SlideShare a Scribd company logo
A Folga Xeral de 1901 na Coruña: os sucesos dos días 30 e 31 de maio, segundo foron
recollidos pola prensa da época doutras cidades galegas
No paso do século XIX ao século XX, a cidade da Coruña estaba a vivir unha etapa no que o
papel da clase obreira comezaba a ser cada vez máis importante. A chegada das ideas da
Internacional, a creación da Federación Local Obreira en 1873 e os conflitos no 1º de maio dos
anos inmediatamente anteriores, facían que en 1901 a clase obreira coruñesa comezara a
estar organizada e preparada para loitar por unha vida digna de ser vivida.
A folga de empregados de consumos.
Os “consumeiros” eran os empregados encargados do cobro do imposto municipal que gravaba
a entrada na cidade dos bens de primeira necesidade (“las cosas de comer, de beber y de
arder”). O cobro deste imposto estaba arrendado polo concello coruñés a un empresario
madrileño.
O mércores 29 de maio de 1901, os “consumeiros” dirixiron ao administrador do arrendo, unha
comunicación na que se lle daba ata as cinco da tarde dese día para dar resposta definitiva ás
súas demandas de mellora dun real no salario e mailo seu compromiso de non continuar coa
contratación de empregados traídos de Andalucía.
Os dependentes de consumos: aforadores, matronas e “volandeiros” (os que prestaban o
servizo volante, fora dos fielatos) entendían que a empresa concesionaria dispoñía de
empregados ao seu servizo suficientes e que a chegada dos traballadores andaluces só tiña por
obxecto a súa substitución por estes, como represalia por unha folga anterior onde tiñan
conseguido o aumento salarial esixido.
O administrador respondeu ás solicitudes dos obreiros, pedíndolles que agardaran á resposta
do arrendatario, recomendándolles que esperasen e mantivesen a actividade nos seus postos,
ameazando de que, en caso contrario, serían substituídos polo novo persoal, que xa se
encargaría entón da vixilancia do imposto. Algúns medios recollen incluso a intención da
empresa de rachar coa concesión municipal alegando perdas, para ser indemnizada1
Os “consumeiros” da quenda de noite reuníronse de xeito urxente para debater qué resposta
dar á carta e nomearon unha comisión para manter unha xuntanza co administrador do arrendo.
Este, malia recibir aos comisionados, oíndo que insistían nas súas demandas, no deu máis
resposta que repetir verbalmente o mesmo que xa dixera por escrito anteriormente.
Ante esta situación, declárase a folga dos “consumeiros” para o día seguinte 30 de maio de 1901.
Os vixiantes abandonaron os seus postos e reuníronse nunha asemblea na que acordaron
persistir na folga e non volver ao traballo ata conquerir as súas demandas. Os traballadores e
traballadoras chamadas á folga eran aproximadamente 140.
Constituiron comisións de folguistas que percorreron diferentes puntos da contorna da cidade,
mentres a Garda civil cubría os postos do extrarradio da cidade e a garda municial vixiaba os
fielatos2
.
1
El Correo Gallego:diario político de la mañana:. Año XXII Número 7691 _ 02/06/1901,
2
El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXIV Número 7690 – 1901 xuño 1:
As autoridades pretendían así evitar a acción de matuteros e que se produciran enfrontamentos
dos traballadores en folga cos esquiroles traídos pola empresa dende Andalucía. De feito, parece
que na zona de Trapallos (no final da actual rúa de Juan Flórez) ese mesmo día se produce un
enfrontamento entre “matuteros” e o tenente visitador (mando intermedio da empresa
arrendataria) que increpounos e foi agredido por eles, respondendo con disparos que iniciaron
un tiroteo que só finalizou coa chegada da Garda Civil e a fuxida dos “matuteros” deixando
abandonadas as mercadorías3
. Noutros fielatos tamén tiveron lugar decomisos de bens como
alcohol e carne.
A folga foi seguida masivamente polos empregados de consumos. Os folguistas percorrían en
grupos a cidade para impedir que se rachara coa folga. Os grupos de folguistas estaban
compostos polos seus equipos de traballo habituais nos postos de vixilancia (catro grupos
mandados polos seus cabos4
). Así, percorreron os fielatos e os postos de control habituais con
certa normalidade durante a mañá do día 30 de maio, sen que se rexistraran incidentes. Deste
xeito, algúns traballadores que non se uniran aínda á folga, abandonaron tamén os seus postos.
Por acordo entre o Alcalde, José Martínez Fontenla, e mailo Gobernador Civil, García Valdés,
logo dunha xuntanza celebrada ese mesmo día5
, os fielatos pasaron a ser custodiados pola
Garda Civil, a Policía e algúns membros do corpo de Carabineros, todos eles enviados a actuar
como esquiroles. Esta decisión motivou un endurecemento da actitude dos folguistas6
Pola tarde dese mesmo día, os folguistas ateigaban a sede da Sociedade de Oficios Varios na rúa
de Cordelería (outras fontes ubican o local na Rúa Alta). Os 140 traballadores e traballadoras en
folga participaron na xuntanza. Ante as novas da chegada de novos esquiroles á cidade,
decidiron sair ao seu encontro. Logo de deixar as armas na casa sindical (os “consumeiros” ían
armados de revolver e bastóns ou garrotes), dirixíronse polo novo recheo das Hortas de Garás
(hoxe, a avenida de Linares Rivas) ata a Praza da Palloza, onde se atopaba unha das factorías
máis importantes da cidade, a Fábrica de Tabacos.
Pasaron polo fielato de Catro Camiños, custodiada pola Garda Civil, sen que se producira
incidente algún. De seguido, encamiñáronse en dirección á Estación do Norte da Coruña
(localizada na Cubela, preto de onde hoxe atopamos a Estación de autobuses), para logo dirixirse
ao fielato da rúa Cabaleiros. Alí, unha sección da Garda Civil con sete gardas, tres parellas de
infantería ao mando dun sarxento, Balbino Varela, custodiaba o posto onde se dicía que se tiñan
refuxiado os traballadores esquiroles traídos de Andalucía pola empresa.
Concentrados no patio da estación, aos folguistas se foron unindo grupos de traballadores e
traballadoras doutros oficios e sectores, curiosos, … unha pequena multitude de homes,
mulleres e mesmo nenos e nenas que pacíficamente subiron polas escaleiras que conducían á
rúa de Cabaleiros e concentráronse ante o fielato. Un grupo de “misteiras”, traballadoras da
fábrica de mistos de Zarragüeta, que tiñan recibido a solidariedade das sociedades obreiras
durante a súa folga un tempo antes, uníronse ao cortello de folguistas ao grito “Viva a unión!”7
e increparon aos gardas cuns gritos aos que pronto se uniron os nenos e nenas, e logo o resto
do piquete.
3
La Idea moderna : diario democrático en Lugo : Num. 3139 (02/06/1901)
4
El Correo Gallego. Año XXII Número 7691 _ 02/06/1901,
5
La Integridad: diario católico: Ano XIV Número 3407 – 1 xuño 1901
6
La Integridad: diario católico: Ano XIV Número 3407 – 1 xuño 1901
7
El Correo Gallego. Año XXII.Número 7692_04/06/1901:
Con tres gardas civiles a cabalo, parados no centro da estrada, o grupo detivo a súa marcha e
foron chamados á disolución do piquete. Ante esta actitude da Garda civil, impedíndolles o paso
malia ir en actitude pacífica, os folguistas pasaron das palabras aos feitos, co lanzamento
dalgunhas pedras sobre os gardas, que parece que alcanzaron a ferir levemente na man
esquerda ao garda Andrés Mosquera. Daquela, o Sarxento deu orde aos gardas de botar os
fusiles á cara e abrir fogo. Como o grupo de manifestantes estaba tan preto deles, os disparos
foron a “boca de jarro”(sic) e cando moitos xa estaban de costas para tratar de fuxir dos balazos.
Os obreiros e obreiras dispérsanse, principalmente cara a zona de Monelos, quedando tirado na
calzada o corpo de Mauro Sánchez Vázquez, un dos empregados de consumos en folga, así como
varios feridos, entre 9 e 14 segundo as diferentes novas, entre eles unha nena de apenas tres
anos de idade. Os feridos foron auxiliados máis tarde polos transeúntes. Do estado dos feridos,
as novas relatan a gravidade de dous homes, un deles ao que se lle terá que amputar un brazo.
Días máis tarde, co gallo de xustificar esta violenta represión da Garda Civil contra os
manifestantes, aludirase a un episodio acontecido poucos días antes en Uxes (Arteixo). Un grupo
de gardas, logo de disolver os bailes nocturnos no decurso dunha romaría, foron atacados por
mozos da zona ao seu regreso aos cuarteis da cidade, resultando feridos un garda, Domingo
Álvarez, e un dos mozos, Antonio Bello8
.
Ao cabo dun tempo, o xulgado ordenou levantar o cadáver de Mauro Sánchez Vázquez, que
ficou deitado no chan fronte ao número 42 da rúa de Cabaleiros. Mauro Sánchez tiña 24 anos,
estaba casado e tiña cinco fillos de corta idade. Vivía na rúa da Torre. A causa da morte foi un
disparos de fusil Mauser da Garda civil que destrozou o seu pómulo. Segundo algunhas novas,
estaba a xirarse cando recibiu o disparo que rematou coa súa vida9
. O seu corpo sen vida sería
logo trasladado ao anfiteatro do cemiterio de San Amaro á mañá seguinte.
As xuntas das Sociedades Obreiras reúnense no local da Sociedade de Oficios Varios, nun
ambiente de grande axitación, indignación e protesta. Nalgún medio fálase da xuntanza en
termos como “se constituyeron como sesión permanente”.
A Folga Xeral
Na reunión acordaron, por unanimidade, adoptar varias medidas de protesta que deran
cumprida resposta á brutal agresión: un paro xeral, por espazo de tres días, de toda a actividade
económica na cidade en demostración de loito, a celebración ao día seguinte, con motivo do
sepelio do obreiro falecido, dunha grande manifestación que remataría nun mitin10
; e dirixir un
telegrama de protesta ao Ministro de Gobernación e á prensa có seguinte texto: “Asociaciones
obreras Coruña protestan enérgicamente agresión Guardia Civil pacíficos grupos obreros,
obreras, ocasionando muertos heridos. Por Asociación, Cebrián”.
A nova desta convocatoria comezou a facerse circular pola cidade pese a un terrible temporal
que mesmo deixou danos materiais durante a noite. Pero no medio dun furacán de choiva, o
chamado á folga foi voando polas factorías, os barrios obreiros, as rúas ...
A fin de evitar que ao día seguinte, na xornada de comezo da folga xeral, foran publicados os
xornais locais, unha comisión de obreiros dirixiuse na medianoite ás redaccións de La Voz de
8
El Eco de Orense: Diario de la Mañana. Año XXII. Número 4162 – 31/05/1901
9
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_03/06/1901
10
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_02/06/1901
Galicia, El Noroeste y La Mañana. Todos eles aceptaron as indicacións do paro, probablemente
porque igualmente non poderían ter saído do prelo polo paro dos tipógrafos, entre outros
gremios.
Na mañá do venres 31 de maio de 1901, a cidade amañeceu, logo do temporal da noite, xa
totalmente paralizada pola folga: “Aguadores, carpinteros, canteros, peones, tipógrafos,
pintores, boteros del muelle, cargadores de la Aduana, panaderos, herreros, mozos de café,
aserradores, fideeros, zapateros, plateros, etc., etc, en fin, toda la clase obrera de la Coruña (...)
muchos trabajadores particulares y otros de profesiones diversas”11
.
O paro foi xeral, suspendéndose os traballos en “fábricas, talleres y obradores”12
. Ata tal punto
foi un paro xeral que mesmo os traballadores andaluces chegados para rachar a folga dos
empregados de consumos uníronse á folga e regresaron á súa terra13
A fachada do Centro Obrero aparecía enloitada, cuberta de crespóns negros. Os obreiros en
folga camiñaban pola rúa con brazaletes negros en sinal de loito e mesmo algún portaba un
cartel coa mensaxe “Por las víctimas de ayer: Justicia”14
Aínda que algunha quenda de traballo xa tiña entrado na Fábrica de Tabacos, na Palloza, ante a
chegada dunha comisión de obreiros, as cigarreiras saen da factoría e únense á folga, así como
as misteiras e as operarias das factorías de tecidos e teares, que pasaron a engrosar os piquetes
polas rúas de Catro Camiños e nos arredores da Estación de Ferrocarril, participando
activamente en que o paro fose total. Segundo relata algunha crónica, “las cigarreras son las que
muestran hallarse poseidas de mayor excitación”15
.
No sector da construción, as obras ficaron paradas; e no comercio e hostalería, aínda que algún
comercio mantiña as súas portas entreabertas, o peche foi xeneralizado sexa porque o seu
persoal secundaba o paro ou ben pola acción de piquetes de folguistas que percorrían pola mañá
as rúas comerciais de San Andrés, Rúa Real, Santa Catalina, Rúa Nova, ...
O transporte foi totalmente paralizado polo paro obreiro: “paro completo de medios de
locomoción, coches, carros, embarcaciones”, e todos os buques fondeados suspenderon as
tarefas de carga e descarga16
.
Logo da súa chegada ao porto, a equipaxe da pasaxe chegada a bordo do trasatlántico “Alfonso
XII”, procedente de Cuba, non puido ser desembarcado por estar en folga os “boteiros” que de
cotío facían esa operación nos muelles, quedando a bordo de gabarras, onde aínda permanecía
ao día seguinte. Tripulación e pasaxe do trasatlántico sí que foron desembarcados polos
“boteiros”, pero os ocupantes dos vapores procedentes de Ferrol, “Hércules” e “Comercio”, que
realizaban a ruta regular entre ambas cidades, non puideron desembarcar dese mesmo xeito. O
“Hércules” tivo que ser atracado a porto e o “Comercio” precisou do concurso dunha lancha da
Comandancia de Mariña, protexida por Garda civil e Carabineros, sen que puidesen baixar as
mercadorías. Algúns dos pasaxeiros chegados no trasatlántico, “de no muy buenos
11
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692 _ 04/06/1901
12
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
13
El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XVIII Número 5108 - 1901 xuño 3
14
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_01/06/1901
15
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_01/06/1901
16
La idea moderna : diario democrático en Lugo : Num. 3139 (02/06/1901)
antecedentes”, uníronse aos folguistas según relata algúnha crónica que fala de que ían
armados.17
No Obelisco, a saída da Ferrocarrilana foi impedida por un grupo de mulleres que ameazaron ao
condutor con prenderlle lume ao vehículo se non desenganchaba os cabalos que tiraban del. O
coche correo de Santiago non funcionou e o coche que conducía o correo dende a Estación tivo
que facelo custodiado.
Os “mandadeiros” e “mandadeiras”, que transportaban mercadorías e vultos, especialmente no
Porto, tamén se uniron á Folga e os piquetes non permitían a circulación con paquetes que
superaran as dimensións que permitisen levalos baixo o brazo.
Coas tafonas e fornos da cidade pechados, non había pan. Unha numerosa comisión de obreiros
dirixiuse a Vilaboa con obxecto que tampouco dos seus fornos se servira pan á cidade. Os
augadores e augadoras da cidade deixaron de conducir auga ás casas burguesas, tendo os seus
moradores que ir a procurar a súa auga polos seus propios medios, enchendo para isto “botijos”
ou xerras pois non lles era permitido encher sellas. Os augadores e augadoras en folga impedían
ás serventes dos burgueses recoller auga das fontes, mesmo producíronse algúns incidentes nas
fontes da Mariña (hoxe desaparecida), na de Santa Catalina e na da praza de Azcárraga.
A falta de subministracións afectou ao cárcere situada na zona de O Parrote, ata o punto de que
os presos foron trasladados en grupos a fontes para poder procurar auga para o seu consumo.
Tamén o Asilo e o Hospital sufriron o paro. O presidente da Sociedade de Beneficencia, Sr.
Pereira, reuniuse coas directivas das sociedades obreiras e acadaron o acordo de permitir o paso
de leite, pan e carne, coa condición de que “ni un sorbo de leche ni un trozo de pan ni de carne
habrá de distraerse para nadie y menos para las Hermanas de la Caridad”18
Nos servizos públicos o paro tamén foi moi xeneralizado: os empregados do Matadoiro
municipal negáronse a sacrificar as reses e os servizos funerarios tampouco traballou, dándose
o feito de que tres falecidos non puideron ser sepultados pola folga, entre eles o banqueiro
Narciso Obanza e empresario orixinario de Ribadeo que dixera fortuna en Cuba e se asentara ao
seu regreso a Galiza na cidade da Coruña cun negocio de ferraxería e quincalla, ademais de
propietario da Banca Obanza, que anos máis tarde faría parte do Banco Español de Crédito
(BANESTO).
O medo da burguesía e do estado
Coa cidade paralizada nun éxito de organización obreira, comezan a chegar forzas militares e da
Garda Civil. Nun dos vapores procedente de Ferrol, chega o tenente Cruz con todos os membros
dese corpo ao seu mando xunto a gardas procedentes de San Sadurniño, As Pontes e Cedeira.
Ás nove da mañá celébrase unha “Junta de Autoridades”19
con presencia do Alcalde, do
Gobernador Civil, o Gobernador Militar interino (Sr. Ablanedo) e outras autoridades civiles e
militares, incluíndo todas os coroneis con tropas ao seu mando na cidade. O Capitán Xeral que
se dirixía a Madrid, regresa inmediatamente á cidade.
17
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
18
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7682_04/06/1901
19
El áncora : diario católico de Pontevedra: Num. 1146 (03/06/1901)
Mentres, as directivas das Sociedades Obreiras permanecían reunidas no local da Sociedade de
Tipógrafos, facendo seguimento das novas que chegaban de todos os puntos da cidade, cando
chegou o inspector Pepín para convocar aos presidentes das Sociedades a unha xuntanza co
Gobernador Civil. Acudiron á xuntanza con brazaletes negros. Foron cominados polo
Gobernador a depoñer a súa actitude e chamar a unha volta ao traballo, ao que se negaron por
ser acordo das súas asembleas.
De seguido, a mediodía, celébrase unha nova Junta de Autoridades onde o Gobernador Civil,
Antonio García Valdés amósase impotente para manter a orde coas súas forzas e resigna o
mando na autoridade militar superior na praza, o Capitán Xeral da VIII Rexión Militar, o Xeneral
Lachambre20
.
A renuncia ao mando do Gobernador Civil recóllese nun bando no que xustifica a súa decisión
no “estado anárquico” da cidade, segundo él provocado por unha “turba de revoltosos” que
teñen “intranquilos los ánimos de sus honrados habitantes”21
.
Deste xeito, toma o mando da cidade a máxima autoridade militar, o Capitán Xeral Lachambre
que lanza un novo bando no que decreta a Lei Marcial e asume todos os poderes. Tamén ordena
a saída de tropas de infantería e cabaleiría dos rexementos Galicia e Zamora, que comezan a
patrullar pola cidade, “sable en mano”, xunto coas forzas da Garda Civil, Carabineros e policia
municipal.
Ante esta situación, respondendo ao chamado do Comandante Marítimo, dous buques da
Armada con base no porto de Ferrol saen con destino á cidade: en primeiro lugar, o destrutor
“Audaz” e máis tarde o canoneiro-torpedeiro “Osado” con forzas de mariñeiría e un grupo de
desembarco de infantería de mariña, aínda que a fragata “Numancia” tamén se encontraba
preparada para achegarse ao porto coruñés. O comandante do “Osado” baixou a terra para se
poñer ás ordes do Xeneral Lachambre22
.
Os buques militares fondean fronte ao Parrote, onde se atopaba a cárcere, xunto ao edificio da
Capitanía, sendo apupados tanto polos presos como polas mulleres que se atopaban na zona e
na praia, xunto a Porta do Calvo.
O Xeneral Lachambre emite un Bando proclamando a Lei Marcial e declarando o Estado de
Guerra na cidade. En Madrid, o ministro da Guerra Weiler, logo de dar conta a Sagasta, xefe do
Goberno, telegrafía a Lachambre para lle dar ordes “muy severas para el el bando militar se
cumpliese con todo rigor”23
O ministro tamén da resposta ao telegrama de protesta das
sociedades obreiras, xustificando o uso da forza por parte da Garda civil.24
Manifestación obreira
Coa declaración da Lei Marcial mediante o “enérgico”25
bando do Xeneral Lachambre, as
manifestación e o mitin previsto dende a noite anterior polas Sociedades Obreiras parecía estar
condenada ao fracaso, pero ás tres da tarde, dende o local da Sociedade de Carpinteiros parte
20
La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra : Ano XIII Número 3413 – 3 xuño 1901
21
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
22
El Eco de Orense: diario de la mañana. Año XXII. Número 4164_03/06/1901
23
La Correspondencia Gallega: Diario de Pontevedra. Año XIII Número 3413- 3 de xuño de 1901. Pax.2
24
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
25
La Integridad: diario católico. Año XIV. Número 3407_01_06_1901
unha manifestación espontánea duns catro milleiros de obreiros e obreiras, con destino ao
Cemiterio de San Amaro onde agardaba outra multitude de persoas para acompañar na súa
derradeira viaxe ao compañeiro falecido a tarde anterior polos disparos dos gardas. A pesar da
abrumadora presencia policial e militar nas rúas e a grande multitude concentrada no sepelio,
non se produzo ningún incidente nin enfróntamento. Logo do enterro de Mauro, os
manifestantes regresan polo mesmo camiño cara o centro da cidade, tamén sen incidentes,
arredor das cinco da tarde.
Nese momento, forzas militares están a colgar o bando militar por diferentes puntos da cidade.
Segundo establecía a lei vixente, dende a publicación do bando e a declaración de lei marcial
habería un prazo de dúas horas para a súa entrada en vigor e a posibilidade de disolver pola
forza calquera concentración de persoas no espazo público. Sen embargo, parece que o paro,
secundado masivamente polos tipógrafos, dificultou a súa impresión e difusión, e mesmo
algunhas fontes falan de que algunhas copias do bando tiveran que ser manuscritas. Malia o
retraso e sen cumprir os prazos legais, soldados de infantería e cabalería dos Regimientos Galicia
e Zamora26
, comezaron tamén a patrullar as rúas “prohibiendo los grupos que se forman”27
.
Unha sección da Garda civil, ao mando do tenente Pedro Vázquez era a encargada desta tarefa
polas rúas do centro da cidade, con grande parafernalia pois ían acompañados “por el toque de
las trompetas y tambores”. Cando os gardas estaban a chegar fronte ao “Sporting Club” (na
entrada da Rúa Real), unha multitude ateigaba as rúas e moitos dos que tiñan participado na
manifestación obreira estaban a regresar aos locais sindicais ou ás súas casas. A fixación do
bando foi respondido polos homes e mulleres con berros e algunha pedrada que mesmo
alcanzou ao tenente. Nese intre comezaron as cargas e os disparos dunha violenta represión
que, en poucos minutos, foi estendéndose ás rúas aledañas.
Represión e violencia
A multitude tratou de fuxir cara Rúa Nueva e San Andrés, ou ben cara os Cantóns e a Mariña,
pero os gardas cargaban en distintas direccións28
. Co centro da cidade ateigado de xente nun
venres polo serán, o resultado foi estarrecedor. No “Relleno” (hoxe, xardíns de Méndez Núñez”)
había na época varios “quioscos” e cafés onde a xente desfrutaba do seu tempo de lecer. Un
deles o “Café de Méndez Núñez”, propiedade de José Mª Rodríguez Pardo, tamén propietario
do Hotel Palace, o quiosco A Perla, o café Oriental e o resturante Ideal, todos na mesma zona29
.
Ante as cargas indiscriminadas, moita xente tratou de se refuxiar nos cafés, baixo os seus toldos
ou tralos seus vidros, mesmo lanzándose cara o interior a través dos mesmos30
. Mais as cargas
de cabalería continuaron incluso dentro dos establecementos, como no caso do “Café de
Méndez Núñez”, onde un garda entrou a cabalo e a golpe de sable atacou ás persoas alí
refuxiadas, deixando varios feridos que foron atendidos no mesmo lugar por un médico que se
atopaba no café, o Dr. Rodríguez Rouco.
26
El Áncora: Diario católico de Pontevedra. Número 1146_03/06/1901
27
La Integridad: diario católico. Año XIV. Número 3407_01/06/1901
28
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
29
La Voz de Galicia. 29_01_2016 (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2016/01/29/)
30
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_04/06/1901
No punto onde comezaron as cargas, un obreiro novo fuxiu por pouco da morte cando trataba
de refuxiarse no interior do “Sporting Club” e na mesma entrada desta sociedade o dintel da
porta freou o golpe de sable que, aínda así, prodúzolle importantes feridas.
No Obelisco e Rúa Nueva, a Garda civil respondeu aos berros e pedradas con disparos de Maüser
contra a poboación, “haciendo fuego sobre los grupos que encontraban al paso y les ofrecían
resistencia”31
. Fronte ao Café Cantante, un deses grupos de obreiros foron tiroteados cando se
protexían tralo material dunha das obras da zona e respostaban aos disparos co lanzamento de
pedras.
Jacobo García tratou de buscar refuxio no Centro Obrero (na rúa Alta). Cando xa tiña pechado a
porta do local sindical, a Garda civil abriu fogo e os disparos atravesaron a porta, quitándolle a
vida cando se dirixía ao interior. A bala entrou no seu cranio pola parte posterior e o seu sangue
derramouse polo portal ata a rúa, baixo a porta esnaquizada. Jacobo García era zapateiro, pero
tiña traballado por moito tempo na hostalería, tanto como camareiro en diferentes buques
como facendo de “mozo de ambigú” nos bailes públicos, polo que era ben coñecido. Vivía na
Estrada da Estación, no número 102 o 162, segundo a fonte. Estaba casado con Emilia Pereira,
cigarreira32
, e non tiñan fillos.
No cruce da Rúa Real co calexo do Perete (hoxe, rúa de Álvaro Cebreiros) un balazo atravesou a
perna esquerda de Daniel Mariñas, fracturándolle tibia e peroné e provocándolle unha gran
hemorraxia. Tendido na rúa, o tiroteo e as cargas a cabalo continuaban ao seu redor sen
permitirlle recibir auxilio ata que Ramón, un camareiro do Café Tertulia, recolleuno do chan e,
axudado por outras persoas, levouno ata un portal onde foi atendido polos médicos Estrada e
Paradela. Ante a importancia das feridas foi levado ao Hospital civil por catro mozos pero tívolle
que ser amputada a perna. Outras fontes sitúan na Fonte de San Andrés este episodio33
Na rúa Real, Antonio María Veiga que ía a recoller ás súas fillas, costureiras, recibe un balazo no
vente e cea mortalmente ferido. Foi levado á Farmacia Villar onde foi atendido polos doutores
Estrada e Fraga para logo ser conducido moribundo ao Hospital nunha cadeira34
. Malia que algún
xornal fala del como “anciano”, Antonio tiña 51 anos, era carpinteiro, vivía na rúa de Pastoriza,
estaba casado e tiña tres fillos35
: dúas fillas que traballaban de modistas e que tamén vivían na
cidade e un fillo, chamado Fermín, emigrado en América36
. Antonio finou no Hospital e foi
enterrado do día 3 de xuño.
Tamén na rúa Real caeron feridos moitos máis obreiros:
- Jacobo Cubiña Rubiosa, mariñeiro do Porto do Son, ferido nun pe, foi atendido na
Farmacia Villar desa mesma rúa, polo Dr. Fraga, e logo conducido ao Hospital.
- José Fraga, cun balazo no brazo dereito e dun golpe de sable na cara. Podería tratarse
do ferido na entrada do “Sporting Club”.
- Francisco Segade, cun balazo e mais dun golpe de sable na testa.
- José Alende Portela, cun balzo na man esquerda
- Antonio Armiñol, cun balazo no brazo. Nalgunha fonte, se confunden os apelidos co
mariñeiro de Porto do Son, Jacobo Cubiña
31
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_04/06/1901
32
La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901
33
La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901
34
El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901
35
El Correo Gallego. Número 7693_04/06/1901
36
La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3141_05/06/1901
- Claudio García, barbeiro e fillo dun coñecido músico (Pepe V.) cunha bala na perna
dereita que destrozou o seu peroné. Foi atendido no interior da Paragüería Coruñesa
propiedade do coñecido comercial Charry na Rúa Real para logo ser conducido ao
Hospital
Outro dos feridos foi ao augador Antonio Bruno que foi disparado na esquina con Rúa Alta o que
lle causou unha ferida moi grave no peito. Antonio era natural da Coruña, tiña 30 ou 35 anos
(segundo as fontes), estaba casado e vivía na rúa da Perillana. Finou no Hospital na noite do
sábado 1 de xuño.
Os feridos eran conducidos ao hospital pola mesma poboación e voluntarios da Cruz Vermella
en cadeiras, pariholas improvisadas ou facilitadas polo médico Dr. Fariña ou algunhas do
Concello, ou mesmo en brazos. Aínda así, as cargas e o tiroteo continuaban, impedindo o
traslado ao hospital dos feridos37
Algúns dos feridos non foron sequera levados ao Hospital
senón que os levaron aos seus domicilios.
Algunhas crónicas falan de disparos efectuados con revólveres Remington como resposta ás
cargas e disparos de Maüser de militares e Garda civil, nas rúas da zona entre San Andrés e
Orzán, onde estaban ubicadas as sedes sindicais (Rúa Alta, Cordelería, ...). Hai crónicas que
relatan que eses disparos de resposta foron realizados dende o local da Sociedade de Tipógrafos
onde un grupo de obreiros tería respostado ás cargas con revólveres e pistolas.
Na Rúa Alta, un disparo de Maüser acaba coa vida do carpinteiro (ou albanel, segundo outras
fontes) Francisco García Lodeiro, coñecido polo alcume de “Carabel”. Foi levado de urxencia ao
Hospital pero ingresou xa cadáver. Francisco era solteiro, tiña 34 anos, e tiña unha filla “natural”
chamada Elisa que vivía cunha irmá de Francisco na rúa da Amargura, na Cidade Vella. Francisco
vivía en Riazor aínda que era natural de San Tirso de Mabegondo (Abegondo)38
Na galería do Hotel Francia (algunhas fontes sitúan a galería no primeiro andar pero nas
fotografías da época aparece esa fachada só no terceiro andar), que estaba situado no Ensanche
coruñés entre as actuais rúas de Juana de Vega e Alameda, tres traballadoras foron feridas por
disparos. Eran Francisca Rodríguez, ferida nun brazo, e Benita García Torres e Manuela González
Seijo, ambas con balazos no ventre que provocaron importantes danos internos. Malia ser
levadas ao Hospital aínda con vida, ambas finaron por causa das feridas. Benita García tiña 20
anos, era solteira e traballaba servindo no Hotel de Francia, e finou no Hospital o sábado.1 de
xuño. Manuela González tiña 22 anos, era solteira e natural de Sobrado (Lugo) e finou no
Hospital na mañá do domingo 2 de xuño.
As cargas aínda continuaban estendéndose polas rúas entre San Andrés e Orzán. Nesa mesma
rúa, un dos gardas perdeu o sable na carga e cando tratou de descabalgar para recollelo, foi
apedreado polos obreiros que quedaron co sable, racharon a súa folla e levaron a empuñadura
a un dos locais sindicais da zona39
.
En San Andrés, na casa número 66 (outros novas sitúan a casa no nº56), Encarnación Alonso
(nalgunhas crónicas aparece como Encarnación Losada), esposa do industrial Eduardo Amado
que dispoñía dunha hojalatería no barrio (para outros medios era lampista)40
, foi ferida no peito
37
El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901
38
La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901
39
El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901
40
El Correo gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
por unha bala de Maüser que entrou pola fiestras, rachando o cristal e provocándolle unha
ferida moi grave, que foi atendida por dous médicos no mesmo domicilio41
.
Tamén na rúa de San Andrés perdeu a vida Josefa Corral, era viúva de Benito Gantes, de 42 ou
44 anos (dependendo da fonte) e tiña catro fillos, o maior deles de 18 anos42
. Cando estaba na
galería da súa vivenda, no terceiro piso do número 9 desa rúa, unha bala de Maüser rompeu o
cristal e feriuna mortalmente no cranio. Tendida no chan foi logo atopada pola súa criada,
Antonia Miramontes, e atendida sen éxito por algúns veciños, entre eles o coñecido fotógrafo
José Sellier. Finalmente un médico certificou a súa morte pouco antes da chegada dos seus fillos
cos que vivía43
.
Outro dos finados, parece ser que un empregado de consumos en folga, Francisco Herrera (ou
Herrero, segundo a fonte), vítimas das cargas e os disparos44
.
Os feridos máis graves acabaron por poder ser trasladados ao Hospital pero con mal pronóstico
pois os médicos dubidaban de que ”se salvaran muy pocos de los que han recibido balazos”45
.
Ademais, as cargas e os disparos deixan moitos feridos leves, a meirande parte con lesións nas
pernas ao tratar de fuxir46
. De moitos deses feridos, nada se sabe por seren atendidos nos seus
domicilios.
Pola banda das forzas militares e de Garda Civil só poden contarse tres feridos:
- Francisco Sapiano, garda, por terlle rozado unha bala no ombreiro.
- Manuel Crespo, sarxento, lesionado por algunha pedrada
- O capitán de Carabineros, Sr. Alba, ferido de pouca consideración por un disparo
accidental dun corneta da Garda Civil. O proxectil bateu no chan e dividiuse en dous
fragmentos: un feriu ao capitán e outro matou a unha mula de tiro da Ferrocarrilana.
Ata as 8 ou 9 da noite non finalizaron as cargas pero as forzas militares, policiais e de Garda Civil
continuaron a patrullar polas rúas escenario da traxedia, protexendo edificios públicos e
infraestruturas como a fábrica de alumeado público47
. Moitos dos xornais coinciden nas súas
crónicas en sinalar o “aspecto tristísimo” das rúas, con charcos de sangue e con restos humanos
nas fachadas das casas48
.
Do medo á vinganza: contra a organización obreira
A organización da clase obreira coruñesa foi quen de paralizar totalmente a vida da cidade da
noite á mañá. Por iso, o temor dos burgueses e do estado non quedaría só na brutal violencia
exercida contra os traballadores e traballadoras.
Así, o sábado 1 de xuño, aínda coa sangue dos obreiros e obreiras regando as rúas da Coruña, a
vinganza contra a organización dos traballadores e traballadoras segue o seu camiñar.
41
El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901
42
La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901
43
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
44
La Correspondencia Gallega: Diario de Pontevedra. Año XIII. Número 3413_03/06/1901
45
La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra. Año XIII. Número 3414_04/06/1901
46
La Correspondencia Gallega: Diaro de Pontevedra. Año XIII. Número 3413_03/06/1901
47
El Diario de Pontevedra: periódico liberal. Año XVIII. Número 5107_01/06/1901
48
El Áncora: Diario Católico de Pontevedra. Num 1146_03/06/1901
De seguido comezaron as detencións con nove folquistas detidos no mesmo sábado, entre éles
o Vicente Fernández, que algunha fonte sinala como “presidente de los gremios”49
. Os detidos
eran levados ao Castelo de San Antón (daquela aínda unha illa na entrada do porto)
Sen embargo, os presidentes das Sociedades obreiras conseguen celebrar unha xuntanza e
acordaron a edición dunha “hoja suelta” coa narración dos feitos (“haciendo la historia de los
sucesos”, celebrar una gran manifestación obreira, tanto na cidade como en Madrid, enviando
previamente unha comisión á capital do Estado para acordar a súa celebración alá coas
Sociedades obreiras madrileñas. Ambas finalizarían en cadanseu mitin, que se agardaba que
fosen multitudinarios. Ademais, acordaron telegrafar ao Goberno para esixir a destitución do
Gobernador Civil. No Centro Obrero, colgouse un gran cartel que dicía: “Loor a. los muertos en
la jornada de ayer”50
Tamén na capital do Estado continúa a planificación da vinganza con reunións do Ministro de
Gobernación, Segismundo Moret, co presidente Sagasta e do Ministro da Guerra, Valeriano
Weyler coa Raiña anunciando medidas enérxicas que pensaba levar á reunión do Consello de
Ministros que tería que ter lugar o luns seguinte pero que se adiantará á tarde-noite do mesmo
sábado.51
No despacho do presidente do goberno coa Raiña, este daralle conta dos “sangrientos
sucesos desarollados ayer en la Coruña”, pero xustificando o brutal uso da forza na “actitud
agresiva de los alboratores”52
. O ministro Weiler transmitiu ao xeneral Lachambre ordes para
non deixar sen castigo “ni la menor falta cometida por los huelguistas y que aplique con todo
rigor las disposiciones del código militar”53
, e ofrecendo as forzas que precise para iso, incluídos
tres batallóns de Infantería54
.
Coas tropas aínda patrullando polas rúas, o domingo 2 de xuño as “Juntas Directivas” das
Sociedades Obreiras fan público un manifesto que comeza do seguinte xeito: “Movidos por un
sentimiento unánime hemos hecho una huelga general. Todos cumplimos como buenos”. Ante
a promulgación da Lei marcial, para evitar que se derramase mais sangue e para lograr a
liberdade dos “compañeros presos”, chaman a volver ao traballo dende o día seguinte, luns 3
de xuño55
.
Segundo algún medio, desistiron da publicación da folla anunciada co relato do feitos, por mor
da censura militar en estado de guerra e acordaron tamén telegrafar ao Ministro de
Gobernación pedido a destitución do Gobernador Civil, e reunirse có Capitán Xeral para pedir a
liberdade dos detidos e o levantamento do estado de sitio56
.
Celebrada esa reunión có Xeneral Lachambre, este aceptou liberar o antes posible aos
presidentes das sociedades obreiras, a excepción do presidente de Oficios Varios pero negouse
á liberación do resto de detidos, alegando que estaban sometidos a xurisdición militar, pero que
os inocentes de “agresiones a la fuerza armada” pronto serían liberados57
. Esta negativa fixo
49
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
50
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
51
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
52
La Integridad. Año XIV. Número 3408_03/06/1901
53
La Correspondencia gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3413_03/06/1901
54
La Correspondencia gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3417_08/01/1901
55
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
56
El Áncora. Año V. Número 1148_05/06/1901
57
El Áncora. Año V. Número 1147_04/06/1901
temer a reanudación do paro pero continúan as detencións de traballadores e traballadoras, así
como o peche “de orden de la autoridad militar” das sedes sindicais58
.
O luns se produce o regreso ao traballo, agás as folgas parciais que xa estaban en marcha. Volven
a publicarse os xornais locais aínda que sometidos á censura do estado de guerra: “la prensa de
aquella capital refiere los sucesos absteniéndose de hacer comentarios”59
.
A meirande parte dos medios falan de regreso á normalidade e as notas oficiais falan de que
“reina completa tranquilidad”, pero a realidade era que algúns dos feridos falecían nos hospitais
a consecuencia das graves feridas e os seus corpos eran conducidos ao cemiterio “con gran
acompañamiento”60
. Mentres continuaban as patrullas a cabalo, tanto militares como da Garda
civil, que ocupaban tamén puntos estratéxicos61
.
As detencións de obreiros e obreiras continuaban, incluíndo a totalidade da “Junta Directiva” da
Sociedade de Oficios Varios e moitos folguistas, que ateigaban o Castelo de San Antón e outras
prisións militares, como a principal no cuartel do regimiento Zamora62
, e mesmo se falaba de
atracar no porto un “barco de guerra para que sirva de prisión para los detenidos”63
. As sedes
sindicais van sendo clausuradas e un dos xuices militares; Leopolo Martínez, solicita os
regulamentos das sociedades obreiras64
ao Gobernador para incoarlles expedentes, no camiño
da súa criminalización polos feitos.
A solidariedade obreira trata de dar resposta á vinganza con apoio mútuo: mesas petitorias son
instaladas en todas fontes65
, cubertas con panos negros, co obxectivo de recadar achegas para
socorrer á viuva, que estaba embarazada, e aos orfos do augador Antonio Bruno66
. Foron
recadas 234 pesetas para pagar os gatos do seu enterro, mercar unha coroa de flores e auxiliar
á súa familia67
.
Co Centro Obreiro clausurado, a policia retiraba carteles pegados de madrugada polas rúas
facendo alusión aos feitos sucedidos e as folgas parciais continuaban a pesar da represión tan
forte contra as organizacións obreiras68
. Pola contra, mesmo novos conflitos obreiros
agromaban, por exemplo nas fábricas e talleres do empresario Miranda que, pretextando que
non había traballo, impediu o acceso ás súas operarias69
.As 300 traballadoras non lles foi
permitido traballar e todas as operacións e traballos estiveron paralizados70
.
Entre tanto, o Xeneral Lachambre mantiña diferentes xuntanzas coas “fuerzas vivas” da
burguesía local: reuniuse co empresario do arrendo de Consumos, que continuaba a impedir o
regreso aos postos dos folguistas e contrataba novo persoal (42 en tres días) para substituír aos
“revoltosos”, pero sen ser capaz de completar o seu persoal, os fielatos seguían a ser vixiados
pola Garda civil así como os puntos onde non había gardas de consumos71
. Aos folguistas se lles
58
El Áncora. Año V. Número 1147_04/06/1901
59
El Eco de Orense. Año XXII. Número 4166_05/06/1901
60
La Idea Moderna. Año . Número 3141_05/06/1901
61
La Integridad. Año XIV. Número 3408_03/06/1901
62
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
63
El Correo gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
64
El Correo Gallego: diario político de la mañana: Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
65
El Áncora:diario católico de Pontevedra. Número 1147 - 04/06/1901
66
La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3414 – 04/06/1901
67
El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901
68
La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3414 – 04/06/1901
69
La Idea Moderna. Año .Número 3141_05/06/1901
70
El Correo Gallego: diario político de la mañana: Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
71
El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
abren sumarios nos tribunais ordinarios, por denuncia do Delegado de Facenda, e tamén nos
tribunais militares polos sucesos72
. Lachambre, logo de aconsellar prudencia, prometeu apoio
da forza pública contra os folguistas73
e as autoridades militares pediron ao arrendatario a listaxe
de empregados que tiñan abandonado o servizo74
, para seren detidos.
Reuniuse tamén con “maestros de obras” polas folgas parciais en diferentes obras, co Alcalde
Fontenla para rematar con esas folgas parciais, e tamén co Gobernador Civil de quen xa se
anunciaba o seu cese. Ao cabo de tanta xuntanza, a conclusión sempre era similar ameaza: que
o xeneral confiaba na “sensatez” da poboación para “no verse precisado a poner término con la
fuerza a deplorables excesos”, e que non levantaría o estado de sitio ata que non rematara a
“agitación” e que procedería “con toda a energía que fuese preciso”.
Durante meses continuou a forte represión contra o movemento obreiro coruñés, con mais dun
cento de detidos no mes de xullo, e a resposta de solidariedade que se estendeu mais aló da
nosa cidade, pero iso xa será obxecto doutro escrito xunto coa historia do monolito levantado
polas Sociedades Obreiras na súa lembranza no Cemiterio de San Amaro, en lembranza dos
compañeiros e compañeiras finados nesta Folga de 1901 na cidade da Coruña.
72
El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
73
El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
74
El Áncora: diario católico de Pontevedra. Número 1148 – 05/06/1901

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
Marius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
Expeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Pixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
ThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
marketingartwork
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
Skeleton Technologies
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Kurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
SpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Lily Ray
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
Rajiv Jayarajah, MAppComm, ACC
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
Christy Abraham Joy
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
Vit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
MindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Artigo "A Folga de 1901 na Coruña - Os sucesos ..."

  • 1. A Folga Xeral de 1901 na Coruña: os sucesos dos días 30 e 31 de maio, segundo foron recollidos pola prensa da época doutras cidades galegas No paso do século XIX ao século XX, a cidade da Coruña estaba a vivir unha etapa no que o papel da clase obreira comezaba a ser cada vez máis importante. A chegada das ideas da Internacional, a creación da Federación Local Obreira en 1873 e os conflitos no 1º de maio dos anos inmediatamente anteriores, facían que en 1901 a clase obreira coruñesa comezara a estar organizada e preparada para loitar por unha vida digna de ser vivida. A folga de empregados de consumos. Os “consumeiros” eran os empregados encargados do cobro do imposto municipal que gravaba a entrada na cidade dos bens de primeira necesidade (“las cosas de comer, de beber y de arder”). O cobro deste imposto estaba arrendado polo concello coruñés a un empresario madrileño. O mércores 29 de maio de 1901, os “consumeiros” dirixiron ao administrador do arrendo, unha comunicación na que se lle daba ata as cinco da tarde dese día para dar resposta definitiva ás súas demandas de mellora dun real no salario e mailo seu compromiso de non continuar coa contratación de empregados traídos de Andalucía. Os dependentes de consumos: aforadores, matronas e “volandeiros” (os que prestaban o servizo volante, fora dos fielatos) entendían que a empresa concesionaria dispoñía de empregados ao seu servizo suficientes e que a chegada dos traballadores andaluces só tiña por obxecto a súa substitución por estes, como represalia por unha folga anterior onde tiñan conseguido o aumento salarial esixido. O administrador respondeu ás solicitudes dos obreiros, pedíndolles que agardaran á resposta do arrendatario, recomendándolles que esperasen e mantivesen a actividade nos seus postos, ameazando de que, en caso contrario, serían substituídos polo novo persoal, que xa se encargaría entón da vixilancia do imposto. Algúns medios recollen incluso a intención da empresa de rachar coa concesión municipal alegando perdas, para ser indemnizada1 Os “consumeiros” da quenda de noite reuníronse de xeito urxente para debater qué resposta dar á carta e nomearon unha comisión para manter unha xuntanza co administrador do arrendo. Este, malia recibir aos comisionados, oíndo que insistían nas súas demandas, no deu máis resposta que repetir verbalmente o mesmo que xa dixera por escrito anteriormente. Ante esta situación, declárase a folga dos “consumeiros” para o día seguinte 30 de maio de 1901. Os vixiantes abandonaron os seus postos e reuníronse nunha asemblea na que acordaron persistir na folga e non volver ao traballo ata conquerir as súas demandas. Os traballadores e traballadoras chamadas á folga eran aproximadamente 140. Constituiron comisións de folguistas que percorreron diferentes puntos da contorna da cidade, mentres a Garda civil cubría os postos do extrarradio da cidade e a garda municial vixiaba os fielatos2 . 1 El Correo Gallego:diario político de la mañana:. Año XXII Número 7691 _ 02/06/1901, 2 El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXIV Número 7690 – 1901 xuño 1:
  • 2. As autoridades pretendían así evitar a acción de matuteros e que se produciran enfrontamentos dos traballadores en folga cos esquiroles traídos pola empresa dende Andalucía. De feito, parece que na zona de Trapallos (no final da actual rúa de Juan Flórez) ese mesmo día se produce un enfrontamento entre “matuteros” e o tenente visitador (mando intermedio da empresa arrendataria) que increpounos e foi agredido por eles, respondendo con disparos que iniciaron un tiroteo que só finalizou coa chegada da Garda Civil e a fuxida dos “matuteros” deixando abandonadas as mercadorías3 . Noutros fielatos tamén tiveron lugar decomisos de bens como alcohol e carne. A folga foi seguida masivamente polos empregados de consumos. Os folguistas percorrían en grupos a cidade para impedir que se rachara coa folga. Os grupos de folguistas estaban compostos polos seus equipos de traballo habituais nos postos de vixilancia (catro grupos mandados polos seus cabos4 ). Así, percorreron os fielatos e os postos de control habituais con certa normalidade durante a mañá do día 30 de maio, sen que se rexistraran incidentes. Deste xeito, algúns traballadores que non se uniran aínda á folga, abandonaron tamén os seus postos. Por acordo entre o Alcalde, José Martínez Fontenla, e mailo Gobernador Civil, García Valdés, logo dunha xuntanza celebrada ese mesmo día5 , os fielatos pasaron a ser custodiados pola Garda Civil, a Policía e algúns membros do corpo de Carabineros, todos eles enviados a actuar como esquiroles. Esta decisión motivou un endurecemento da actitude dos folguistas6 Pola tarde dese mesmo día, os folguistas ateigaban a sede da Sociedade de Oficios Varios na rúa de Cordelería (outras fontes ubican o local na Rúa Alta). Os 140 traballadores e traballadoras en folga participaron na xuntanza. Ante as novas da chegada de novos esquiroles á cidade, decidiron sair ao seu encontro. Logo de deixar as armas na casa sindical (os “consumeiros” ían armados de revolver e bastóns ou garrotes), dirixíronse polo novo recheo das Hortas de Garás (hoxe, a avenida de Linares Rivas) ata a Praza da Palloza, onde se atopaba unha das factorías máis importantes da cidade, a Fábrica de Tabacos. Pasaron polo fielato de Catro Camiños, custodiada pola Garda Civil, sen que se producira incidente algún. De seguido, encamiñáronse en dirección á Estación do Norte da Coruña (localizada na Cubela, preto de onde hoxe atopamos a Estación de autobuses), para logo dirixirse ao fielato da rúa Cabaleiros. Alí, unha sección da Garda Civil con sete gardas, tres parellas de infantería ao mando dun sarxento, Balbino Varela, custodiaba o posto onde se dicía que se tiñan refuxiado os traballadores esquiroles traídos de Andalucía pola empresa. Concentrados no patio da estación, aos folguistas se foron unindo grupos de traballadores e traballadoras doutros oficios e sectores, curiosos, … unha pequena multitude de homes, mulleres e mesmo nenos e nenas que pacíficamente subiron polas escaleiras que conducían á rúa de Cabaleiros e concentráronse ante o fielato. Un grupo de “misteiras”, traballadoras da fábrica de mistos de Zarragüeta, que tiñan recibido a solidariedade das sociedades obreiras durante a súa folga un tempo antes, uníronse ao cortello de folguistas ao grito “Viva a unión!”7 e increparon aos gardas cuns gritos aos que pronto se uniron os nenos e nenas, e logo o resto do piquete. 3 La Idea moderna : diario democrático en Lugo : Num. 3139 (02/06/1901) 4 El Correo Gallego. Año XXII Número 7691 _ 02/06/1901, 5 La Integridad: diario católico: Ano XIV Número 3407 – 1 xuño 1901 6 La Integridad: diario católico: Ano XIV Número 3407 – 1 xuño 1901 7 El Correo Gallego. Año XXII.Número 7692_04/06/1901:
  • 3. Con tres gardas civiles a cabalo, parados no centro da estrada, o grupo detivo a súa marcha e foron chamados á disolución do piquete. Ante esta actitude da Garda civil, impedíndolles o paso malia ir en actitude pacífica, os folguistas pasaron das palabras aos feitos, co lanzamento dalgunhas pedras sobre os gardas, que parece que alcanzaron a ferir levemente na man esquerda ao garda Andrés Mosquera. Daquela, o Sarxento deu orde aos gardas de botar os fusiles á cara e abrir fogo. Como o grupo de manifestantes estaba tan preto deles, os disparos foron a “boca de jarro”(sic) e cando moitos xa estaban de costas para tratar de fuxir dos balazos. Os obreiros e obreiras dispérsanse, principalmente cara a zona de Monelos, quedando tirado na calzada o corpo de Mauro Sánchez Vázquez, un dos empregados de consumos en folga, así como varios feridos, entre 9 e 14 segundo as diferentes novas, entre eles unha nena de apenas tres anos de idade. Os feridos foron auxiliados máis tarde polos transeúntes. Do estado dos feridos, as novas relatan a gravidade de dous homes, un deles ao que se lle terá que amputar un brazo. Días máis tarde, co gallo de xustificar esta violenta represión da Garda Civil contra os manifestantes, aludirase a un episodio acontecido poucos días antes en Uxes (Arteixo). Un grupo de gardas, logo de disolver os bailes nocturnos no decurso dunha romaría, foron atacados por mozos da zona ao seu regreso aos cuarteis da cidade, resultando feridos un garda, Domingo Álvarez, e un dos mozos, Antonio Bello8 . Ao cabo dun tempo, o xulgado ordenou levantar o cadáver de Mauro Sánchez Vázquez, que ficou deitado no chan fronte ao número 42 da rúa de Cabaleiros. Mauro Sánchez tiña 24 anos, estaba casado e tiña cinco fillos de corta idade. Vivía na rúa da Torre. A causa da morte foi un disparos de fusil Mauser da Garda civil que destrozou o seu pómulo. Segundo algunhas novas, estaba a xirarse cando recibiu o disparo que rematou coa súa vida9 . O seu corpo sen vida sería logo trasladado ao anfiteatro do cemiterio de San Amaro á mañá seguinte. As xuntas das Sociedades Obreiras reúnense no local da Sociedade de Oficios Varios, nun ambiente de grande axitación, indignación e protesta. Nalgún medio fálase da xuntanza en termos como “se constituyeron como sesión permanente”. A Folga Xeral Na reunión acordaron, por unanimidade, adoptar varias medidas de protesta que deran cumprida resposta á brutal agresión: un paro xeral, por espazo de tres días, de toda a actividade económica na cidade en demostración de loito, a celebración ao día seguinte, con motivo do sepelio do obreiro falecido, dunha grande manifestación que remataría nun mitin10 ; e dirixir un telegrama de protesta ao Ministro de Gobernación e á prensa có seguinte texto: “Asociaciones obreras Coruña protestan enérgicamente agresión Guardia Civil pacíficos grupos obreros, obreras, ocasionando muertos heridos. Por Asociación, Cebrián”. A nova desta convocatoria comezou a facerse circular pola cidade pese a un terrible temporal que mesmo deixou danos materiais durante a noite. Pero no medio dun furacán de choiva, o chamado á folga foi voando polas factorías, os barrios obreiros, as rúas ... A fin de evitar que ao día seguinte, na xornada de comezo da folga xeral, foran publicados os xornais locais, unha comisión de obreiros dirixiuse na medianoite ás redaccións de La Voz de 8 El Eco de Orense: Diario de la Mañana. Año XXII. Número 4162 – 31/05/1901 9 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_03/06/1901 10 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_02/06/1901
  • 4. Galicia, El Noroeste y La Mañana. Todos eles aceptaron as indicacións do paro, probablemente porque igualmente non poderían ter saído do prelo polo paro dos tipógrafos, entre outros gremios. Na mañá do venres 31 de maio de 1901, a cidade amañeceu, logo do temporal da noite, xa totalmente paralizada pola folga: “Aguadores, carpinteros, canteros, peones, tipógrafos, pintores, boteros del muelle, cargadores de la Aduana, panaderos, herreros, mozos de café, aserradores, fideeros, zapateros, plateros, etc., etc, en fin, toda la clase obrera de la Coruña (...) muchos trabajadores particulares y otros de profesiones diversas”11 . O paro foi xeral, suspendéndose os traballos en “fábricas, talleres y obradores”12 . Ata tal punto foi un paro xeral que mesmo os traballadores andaluces chegados para rachar a folga dos empregados de consumos uníronse á folga e regresaron á súa terra13 A fachada do Centro Obrero aparecía enloitada, cuberta de crespóns negros. Os obreiros en folga camiñaban pola rúa con brazaletes negros en sinal de loito e mesmo algún portaba un cartel coa mensaxe “Por las víctimas de ayer: Justicia”14 Aínda que algunha quenda de traballo xa tiña entrado na Fábrica de Tabacos, na Palloza, ante a chegada dunha comisión de obreiros, as cigarreiras saen da factoría e únense á folga, así como as misteiras e as operarias das factorías de tecidos e teares, que pasaron a engrosar os piquetes polas rúas de Catro Camiños e nos arredores da Estación de Ferrocarril, participando activamente en que o paro fose total. Segundo relata algunha crónica, “las cigarreras son las que muestran hallarse poseidas de mayor excitación”15 . No sector da construción, as obras ficaron paradas; e no comercio e hostalería, aínda que algún comercio mantiña as súas portas entreabertas, o peche foi xeneralizado sexa porque o seu persoal secundaba o paro ou ben pola acción de piquetes de folguistas que percorrían pola mañá as rúas comerciais de San Andrés, Rúa Real, Santa Catalina, Rúa Nova, ... O transporte foi totalmente paralizado polo paro obreiro: “paro completo de medios de locomoción, coches, carros, embarcaciones”, e todos os buques fondeados suspenderon as tarefas de carga e descarga16 . Logo da súa chegada ao porto, a equipaxe da pasaxe chegada a bordo do trasatlántico “Alfonso XII”, procedente de Cuba, non puido ser desembarcado por estar en folga os “boteiros” que de cotío facían esa operación nos muelles, quedando a bordo de gabarras, onde aínda permanecía ao día seguinte. Tripulación e pasaxe do trasatlántico sí que foron desembarcados polos “boteiros”, pero os ocupantes dos vapores procedentes de Ferrol, “Hércules” e “Comercio”, que realizaban a ruta regular entre ambas cidades, non puideron desembarcar dese mesmo xeito. O “Hércules” tivo que ser atracado a porto e o “Comercio” precisou do concurso dunha lancha da Comandancia de Mariña, protexida por Garda civil e Carabineros, sen que puidesen baixar as mercadorías. Algúns dos pasaxeiros chegados no trasatlántico, “de no muy buenos 11 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692 _ 04/06/1901 12 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 13 El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XVIII Número 5108 - 1901 xuño 3 14 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_01/06/1901 15 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7690_01/06/1901 16 La idea moderna : diario democrático en Lugo : Num. 3139 (02/06/1901)
  • 5. antecedentes”, uníronse aos folguistas según relata algúnha crónica que fala de que ían armados.17 No Obelisco, a saída da Ferrocarrilana foi impedida por un grupo de mulleres que ameazaron ao condutor con prenderlle lume ao vehículo se non desenganchaba os cabalos que tiraban del. O coche correo de Santiago non funcionou e o coche que conducía o correo dende a Estación tivo que facelo custodiado. Os “mandadeiros” e “mandadeiras”, que transportaban mercadorías e vultos, especialmente no Porto, tamén se uniron á Folga e os piquetes non permitían a circulación con paquetes que superaran as dimensións que permitisen levalos baixo o brazo. Coas tafonas e fornos da cidade pechados, non había pan. Unha numerosa comisión de obreiros dirixiuse a Vilaboa con obxecto que tampouco dos seus fornos se servira pan á cidade. Os augadores e augadoras da cidade deixaron de conducir auga ás casas burguesas, tendo os seus moradores que ir a procurar a súa auga polos seus propios medios, enchendo para isto “botijos” ou xerras pois non lles era permitido encher sellas. Os augadores e augadoras en folga impedían ás serventes dos burgueses recoller auga das fontes, mesmo producíronse algúns incidentes nas fontes da Mariña (hoxe desaparecida), na de Santa Catalina e na da praza de Azcárraga. A falta de subministracións afectou ao cárcere situada na zona de O Parrote, ata o punto de que os presos foron trasladados en grupos a fontes para poder procurar auga para o seu consumo. Tamén o Asilo e o Hospital sufriron o paro. O presidente da Sociedade de Beneficencia, Sr. Pereira, reuniuse coas directivas das sociedades obreiras e acadaron o acordo de permitir o paso de leite, pan e carne, coa condición de que “ni un sorbo de leche ni un trozo de pan ni de carne habrá de distraerse para nadie y menos para las Hermanas de la Caridad”18 Nos servizos públicos o paro tamén foi moi xeneralizado: os empregados do Matadoiro municipal negáronse a sacrificar as reses e os servizos funerarios tampouco traballou, dándose o feito de que tres falecidos non puideron ser sepultados pola folga, entre eles o banqueiro Narciso Obanza e empresario orixinario de Ribadeo que dixera fortuna en Cuba e se asentara ao seu regreso a Galiza na cidade da Coruña cun negocio de ferraxería e quincalla, ademais de propietario da Banca Obanza, que anos máis tarde faría parte do Banco Español de Crédito (BANESTO). O medo da burguesía e do estado Coa cidade paralizada nun éxito de organización obreira, comezan a chegar forzas militares e da Garda Civil. Nun dos vapores procedente de Ferrol, chega o tenente Cruz con todos os membros dese corpo ao seu mando xunto a gardas procedentes de San Sadurniño, As Pontes e Cedeira. Ás nove da mañá celébrase unha “Junta de Autoridades”19 con presencia do Alcalde, do Gobernador Civil, o Gobernador Militar interino (Sr. Ablanedo) e outras autoridades civiles e militares, incluíndo todas os coroneis con tropas ao seu mando na cidade. O Capitán Xeral que se dirixía a Madrid, regresa inmediatamente á cidade. 17 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 18 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7682_04/06/1901 19 El áncora : diario católico de Pontevedra: Num. 1146 (03/06/1901)
  • 6. Mentres, as directivas das Sociedades Obreiras permanecían reunidas no local da Sociedade de Tipógrafos, facendo seguimento das novas que chegaban de todos os puntos da cidade, cando chegou o inspector Pepín para convocar aos presidentes das Sociedades a unha xuntanza co Gobernador Civil. Acudiron á xuntanza con brazaletes negros. Foron cominados polo Gobernador a depoñer a súa actitude e chamar a unha volta ao traballo, ao que se negaron por ser acordo das súas asembleas. De seguido, a mediodía, celébrase unha nova Junta de Autoridades onde o Gobernador Civil, Antonio García Valdés amósase impotente para manter a orde coas súas forzas e resigna o mando na autoridade militar superior na praza, o Capitán Xeral da VIII Rexión Militar, o Xeneral Lachambre20 . A renuncia ao mando do Gobernador Civil recóllese nun bando no que xustifica a súa decisión no “estado anárquico” da cidade, segundo él provocado por unha “turba de revoltosos” que teñen “intranquilos los ánimos de sus honrados habitantes”21 . Deste xeito, toma o mando da cidade a máxima autoridade militar, o Capitán Xeral Lachambre que lanza un novo bando no que decreta a Lei Marcial e asume todos os poderes. Tamén ordena a saída de tropas de infantería e cabaleiría dos rexementos Galicia e Zamora, que comezan a patrullar pola cidade, “sable en mano”, xunto coas forzas da Garda Civil, Carabineros e policia municipal. Ante esta situación, respondendo ao chamado do Comandante Marítimo, dous buques da Armada con base no porto de Ferrol saen con destino á cidade: en primeiro lugar, o destrutor “Audaz” e máis tarde o canoneiro-torpedeiro “Osado” con forzas de mariñeiría e un grupo de desembarco de infantería de mariña, aínda que a fragata “Numancia” tamén se encontraba preparada para achegarse ao porto coruñés. O comandante do “Osado” baixou a terra para se poñer ás ordes do Xeneral Lachambre22 . Os buques militares fondean fronte ao Parrote, onde se atopaba a cárcere, xunto ao edificio da Capitanía, sendo apupados tanto polos presos como polas mulleres que se atopaban na zona e na praia, xunto a Porta do Calvo. O Xeneral Lachambre emite un Bando proclamando a Lei Marcial e declarando o Estado de Guerra na cidade. En Madrid, o ministro da Guerra Weiler, logo de dar conta a Sagasta, xefe do Goberno, telegrafía a Lachambre para lle dar ordes “muy severas para el el bando militar se cumpliese con todo rigor”23 O ministro tamén da resposta ao telegrama de protesta das sociedades obreiras, xustificando o uso da forza por parte da Garda civil.24 Manifestación obreira Coa declaración da Lei Marcial mediante o “enérgico”25 bando do Xeneral Lachambre, as manifestación e o mitin previsto dende a noite anterior polas Sociedades Obreiras parecía estar condenada ao fracaso, pero ás tres da tarde, dende o local da Sociedade de Carpinteiros parte 20 La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra : Ano XIII Número 3413 – 3 xuño 1901 21 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 22 El Eco de Orense: diario de la mañana. Año XXII. Número 4164_03/06/1901 23 La Correspondencia Gallega: Diario de Pontevedra. Año XIII Número 3413- 3 de xuño de 1901. Pax.2 24 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 25 La Integridad: diario católico. Año XIV. Número 3407_01_06_1901
  • 7. unha manifestación espontánea duns catro milleiros de obreiros e obreiras, con destino ao Cemiterio de San Amaro onde agardaba outra multitude de persoas para acompañar na súa derradeira viaxe ao compañeiro falecido a tarde anterior polos disparos dos gardas. A pesar da abrumadora presencia policial e militar nas rúas e a grande multitude concentrada no sepelio, non se produzo ningún incidente nin enfróntamento. Logo do enterro de Mauro, os manifestantes regresan polo mesmo camiño cara o centro da cidade, tamén sen incidentes, arredor das cinco da tarde. Nese momento, forzas militares están a colgar o bando militar por diferentes puntos da cidade. Segundo establecía a lei vixente, dende a publicación do bando e a declaración de lei marcial habería un prazo de dúas horas para a súa entrada en vigor e a posibilidade de disolver pola forza calquera concentración de persoas no espazo público. Sen embargo, parece que o paro, secundado masivamente polos tipógrafos, dificultou a súa impresión e difusión, e mesmo algunhas fontes falan de que algunhas copias do bando tiveran que ser manuscritas. Malia o retraso e sen cumprir os prazos legais, soldados de infantería e cabalería dos Regimientos Galicia e Zamora26 , comezaron tamén a patrullar as rúas “prohibiendo los grupos que se forman”27 . Unha sección da Garda civil, ao mando do tenente Pedro Vázquez era a encargada desta tarefa polas rúas do centro da cidade, con grande parafernalia pois ían acompañados “por el toque de las trompetas y tambores”. Cando os gardas estaban a chegar fronte ao “Sporting Club” (na entrada da Rúa Real), unha multitude ateigaba as rúas e moitos dos que tiñan participado na manifestación obreira estaban a regresar aos locais sindicais ou ás súas casas. A fixación do bando foi respondido polos homes e mulleres con berros e algunha pedrada que mesmo alcanzou ao tenente. Nese intre comezaron as cargas e os disparos dunha violenta represión que, en poucos minutos, foi estendéndose ás rúas aledañas. Represión e violencia A multitude tratou de fuxir cara Rúa Nueva e San Andrés, ou ben cara os Cantóns e a Mariña, pero os gardas cargaban en distintas direccións28 . Co centro da cidade ateigado de xente nun venres polo serán, o resultado foi estarrecedor. No “Relleno” (hoxe, xardíns de Méndez Núñez”) había na época varios “quioscos” e cafés onde a xente desfrutaba do seu tempo de lecer. Un deles o “Café de Méndez Núñez”, propiedade de José Mª Rodríguez Pardo, tamén propietario do Hotel Palace, o quiosco A Perla, o café Oriental e o resturante Ideal, todos na mesma zona29 . Ante as cargas indiscriminadas, moita xente tratou de se refuxiar nos cafés, baixo os seus toldos ou tralos seus vidros, mesmo lanzándose cara o interior a través dos mesmos30 . Mais as cargas de cabalería continuaron incluso dentro dos establecementos, como no caso do “Café de Méndez Núñez”, onde un garda entrou a cabalo e a golpe de sable atacou ás persoas alí refuxiadas, deixando varios feridos que foron atendidos no mesmo lugar por un médico que se atopaba no café, o Dr. Rodríguez Rouco. 26 El Áncora: Diario católico de Pontevedra. Número 1146_03/06/1901 27 La Integridad: diario católico. Año XIV. Número 3407_01/06/1901 28 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 29 La Voz de Galicia. 29_01_2016 (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2016/01/29/) 30 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_04/06/1901
  • 8. No punto onde comezaron as cargas, un obreiro novo fuxiu por pouco da morte cando trataba de refuxiarse no interior do “Sporting Club” e na mesma entrada desta sociedade o dintel da porta freou o golpe de sable que, aínda así, prodúzolle importantes feridas. No Obelisco e Rúa Nueva, a Garda civil respondeu aos berros e pedradas con disparos de Maüser contra a poboación, “haciendo fuego sobre los grupos que encontraban al paso y les ofrecían resistencia”31 . Fronte ao Café Cantante, un deses grupos de obreiros foron tiroteados cando se protexían tralo material dunha das obras da zona e respostaban aos disparos co lanzamento de pedras. Jacobo García tratou de buscar refuxio no Centro Obrero (na rúa Alta). Cando xa tiña pechado a porta do local sindical, a Garda civil abriu fogo e os disparos atravesaron a porta, quitándolle a vida cando se dirixía ao interior. A bala entrou no seu cranio pola parte posterior e o seu sangue derramouse polo portal ata a rúa, baixo a porta esnaquizada. Jacobo García era zapateiro, pero tiña traballado por moito tempo na hostalería, tanto como camareiro en diferentes buques como facendo de “mozo de ambigú” nos bailes públicos, polo que era ben coñecido. Vivía na Estrada da Estación, no número 102 o 162, segundo a fonte. Estaba casado con Emilia Pereira, cigarreira32 , e non tiñan fillos. No cruce da Rúa Real co calexo do Perete (hoxe, rúa de Álvaro Cebreiros) un balazo atravesou a perna esquerda de Daniel Mariñas, fracturándolle tibia e peroné e provocándolle unha gran hemorraxia. Tendido na rúa, o tiroteo e as cargas a cabalo continuaban ao seu redor sen permitirlle recibir auxilio ata que Ramón, un camareiro do Café Tertulia, recolleuno do chan e, axudado por outras persoas, levouno ata un portal onde foi atendido polos médicos Estrada e Paradela. Ante a importancia das feridas foi levado ao Hospital civil por catro mozos pero tívolle que ser amputada a perna. Outras fontes sitúan na Fonte de San Andrés este episodio33 Na rúa Real, Antonio María Veiga que ía a recoller ás súas fillas, costureiras, recibe un balazo no vente e cea mortalmente ferido. Foi levado á Farmacia Villar onde foi atendido polos doutores Estrada e Fraga para logo ser conducido moribundo ao Hospital nunha cadeira34 . Malia que algún xornal fala del como “anciano”, Antonio tiña 51 anos, era carpinteiro, vivía na rúa de Pastoriza, estaba casado e tiña tres fillos35 : dúas fillas que traballaban de modistas e que tamén vivían na cidade e un fillo, chamado Fermín, emigrado en América36 . Antonio finou no Hospital e foi enterrado do día 3 de xuño. Tamén na rúa Real caeron feridos moitos máis obreiros: - Jacobo Cubiña Rubiosa, mariñeiro do Porto do Son, ferido nun pe, foi atendido na Farmacia Villar desa mesma rúa, polo Dr. Fraga, e logo conducido ao Hospital. - José Fraga, cun balazo no brazo dereito e dun golpe de sable na cara. Podería tratarse do ferido na entrada do “Sporting Club”. - Francisco Segade, cun balazo e mais dun golpe de sable na testa. - José Alende Portela, cun balzo na man esquerda - Antonio Armiñol, cun balazo no brazo. Nalgunha fonte, se confunden os apelidos co mariñeiro de Porto do Son, Jacobo Cubiña 31 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_04/06/1901 32 La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901 33 La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901 34 El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901 35 El Correo Gallego. Número 7693_04/06/1901 36 La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3141_05/06/1901
  • 9. - Claudio García, barbeiro e fillo dun coñecido músico (Pepe V.) cunha bala na perna dereita que destrozou o seu peroné. Foi atendido no interior da Paragüería Coruñesa propiedade do coñecido comercial Charry na Rúa Real para logo ser conducido ao Hospital Outro dos feridos foi ao augador Antonio Bruno que foi disparado na esquina con Rúa Alta o que lle causou unha ferida moi grave no peito. Antonio era natural da Coruña, tiña 30 ou 35 anos (segundo as fontes), estaba casado e vivía na rúa da Perillana. Finou no Hospital na noite do sábado 1 de xuño. Os feridos eran conducidos ao hospital pola mesma poboación e voluntarios da Cruz Vermella en cadeiras, pariholas improvisadas ou facilitadas polo médico Dr. Fariña ou algunhas do Concello, ou mesmo en brazos. Aínda así, as cargas e o tiroteo continuaban, impedindo o traslado ao hospital dos feridos37 Algúns dos feridos non foron sequera levados ao Hospital senón que os levaron aos seus domicilios. Algunhas crónicas falan de disparos efectuados con revólveres Remington como resposta ás cargas e disparos de Maüser de militares e Garda civil, nas rúas da zona entre San Andrés e Orzán, onde estaban ubicadas as sedes sindicais (Rúa Alta, Cordelería, ...). Hai crónicas que relatan que eses disparos de resposta foron realizados dende o local da Sociedade de Tipógrafos onde un grupo de obreiros tería respostado ás cargas con revólveres e pistolas. Na Rúa Alta, un disparo de Maüser acaba coa vida do carpinteiro (ou albanel, segundo outras fontes) Francisco García Lodeiro, coñecido polo alcume de “Carabel”. Foi levado de urxencia ao Hospital pero ingresou xa cadáver. Francisco era solteiro, tiña 34 anos, e tiña unha filla “natural” chamada Elisa que vivía cunha irmá de Francisco na rúa da Amargura, na Cidade Vella. Francisco vivía en Riazor aínda que era natural de San Tirso de Mabegondo (Abegondo)38 Na galería do Hotel Francia (algunhas fontes sitúan a galería no primeiro andar pero nas fotografías da época aparece esa fachada só no terceiro andar), que estaba situado no Ensanche coruñés entre as actuais rúas de Juana de Vega e Alameda, tres traballadoras foron feridas por disparos. Eran Francisca Rodríguez, ferida nun brazo, e Benita García Torres e Manuela González Seijo, ambas con balazos no ventre que provocaron importantes danos internos. Malia ser levadas ao Hospital aínda con vida, ambas finaron por causa das feridas. Benita García tiña 20 anos, era solteira e traballaba servindo no Hotel de Francia, e finou no Hospital o sábado.1 de xuño. Manuela González tiña 22 anos, era solteira e natural de Sobrado (Lugo) e finou no Hospital na mañá do domingo 2 de xuño. As cargas aínda continuaban estendéndose polas rúas entre San Andrés e Orzán. Nesa mesma rúa, un dos gardas perdeu o sable na carga e cando tratou de descabalgar para recollelo, foi apedreado polos obreiros que quedaron co sable, racharon a súa folla e levaron a empuñadura a un dos locais sindicais da zona39 . En San Andrés, na casa número 66 (outros novas sitúan a casa no nº56), Encarnación Alonso (nalgunhas crónicas aparece como Encarnación Losada), esposa do industrial Eduardo Amado que dispoñía dunha hojalatería no barrio (para outros medios era lampista)40 , foi ferida no peito 37 El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901 38 La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901 39 El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901 40 El Correo gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901
  • 10. por unha bala de Maüser que entrou pola fiestras, rachando o cristal e provocándolle unha ferida moi grave, que foi atendida por dous médicos no mesmo domicilio41 . Tamén na rúa de San Andrés perdeu a vida Josefa Corral, era viúva de Benito Gantes, de 42 ou 44 anos (dependendo da fonte) e tiña catro fillos, o maior deles de 18 anos42 . Cando estaba na galería da súa vivenda, no terceiro piso do número 9 desa rúa, unha bala de Maüser rompeu o cristal e feriuna mortalmente no cranio. Tendida no chan foi logo atopada pola súa criada, Antonia Miramontes, e atendida sen éxito por algúns veciños, entre eles o coñecido fotógrafo José Sellier. Finalmente un médico certificou a súa morte pouco antes da chegada dos seus fillos cos que vivía43 . Outro dos finados, parece ser que un empregado de consumos en folga, Francisco Herrera (ou Herrero, segundo a fonte), vítimas das cargas e os disparos44 . Os feridos máis graves acabaron por poder ser trasladados ao Hospital pero con mal pronóstico pois os médicos dubidaban de que ”se salvaran muy pocos de los que han recibido balazos”45 . Ademais, as cargas e os disparos deixan moitos feridos leves, a meirande parte con lesións nas pernas ao tratar de fuxir46 . De moitos deses feridos, nada se sabe por seren atendidos nos seus domicilios. Pola banda das forzas militares e de Garda Civil só poden contarse tres feridos: - Francisco Sapiano, garda, por terlle rozado unha bala no ombreiro. - Manuel Crespo, sarxento, lesionado por algunha pedrada - O capitán de Carabineros, Sr. Alba, ferido de pouca consideración por un disparo accidental dun corneta da Garda Civil. O proxectil bateu no chan e dividiuse en dous fragmentos: un feriu ao capitán e outro matou a unha mula de tiro da Ferrocarrilana. Ata as 8 ou 9 da noite non finalizaron as cargas pero as forzas militares, policiais e de Garda Civil continuaron a patrullar polas rúas escenario da traxedia, protexendo edificios públicos e infraestruturas como a fábrica de alumeado público47 . Moitos dos xornais coinciden nas súas crónicas en sinalar o “aspecto tristísimo” das rúas, con charcos de sangue e con restos humanos nas fachadas das casas48 . Do medo á vinganza: contra a organización obreira A organización da clase obreira coruñesa foi quen de paralizar totalmente a vida da cidade da noite á mañá. Por iso, o temor dos burgueses e do estado non quedaría só na brutal violencia exercida contra os traballadores e traballadoras. Así, o sábado 1 de xuño, aínda coa sangue dos obreiros e obreiras regando as rúas da Coruña, a vinganza contra a organización dos traballadores e traballadoras segue o seu camiñar. 41 El Correo Gallego. Número 7692_04/06/1901 42 La Idea Moderna: Diario democrático de Lugo. Número 3170_04/06/1901 43 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 44 La Correspondencia Gallega: Diario de Pontevedra. Año XIII. Número 3413_03/06/1901 45 La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra. Año XIII. Número 3414_04/06/1901 46 La Correspondencia Gallega: Diaro de Pontevedra. Año XIII. Número 3413_03/06/1901 47 El Diario de Pontevedra: periódico liberal. Año XVIII. Número 5107_01/06/1901 48 El Áncora: Diario Católico de Pontevedra. Num 1146_03/06/1901
  • 11. De seguido comezaron as detencións con nove folquistas detidos no mesmo sábado, entre éles o Vicente Fernández, que algunha fonte sinala como “presidente de los gremios”49 . Os detidos eran levados ao Castelo de San Antón (daquela aínda unha illa na entrada do porto) Sen embargo, os presidentes das Sociedades obreiras conseguen celebrar unha xuntanza e acordaron a edición dunha “hoja suelta” coa narración dos feitos (“haciendo la historia de los sucesos”, celebrar una gran manifestación obreira, tanto na cidade como en Madrid, enviando previamente unha comisión á capital do Estado para acordar a súa celebración alá coas Sociedades obreiras madrileñas. Ambas finalizarían en cadanseu mitin, que se agardaba que fosen multitudinarios. Ademais, acordaron telegrafar ao Goberno para esixir a destitución do Gobernador Civil. No Centro Obrero, colgouse un gran cartel que dicía: “Loor a. los muertos en la jornada de ayer”50 Tamén na capital do Estado continúa a planificación da vinganza con reunións do Ministro de Gobernación, Segismundo Moret, co presidente Sagasta e do Ministro da Guerra, Valeriano Weyler coa Raiña anunciando medidas enérxicas que pensaba levar á reunión do Consello de Ministros que tería que ter lugar o luns seguinte pero que se adiantará á tarde-noite do mesmo sábado.51 No despacho do presidente do goberno coa Raiña, este daralle conta dos “sangrientos sucesos desarollados ayer en la Coruña”, pero xustificando o brutal uso da forza na “actitud agresiva de los alboratores”52 . O ministro Weiler transmitiu ao xeneral Lachambre ordes para non deixar sen castigo “ni la menor falta cometida por los huelguistas y que aplique con todo rigor las disposiciones del código militar”53 , e ofrecendo as forzas que precise para iso, incluídos tres batallóns de Infantería54 . Coas tropas aínda patrullando polas rúas, o domingo 2 de xuño as “Juntas Directivas” das Sociedades Obreiras fan público un manifesto que comeza do seguinte xeito: “Movidos por un sentimiento unánime hemos hecho una huelga general. Todos cumplimos como buenos”. Ante a promulgación da Lei marcial, para evitar que se derramase mais sangue e para lograr a liberdade dos “compañeros presos”, chaman a volver ao traballo dende o día seguinte, luns 3 de xuño55 . Segundo algún medio, desistiron da publicación da folla anunciada co relato do feitos, por mor da censura militar en estado de guerra e acordaron tamén telegrafar ao Ministro de Gobernación pedido a destitución do Gobernador Civil, e reunirse có Capitán Xeral para pedir a liberdade dos detidos e o levantamento do estado de sitio56 . Celebrada esa reunión có Xeneral Lachambre, este aceptou liberar o antes posible aos presidentes das sociedades obreiras, a excepción do presidente de Oficios Varios pero negouse á liberación do resto de detidos, alegando que estaban sometidos a xurisdición militar, pero que os inocentes de “agresiones a la fuerza armada” pronto serían liberados57 . Esta negativa fixo 49 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 50 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 51 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 52 La Integridad. Año XIV. Número 3408_03/06/1901 53 La Correspondencia gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3413_03/06/1901 54 La Correspondencia gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3417_08/01/1901 55 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 56 El Áncora. Año V. Número 1148_05/06/1901 57 El Áncora. Año V. Número 1147_04/06/1901
  • 12. temer a reanudación do paro pero continúan as detencións de traballadores e traballadoras, así como o peche “de orden de la autoridad militar” das sedes sindicais58 . O luns se produce o regreso ao traballo, agás as folgas parciais que xa estaban en marcha. Volven a publicarse os xornais locais aínda que sometidos á censura do estado de guerra: “la prensa de aquella capital refiere los sucesos absteniéndose de hacer comentarios”59 . A meirande parte dos medios falan de regreso á normalidade e as notas oficiais falan de que “reina completa tranquilidad”, pero a realidade era que algúns dos feridos falecían nos hospitais a consecuencia das graves feridas e os seus corpos eran conducidos ao cemiterio “con gran acompañamiento”60 . Mentres continuaban as patrullas a cabalo, tanto militares como da Garda civil, que ocupaban tamén puntos estratéxicos61 . As detencións de obreiros e obreiras continuaban, incluíndo a totalidade da “Junta Directiva” da Sociedade de Oficios Varios e moitos folguistas, que ateigaban o Castelo de San Antón e outras prisións militares, como a principal no cuartel do regimiento Zamora62 , e mesmo se falaba de atracar no porto un “barco de guerra para que sirva de prisión para los detenidos”63 . As sedes sindicais van sendo clausuradas e un dos xuices militares; Leopolo Martínez, solicita os regulamentos das sociedades obreiras64 ao Gobernador para incoarlles expedentes, no camiño da súa criminalización polos feitos. A solidariedade obreira trata de dar resposta á vinganza con apoio mútuo: mesas petitorias son instaladas en todas fontes65 , cubertas con panos negros, co obxectivo de recadar achegas para socorrer á viuva, que estaba embarazada, e aos orfos do augador Antonio Bruno66 . Foron recadas 234 pesetas para pagar os gatos do seu enterro, mercar unha coroa de flores e auxiliar á súa familia67 . Co Centro Obreiro clausurado, a policia retiraba carteles pegados de madrugada polas rúas facendo alusión aos feitos sucedidos e as folgas parciais continuaban a pesar da represión tan forte contra as organizacións obreiras68 . Pola contra, mesmo novos conflitos obreiros agromaban, por exemplo nas fábricas e talleres do empresario Miranda que, pretextando que non había traballo, impediu o acceso ás súas operarias69 .As 300 traballadoras non lles foi permitido traballar e todas as operacións e traballos estiveron paralizados70 . Entre tanto, o Xeneral Lachambre mantiña diferentes xuntanzas coas “fuerzas vivas” da burguesía local: reuniuse co empresario do arrendo de Consumos, que continuaba a impedir o regreso aos postos dos folguistas e contrataba novo persoal (42 en tres días) para substituír aos “revoltosos”, pero sen ser capaz de completar o seu persoal, os fielatos seguían a ser vixiados pola Garda civil así como os puntos onde non había gardas de consumos71 . Aos folguistas se lles 58 El Áncora. Año V. Número 1147_04/06/1901 59 El Eco de Orense. Año XXII. Número 4166_05/06/1901 60 La Idea Moderna. Año . Número 3141_05/06/1901 61 La Integridad. Año XIV. Número 3408_03/06/1901 62 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 63 El Correo gallego. Año XXII. Número 7691_02/06/1901 64 El Correo Gallego: diario político de la mañana: Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901 65 El Áncora:diario católico de Pontevedra. Número 1147 - 04/06/1901 66 La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3414 – 04/06/1901 67 El Correo Gallego. Año XXII. Número 7692_04/06/1901 68 La Correspondencia Gallega: diario de Pontevedra: Año XIII. Número 3414 – 04/06/1901 69 La Idea Moderna. Año .Número 3141_05/06/1901 70 El Correo Gallego: diario político de la mañana: Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901 71 El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901
  • 13. abren sumarios nos tribunais ordinarios, por denuncia do Delegado de Facenda, e tamén nos tribunais militares polos sucesos72 . Lachambre, logo de aconsellar prudencia, prometeu apoio da forza pública contra os folguistas73 e as autoridades militares pediron ao arrendatario a listaxe de empregados que tiñan abandonado o servizo74 , para seren detidos. Reuniuse tamén con “maestros de obras” polas folgas parciais en diferentes obras, co Alcalde Fontenla para rematar con esas folgas parciais, e tamén co Gobernador Civil de quen xa se anunciaba o seu cese. Ao cabo de tanta xuntanza, a conclusión sempre era similar ameaza: que o xeneral confiaba na “sensatez” da poboación para “no verse precisado a poner término con la fuerza a deplorables excesos”, e que non levantaría o estado de sitio ata que non rematara a “agitación” e que procedería “con toda a energía que fuese preciso”. Durante meses continuou a forte represión contra o movemento obreiro coruñés, con mais dun cento de detidos no mes de xullo, e a resposta de solidariedade que se estendeu mais aló da nosa cidade, pero iso xa será obxecto doutro escrito xunto coa historia do monolito levantado polas Sociedades Obreiras na súa lembranza no Cemiterio de San Amaro, en lembranza dos compañeiros e compañeiras finados nesta Folga de 1901 na cidade da Coruña. 72 El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901 73 El Correo Gallego: diario político de la mañana. Año XXIV. Número 7693 – 05/06/1901 74 El Áncora: diario católico de Pontevedra. Número 1148 – 05/06/1901