Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
1. WiFi
Bebeteca
Fonoteca
Préstamo
Hemeroteca
Información
Infantil e xuvenil
Fondos patrimoniais
Salas de lectura e investigación
Biblioteca César Antonio Molina e Mercedes Monmany
Club lector
EbiblioDacoruna
Dinamización cultural
Activiades e exposicións
Servizos ás bibliotecas municipais
A biblioteca nun clic:
www.dacoruna.gal/biblioteca
Dámosche
a benvida !
BIBLIOTECA PROVINCIAL
DA
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Riego de Agua, 37
15001 A Coruña - 981 080 176
biblioteca.info@dacoruna.gal
www.dacoruna.gal/biblioteca
Biblioteca
Deputación
2. Préstamo e reservas
Podes levar en préstamo e totalmente de balde, libros,
películas, música, etc.
A obra que querías está prestada?
Resérvaa acudindo á biblioteca ou a través da nosa
páxina web.
O material solicitado non se atopa na biblioteca? podes
facer unha suxestión de compra que será valorada polo
centro.
Tes tamén á túa disposición o servizo de préstamo
interbibliotecario para a consulta de documentos que non
estean no noso fondo.
Formación de usuarios
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña ofrece
visitas guiadas para escolares, mozos e grupos de
adultos pertencentes a algún colectivo ou institución.
Ademais de coñecer as nosas instalacións, a visita
pretende amosar todos os servizos, coleccións e
actividades que ofrece a biblioteca.
Tamén temos un programa de formación de usuarios
para que coñezas os recursos que ofertamos e como
usalos.
Préstamo dixital
Se es socio da nosa ou de calquera biblioteca da
provincia da Coruña podes obter o teu contrasinal
de acceso á nosa plataforma dixital e tomar en
préstamo libros e contidos do teu interese que
poderás ler en diferentes dispositivos (tableta,
teléfono móbil, ordenador persoal ou lector de
libros electrónicos)
Consulta como facelo na túa biblioteca ou no noso
Servizo de Información Bibliográfica.
Club Lector
– Clubs de lectura da Biblioteca Provincial
– Préstamo de libros a clubs de lectura
– Club de lectura dixital para a Provincia
Actividades e exposicións
A Biblioteca realiza actividades culturais para
nenos e adultos co obxectivo de difundir os seus
fondos, fomentar o hábito lector e crear vínculos
coa comunidade. Para coñecer todo o que facemos
consulta a nosa axenda.
www.dacoruna.gal/biblioteca
Asóciate
Para levar material en préstamo precisas ter o
carné de socio. Ademais do préstamo, o carné da
biblioteca dá acceso:
– Á Internet a través da rede WiFi
– Ao uso dos nosos ordenadores unha hora ó día
– Ás nosas plataformas de libro electrónico
– Á páxina personalizada do catálogo onde
cada lector ou lectora pode renovar os seus
préstamos
Para obter a tarxeta de socio, tan só precisas unha
foto tamaño carné e a fotocopia do DNI, pasaporte
ou tarxeta de residente.
Servizo ás bibliotecas municipais
– Envío de publicacións
– Clubs de lectura
– Préstamo dixital
– Asesoramento técnico
– Orientación bibliotecaria
– Plan de formación
– Subvencións
– Directorio de bibliotecas provinciais
BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
chegando a cada persoa