesaria cooperación cos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as, realizaranse reunións xerais e de grupo, segundo a natureza dos temas que se vaian tratar que terán lugar nas dependencias das EIM, logo da convocatoria por escrito. En todo caso, as direccións das EIM informarán por escrito ó principio do curso dos horarios de atención e información ós pais, titores ou representantes legais dos nenos/as.