BOLETÍN DE PROBLEMAS- ELECTRICIDADE
1. Calcule que intensidade de corrente por un cable se por el pasaron 20 C en 10 segundos. Sol: 2A.
2. A cantos miliamperios e microamperios equivalen 0,27 A? Sol: 270 mA; 2,7·105 μA.
3. Canto tempo tardarán en pasar 36 C se a intensidade é de 3A? Sol: 12s.
4. Que cantidade de electróns atravesaron un radiador se a intensidade foi de 8 A e funcionou durante 2 horas?
   Sol: 3,59·1023 electróns.
5. Determine a resistencia que ofrece unha barra de grafito de 2,5 m de longo e 3 cm 2 de sección. ρgrafito=0,0460
   (Ω·mm2 /m). Sol: 0,0004 Ω.
6. Que lonxitude debe ter un fío de cobre se o seu diámetro é de 0,3 mm e queremos que ofreza unha
   resistencia de 7 Ω? Dato: ρcobre=0,0172 (Ω·mm2 /m). Sol: 28,76 m.
7. Pode ocorrer que a diferenza de potencial (ddp) nos extremos dun receptor teña un valor superior á forza
   electromotriz (fem) do xerador? Por que? E ao revés?
8. Dispóñense de dúas pila conectadas en serie para alimentar un electroimán. Sabendo que a resistencia
   interna do electroimán é de 6 Ω e as fem, 4,5 V e 12 V, determine a potencia perdida, debido ao efecto Joule,
   e a tensión nos bornes de saída se a resistencia interna de cada pila é de 1 Ω.
9. Un circuíto en serie dispón de dúas lámpadas e un motor de 8, 4 e 3 Ω, respectivamente. Sabendo que se
   atopa conectado a unha batería de 12 V. Calcule:




        a) Intensidade de corrente que atravesa o circuíto.
        b) Voltaxe ou tensión en cada un dos receptores.
        c) Enerxía consumida por cada receptor ao cabo de 10 horas.
10. Determine a intensidade total no circuíto da seguinte figura:




   Supoñendo que R1= 6 Ω, R2= 5 Ω, R3= 7 Ω. A diferenza de potencial nos extremos da pila é de 12 V. Sol: 2,80 A
11. Hai catro receptores en paralelo nun circuíto de valores resistivos 7, 3, 9 e 6 Ω. Se a tensión de alimentación é
    de 6 V, determine a enerxía total consumida ao cabo de 24 horas e a diferenza de potencial nos extremos do
    receptor de resistencia 9 Ω.
12. Que carga ten un condensador de 30 μF si está conectado a unha tensión de 200V?
13. Determine a carga almacenada dun condensador de 5 μF si se conecta a unha tensión de 20 V?
14. Unha batería está formada por doce elementos de 2 V de forza electromotriz, cunha resistencia interna de 0,1
    Ω. Estes elementos están agrupados para obter 12 V de baleiro.
   a) Debuxe o esquema da agrupación.
   b) Calcule a súa resistencia interna equivalente.
   c) Si conectamos unha resistencia de 4 Ω nos terminais de saída, determine a intensidade total do circuíto, a
       caída de tensión da resistencia interna da batería e o rendemento da mesma.

Boletín de problemas electricidade 2

  • 1.
    BOLETÍN DE PROBLEMAS-ELECTRICIDADE 1. Calcule que intensidade de corrente por un cable se por el pasaron 20 C en 10 segundos. Sol: 2A. 2. A cantos miliamperios e microamperios equivalen 0,27 A? Sol: 270 mA; 2,7·105 μA. 3. Canto tempo tardarán en pasar 36 C se a intensidade é de 3A? Sol: 12s. 4. Que cantidade de electróns atravesaron un radiador se a intensidade foi de 8 A e funcionou durante 2 horas? Sol: 3,59·1023 electróns. 5. Determine a resistencia que ofrece unha barra de grafito de 2,5 m de longo e 3 cm 2 de sección. ρgrafito=0,0460 (Ω·mm2 /m). Sol: 0,0004 Ω. 6. Que lonxitude debe ter un fío de cobre se o seu diámetro é de 0,3 mm e queremos que ofreza unha resistencia de 7 Ω? Dato: ρcobre=0,0172 (Ω·mm2 /m). Sol: 28,76 m. 7. Pode ocorrer que a diferenza de potencial (ddp) nos extremos dun receptor teña un valor superior á forza electromotriz (fem) do xerador? Por que? E ao revés? 8. Dispóñense de dúas pila conectadas en serie para alimentar un electroimán. Sabendo que a resistencia interna do electroimán é de 6 Ω e as fem, 4,5 V e 12 V, determine a potencia perdida, debido ao efecto Joule, e a tensión nos bornes de saída se a resistencia interna de cada pila é de 1 Ω. 9. Un circuíto en serie dispón de dúas lámpadas e un motor de 8, 4 e 3 Ω, respectivamente. Sabendo que se atopa conectado a unha batería de 12 V. Calcule: a) Intensidade de corrente que atravesa o circuíto. b) Voltaxe ou tensión en cada un dos receptores. c) Enerxía consumida por cada receptor ao cabo de 10 horas. 10. Determine a intensidade total no circuíto da seguinte figura: Supoñendo que R1= 6 Ω, R2= 5 Ω, R3= 7 Ω. A diferenza de potencial nos extremos da pila é de 12 V. Sol: 2,80 A 11. Hai catro receptores en paralelo nun circuíto de valores resistivos 7, 3, 9 e 6 Ω. Se a tensión de alimentación é de 6 V, determine a enerxía total consumida ao cabo de 24 horas e a diferenza de potencial nos extremos do receptor de resistencia 9 Ω. 12. Que carga ten un condensador de 30 μF si está conectado a unha tensión de 200V? 13. Determine a carga almacenada dun condensador de 5 μF si se conecta a unha tensión de 20 V? 14. Unha batería está formada por doce elementos de 2 V de forza electromotriz, cunha resistencia interna de 0,1 Ω. Estes elementos están agrupados para obter 12 V de baleiro. a) Debuxe o esquema da agrupación. b) Calcule a súa resistencia interna equivalente. c) Si conectamos unha resistencia de 4 Ω nos terminais de saída, determine a intensidade total do circuíto, a caída de tensión da resistencia interna da batería e o rendemento da mesma.