2. A alimentación dos castros baseábase na
recolección, a gandería e a agricultura.
3. Un dos principais alimentos da época
castrexa eran as castañas, coas que
elaboraban pan tras trituralas e convertelas
en fariña.
4. Igual que coas castañas, as landras tamén
servían para elaborar pan tras moelas.
Ademais con elas pódese facer gachas,
mesturando a fariña con auga.
5. Coa chegada da agricultura, popularizouse o
cultivo de cereais: trigo, millo miúdo, cebada…
Con este ultimo elaboraban cervexa.
6. A carne obtíñase por medio da gandaría (vacas,
porcos, cabras) e da caza (corzos, xabarís).
Cociñábana a brasa, cocida con auga ou frita con
manteiga de porco.
7. A parte da auga e a cervexa (o viño non
chegaría ata a época dos romanos) o leite,
principalmente de cabra, era outra das
bebidas dos castrexos.
8. Os legumes mais comúns eran as berzas, as
nabizas, os grelos, o repolo e as fabas. Con
elas podían elaborar caldo.
9. Os que vivían preto do mar, tamén se
alimentaban de marisco. Os mais comúns eran as
lapas, os mexillóns, as ostras … Tamén eran
coñecedores da pesca, utilizaban anzois, redes e
construían estruturas nos ríos para privarlles o
paso aos peixes.
10. Construían muíños
con pedras.
Elaboraban recipientes con
barro, vimbio e madeira.
Aprenderon a utilizar os metais
para elaborar ferramentas como
fouces, machados ou coitelos.
11. Os castrexos adquiriron unha dieta, a partir
dos alimentos que obtiñan. Esta dieta foi o
resultado de diversos factores (climáticos e
xeográficos). Moitos dos pratos mais famosos
da gastronomía galega teñen a súa orixe nos
castros.