SlideShare a Scribd company logo
Compoñentes pneumáticos

Son tódolos elementos encargados de realizar as diversas funcións
pneumáticas. Hai elementos de traballo, elementos de mando, etc.
Entre os primeiros destacan os cilindros e entre os segundos, as
válvulas, nas súas variedades.




      Partes dun cilindro pneumático
ELEMENTOS DE TRABALLO: ACTUADORES DE MOVEMENTO LINEAL


Cilindro: compoñente pneumático que transforma a enerxía do aire
comprimido en movemento lineal.

Carreira: traxecto recorrido polo émbolo dun cilindro entre dúas
posicións.

Os cilindros pneumáticos pódense dividir en dous grandes grupos: de
simple e de dobre efecto.

Os de simple efecto realizan o esforzo activo nun só sentido e o retorno
depende dun muelle ou membrana que devolve o émbolo a súa
posición inicial.

Os cilindros de dobre efecto actúan de xeito activo nos dous sentidos.
Cilindros de simple efecto:

- Teñen unha soa conexión de aire comprimido.

- So poden realizar traballo nun sentido.

- O retroceso prodúcese cando se deixa de aplicarlles aire.

- Empréganse principalmente para realizar operacións de suxección,
expulsión, apertado, levantamento, alimentación, etc.
Cilindros de dobre efecto:

- Teñen dúas tomas de aire, unha a cada lado do émbolo.

- Poden producir movemento nos dous sentidos: avance e retroceso.

- A carreira pode ser moi longa, pero hai que ter en conta o pandeo e
dobrado que pode sufrir o vástago na súa posición extrema.

- Estes cilindros son os máis empregados porque o retorno non
depende dun elemento mecánico sometido a desgaste e fatiga, e tamén
porque permite construír modelos de ata 2 m de carreira.
Cálculo da forza de accionamento
Unha vez fixada a presión de traballo, a forza desenvolvida depende
da superficie útil do actuador.

A forza pode ser distinta segundo se trate dun cilindro de simple efecto
ou dun cilindro de dobre efecto.




Nun cilindro de simple efecto o empuxe do muelle é aproximadamente
unha décima da forza.
EXERCICIO
Un cilindro de simple efecto con retorno por resorte ten un émbolo de
30 mm de diámetro e 50 mm de carreira. A presión do aire é de 8 bar e
a resistencia do muelle de 50 N. Realiza unha maniobra de 8 ciclos
cada minuto. O seu rendemento é do 85 %. Para o caso ideal e real,
pídese:
a) A forza que exerce o cilindro.
b) O consumo de aire en condicións normais.
c) A potencia desenvolvida polo cilindro ao realizar a maniobra.
EXERCICIO
Un cilindro de dobre efecto ten un émbolo de 30 mm de diámetro, o do
vástago mide 10 mm e a súa carreira é de 50 mm. A presión do aire é
de 8 bar e realiza unha maniobra de 8 ciclos cada minuto. En ambas
carreiras, o seu rendemento é do 85 %. Para o caso ideal e real,
pídese:
a) A forza que exerce o cilindro na carreira de avance e de retroceso.
b) O consumo de aire en condicións normais.
c) A potencia desenvolvida polo cilindro ao realizar a maniobra.
VÁLVULAS: SIMBOLOXÍA E NOMENCLATURA



As válvulas dirixen e regulan o paso do aire comprimido cara os
cilindros. Pódense clasificar en 3 grupos:
   Válvulas distribuidoras ou de dirección
   Válvulas de bloqueo
   Válvulas de regulación de caudal e presión
Válvulas distribuidoras

Encárganse de interromper, deixar pasar ou desviar o aire comprimido.

Noméanse mediante 2 cifras, a primeira cifra indica o número de vías
ou orificios e a segunda o número de posicións de traballo.

Para representalas empréganse cadrados.

A cantidade de cadrados indica a cantidade de posicións de traballo da
válvula.

Nas válvulas de dúas posicións, o cadrado da dereita corresponde
sempre á posición de repouso da válvula.


  Válvula 3/2 significa:
   válvula de 3 vías e 2 posicións
As conexións coas tomas de presión (unión a tubarias que enlazan co
compresor) i escape (unión directa ou por tubarias á atmosfera) son moi
comúns e amósanse a continuación.
As vías únense mediante liñas rectas que representan conducións de
aire que se establecen, mentres que o sentido de circulación do aire
defínese por frechas.
O órgano de accionamento da válvula soe indicarse na posición de
traballo, mentres que o órgano de recuperación, a que que devolve a
válvula a súa posición inactiva, debuxase ao lado da posición de
repouso.

Os mandos poden ser manuais, mecánicos, pneumáticos i eléctricos.
Constitucións das válvulas distribuidoras

A grandes rasgos as válvulas distribuidoras compóñense dun corpo ou
estrutura básica, un elemento móbil, e uns elementos de accionamento,
para permutar o estado da válvula.

No corpo están definidos os condutos internos e os orificios de saída,
roscados ou non. Nel alóxanse tódolos demais compoñentes, incluíndo
os accesorios para a fixación na instalación.

O elemento móbil é aquel que co seu desprazamento se van obter as
distintas posicións da válvula. O tipo de elemento móbil define a
clasificación deste tipo de válvulas segundo a forma construtiva.

Os elementos de accionamento, que son compoñentes necesarios para
accionar a válvula, son tan variados como tipos de mando existen.
Segundo    a   construción,   as   válvulas   distribuidoras   clasifícanse
principalmente en válvulas de asento e válvulas de corredera.




Válvula 2/2 de asento de bola
                                         Válvula 3/2 de corredera
Normalmente pechada (NC)

Ao pasar pola válvula, as seccións entre o elemento de peche e o corpo
producen o estrangulamento do aire, ademais dos previstos cambios de
sentido do fluxo, co que as perdas de carga son inevitables.

Estas perdas son maiores nas válvulas de corredera porque o aire pasa
con maior dificultade.
Tipos de accionamento das válvulas distribuidoras

A clasificación máis empregada para os mandos das válvulas
establécese segundo a fonte de enerxía que activa os compoñentes de
mando. Os mandos poden ser:
Mando manual: o mando está supeditado á acción voluntaria do
operador. Non soen empregarse moito porque un dos obxectivos da
pneumática é o incremento da automatización dos procesos.

Sempre haberá polo menos unha que será de posta en marcha de
circuíto.

Tamén se emprega nos casos en que a seguridade do traballador pode
estar en perigo como ocorre coas presas, nas que o troquel non baixa
ata que o operario manteña presionadas dúas válvulas manuais.

Mando mecánico: actívanse por un mecanismo en movemento, como
unha árbore de levas, ou polo émbolo dos cilindros. Sóense usar como
captadores de sinal, polo que acostuman a ser pequenas.
Mando pneumático: as válvulas con mando pneumático úsanse como
órganos de regulación dos actuadores, polo que precisan de válvulas máis
pequenas que as piloten.

A forza necesaria para conmutar a válvula obtense do aire a presión, xa sexa
utilizando directamente ou por depresión.

Existe un caso especial, son as válvulas con accionamento pneumático en
ambos lados, pero que empregan o principio de presión diferencial. As
seccións da corredera que o aire empuxa son diferentes para cada lado, polo
que existe unha maior forza nun sentido que no outro e, polo tanto, unha
posición preferente cando en ambos pilotaxes hai presión. Empréganse para
dispoñerse de ordes de mando preferentes nos ciclos automáticos dos equipos
pneumáticos.

Os símbolos correspondentes aos mandos pneumáticos son frechas             que
enlazan coas liñas de pilotaxe, e sóense representar por liñas descontinuas.
Mando eléctrico: o principio de funcionamento consiste en obter a
forza para desprazar a corredera a partir do electroimán.

A colocación destas válvulas nas instalacións pneumáticas implica a
instalación paralela dun circuíto eléctrico que as active. A sinal de
conmutación das válvulas vira dado por un final de carreira eléctrico, ou
de calquera outro dispositivo eléctrico.

No mando eléctrico, a lonxitude da liña de mando non inflúe na eficacia
do funcionamento.

Os tempos de conmutación son moi curtos e fiables, polo que na
actualidade son as máis usuais.
Códigos das vías dunha válvula

A localización de cada un dos orificios do distribuidor realízase por
números ou letras segundo normativa.

A seguinte táboa amosa os códigos segundo a norma ISO e CETOP
Válvula distribuidora 2/2


                Estas válvulas serven para gobernar o paso
                do fluído.

                a) Válvula en repouso, o paso de P cara A
                está pechado.

                Cando se acciona o pulsador, o distribuidor
                pon en comunicación a entrada P con A,
                entón dise que a válvula está aberta (b).

                Ao deixar de apertar o pulsador, o muelle
                obriga ao distribuidor a recuperar a posición
                de partida, co que a válvula se pecha.
Válvula distribuidora 3/2
                            Estas válvulas permiten a circulación de
                            aire nunha dirección e, ao mesmo tempo,
                            cortan   o   paso   na   outra   dirección.
                            Empréganse para gobernar cilindros de
                            simple efecto.

                            a) A corredera da válvula sen accionar
                            cerra o paso de P cara A e deixa aberto o
                            paso de A cara R.

                            Cando se acciona o pulsador (b), a
                            corredera une a entrada de presión P coa
                            vía de utilización A, mentres o escape R
                            queda bloqueado.
Válvula distribuidora 4/2
                            Estas válvulas permiten a circulación de
                            aire en ambas direccións.

                            Cando a válvula está en repouso (a), a
                            vía de entrada está conectada coa de
                            utilización   A,   mentres   que   a   outra
                            utilización B está posta a escape R.

                            Ao accionar a válvula vencese a acción
                            do muelle e a corredera cambia de
                            posición, é dicir, o fluído circula de P cara
                            B e de A cara R.

                            Estas     válvulas    empréganse        para
                            gobernar cilindros de dobre efecto.
Válvula distribuidora 5/2




Poden considerarse como unha ampliación das válvulas 4/2.
A diferenza consiste en que posúen unha vía máis, co que o escape dun
cilindro de dobre efecto pode ser independente para cada lado, podendo
realizar outras funcións de mando.
Cando a válvula está en repouso, a corredera permite o paso de P cara B e o
escape de aire que procede de A. Ao accionar a válvula, comunícase P con A
e, ao mesmo tempo, ponse B a escape pola outra saída T.
Estas válvulas empréganse para gobernar cilindros de dobre efecto.
Válvula distribuidora 4/3
                      Serven para gobernar cilindros de dobre efecto.

                      Teñen unha posición intermedia que é utilizada
                      para varias posibilidades de mando.

                      Cando a válvula esta na posición media o aire
                      pasa de P a R, pechando o paso de A cara B
                      (válvula posta a escape).

                      Ao accionar o pulsador o fluído pasa de P cara A e
                      de B cara R.

                      Si se acciona de novo o pulsador o fluído pasa de
                      P cara B e de A cara R.

                      Estas válvulas non levan resorte, incorporándose
                      un    sistema    mecánico     ou      eléctrico    de
                      enclavamento para poder fixar as tres posicións.
Válvulas de bloqueo

O funcionamento das válvulas de bloqueo basease en cortar o paso de
aire comprimido. Constrúense de forma que a presión do aire actúa
sobre a peza de bloqueo e así reforza o peche.

Pódense considerar válvulas de bloqueo, polo seu principio de
funcionamento as seguintes:

       Válvula antirretorno ou de retención.

       Válvula selectora de circuíto.

       Válvula de simultaneidade.

       Válvula de purga ou escape rápido.

       Válvula estranguladora de retención
Válvula antirretorno




                   É a válvula máis simple.

                   Pecha por completo o paso nun sentido e
                   déixao libre no contrario, coa perda de
                   presión o máis pequena posible.

                   A obturación pódese lograrse cunha bola,
                   disco, cono,…, impulsada pola propia presión
                   de traballo ou ben coa axuda complementaria
                   dun resorte.
Válvula selectora


Esta válvula cumpre a función lóxica “OU” nos circuítos pneumáticos.

Ten dúas entradas e unha saída.

O bloqueo sempre se leva a cabo na entrada con menor presión.

Con que haxa P nalgunha entrada, haberá P á saída.

Emprégase cando un actuador ou unha válvula distribuidora se debe
gobernar indistintamente dende dous puntos por separado, distantes
fisicamente un do outro.

Para os equipos en que un órgano debe ser accionado dende varios
sitios, sempre se precisarán tantas válvulas seletoras como número de
puntos de accionamento menos 1.
Válvula de simultaneidade




Cumpre a función lóxica “AND” nos circuítos pneumáticos.

Ten dúas entradas e unha saída.

Para que exista sinal á saída ten que haber presión nas dúas entradas.

Emprégase    en   equipos   de    enclavamento   e   control,   como   o
accionamento dunha prensa hidraúlica, por razóns de seguridade a
prensa só baixa se o operario mantén activadas as dúas válvulas á vez.
Válvulas reguladoras de fluxo ou caudal

As válvulas reguladoras de fluxo axustan o caudal circulante a un valor
fixo ou variable.

O principio de funcionamento é a estrangulación do aire, o mecanismo
de estrangulación pode ser por diafragma ou por estreitamento do
conduto de paso. Os estreitamentos poden ser constantes ou variables.

Existen dous tipos de válvulas de fluxo:

   Válvulas estranguladoras: actúan sobre o caudal en calquera dos
   dous sentidos de fluxo.

   Válvulas estranguladoras unidireccionais: actúan sobre o caudal
   nun só sentido de fluxo.
Tamén se poden considerar válvulas de fluxo os silenciadores e
reguladores de escape si actúan sobre o caudal.
Válvula estranguladora unidireccional




Reúne características de funcionamento das válvulas de bloqueo e das
de fluxo. Nos equipos pneumáticos empréganse como válvulas de fluxo
para regular a velocidade dos actuadores, pero só nun sentido do
movemento.

Na regulación da velocidade dos cilindros pneumáticos con estas
válvulas distínguese entre regulación á saída e regulación á entrada.

Na estrangulación da entrada ou alimentación do cilindro, contrólase o
caudal de aire que entra ao cilindro, pero o aire de saída circula
libremente cara o escape.
Válvulas reguladoras de presión

As válvulas reguladoras de presión actúan sobre a presión do aire en
circulación, controlándoa dende un valor nulo ata o máximo valor de
alimentación.

A construción de todas elas é moi similar, pero segundo sexa a súa
colocación no circuíto cumpren diferentes funcións que as identifican.

Os diferentes tipos de válvulas reguladoras de P son:

       Válvulas limitadoras de P ou de seguridade.

       Válvulas de secuencia.

       Válvulas reguladoras de P ou redutoras.

O axuste do valor nominal de control pode realizarse a man ou
mediante electricidade (válvulas proporcionais)
Válvula limitadora de presión


Esta válvula impide que a presión dun
sistema   sexa    maior   que    a   fixada
manualmente a través dun parafuso.

Ao superar esta presión máxima permitida,
a válvula abre a conexión coa atmosfera,
co que se reduce a presión ata o valor
nominal. Entón volve a pechar o orificio de
purga.

Emprégase en todo equipo produtor de aire
como válvula de seguridade.
Válvula de secuencia


O principio de funcionamento é o mesmo
que o da válvula limitadora de presión.

A diferenza reside en que vez de
conectar a escape, conéctase a unha vía
de traballo.
Válvula redutora

Estas válvulas   basean   o seu funcionamento    nunha
membrana, o movemento desta encargase de regular a
presión de saída. Esta presión sempre é menor que a de
entrada.

O obxecto é regular a presión de traballo desexada a un
valor predeterminado e constante.
Detectores pneumáticos

Existen detectores pneumáticos que captan a posición ou presenza dun
obxecto e outros que realizan a mesma función, pero detectanto os
cambios en magnitudes físicas como a presión.

Teñen que ser instalados en lugares estratéxicos e coidadosamente
situados para o seu correcto funcionamento.

Polo xeral, todos funcionan a baixas presións para reducir o consumo
de aire.

Os sensores divídense en:

   Captadores de presión

   Captadores de posición
Captadores de presión: presostatos

Converten     a    medida       da   presión
pneumática a sinal eléctrica.

Poden ser instalados en calquera parte do
circuíto xa que non requiren contacto
físico.

Os presostatos teñen unha cámara de aire
cunha membrana deformable que, ao
encherse con aire a presión, é capaz de
contactar cun circuíto eléctrico que envía
unha sinal eléctrica correspondente.
ESQUEMA PNEUMÁTICO
O esquema pneumático é o plano de representación de tódolos
elementos pneumáticos, cos condutos e liñas de conexión e cos
símbolos normalizados

As normas a seguir para facer o esquema son:

1. Os elementos de traballo colócanse en posición horizontal.

2. Os finais de carreira non se representan na súa posición normal.
   Soen colocarse baixo os órganos de goberno, e no lugar que
   ocupan no circuíto debuxase unha liña con número indicador.

3. Os circuítos debúxanse, xeralmente, na posición de partida, ou
   sexa, os elementos accionados.

4. Para evitar erros numéranse os distintos elementos, seguindo unha
   orde determinada e que os clasifica por grupos.
ESQUEMA PNEUMÁTICO

Os elementos de traballo van numerados por esta orde: 1.0, 2.0, 3.0,…

Os órganos de goberno levan: 1.1, 2.1, 3.1,… A primeira cifra indica o
grupo ao que pertence, a segunda, o “1” que se trata dun distribuidor de
mando ou órgano de goberno.

Os captadores e información noméanse con 1.2, 1.4, 2.2, 2.4,… e 1.3,
1.5, 2.3, 2.5, 3.3,… A primeira cifra sempre indica o grupo e a segunda,
si é par, indica que inflúe na saída do vástago e se é impar, no
retroceso.

Con 0.1, 0.2, 0.3,… indícanse os elementos auxiliares e con 1.02, 1.03,
2.02, 2.03,… os elementos de regulación.
TIPOS DE MANDO
MANDO DIRECTO

Os actuadores neste caso só precisan dunha válvula distribuidora, que
reúne en si mesma tódalas funcións de órgano de regulación, elemento
de mando i emisor de sinais. O mando das válvulas será manual ou
eléctrico directo.

MANDO INDIRECTO

Se o cilindro é de gran tamaño será precisa unha gran forza de mando
para conmutar as válvulas que o comandan. A forma de separar a parte
da información da parte de traballo é mediante o pilotaxe pneumático.
Así a parte do circuíto encargada do mando pneumático traballa a baixa
presión e a parte de potencia (elemento de traballo e válvula
distribuidora de goberno) funcionan a presión normal.
MANDO DIRECTO
Mando de cilindros de simple efecto
A forma habitual é empregar válvulas 3/2 monoestables, o normal é que
sexa NC para que o cilindro manteña o vástago recollido.

Ao activar a válvula o cilindro sae e mantense fora mentres se manteña
activa a válvula. En canto se desactiva volve recollerse o émbolo.

As válvulas de goberno poden ser biestables
(manual ou eléctrica).

Tamén     existen   válvulas   monoestables      con
enclavamiento, que manteñen unha determinada
posición indefinidamente.

Mando directo dun cilindro de simple efecto mediante válvula 3/2 monoestable.
MANDO DIRECTO
Mando de cilindros de dobre efecto
As válvulas que habitualmente se empregan para o goberno dos
cilindros de dobre efecto son as 4/2 ou 5/2, que se dispoñen para que o
cilindro manteña normalmente o vástago recollido.

Mentres se activa 1.1 sae o émbolo.

Ao desactivarse regresa.




Mando directo dun cilindro de dobre efecto mediante válvula 4/2 monoestable.
MANDO INDIRECTO
Normalmente empréganse válvulas 3/2 NC para o pilotaxe das válvulas
de goberno de cilindros, que neste caso son válvulas de accionamento
pneumático.

Poden ser monoestables (con posición de repouso) ou biestables. No
primeiro caso só se precisa unha válvula de mando.
CONTROL DE VELOCIDADE



  A regulación da velocidade, unha vez fixados os
  compoñentes do circuíto, pódese efectuar con distintos
  elementos de xeito que se consiga o aumento ou a
  redución da mesma, chegando incluso o paro do
  movemento do actuador.
Aumento da velocidade

O método para o aumento da velocidade nunha carreira é a colocación
dunha válvula de escape rápido na saída correspondente do cilindro de
dobre efecto. Evitase, na carreira de avance, o paso de aire polo
distribuidor.
Redución da velocidade

Hai varios métodos para reducir a velocidade dos actuadores. O máis
normal efectúase a través de válvulas reguladoras de caudal ou fluxo.

O habitual é a regulación mediante válvulas reguladoras unidireccionais
que deben actuar sobre o aire de escape co fin de que a velocidade
sexa independente da carga do cilindro (regulación á saída).

A regulación á entrada deixase para as carreiras de avance dos
cilindros simples e para os casos en que a carga do cilindro se opón ao
movemento.

Si se quere obter a mesma velocidade en ambas carreiras pódese usar
unha válvula reguladora bidireccional ou usar dúas unidireccionais co
mesmo valor de control.
EXEMPLOS
   DE
APLICACIÓN
Máquina para o taladro de pezas de
     madeira para estanterías
Máquina especial para fresar
        unha ranura
Prensa moldeadora de
 bloques de formigón
Describe o funcionamento do circuíto indicando tamén a secuencia de traballo.

More Related Content

More from Ana Alvarez

Simboloxía hidráulica
Simboloxía hidráulicaSimboloxía hidráulica
Simboloxía hidráulicaAna Alvarez
 
Simboloxía neumática
Simboloxía neumáticaSimboloxía neumática
Simboloxía neumáticaAna Alvarez
 
Circuítos kirchhoff
Circuítos kirchhoffCircuítos kirchhoff
Circuítos kirchhoffAna Alvarez
 
Máquinas eléctricas
Máquinas eléctricasMáquinas eléctricas
Máquinas eléctricasAna Alvarez
 
Exame electricidade
Exame electricidadeExame electricidade
Exame electricidadeAna Alvarez
 
Boletín de problemas electricidade 3
Boletín de problemas electricidade 3Boletín de problemas electricidade 3
Boletín de problemas electricidade 3Ana Alvarez
 
Boletín de problemas electricidade 2
Boletín de problemas electricidade 2Boletín de problemas electricidade 2
Boletín de problemas electricidade 2Ana Alvarez
 
Boletin de problemas electricidade 1
Boletin de problemas electricidade 1Boletin de problemas electricidade 1
Boletin de problemas electricidade 1Ana Alvarez
 

More from Ana Alvarez (10)

Simboloxía hidráulica
Simboloxía hidráulicaSimboloxía hidráulica
Simboloxía hidráulica
 
Simboloxía neumática
Simboloxía neumáticaSimboloxía neumática
Simboloxía neumática
 
Circuítos kirchhoff
Circuítos kirchhoffCircuítos kirchhoff
Circuítos kirchhoff
 
Magnetismo
MagnetismoMagnetismo
Magnetismo
 
Máquinas eléctricas
Máquinas eléctricasMáquinas eléctricas
Máquinas eléctricas
 
Electricidade
ElectricidadeElectricidade
Electricidade
 
Exame electricidade
Exame electricidadeExame electricidade
Exame electricidade
 
Boletín de problemas electricidade 3
Boletín de problemas electricidade 3Boletín de problemas electricidade 3
Boletín de problemas electricidade 3
 
Boletín de problemas electricidade 2
Boletín de problemas electricidade 2Boletín de problemas electricidade 2
Boletín de problemas electricidade 2
 
Boletin de problemas electricidade 1
Boletin de problemas electricidade 1Boletin de problemas electricidade 1
Boletin de problemas electricidade 1
 

Pneumatica 2

  • 1. Compoñentes pneumáticos Son tódolos elementos encargados de realizar as diversas funcións pneumáticas. Hai elementos de traballo, elementos de mando, etc. Entre os primeiros destacan os cilindros e entre os segundos, as válvulas, nas súas variedades. Partes dun cilindro pneumático
  • 2. ELEMENTOS DE TRABALLO: ACTUADORES DE MOVEMENTO LINEAL Cilindro: compoñente pneumático que transforma a enerxía do aire comprimido en movemento lineal. Carreira: traxecto recorrido polo émbolo dun cilindro entre dúas posicións. Os cilindros pneumáticos pódense dividir en dous grandes grupos: de simple e de dobre efecto. Os de simple efecto realizan o esforzo activo nun só sentido e o retorno depende dun muelle ou membrana que devolve o émbolo a súa posición inicial. Os cilindros de dobre efecto actúan de xeito activo nos dous sentidos.
  • 3.
  • 4. Cilindros de simple efecto: - Teñen unha soa conexión de aire comprimido. - So poden realizar traballo nun sentido. - O retroceso prodúcese cando se deixa de aplicarlles aire. - Empréganse principalmente para realizar operacións de suxección, expulsión, apertado, levantamento, alimentación, etc.
  • 5. Cilindros de dobre efecto: - Teñen dúas tomas de aire, unha a cada lado do émbolo. - Poden producir movemento nos dous sentidos: avance e retroceso. - A carreira pode ser moi longa, pero hai que ter en conta o pandeo e dobrado que pode sufrir o vástago na súa posición extrema. - Estes cilindros son os máis empregados porque o retorno non depende dun elemento mecánico sometido a desgaste e fatiga, e tamén porque permite construír modelos de ata 2 m de carreira.
  • 6. Cálculo da forza de accionamento Unha vez fixada a presión de traballo, a forza desenvolvida depende da superficie útil do actuador. A forza pode ser distinta segundo se trate dun cilindro de simple efecto ou dun cilindro de dobre efecto. Nun cilindro de simple efecto o empuxe do muelle é aproximadamente unha décima da forza.
  • 7.
  • 8.
  • 9. EXERCICIO Un cilindro de simple efecto con retorno por resorte ten un émbolo de 30 mm de diámetro e 50 mm de carreira. A presión do aire é de 8 bar e a resistencia do muelle de 50 N. Realiza unha maniobra de 8 ciclos cada minuto. O seu rendemento é do 85 %. Para o caso ideal e real, pídese: a) A forza que exerce o cilindro. b) O consumo de aire en condicións normais. c) A potencia desenvolvida polo cilindro ao realizar a maniobra.
  • 10. EXERCICIO Un cilindro de dobre efecto ten un émbolo de 30 mm de diámetro, o do vástago mide 10 mm e a súa carreira é de 50 mm. A presión do aire é de 8 bar e realiza unha maniobra de 8 ciclos cada minuto. En ambas carreiras, o seu rendemento é do 85 %. Para o caso ideal e real, pídese: a) A forza que exerce o cilindro na carreira de avance e de retroceso. b) O consumo de aire en condicións normais. c) A potencia desenvolvida polo cilindro ao realizar a maniobra.
  • 11. VÁLVULAS: SIMBOLOXÍA E NOMENCLATURA As válvulas dirixen e regulan o paso do aire comprimido cara os cilindros. Pódense clasificar en 3 grupos: Válvulas distribuidoras ou de dirección Válvulas de bloqueo Válvulas de regulación de caudal e presión
  • 12. Válvulas distribuidoras Encárganse de interromper, deixar pasar ou desviar o aire comprimido. Noméanse mediante 2 cifras, a primeira cifra indica o número de vías ou orificios e a segunda o número de posicións de traballo. Para representalas empréganse cadrados. A cantidade de cadrados indica a cantidade de posicións de traballo da válvula. Nas válvulas de dúas posicións, o cadrado da dereita corresponde sempre á posición de repouso da válvula. Válvula 3/2 significa: válvula de 3 vías e 2 posicións
  • 13. As conexións coas tomas de presión (unión a tubarias que enlazan co compresor) i escape (unión directa ou por tubarias á atmosfera) son moi comúns e amósanse a continuación.
  • 14. As vías únense mediante liñas rectas que representan conducións de aire que se establecen, mentres que o sentido de circulación do aire defínese por frechas.
  • 15. O órgano de accionamento da válvula soe indicarse na posición de traballo, mentres que o órgano de recuperación, a que que devolve a válvula a súa posición inactiva, debuxase ao lado da posición de repouso. Os mandos poden ser manuais, mecánicos, pneumáticos i eléctricos.
  • 16. Constitucións das válvulas distribuidoras A grandes rasgos as válvulas distribuidoras compóñense dun corpo ou estrutura básica, un elemento móbil, e uns elementos de accionamento, para permutar o estado da válvula. No corpo están definidos os condutos internos e os orificios de saída, roscados ou non. Nel alóxanse tódolos demais compoñentes, incluíndo os accesorios para a fixación na instalación. O elemento móbil é aquel que co seu desprazamento se van obter as distintas posicións da válvula. O tipo de elemento móbil define a clasificación deste tipo de válvulas segundo a forma construtiva. Os elementos de accionamento, que son compoñentes necesarios para accionar a válvula, son tan variados como tipos de mando existen.
  • 17. Segundo a construción, as válvulas distribuidoras clasifícanse principalmente en válvulas de asento e válvulas de corredera. Válvula 2/2 de asento de bola Válvula 3/2 de corredera Normalmente pechada (NC) Ao pasar pola válvula, as seccións entre o elemento de peche e o corpo producen o estrangulamento do aire, ademais dos previstos cambios de sentido do fluxo, co que as perdas de carga son inevitables. Estas perdas son maiores nas válvulas de corredera porque o aire pasa con maior dificultade.
  • 18. Tipos de accionamento das válvulas distribuidoras A clasificación máis empregada para os mandos das válvulas establécese segundo a fonte de enerxía que activa os compoñentes de mando. Os mandos poden ser:
  • 19. Mando manual: o mando está supeditado á acción voluntaria do operador. Non soen empregarse moito porque un dos obxectivos da pneumática é o incremento da automatización dos procesos. Sempre haberá polo menos unha que será de posta en marcha de circuíto. Tamén se emprega nos casos en que a seguridade do traballador pode estar en perigo como ocorre coas presas, nas que o troquel non baixa ata que o operario manteña presionadas dúas válvulas manuais. Mando mecánico: actívanse por un mecanismo en movemento, como unha árbore de levas, ou polo émbolo dos cilindros. Sóense usar como captadores de sinal, polo que acostuman a ser pequenas.
  • 20. Mando pneumático: as válvulas con mando pneumático úsanse como órganos de regulación dos actuadores, polo que precisan de válvulas máis pequenas que as piloten. A forza necesaria para conmutar a válvula obtense do aire a presión, xa sexa utilizando directamente ou por depresión. Existe un caso especial, son as válvulas con accionamento pneumático en ambos lados, pero que empregan o principio de presión diferencial. As seccións da corredera que o aire empuxa son diferentes para cada lado, polo que existe unha maior forza nun sentido que no outro e, polo tanto, unha posición preferente cando en ambos pilotaxes hai presión. Empréganse para dispoñerse de ordes de mando preferentes nos ciclos automáticos dos equipos pneumáticos. Os símbolos correspondentes aos mandos pneumáticos son frechas que enlazan coas liñas de pilotaxe, e sóense representar por liñas descontinuas.
  • 21. Mando eléctrico: o principio de funcionamento consiste en obter a forza para desprazar a corredera a partir do electroimán. A colocación destas válvulas nas instalacións pneumáticas implica a instalación paralela dun circuíto eléctrico que as active. A sinal de conmutación das válvulas vira dado por un final de carreira eléctrico, ou de calquera outro dispositivo eléctrico. No mando eléctrico, a lonxitude da liña de mando non inflúe na eficacia do funcionamento. Os tempos de conmutación son moi curtos e fiables, polo que na actualidade son as máis usuais.
  • 22. Códigos das vías dunha válvula A localización de cada un dos orificios do distribuidor realízase por números ou letras segundo normativa. A seguinte táboa amosa os códigos segundo a norma ISO e CETOP
  • 23. Válvula distribuidora 2/2 Estas válvulas serven para gobernar o paso do fluído. a) Válvula en repouso, o paso de P cara A está pechado. Cando se acciona o pulsador, o distribuidor pon en comunicación a entrada P con A, entón dise que a válvula está aberta (b). Ao deixar de apertar o pulsador, o muelle obriga ao distribuidor a recuperar a posición de partida, co que a válvula se pecha.
  • 24. Válvula distribuidora 3/2 Estas válvulas permiten a circulación de aire nunha dirección e, ao mesmo tempo, cortan o paso na outra dirección. Empréganse para gobernar cilindros de simple efecto. a) A corredera da válvula sen accionar cerra o paso de P cara A e deixa aberto o paso de A cara R. Cando se acciona o pulsador (b), a corredera une a entrada de presión P coa vía de utilización A, mentres o escape R queda bloqueado.
  • 25. Válvula distribuidora 4/2 Estas válvulas permiten a circulación de aire en ambas direccións. Cando a válvula está en repouso (a), a vía de entrada está conectada coa de utilización A, mentres que a outra utilización B está posta a escape R. Ao accionar a válvula vencese a acción do muelle e a corredera cambia de posición, é dicir, o fluído circula de P cara B e de A cara R. Estas válvulas empréganse para gobernar cilindros de dobre efecto.
  • 26. Válvula distribuidora 5/2 Poden considerarse como unha ampliación das válvulas 4/2. A diferenza consiste en que posúen unha vía máis, co que o escape dun cilindro de dobre efecto pode ser independente para cada lado, podendo realizar outras funcións de mando. Cando a válvula está en repouso, a corredera permite o paso de P cara B e o escape de aire que procede de A. Ao accionar a válvula, comunícase P con A e, ao mesmo tempo, ponse B a escape pola outra saída T. Estas válvulas empréganse para gobernar cilindros de dobre efecto.
  • 27. Válvula distribuidora 4/3 Serven para gobernar cilindros de dobre efecto. Teñen unha posición intermedia que é utilizada para varias posibilidades de mando. Cando a válvula esta na posición media o aire pasa de P a R, pechando o paso de A cara B (válvula posta a escape). Ao accionar o pulsador o fluído pasa de P cara A e de B cara R. Si se acciona de novo o pulsador o fluído pasa de P cara B e de A cara R. Estas válvulas non levan resorte, incorporándose un sistema mecánico ou eléctrico de enclavamento para poder fixar as tres posicións.
  • 28. Válvulas de bloqueo O funcionamento das válvulas de bloqueo basease en cortar o paso de aire comprimido. Constrúense de forma que a presión do aire actúa sobre a peza de bloqueo e así reforza o peche. Pódense considerar válvulas de bloqueo, polo seu principio de funcionamento as seguintes: Válvula antirretorno ou de retención. Válvula selectora de circuíto. Válvula de simultaneidade. Válvula de purga ou escape rápido. Válvula estranguladora de retención
  • 29. Válvula antirretorno É a válvula máis simple. Pecha por completo o paso nun sentido e déixao libre no contrario, coa perda de presión o máis pequena posible. A obturación pódese lograrse cunha bola, disco, cono,…, impulsada pola propia presión de traballo ou ben coa axuda complementaria dun resorte.
  • 30. Válvula selectora Esta válvula cumpre a función lóxica “OU” nos circuítos pneumáticos. Ten dúas entradas e unha saída. O bloqueo sempre se leva a cabo na entrada con menor presión. Con que haxa P nalgunha entrada, haberá P á saída. Emprégase cando un actuador ou unha válvula distribuidora se debe gobernar indistintamente dende dous puntos por separado, distantes fisicamente un do outro. Para os equipos en que un órgano debe ser accionado dende varios sitios, sempre se precisarán tantas válvulas seletoras como número de puntos de accionamento menos 1.
  • 31. Válvula de simultaneidade Cumpre a función lóxica “AND” nos circuítos pneumáticos. Ten dúas entradas e unha saída. Para que exista sinal á saída ten que haber presión nas dúas entradas. Emprégase en equipos de enclavamento e control, como o accionamento dunha prensa hidraúlica, por razóns de seguridade a prensa só baixa se o operario mantén activadas as dúas válvulas á vez.
  • 32. Válvulas reguladoras de fluxo ou caudal As válvulas reguladoras de fluxo axustan o caudal circulante a un valor fixo ou variable. O principio de funcionamento é a estrangulación do aire, o mecanismo de estrangulación pode ser por diafragma ou por estreitamento do conduto de paso. Os estreitamentos poden ser constantes ou variables. Existen dous tipos de válvulas de fluxo: Válvulas estranguladoras: actúan sobre o caudal en calquera dos dous sentidos de fluxo. Válvulas estranguladoras unidireccionais: actúan sobre o caudal nun só sentido de fluxo. Tamén se poden considerar válvulas de fluxo os silenciadores e reguladores de escape si actúan sobre o caudal.
  • 33. Válvula estranguladora unidireccional Reúne características de funcionamento das válvulas de bloqueo e das de fluxo. Nos equipos pneumáticos empréganse como válvulas de fluxo para regular a velocidade dos actuadores, pero só nun sentido do movemento. Na regulación da velocidade dos cilindros pneumáticos con estas válvulas distínguese entre regulación á saída e regulación á entrada. Na estrangulación da entrada ou alimentación do cilindro, contrólase o caudal de aire que entra ao cilindro, pero o aire de saída circula libremente cara o escape.
  • 34. Válvulas reguladoras de presión As válvulas reguladoras de presión actúan sobre a presión do aire en circulación, controlándoa dende un valor nulo ata o máximo valor de alimentación. A construción de todas elas é moi similar, pero segundo sexa a súa colocación no circuíto cumpren diferentes funcións que as identifican. Os diferentes tipos de válvulas reguladoras de P son: Válvulas limitadoras de P ou de seguridade. Válvulas de secuencia. Válvulas reguladoras de P ou redutoras. O axuste do valor nominal de control pode realizarse a man ou mediante electricidade (válvulas proporcionais)
  • 35. Válvula limitadora de presión Esta válvula impide que a presión dun sistema sexa maior que a fixada manualmente a través dun parafuso. Ao superar esta presión máxima permitida, a válvula abre a conexión coa atmosfera, co que se reduce a presión ata o valor nominal. Entón volve a pechar o orificio de purga. Emprégase en todo equipo produtor de aire como válvula de seguridade.
  • 36. Válvula de secuencia O principio de funcionamento é o mesmo que o da válvula limitadora de presión. A diferenza reside en que vez de conectar a escape, conéctase a unha vía de traballo.
  • 37. Válvula redutora Estas válvulas basean o seu funcionamento nunha membrana, o movemento desta encargase de regular a presión de saída. Esta presión sempre é menor que a de entrada. O obxecto é regular a presión de traballo desexada a un valor predeterminado e constante.
  • 38. Detectores pneumáticos Existen detectores pneumáticos que captan a posición ou presenza dun obxecto e outros que realizan a mesma función, pero detectanto os cambios en magnitudes físicas como a presión. Teñen que ser instalados en lugares estratéxicos e coidadosamente situados para o seu correcto funcionamento. Polo xeral, todos funcionan a baixas presións para reducir o consumo de aire. Os sensores divídense en: Captadores de presión Captadores de posición
  • 39. Captadores de presión: presostatos Converten a medida da presión pneumática a sinal eléctrica. Poden ser instalados en calquera parte do circuíto xa que non requiren contacto físico. Os presostatos teñen unha cámara de aire cunha membrana deformable que, ao encherse con aire a presión, é capaz de contactar cun circuíto eléctrico que envía unha sinal eléctrica correspondente.
  • 41. O esquema pneumático é o plano de representación de tódolos elementos pneumáticos, cos condutos e liñas de conexión e cos símbolos normalizados As normas a seguir para facer o esquema son: 1. Os elementos de traballo colócanse en posición horizontal. 2. Os finais de carreira non se representan na súa posición normal. Soen colocarse baixo os órganos de goberno, e no lugar que ocupan no circuíto debuxase unha liña con número indicador. 3. Os circuítos debúxanse, xeralmente, na posición de partida, ou sexa, os elementos accionados. 4. Para evitar erros numéranse os distintos elementos, seguindo unha orde determinada e que os clasifica por grupos.
  • 42. ESQUEMA PNEUMÁTICO Os elementos de traballo van numerados por esta orde: 1.0, 2.0, 3.0,… Os órganos de goberno levan: 1.1, 2.1, 3.1,… A primeira cifra indica o grupo ao que pertence, a segunda, o “1” que se trata dun distribuidor de mando ou órgano de goberno. Os captadores e información noméanse con 1.2, 1.4, 2.2, 2.4,… e 1.3, 1.5, 2.3, 2.5, 3.3,… A primeira cifra sempre indica o grupo e a segunda, si é par, indica que inflúe na saída do vástago e se é impar, no retroceso. Con 0.1, 0.2, 0.3,… indícanse os elementos auxiliares e con 1.02, 1.03, 2.02, 2.03,… os elementos de regulación.
  • 43. TIPOS DE MANDO MANDO DIRECTO Os actuadores neste caso só precisan dunha válvula distribuidora, que reúne en si mesma tódalas funcións de órgano de regulación, elemento de mando i emisor de sinais. O mando das válvulas será manual ou eléctrico directo. MANDO INDIRECTO Se o cilindro é de gran tamaño será precisa unha gran forza de mando para conmutar as válvulas que o comandan. A forma de separar a parte da información da parte de traballo é mediante o pilotaxe pneumático. Así a parte do circuíto encargada do mando pneumático traballa a baixa presión e a parte de potencia (elemento de traballo e válvula distribuidora de goberno) funcionan a presión normal.
  • 44. MANDO DIRECTO Mando de cilindros de simple efecto A forma habitual é empregar válvulas 3/2 monoestables, o normal é que sexa NC para que o cilindro manteña o vástago recollido. Ao activar a válvula o cilindro sae e mantense fora mentres se manteña activa a válvula. En canto se desactiva volve recollerse o émbolo. As válvulas de goberno poden ser biestables (manual ou eléctrica). Tamén existen válvulas monoestables con enclavamiento, que manteñen unha determinada posición indefinidamente. Mando directo dun cilindro de simple efecto mediante válvula 3/2 monoestable.
  • 45. MANDO DIRECTO Mando de cilindros de dobre efecto As válvulas que habitualmente se empregan para o goberno dos cilindros de dobre efecto son as 4/2 ou 5/2, que se dispoñen para que o cilindro manteña normalmente o vástago recollido. Mentres se activa 1.1 sae o émbolo. Ao desactivarse regresa. Mando directo dun cilindro de dobre efecto mediante válvula 4/2 monoestable.
  • 46. MANDO INDIRECTO Normalmente empréganse válvulas 3/2 NC para o pilotaxe das válvulas de goberno de cilindros, que neste caso son válvulas de accionamento pneumático. Poden ser monoestables (con posición de repouso) ou biestables. No primeiro caso só se precisa unha válvula de mando.
  • 47. CONTROL DE VELOCIDADE A regulación da velocidade, unha vez fixados os compoñentes do circuíto, pódese efectuar con distintos elementos de xeito que se consiga o aumento ou a redución da mesma, chegando incluso o paro do movemento do actuador.
  • 48. Aumento da velocidade O método para o aumento da velocidade nunha carreira é a colocación dunha válvula de escape rápido na saída correspondente do cilindro de dobre efecto. Evitase, na carreira de avance, o paso de aire polo distribuidor.
  • 49. Redución da velocidade Hai varios métodos para reducir a velocidade dos actuadores. O máis normal efectúase a través de válvulas reguladoras de caudal ou fluxo. O habitual é a regulación mediante válvulas reguladoras unidireccionais que deben actuar sobre o aire de escape co fin de que a velocidade sexa independente da carga do cilindro (regulación á saída). A regulación á entrada deixase para as carreiras de avance dos cilindros simples e para os casos en que a carga do cilindro se opón ao movemento. Si se quere obter a mesma velocidade en ambas carreiras pódese usar unha válvula reguladora bidireccional ou usar dúas unidireccionais co mesmo valor de control.
  • 50. EXEMPLOS DE APLICACIÓN
  • 51. Máquina para o taladro de pezas de madeira para estanterías
  • 52. Máquina especial para fresar unha ranura
  • 53. Prensa moldeadora de bloques de formigón
  • 54. Describe o funcionamento do circuíto indicando tamén a secuencia de traballo.