que escribir? Debemosser conscientes de que se trata de comunicación escrita, e como tal, queda rexistro dela, por iso debemos ter coidado co que escribimos.
3.
que poñemos enasunto? Escribe sempre cal é o "asunto“ ben clariño: o destinatario pode decidir se ler ou non unha mensaxe baseándose só no “asunto”.
4.
mensaxes claras Asmensaxes sinxelas chegan antes e descárganse máis rápido. Non abuses de debuxos, cores, letras diferentes, usa estes recursos só cando o contido o requira. Escribe por parágrafos e sepáraos con liñas en branco, para facilitar a lectura.
5.
como escribir? Nonescribas en maiúsculas. Escribir en maiúsculas en Internet equivale a gritar. Escribe de maneira normal, con maiúsculas e minúsculas. Coida a ortografía e gramática.
6.
A quen vaidirixido? Diferencia entre correos formais e informais , un correo coa profesora é un correo formal, cun amigo é informal. Ten en conta sempre a diferenza de estilo que debe haber entre unha mensaxe informal e outro de carácter serio. Usa un estilo de redacción adecuado ao destinatario. Utiliza os emoticóns con moderación e nunca nunha mensaxe formal.
7.
Reenvio de correosSe recibes un correo electrónico interesante que desexas reenviar aos teus contactos: debes borrar os enderezos que recibiches na mensaxe antes de reenviar. Poida que algún dos destinatarios do correo teña un virus no seu computador e que ese virus capture as direccións de correo das mensaxes que se reciben para logo envialas a un spammer. Todas esas direccións sufrirán despois o molesto correo lixo .
8.
Para, cc oucco? Para evitar virus e spam, cando envíes copias dun correo a varias persoas, pon a lista de direccións a enviar no campo Cco (contas de correo ocultas). Desa forma evitarás dar a coñecer as direccións de terceiras persoas.
9.
Como evitamos spam?Non reenvíes mensaxes en cadea, falsas alarmas de virus, etc. Evita o envío de arquivos adxuntos demasiado pesados. Non proporciones o teu enderezo electrónico en sitios que non coñezas ben, poden enviarche publicidade non desexada.
10.
Como evitamos viruse spam? Non respondas o correo non solicitado e de orixe descoñecida. As mensaxes non coñecidas deben borrarse canto antes. Non abras ficheiros que non esperas. Aínda que procedan aparentemente de persoas coñecidas non debemos abrir adxuntos non esperados: poden conter virus.
11.
Seguridade nas contrasinaisSe usas webmail, utiliza claves seguras (máis de 8 díxitos, contendo letras e números) e configura a pregunta secreta dunha forma que non sexa adivinable, xa que esta é a forma máis común de roubar unha conta doutra persoa. Cando utilices o seu correo electrónico en sitios públicos, non esquezas pechar o teu correo cando termines de traballar. Non basta con pechar a páxina: é necesario pulsar en "saír" ou "pechar sesión".