SlideShare a Scribd company logo
1 of 49
LATINA DICTA II
HABENT SVA FATA LIBELLI “ Os libros teñen o seu destino” Está extraída dun poema de Terenciano Mauro (s. I d.C.). O verso completo di  Pro captu lectoris habent sua fata libelli : “O destino dos libros depende da intelixencia do lector”
HIC ET NVNC “ Aquí e agora”
HOMO HOMINI LVPVS “ O home é un lobo para o home” Frase que o filsósofo inglés Thomas Hobbes (1588-1679) extraíu da comedia  Asinaria  de T. M. Plauto (254-184 a.C.) para ilustrar a súa convicción de que o home é egoísta por natureza, e é a sociedade a que nos obriga a convivir, deixando a un lado esa tendencia innata
HOMO SAPIENS “ Home que sabe” Denominación científica do estado evolutivo actual da especie humana, inmediatamente posterior ó Home de Neanderthal, extinguido hai 30.000 anos
HORA EST IAM DE SOMNO SVRGERE “ Xa é hora de espertar” Extraída dunha epístola do apóstolo cristián Pablo de Tarso ( Romanos , 11, 13), na que esixe ó seu discípulo Timoteo preparación espiritual para a chegada do reino de Deus
HORROR VACVI “ Pánico ó vacío” Tendencia artística que consiste en encher de elementos todo espazo vacío nunha obra de arte
IBIDEM “ Alí mesmo” Emprégase ó facer unha referencia bibliográfica a varias pasaxes dunha mesma obra, para non citar de continuo o seu título. Máis frecuente nas súas abreviaturas  ibid.  ou  ib.
IDEM “ O mesmo” Ás veces empregada mediante a abreviatura  id.  ou o símbolo  “
ID EST “ Isto é” Equivale ás nosas expresións aclaratorias “ou sexa” ou “é dicir”. Moitas veces úsase na forma abreviada  i. e.
IMPRIMATVR / IMPRIMI POTEST “ Imprímase / Pode imprimirse” Declaración oficial por parte da xerarquía da Igrexa Católica de que unha obra literaria ou similar está libre de erro en materia de doctrina e moral, e queda autorizada a súa lectura polos fieis. Adoita ir acompañada de  nihil obstat
IN ABSENTIA “ En ausencia” Maiormente empregada no ámbito xudicial, indica un procedemento polo cal unha persoa pode ser xulgada en rebeldía
IN AETERNVM “ Para sempre”
IN ALBIS “ En branco” Situación mental na que se produce un esquecemento súpeto
IN ARTICVLO MORTIS “ No momento da morte” Xuridicamente, designa as accións legais que pode realizar unha persoa nos momentos próximos á morte (un matrimonio, p. ex.)
IN DVBIO PRO REO “ En caso de dúbida, a favor do acusado” Principio do Dereito polo cal unha persoa non pode ser condeada sen probas definidas da súa culpabilidade
IN EXTREMIS “ No derradeiro momento”
IN FRAGANTI / IN FLAGRANTI DELICTO “ No momento de cometer o delito”, “Xusto no momento” A primeira é unha deformación da segunda, pero é moito máis utilizada. A RAE mesmo acepta a forma soldada  infraganti
IN ILLO TEMPORE “ Naquel tempo” Con ela aludimos a unha época moi anterior á nosa
IN ITINERE “ Na viaxe” En dereito laboral, úsase na expresión “accidentes  in itinere ”, para referirse ós accidentes que se producen durante o desprazamento do asalariado ata o seu lugar de traballo
IN MEDIO VIRTVS “ No medio (está) a virtude” Principio filosófico atribuído a Aristóteles que establece como desexable e saudable o punto medio entre todos os extremos
IN MEMORIAM “ Á memoria” É cotián vela encabezando un obituario ou unha homenaxe a persoas falecidas
IN MENTE “ En mente”
IN PECTORE “ No peito” Orixinariamente refírese ós nomeamentos de cardenais que o Papa tén decididos mais aínda non comunicados publicamente (tenos gardados “no seu peito”). Por extensión, aplícase ós cargos elixidos en votación mentres non son proclamados oficialmente
IN SAECVLA SAECVLORVM “ Para os séculos dos séculos”, “Polos séculos dos séculos” Ás veces tamén se atopa  per saecula saeculorum
IN SITV “ No sitio”, “No mesmo lugar” Análise  in situ
INTELLIGENTIBVS PAVCA “ Para os intelixentes, poucas cousas” A frase completa é  Intelligentibus pauca sufficiunt , que se significa “Ós intelixentes cómprenlles poucas cousas”. O refrán castelán  A buen entendedor, pocas palabras bastan  recolle exactamente o seu senso
IN VINO VERITAS “ No viño (está) a verdade” Resume desta frase de Plinio o Vello (23-79 d.C.):  volgoque veritas iam attributa est  ( Historia Natural , XIV, 141, 5). Con ela o autor testemúñanos o convencemento popular de que o alcohol facilita a desinhibición das persoas ata o punto de facerlles dicir o que pensan intimamente e case nunca din
IN VITRO “ En vidro” A expresión completa é “fecundación  in vitro ”, coa que nos referimos ó procedemento médico que logra a fecundación artificial dun óvulo por un ou varios espermatozoides. A alusión ó vidro xustifícase pola súa abondosa presencia nos laboratorios
INTER NOS “ Entre nós” Emprégase co senso de intimidade, como por exemplo: “ Esta cuestión debatirémola aquí,  inter nos ”
INTERIM “ Mentres tanto” Úsase como sustantivo, por exemplo en: “ No  interim , chamaron á porta” En castelán acéptase a forma adaptada “ínterin”
IPSO FACTO “ Co mesmo feito”, isto é, “Inmediatamente”
LAPSVS LINGVAE / CALAMI “ Erro”, que pode ser “de lingua” ou “de pluma”,  i. e. , “de escritura” O cotián é empregar só o primeiro elemento
LATO SENSV “ En senso amplo”
MAGISTER DIXIT “ O mestre díxoo” Alude á autoridade intelectual que se lles supón ós profesores
MANV MILITARI “ Con man militar”,  i. e. , “Pola forza das armas”
MARE MAGNVM “ Mar grande” Conxunto grande e desordeado de diversos elementos En castelán acéptase a forma  maremágnum
MEA CULPA “ Pola miña culpa” Frase extraída da liturxia católica, pero que desde antigo se vén empregando en contextos xerais
MEMENTO MORI “ Lémbrate de morrer”, máis ben co senso de “Lembra que has morrer”
MEMORANDVM “ O que debe lembrarse” Escrito no que se explican conceptos que deben ser tidos en conta polo seu destinatario
MENS SANA IN CORPORE SANO “ Unha mente sa nun corpo san” Cita da  Sátira  X do poeta romano Xuvenal, crítico da sociedade do seu tempo (s. I-II d.C.)
MODVS OPERANDI / VIVENDI “ Xeito de obrar”, “Maneira de actuar” / “Xeito de vivir”, “Maneira de vivir”
MORTIS CAVSA “ Por causa da morte” Expresión propia do ámbito xurídico, que alude ós actos xurídicos que teñen efecto tras a morte dunha persoa (un testamento, p. ex.). Opónse a  inter vivos
MOTV PROPRIO “ Por propia iniciativa” Estrictamente, designa un documento que o Papa emite; máis xeralmente, emprégase en senso literal. ¡Ollo! Ás veces lense e escóitanse usos incorrectos como  “de motu proprio”  ou  “motu propio”
MVTATIS MVTANDIS “ Cambiadas as cousas que hai que cambiar” Facendo unha comparación, úsase para chamar a atención sobre os elementos diferentes entre os dous termos
NEMINE DISCREPANTE “ Non discrepando ninguén”, “Sen que ninguén se opoña”
NIHIL NOVVM SVB SOLE “ Nada novo (hai) baixo o sol” Expresión que aconsella desconfiar de todo aquilo que se presenta como absolutamente orixinal. Extraída do  Eclesiastés  1, 10
NIHIL OBSTAT “ Nada se opón” Autorización da Igrexa Católica para a publicación dunha obra. Adoita ir acompañada de  imprimatur
NOLI ME TANGERE “ Non me toques” Palabras que, segundo o  Evanxelio de Xoan  (20, 38), dirixiu Xesús Cristo resucitado a María Magdalena

More Related Content

Viewers also liked

O RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINAO RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINAlupemm
 
O DILUVIO
O DILUVIOO DILUVIO
O DILUVIOlupemm
 
Orfeo en los infiernos
Orfeo en los infiernosOrfeo en los infiernos
Orfeo en los infiernoslupemm
 
ECO Y NARCISO
ECO Y NARCISOECO Y NARCISO
ECO Y NARCISOlupemm
 
Adonis y Venus
Adonis y VenusAdonis y Venus
Adonis y Venuslupemm
 
LA OSA MAYOR
LA OSA MAYORLA OSA MAYOR
LA OSA MAYORlupemm
 
El hilo de Ariadna y las alas de Ícaro
El hilo de Ariadna y las alas de ÍcaroEl hilo de Ariadna y las alas de Ícaro
El hilo de Ariadna y las alas de Ícarolupemm
 
LA VACA ERRANTE
LA VACA ERRANTELA VACA ERRANTE
LA VACA ERRANTElupemm
 

Viewers also liked (8)

O RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINAO RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINA
 
O DILUVIO
O DILUVIOO DILUVIO
O DILUVIO
 
Orfeo en los infiernos
Orfeo en los infiernosOrfeo en los infiernos
Orfeo en los infiernos
 
ECO Y NARCISO
ECO Y NARCISOECO Y NARCISO
ECO Y NARCISO
 
Adonis y Venus
Adonis y VenusAdonis y Venus
Adonis y Venus
 
LA OSA MAYOR
LA OSA MAYORLA OSA MAYOR
LA OSA MAYOR
 
El hilo de Ariadna y las alas de Ícaro
El hilo de Ariadna y las alas de ÍcaroEl hilo de Ariadna y las alas de Ícaro
El hilo de Ariadna y las alas de Ícaro
 
LA VACA ERRANTE
LA VACA ERRANTELA VACA ERRANTE
LA VACA ERRANTE
 

More from Alfonso Blanco

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Alfonso Blanco
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínAlfonso Blanco
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiAlfonso Blanco
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanaeAlfonso Blanco
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoAlfonso Blanco
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAlfonso Blanco
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasAlfonso Blanco
 

More from Alfonso Blanco (20)

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos Caraveis
 
O asasinato de JFK
O asasinato de JFKO asasinato de JFK
O asasinato de JFK
 
René Maltête
René MaltêteRené Maltête
René Maltête
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-AndradeValentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
 
Poetizando as aulas
Poetizando as aulasPoetizando as aulas
Poetizando as aulas
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
Os libros máis caros
Os libros máis carosOs libros máis caros
Os libros máis caros
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas Latín
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani Imperii
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanae
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O Principado
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas Flexivas
 
Etimoloxías Latinas
Etimoloxías LatinasEtimoloxías Latinas
Etimoloxías Latinas
 

ExpresióNs Latinas 2ºBach (2) 08

  • 2. HABENT SVA FATA LIBELLI “ Os libros teñen o seu destino” Está extraída dun poema de Terenciano Mauro (s. I d.C.). O verso completo di Pro captu lectoris habent sua fata libelli : “O destino dos libros depende da intelixencia do lector”
  • 3. HIC ET NVNC “ Aquí e agora”
  • 4. HOMO HOMINI LVPVS “ O home é un lobo para o home” Frase que o filsósofo inglés Thomas Hobbes (1588-1679) extraíu da comedia Asinaria de T. M. Plauto (254-184 a.C.) para ilustrar a súa convicción de que o home é egoísta por natureza, e é a sociedade a que nos obriga a convivir, deixando a un lado esa tendencia innata
  • 5. HOMO SAPIENS “ Home que sabe” Denominación científica do estado evolutivo actual da especie humana, inmediatamente posterior ó Home de Neanderthal, extinguido hai 30.000 anos
  • 6. HORA EST IAM DE SOMNO SVRGERE “ Xa é hora de espertar” Extraída dunha epístola do apóstolo cristián Pablo de Tarso ( Romanos , 11, 13), na que esixe ó seu discípulo Timoteo preparación espiritual para a chegada do reino de Deus
  • 7. HORROR VACVI “ Pánico ó vacío” Tendencia artística que consiste en encher de elementos todo espazo vacío nunha obra de arte
  • 8. IBIDEM “ Alí mesmo” Emprégase ó facer unha referencia bibliográfica a varias pasaxes dunha mesma obra, para non citar de continuo o seu título. Máis frecuente nas súas abreviaturas ibid. ou ib.
  • 9. IDEM “ O mesmo” Ás veces empregada mediante a abreviatura id. ou o símbolo “
  • 10. ID EST “ Isto é” Equivale ás nosas expresións aclaratorias “ou sexa” ou “é dicir”. Moitas veces úsase na forma abreviada i. e.
  • 11. IMPRIMATVR / IMPRIMI POTEST “ Imprímase / Pode imprimirse” Declaración oficial por parte da xerarquía da Igrexa Católica de que unha obra literaria ou similar está libre de erro en materia de doctrina e moral, e queda autorizada a súa lectura polos fieis. Adoita ir acompañada de nihil obstat
  • 12. IN ABSENTIA “ En ausencia” Maiormente empregada no ámbito xudicial, indica un procedemento polo cal unha persoa pode ser xulgada en rebeldía
  • 13. IN AETERNVM “ Para sempre”
  • 14. IN ALBIS “ En branco” Situación mental na que se produce un esquecemento súpeto
  • 15. IN ARTICVLO MORTIS “ No momento da morte” Xuridicamente, designa as accións legais que pode realizar unha persoa nos momentos próximos á morte (un matrimonio, p. ex.)
  • 16. IN DVBIO PRO REO “ En caso de dúbida, a favor do acusado” Principio do Dereito polo cal unha persoa non pode ser condeada sen probas definidas da súa culpabilidade
  • 17. IN EXTREMIS “ No derradeiro momento”
  • 18. IN FRAGANTI / IN FLAGRANTI DELICTO “ No momento de cometer o delito”, “Xusto no momento” A primeira é unha deformación da segunda, pero é moito máis utilizada. A RAE mesmo acepta a forma soldada infraganti
  • 19. IN ILLO TEMPORE “ Naquel tempo” Con ela aludimos a unha época moi anterior á nosa
  • 20. IN ITINERE “ Na viaxe” En dereito laboral, úsase na expresión “accidentes in itinere ”, para referirse ós accidentes que se producen durante o desprazamento do asalariado ata o seu lugar de traballo
  • 21. IN MEDIO VIRTVS “ No medio (está) a virtude” Principio filosófico atribuído a Aristóteles que establece como desexable e saudable o punto medio entre todos os extremos
  • 22. IN MEMORIAM “ Á memoria” É cotián vela encabezando un obituario ou unha homenaxe a persoas falecidas
  • 23. IN MENTE “ En mente”
  • 24. IN PECTORE “ No peito” Orixinariamente refírese ós nomeamentos de cardenais que o Papa tén decididos mais aínda non comunicados publicamente (tenos gardados “no seu peito”). Por extensión, aplícase ós cargos elixidos en votación mentres non son proclamados oficialmente
  • 25. IN SAECVLA SAECVLORVM “ Para os séculos dos séculos”, “Polos séculos dos séculos” Ás veces tamén se atopa per saecula saeculorum
  • 26. IN SITV “ No sitio”, “No mesmo lugar” Análise in situ
  • 27. INTELLIGENTIBVS PAVCA “ Para os intelixentes, poucas cousas” A frase completa é Intelligentibus pauca sufficiunt , que se significa “Ós intelixentes cómprenlles poucas cousas”. O refrán castelán A buen entendedor, pocas palabras bastan recolle exactamente o seu senso
  • 28. IN VINO VERITAS “ No viño (está) a verdade” Resume desta frase de Plinio o Vello (23-79 d.C.): volgoque veritas iam attributa est ( Historia Natural , XIV, 141, 5). Con ela o autor testemúñanos o convencemento popular de que o alcohol facilita a desinhibición das persoas ata o punto de facerlles dicir o que pensan intimamente e case nunca din
  • 29. IN VITRO “ En vidro” A expresión completa é “fecundación in vitro ”, coa que nos referimos ó procedemento médico que logra a fecundación artificial dun óvulo por un ou varios espermatozoides. A alusión ó vidro xustifícase pola súa abondosa presencia nos laboratorios
  • 30. INTER NOS “ Entre nós” Emprégase co senso de intimidade, como por exemplo: “ Esta cuestión debatirémola aquí, inter nos ”
  • 31. INTERIM “ Mentres tanto” Úsase como sustantivo, por exemplo en: “ No interim , chamaron á porta” En castelán acéptase a forma adaptada “ínterin”
  • 32. IPSO FACTO “ Co mesmo feito”, isto é, “Inmediatamente”
  • 33. LAPSVS LINGVAE / CALAMI “ Erro”, que pode ser “de lingua” ou “de pluma”, i. e. , “de escritura” O cotián é empregar só o primeiro elemento
  • 34. LATO SENSV “ En senso amplo”
  • 35. MAGISTER DIXIT “ O mestre díxoo” Alude á autoridade intelectual que se lles supón ós profesores
  • 36. MANV MILITARI “ Con man militar”, i. e. , “Pola forza das armas”
  • 37. MARE MAGNVM “ Mar grande” Conxunto grande e desordeado de diversos elementos En castelán acéptase a forma maremágnum
  • 38. MEA CULPA “ Pola miña culpa” Frase extraída da liturxia católica, pero que desde antigo se vén empregando en contextos xerais
  • 39. MEMENTO MORI “ Lémbrate de morrer”, máis ben co senso de “Lembra que has morrer”
  • 40. MEMORANDVM “ O que debe lembrarse” Escrito no que se explican conceptos que deben ser tidos en conta polo seu destinatario
  • 41. MENS SANA IN CORPORE SANO “ Unha mente sa nun corpo san” Cita da Sátira X do poeta romano Xuvenal, crítico da sociedade do seu tempo (s. I-II d.C.)
  • 42. MODVS OPERANDI / VIVENDI “ Xeito de obrar”, “Maneira de actuar” / “Xeito de vivir”, “Maneira de vivir”
  • 43. MORTIS CAVSA “ Por causa da morte” Expresión propia do ámbito xurídico, que alude ós actos xurídicos que teñen efecto tras a morte dunha persoa (un testamento, p. ex.). Opónse a inter vivos
  • 44. MOTV PROPRIO “ Por propia iniciativa” Estrictamente, designa un documento que o Papa emite; máis xeralmente, emprégase en senso literal. ¡Ollo! Ás veces lense e escóitanse usos incorrectos como “de motu proprio” ou “motu propio”
  • 45. MVTATIS MVTANDIS “ Cambiadas as cousas que hai que cambiar” Facendo unha comparación, úsase para chamar a atención sobre os elementos diferentes entre os dous termos
  • 46. NEMINE DISCREPANTE “ Non discrepando ninguén”, “Sen que ninguén se opoña”
  • 47. NIHIL NOVVM SVB SOLE “ Nada novo (hai) baixo o sol” Expresión que aconsella desconfiar de todo aquilo que se presenta como absolutamente orixinal. Extraída do Eclesiastés 1, 10
  • 48. NIHIL OBSTAT “ Nada se opón” Autorización da Igrexa Católica para a publicación dunha obra. Adoita ir acompañada de imprimatur
  • 49. NOLI ME TANGERE “ Non me toques” Palabras que, segundo o Evanxelio de Xoan (20, 38), dirixiu Xesús Cristo resucitado a María Magdalena