SlideShare a Scribd company logo
ASCLEPIO
DEUS DA
MENCIÑA
GREGA
Asclepio, o deus da menciña, fillo
de Apolo, foi venerado en moitos
santuarios de Grecia. Representábase
con serpes ao redor dun bastón, piñas,
coroas de laurel, unha cabra ou un
can. Tiña o don da curación e coñecía
moi ben a vexetación, en particular as
plantas medicinais.
Asclepio alcanzou tal habilidade que
podía devolver a vida aos mortos.
Zeus matouno cun raio e foi levado
aos ceos.
Os romanos chamárono Esculapio. A
súa filla foi Hygea, orixe do termo
“hixiene”.
ORIXES DA
MENCIÑA
A menciña conta cunha longa
tradición en Grecia. Xa na Ilíada,
poema grego atribuido a Homero,
que canta as fazañas de Troia (1250
a C.), descríbese como un guerreiro
foi ferido na nalga “ cerca da vexiga
e debaixo do oso do pube”;
Menelao, rei de Esparta, foi intervido
dunha ferida na muñeca polo
ciruxano Macaón, que era fillo de
Asclepio e que fora educado na arte
da menciña polo centauro Quirón.
Porque a menciña era unha arte
γιατρικη τεχνη, o médico era o
ιατρος, e o ciruxán χειρουργειν o
que traballa coas máns.
Todas estas testemuñas poden
facervos reflexionar sobre o
antiquísima que é esta arte da
menciña.
Paulatinamente a
menciña vaise
desligando dos deuses
e das plegarias . Vaise
afastando do mito e
convertíndose en
técnica .
Isto reflicte o camiño do
mundo grego cara a
reflexión e razoamento :
o paso do μυθος ao
λογος .
En Crotona, Cos e
Cnido aparecen as
primeiras escolas de
menciña.
HIPÓCRATES DE COS
Hipócrates de Cos foi un médico grego que naceu na illa de Cos no ano
460 a.C e morreu en Larisa no 370 a.C.
É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da menciña
e moitos autores refírense a el como o ‘pai da menciña’ moderna, en
recoñecemento as súas importantes e duradeiras contribucións a esta
ciencia como fundador da escola que leva o seu nome.
TEORÍA
HIPOCRÁTICA
Hipócrates é considerado o primeiro médico que rexeitou as
supersticións, lendas e crenzas populares que sinalaban como
causantes das enfermidades ás forzas sobrenaturais ou divinas.
Separou a disciplina da menciña da relixión, crendo e
argumentando que a enfermidade non era un castigo inflixido
polos deuses, senón a consecuencia de factores ambientais, a
dieta e os hábitos de vida.
Concibe a enfermidade coma consecuencia de desequilibrios entre
humores líquidos do corpo: o sangue, a flema, a bilis amarela ou cólera e
a bilis negra ou melancolía.
Esta teoría desenvolveuna máis tarde Galeno e perdurará ata a
Ilustración. Propón como métodos para atallar as enfermidades o cauterio
ou bisturí, como menciñas as plantas naturais. Recoméndase o aire puro
e unha alimentación sá e equilibrada.
A escola hipocrática considera o corpo no seu conxunto, fai fincapé na
observación minuciosa dos síntomas e recopila o historial clínico dos
pacientes.
XURAMENTO
HIPOCRÁTICO
Foi atribuído a Hipócrates na Antigüidade, aínda que
investigacións máis modernas indican que podería ter sido
escrito despois da súa morte.
Aínda que hoxe en día o xuramento só se utiliza raramente na
súa forma orixinal, serve de base para outros xuramentos e
leis similares que definen as boas prácticas e morais
médicas.
Os licenciados que están a punto de empezar a práctica médica
tradicionalmente pronuncian este xuramento.
XURAMENTO
HIPÓCRÁTICO
VERSIÓN ORIXINAL EN
GREGO E TEXTO LATINO
VERSIÓN ORIXINAL
VERSIÓN ACTUAL
En el momento de ser admitidos entre los miembros de la profesión médica, os comprometéis
solemnemente a consagrar vuestra vida al servicio de la Humanidad y
JURÁIS
Conservar el respeto y el reconocimiento a que son acreedores vuestros maestros.
Ejercer vuestro arte con conciencia y dignidad.
Hacer de la salud y de la vida de vuestros enfermos la primera de vuestras preocupaciones.
Respetar el secreto de quien se os haya confiado a vuestro cuidado.
Mantener, en la máxima medida de vuestros medios, el honor y las nobles tradiciones de la
profesión médica.
Considerar a los colegas como hermanos.
No permitir jamás, que entre el deber y el enfermo se interpongan consideraciones de raza,
religión, nacionalidad, de partido o de clase.
Tener absoluto respeto por la vida humana desde el instante de la concepción.
No utilizar, ni aún bajo amenazas, los conocimientos médicos contra las leyes de la humanidad”
“Si cumpliereis íntegramente con este Juramento, que podáis gozar de vuestra vida y de vuestro
arte y disfrutar de perenne estima entre los hombres. Si lo quebrantáis, que vuestra conciencia
y el honor de la profesión médica en la que acabáis de ingresar os lo demanden.”
GALENO
Despois de Hipócrates, o seguinte médico de relevancia
foi Galeno, un grego romanizado que viviu entre os anos
129 e 200 d.C..
Galeno perpetuou a medicina hipocrática, desenvolvéndoa
en varias direccións .
O propio Aristóteles, fillo de
médico, aínda que non
exerceu, sí se interesou pola
disciplina e na súa escola, os
Peripatéticos ( “Paseantes”) ,
xorden varios discípulos
médicos.
No reinado de Alexandro Magno e nos reinos
helenísticos, coma no Exipto dos Ptolomeos,
tiveron lugar grandes avances. En anatomía
practícaronse diseccións e descubríronse órganos
coma o colédoco, as meninxes, os plexos
coroideos, o cuarto ventrículo cerebral e o sistema
de circulación portal.
Na Idade Media, os árabes adoptaron os métodos
de Hipócrates e contribuíron de xeito fundamental
á conservación das súas ensinanzas.

More Related Content

More from Fina Rodríguez Chao

Postales 4º eso
Postales 4º esoPostales 4º eso
Postales 4º eso
Fina Rodríguez Chao
 
Flor humanismo
Flor humanismoFlor humanismo
Flor humanismo
Fina Rodríguez Chao
 
La verdadera mona lisa
La verdadera mona lisaLa verdadera mona lisa
La verdadera mona lisa
Fina Rodríguez Chao
 
Presentación da vinci, juanma, ivan
Presentación da vinci, juanma, ivanPresentación da vinci, juanma, ivan
Presentación da vinci, juanma, ivan
Fina Rodríguez Chao
 
Leonardo da vinci. javier oya
Leonardo da vinci. javier oyaLeonardo da vinci. javier oya
Leonardo da vinci. javier oya
Fina Rodríguez Chao
 
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melina
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melinaLeonardo da vinci presentacion final, vanessa, melina
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melinaFina Rodríguez Chao
 
Bailarina
BailarinaBailarina
Halterofilia
HalterofiliaHalterofilia
Halterofilia
Fina Rodríguez Chao
 
Telesilla
TelesillaTelesilla

More from Fina Rodríguez Chao (12)

Postales 4º eso
Postales 4º esoPostales 4º eso
Postales 4º eso
 
Flor humanismo
Flor humanismoFlor humanismo
Flor humanismo
 
Impresion vitruvio
Impresion vitruvioImpresion vitruvio
Impresion vitruvio
 
Arquímedes definitivoblog
Arquímedes definitivoblogArquímedes definitivoblog
Arquímedes definitivoblog
 
La verdadera mona lisa
La verdadera mona lisaLa verdadera mona lisa
La verdadera mona lisa
 
Presentación da vinci, juanma, ivan
Presentación da vinci, juanma, ivanPresentación da vinci, juanma, ivan
Presentación da vinci, juanma, ivan
 
Leonardo da vinci. javier oya
Leonardo da vinci. javier oyaLeonardo da vinci. javier oya
Leonardo da vinci. javier oya
 
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melina
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melinaLeonardo da vinci presentacion final, vanessa, melina
Leonardo da vinci presentacion final, vanessa, melina
 
Leonardo da vinci
Leonardo da vinci Leonardo da vinci
Leonardo da vinci
 
Bailarina
BailarinaBailarina
Bailarina
 
Halterofilia
HalterofiliaHalterofilia
Halterofilia
 
Telesilla
TelesillaTelesilla
Telesilla
 

Asclepio e breve historia menciña blog

  • 2. Asclepio, o deus da menciña, fillo de Apolo, foi venerado en moitos santuarios de Grecia. Representábase con serpes ao redor dun bastón, piñas, coroas de laurel, unha cabra ou un can. Tiña o don da curación e coñecía moi ben a vexetación, en particular as plantas medicinais. Asclepio alcanzou tal habilidade que podía devolver a vida aos mortos. Zeus matouno cun raio e foi levado aos ceos. Os romanos chamárono Esculapio. A súa filla foi Hygea, orixe do termo “hixiene”.
  • 3. ORIXES DA MENCIÑA A menciña conta cunha longa tradición en Grecia. Xa na Ilíada, poema grego atribuido a Homero, que canta as fazañas de Troia (1250 a C.), descríbese como un guerreiro foi ferido na nalga “ cerca da vexiga e debaixo do oso do pube”; Menelao, rei de Esparta, foi intervido dunha ferida na muñeca polo ciruxano Macaón, que era fillo de Asclepio e que fora educado na arte da menciña polo centauro Quirón. Porque a menciña era unha arte γιατρικη τεχνη, o médico era o ιατρος, e o ciruxán χειρουργειν o que traballa coas máns. Todas estas testemuñas poden facervos reflexionar sobre o antiquísima que é esta arte da menciña.
  • 4. Paulatinamente a menciña vaise desligando dos deuses e das plegarias . Vaise afastando do mito e convertíndose en técnica . Isto reflicte o camiño do mundo grego cara a reflexión e razoamento : o paso do μυθος ao λογος . En Crotona, Cos e Cnido aparecen as primeiras escolas de menciña.
  • 5. HIPÓCRATES DE COS Hipócrates de Cos foi un médico grego que naceu na illa de Cos no ano 460 a.C e morreu en Larisa no 370 a.C. É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da menciña e moitos autores refírense a el como o ‘pai da menciña’ moderna, en recoñecemento as súas importantes e duradeiras contribucións a esta ciencia como fundador da escola que leva o seu nome.
  • 6. TEORÍA HIPOCRÁTICA Hipócrates é considerado o primeiro médico que rexeitou as supersticións, lendas e crenzas populares que sinalaban como causantes das enfermidades ás forzas sobrenaturais ou divinas. Separou a disciplina da menciña da relixión, crendo e argumentando que a enfermidade non era un castigo inflixido polos deuses, senón a consecuencia de factores ambientais, a dieta e os hábitos de vida.
  • 7. Concibe a enfermidade coma consecuencia de desequilibrios entre humores líquidos do corpo: o sangue, a flema, a bilis amarela ou cólera e a bilis negra ou melancolía. Esta teoría desenvolveuna máis tarde Galeno e perdurará ata a Ilustración. Propón como métodos para atallar as enfermidades o cauterio ou bisturí, como menciñas as plantas naturais. Recoméndase o aire puro e unha alimentación sá e equilibrada. A escola hipocrática considera o corpo no seu conxunto, fai fincapé na observación minuciosa dos síntomas e recopila o historial clínico dos pacientes.
  • 8. XURAMENTO HIPOCRÁTICO Foi atribuído a Hipócrates na Antigüidade, aínda que investigacións máis modernas indican que podería ter sido escrito despois da súa morte. Aínda que hoxe en día o xuramento só se utiliza raramente na súa forma orixinal, serve de base para outros xuramentos e leis similares que definen as boas prácticas e morais médicas. Os licenciados que están a punto de empezar a práctica médica tradicionalmente pronuncian este xuramento.
  • 9. XURAMENTO HIPÓCRÁTICO VERSIÓN ORIXINAL EN GREGO E TEXTO LATINO VERSIÓN ORIXINAL
  • 10. VERSIÓN ACTUAL En el momento de ser admitidos entre los miembros de la profesión médica, os comprometéis solemnemente a consagrar vuestra vida al servicio de la Humanidad y JURÁIS Conservar el respeto y el reconocimiento a que son acreedores vuestros maestros. Ejercer vuestro arte con conciencia y dignidad. Hacer de la salud y de la vida de vuestros enfermos la primera de vuestras preocupaciones. Respetar el secreto de quien se os haya confiado a vuestro cuidado. Mantener, en la máxima medida de vuestros medios, el honor y las nobles tradiciones de la profesión médica. Considerar a los colegas como hermanos. No permitir jamás, que entre el deber y el enfermo se interpongan consideraciones de raza, religión, nacionalidad, de partido o de clase. Tener absoluto respeto por la vida humana desde el instante de la concepción. No utilizar, ni aún bajo amenazas, los conocimientos médicos contra las leyes de la humanidad” “Si cumpliereis íntegramente con este Juramento, que podáis gozar de vuestra vida y de vuestro arte y disfrutar de perenne estima entre los hombres. Si lo quebrantáis, que vuestra conciencia y el honor de la profesión médica en la que acabáis de ingresar os lo demanden.”
  • 11. GALENO Despois de Hipócrates, o seguinte médico de relevancia foi Galeno, un grego romanizado que viviu entre os anos 129 e 200 d.C.. Galeno perpetuou a medicina hipocrática, desenvolvéndoa en varias direccións .
  • 12. O propio Aristóteles, fillo de médico, aínda que non exerceu, sí se interesou pola disciplina e na súa escola, os Peripatéticos ( “Paseantes”) , xorden varios discípulos médicos.
  • 13. No reinado de Alexandro Magno e nos reinos helenísticos, coma no Exipto dos Ptolomeos, tiveron lugar grandes avances. En anatomía practícaronse diseccións e descubríronse órganos coma o colédoco, as meninxes, os plexos coroideos, o cuarto ventrículo cerebral e o sistema de circulación portal.
  • 14. Na Idade Media, os árabes adoptaron os métodos de Hipócrates e contribuíron de xeito fundamental á conservación das súas ensinanzas.