1. Ola amigos e amigas!!.
Que hai de novo? Teño que darvos a noraboa polo bo traballo que estades facendo,
estas vacacións paseime polo cole e vin que xa sabedes separar para reciclar,…o planeta
estaravos agradecido!
Que vos parece se vos propoño un novo reto? Algún de vós dicía nas súas propostas
de mellora que podiamos convertirnos en ECOVIXÍAS, pois así o faremos. Deixovos uns
petos que podedes poñer á hora do recreo en quendas diarias de seis rapaces ou rapazas e
controlar se os vosos compañeiros e compañeiras coidan o medio ambiente.
As funcións dos ecovixias son:
-Ver se hai papeis tirados no chan, recollelos e dar consello a quen os tire
-Comprobar que as portas e fiestras están pechadas para non malgastar a calefacción
-Aconsellar que se apaguen as luces cando non se necesiten.
-Sacar fotos de espazos ou accións incorrectas para mellorar
-Ocúrresovos algunha máis???
Podedes consultar o novo blog para seguir aprendendo, xogando,
cantando, investigando,…: www.oplanetadamarela.blogspot.com
Unha aperta ben forte!
A vaca Marela