SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
DOG Núm. 39	                    Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5413

                                                IV. Oposicións e concursos

                                                Servizo Galego de Saúde

                                                        RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos,
                                                        pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías
                                                        nas listaxes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no
                                                        ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería
                                                        de Sanidade.


                                                   No Pacto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o
                                                procedemento de selección a través de listas, elaboradas consonte o baremo, das persoas
                                                aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde
                                                e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

                                                   Este Pacto aplicarase a todos os nomeamentos estatutarios temporais que resulte ne-
                                                cesario formalizar nas diversas categorías estatutarias baixo as modalidades establecidas
                                                no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

                                                   Ao abeiro dos puntos I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección, logo de acordo da
                                                Comisión Central de Seguimento do Pacto, en sesión con data do 5 de febreiro de 2013 e
                                                en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre
                                                delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde
                                                (DOG nº 139, do 20 de xullo),

                                                                                          RESOLVE:

                                                  Primeiro.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                   Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para
                                                a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de
                                                Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías:

                                                  1. Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                  2. Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                  3. Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                  4. Cociñeira/o.

                                                  5. Pinche.




                                                                    ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                        Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5414

                                                  Segundo.


                                                  A selección de aspirantes efectuarase consonte o disposto na Resolución do 26 de abril
                                                de 2011 pola que se aproba o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal (DOG
                                                nº 89, do 9 de maio) e conforme as bases e baremo de méritos contidos respectivamente
                                                nos anexos I e II desta resolución.


                                                  Terceiro.


                                                  1. Esta resolución e as súas bases vinculan a Administración e as persoas aspirantes
                                                que soliciten participar no procedemento de selección.


                                                  2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso
                                                potestativo de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de
                                                Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario
                                                Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou
                                                poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do
                                                contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma
                                                data, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición conten-
                                                cioso-administrativa.


                                                  Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013

                                                                              Margarita Prado Vaamonde
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                              Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

                                                                                                ANEXO I
                                                                                                 Bases


                                                  Primeira.  Requisitos de participación


                                                  1.1. Normas xerais.


                                                  Poderán inscribirse nas listas correspondentes ao primeiro proceso de xeración nas
                                                categorías indicadas, as persoas interesadas que, na data de finalización do prazo de




                                                                        ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                       Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5415

                                                presentación de solicitudes que se indica na base quinta, reúnan os seguintes requisi-
                                                tos:

                                                   1.1.1. Requisitos comúns.

                                                   a) Nacionalidade.

                                                   a.1) Ter a nacionalidade española.

                                                   a.2) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional
                                                dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Eu-
                                                ropea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es.

                                                   a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe das/
                                                os españois e das/os nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea
                                                e das/os nacionais dalgún Estado ao/s que, en virtude dos tratados internacionais cele-
                                                brados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circula-
                                                ción de traballadoras/es, sempre que non estean separadas/os de dereito. Así mesmo,
                                                coas mesmas condicións poderán participar as/os súas/seus descendentes e as/os do seu
                                                cónxuxe sempre que non estean separadas/os de dereito, sexan menores de 21 anos ou
                                                maiores da devandita idade dependentes.

                                                   b) Idade: ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade de xubilación for-
                                                zosa.

                                                   c) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño
                                                das funcións que deriven do/s correspondente/s nomeamento/s que se acreditará confor-
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                me o procedemento que para o efecto se estableza.

                                                   d) Habilitación: non ter sido separada/o do servizo, mediante expediente disciplinario,
                                                de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores, nin estar
                                                inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para
                                                a correspondente profesión.

                                                   No caso das/os nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o, por sanción ou
                                                pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun
                                                Estado membro, nin ser separada/o, por sanción disciplinaria, dalgunha das administra-
                                                cións ou servizos públicos nos seis anos anteriores.




                                                                       ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                      Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5416

                                                  e) Titulación: posuír a titulación ou titulacións que habilitan para o exercicio da profesión
                                                correspondente ou estar en condicións de obtela antes da data prevista na base 5.1. As
                                                titulacións de acceso correspondentes a cada categoría recóllense no anexo VI.

                                                  No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite
                                                fidedignamente a súa homologación ou, de ser o caso, o seu recoñecemento.

                                                  f) Aboamento das taxas por dereito de primeira inscrición que, se é o caso, correspon-
                                                dan, segundo o disposto na base oitava.

                                                  1.1.2. Promoción profesional.

                                                  O persoal fixo, interesado en promocionarse internamente dentro do seu ámbito, deberá
                                                reunir, ademais dos requisitos indicados no punto anterior, os seguintes requisitos:

                                                  a) Ter a condición de persoal estatutario fixo no Servizo Galego de Saúde noutra cate-
                                                goría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á que se opta.

                                                  b) Estar en servizo activo e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo
                                                menos, un ano na categoría de procedencia. Ao persoal integrado no réxime estatutario
                                                seralle computado, para os efectos do prazo previsto no parágrafo anterior, o tempo de
                                                servizos prestado como funcionario de carreira ou laboral fixo.

                                                  c) Posuír a titulación ou titulacións requiridas para o acceso á categoría á que se opta,
                                                segundo se recolle no anexo VI.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  1.2. Aspirantes excluídos.

                                                  Non serán admitidas as solicitudes das persoas que fosen excluídas das listas da mes-
                                                ma categoría á que se opta e que foron confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de
                                                abril de 1993 (DOG do 13 de abril), do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), do 21 de
                                                decembro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro), do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de mar-
                                                zo), do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 25 de febreiro) e do 24 de maio de 2004 (DOG do
                                                1 de xuño) polas causas de penalización previstas nos citados pactos, agás que dispoñan
                                                de autorización expresa para reincorporarse ás listas, nos termos dispostos no punto IV do
                                                pacto sobre selección de persoal estatutario temporal actualmente vixente (DOG nº 89, do
                                                9 de maio de 2011).




                                                                      ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                       Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5417

                                                  1.3. Posesión dos requisitos.

                                                  Os requisitos de participación deberán reunirse dentro do prazo de presentación de
                                                solicitudes e manterse durante o período de permanencia en lista ata a formalización do
                                                oportuno nomeamento.

                                                  Segunda.  Solicitude de inscrición

                                                  2.1. A inscrición resultará obrigatoria para todas as persoas interesadas en figuraren nas
                                                listas que se elaboren por cada categoría das previstas no punto primeiro da resolución,
                                                figurasen ou non inscritas nas listas da mesma categoría elaboradas ao abeiro do Pacto do
                                                24 de maio de 2004 (DOG nº 104, do 1 de xuño).

                                                  2.2. A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a
                                                través do currículo profesional habilitado electrónicamente (FIDES/expedient-e/Sección de
                                                Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se
                                                indica na Orde do 8 de maio de 2012, pola que se regula o contido, uso e acceso ao ex-
                                                pediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92,
                                                do 15 de maio).

                                                  O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no dito sistema.
                                                Logo de formalizado electrónicamente pola/o interesada/o, deberá imprimirse para a súa
                                                presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo.

                                                  2.3. No formulario de inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/ás que se
                                                opta e ámbito territorial de dispoñibilidade así como deberán cubrirse as declaracións que
                                                constan no modelo normalizado relacionadas cos requisitos de admisibilidade.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  No caso de discrepancia entre o formulario de inscrición cuberto pola vía electrónica e a
                                                documentación acreditativa dos datos nel incorporados, será válida esta última.

                                                  2.4. Non se admitirán as solicitudes que conteñan alguna emenda, marca ou riscadura
                                                no formulario de inscrición así como en calquera dos documentos acreditativos do cumpri-
                                                mento dos requisitos exixidos.

                                                  2.5. As solicitudes vincularán as persoas aspirantes nos termos consignados no modelo
                                                normalizado. No entanto, e dentro do prazo de presentación de instancias, admitiranse as
                                                renuncias á inscrición así como as modificacións que resulte necesario efectuar nalgún dos
                                                datos contidos nela.




                                                                       ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5418

                                                  A solicitude de renuncia/modificación deberá efectuarse mediante escrito dirixido á mes-
                                                ma unidade de validación a que se dirixa o formulario de inscrición e deberá presentarse no
                                                mesmo prazo e lugares que esta.

                                                   Terceira.  Ámbito de inscrición e compatibilidade

                                                   3.1. Os ámbitos territoriais de inscrición nas listas incluidas nesta resolución recóllense
                                                no anexo III.

                                                   3.2. Cada solicitude de inscrición irá referida a unha única categoría e a un único ámbito
                                                territorial.

                                                   3.3. A inscrición na lista de pinche é compatible coa inscrición na lista de cociñeiro, de
                                                reunirse os requisitos de titulación exixidos, sendo incompatibles ambas coa solicitude de
                                                inscrición en calquera outra categoría.

                                                    3.4. Nas categorías de técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información,
                                                técnica/o de xestión e tecnoloxías da información e técnica/o especialista de sistemas e
                                                tecnoloxías da información resulta compatible a inscrición simultánea nas tres listas ou,
                                                de ser o caso, en dúas delas, sempre que as persoas aspirantes reúnan os requisitos de
                                                titulación exixidos para o acceso a estas, sendo incompatible a súa inscrición nas listas de
                                                calquera outra categoría, agás as determinadas no anexo I, parágrafo c), bloque I do pacto
                                                de selección temporal vixente.

                                                   Cuarta.  Acreditación de requisitos e méritos

                                                   4.1. Cada unha das persoas interesadas en participar neste procedemento de selección
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                deberá proceder a rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) os
                                                seus datos persoais, requisitos e méritos. O acceso ao expedient-e efectuarase a través
                                                da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012,
                                                pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do
                                                sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio).

                                                    4.2. Efectuado o rexistro electrónico dos requisitos e méritos, deberá imprimirse a soli-
                                                citude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «infor-
                                                me».

                                                  4.3. Xunto coa solicitude de validación, deberá achegarse a documentación acreditativa
                                                dos requisitos e méritos rexistrados no formulario de inscrición e expedient-e. Tal acredi-




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                  Páx. 5419

                                                tación deberá se efectuada pola persoa interesada mediante documento orixinal ou copia
                                                compulsada antes de que remate o prazo previsto na base quinta, de non telo efectuado
                                                con anterioridade nun momento posterior ao 20 de xullo de 2011, suposto no que non terá
                                                que achegarse novamente a documentación presentada, agás a que supoña actualización
                                                de méritos xa presentados.

                                                   A documentación acreditativa dos requisitos e méritos deberá dirixirse a unha unidade
                                                de validación e presentarse nalgún dos lugares previstos na base sexta desta resolución.

                                                   4.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta resolución no
                                                Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus requisitos e méritos
                                                sen que tivesen presentado a documentación correspondente, deberán solicitar a súa va-
                                                lidación e acreditar documentalmente a súa posesión dentro do prazo previsto na base
                                                quinta desta resolución para que poidan ser, se é o caso, valorados no primeiro proceso
                                                de xeración de listas.

                                                   4.5. Non será necesario acreditar documentalmente a seguinte información ao dispoñer
                                                dela esta Administración sanitaria:

                                                   – A superación do exercicio ou exercicios da fase de oposición da última convocatoria
                                                de OPE das categorías convocadas.

                                                   – A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Ser-
                                                vizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

                                                   – Os datos validados no sistema informático expedient-e. Non obstante, a Administra-
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                ción poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria
                                                acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

                                                   4.6. A falta de acreditación pola persoa interesada do cumprimento dos requisitos de
                                                admisibilidade consignados na solicitude de inscrición, así como a consignación de datos
                                                falsos nela, comportará a perda do dereito a figurar inscrita na lista correspondente, sen
                                                prexuízo das demais responsabilidades a que houber lugar.

                                                   4.7. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes para a primeira xeración de
                                                listas, non será tido en conta, para este primeiro proceso, a presentación de ningún novo
                                                documento acreditativo de méritos.




                                                                     ISSN1130-9229    Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5420

                                                   Quinta.  Prazo de presentación

                                                   5.1. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día
                                                26 de febreiro ata o 25 de marzo de 2013. Os méritos computables serán os causados ata
                                                o 10 de marzo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de
                                                presentación de solicitudes.

                                                   5.2. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De
                                                rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ao 25 de marzo de 2013,
                                                o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nas respectivas cate-
                                                gorías.

                                                   Sexta.  Lugar de presentación

                                                   O formulario de inscrición, logo de formalizado electronicamente, dirixirase a unha uni-
                                                dade de validación das relacionadas no modelo normalizado e deberá ser presentado nas
                                                unidades de rexistro dos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera
                                                dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
                                                das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción da
                                                Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

                                                   a) Na Consellería de Sanidade.

                                                   b) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de
                                                Galicia.

                                                   c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                   d) Nas estruturas organizativas de xestión integrada, centros ou complexos hospitala-
                                                rios e xerencia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

                                                   Sétima. Procedemento de elaboración das listas

                                                   7.1. As listas de selección de persoal estatutario temporal das categorías convocadas
                                                elaboraranse de conformidade co previsto no punto II do vixente Pacto sobre selección de
                                                persoal estatutario temporal.

                                                   7.2. A xeración das listas efectuarase a través do sistema informático (FIDES/Expedient-e),
                                                ao que se accederá a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde.




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                      Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5421

                                                   7.3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase na páxina web do
                                                Servizo Galego de Saúde, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación provisio-
                                                nal de persoas aspirantes admitidas e excluídas en cada categoría.

                                                   7.4. As persoas excluídas poderán presentar reclamación perante as direccións das
                                                estruturas organizativas de xestión integrada, as direccións provinciais do organismo, e as
                                                direccións con competencias na xestión de persoal nas entidades adscritas á Consellería
                                                de Sanidade no prazo de dez días naturais a partir do día seguinte á súa publicación.

                                                  As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como
                                                admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

                                                   7.5. A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderase implícita na
                                                resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se anun-
                                                ciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren, con carácter definitivo as/os admiti-
                                                das/os e excluídas/os e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e orde de prelación
                                                provisional nas referidas listas.

                                                   7.6. Contra os resultados da baremación provisional, as persoas interesadas poderán
                                                presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integra-
                                                da, as direccións provinciais do organismo, e as direccións con competencias na xestión de
                                                persoal nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade no mesmo prazo que se indica
                                                no punto 7.4. As reclamacións que se presenten entenderanse estimadas ou desestimadas
                                                na resolución que aprobe a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde
                                                pola que se publiquen as puntuacións definitivas e orde de prelación final acadada por
                                                cada aspirante, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e páxina web do organismo.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                   Oitava.  Aboamento de taxas

                                                   8.1. De conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos
                                                e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240, do 11 de
                                                decembro) como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes
                                                que accedan por primeira vez e aquelas que, figurando nas listas inmediatas anteriores,
                                                soliciten o cambio de categoría ou, de ser o caso, a inscrición nunha ou máis dunha cate-
                                                goría adicional das convocadas na presente resolución, deberán aboar, previamente por
                                                cada nova categoría e en concepto de dereitos de inscrición nas listaxes, o importe de
                                                16,98 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, mediante ingreso
                                                ou transferencia bancaria nalgunha das sucursais das entidades financeiras colaboradoras
                                                autorizadas para a recadación.




                                                                      ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5422

                                                   8.2. O impreso de autoliquidación, así como os códigos para a súa formalización, se-
                                                ranlles facilitados ás persoas interesadas nas direccións provinciais do Servizo Galego de
                                                Saúde, nos centros e complexos hospitalarios, nas xerencias de área e nas xerencias de
                                                atención primaria e estarán publicados, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de
                                                Saúde. A non presentación deste impreso de autoliquidación, no que deberá figurar o ca-
                                                rimbo da entidade bancaria, xunto co formulario de solicitude de inscrición, determinará a
                                                exclusión da persoa aspirante.

                                                   8.3. Así mesmo, poderase facer efectivo o aboamento da taxa por internet nas entidades
                                                financeiras actualmente autorizadas. En tal caso, accederase á páxina web da Consellería
                                                de Facenda (www.conselleriadefacenda.es) e, dentro desta, á lenda «Oficinas virtuais e
                                                tributaria». Premerase entón a lenda «Servizos de acceso libre», e logo, situándose no
                                                menú da marxe esquerda, premerase «Taxas, prezos, multas e sancións». Realizado o pa-
                                                gamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de tela aboado e achegarase
                                                coa solicitude.

                                                   En ningún dos casos o dito xustificante substituirá o trámite de presentación da solicitu-
                                                de no tempo e na forma establecidos.

                                                   8.4. Estarán exentas do aboamento desta taxa as persoas que acrediten unha discapa-
                                                cidade igual ou superior ao 33 %, así como as que sexan integrantes de familias numero-
                                                sas clasificadas na categoría especial; no caso de seren membros de familia numerosa de
                                                categoría xeral, terán unha bonificación do 50 %. Así mesmo, gozarán dunha bonificación
                                                do 50 % as persoas que figurasen como demandantes de emprego, desde, polo menos,
                                                seis meses antes da data de publicación da presente resolución, e non estivesen percibin-
                                                do prestación ou subsidio por desemprego.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                   Tales circunstancias deberán ser acreditadas, respectivamente, mediante fotocopia
                                                compulsada da cualificación de discapacidade, a través do título oficial de familia numero-
                                                sa ou con certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desem-
                                                prego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de
                                                Emprego.

                                                   Así mesmo, non terán que aboar esta taxa as persoas aspirantes xa inscritas en pro-
                                                cesos precedentes na mesma categoría e que tan só soliciten o cambio de área/zona de
                                                inscrición, así como as que, a través de Expedient-e, modificasen os seus datos persoais
                                                ou actualizasen os seu currículo de méritos.




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                        Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5423

                                                  8.5. As persoas excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte
                                                ao da data da resolución pola que se publiquen as listas definitivas de persoas aspirantes
                                                excluídas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición.

                                                  Novena.  Nomeamentos de curta duración

                                                  Na categoría de pinche e, co obxecto de dar cobertura ás necesidades de persoal esta-
                                                tutario producidas como consecuencia de ausencias de carácter urxente e non programa-
                                                do, de duración non superior a 4 días, elaboraranse listas específicas para nomeamentos
                                                de curta duración nos ámbitos que se determinan no anexo V.

                                                  As persoas interesadas na formalización de tales nomeamentos deberán facelo constar
                                                na respectiva solicitude de inscrición, indicando o ámbito de prestación de servizos polo
                                                que optan dentro da mesma área da lista xeral. Cada persoa aspirante só poderá inscribir-
                                                se nunha lista de curta duración.

                                                  Décima.  Nomeamentos a tempo parcial

                                                  As persoas interesadas que soliciten a inclusión nas listas deberán facer constar no
                                                espazo habilitado para o efecto no formulario de inscrición a súa voluntaria aceptación ou
                                                non ás ofertas de nomeamentos a tempo parcial que poidan xurdir na categoría e ámbito
                                                respectivo.

                                                  En defecto de consignación expresa, entenderase que a persoa aspirante non acepta
                                                voluntariamente a formalización do dito tipo de nomeamentos.

                                                  Décimo primeira.  Indispoñibilidade transitoria de aspirantes
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  Con aplicación para as listas de ámbito de área ou zona, no suposto de indispoñibilida-
                                                de de aspirantes nunha determinada categoría e ata a seguinte xeración de listas que se
                                                efectúe, segundo o disposto no punto II.4.3 do Pacto de selección temporal, acudirase á
                                                utilización de listas das áreas/zonas de xestión máis próximas.

                                                  Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, considéranse áreas/zonas de xestión
                                                máis próximas as que se determinan, respecto de cada área/zona concreta, no anexo IV.

                                                  As persoas aspirantes poderán facer constar nos formularios de solicitude a súa dis-
                                                poñibilidade para prestar servizos fóra da área/zona orixinaria de adscrición, conforme a
                                                respectiva prelación.




                                                                        ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5424

                                                  Décimo segunda.  Entrada en vigor das listas

                                                  As listas que se elaboren en execución desta convocatoria entrarán en vigor na data in-
                                                dicada na publicación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas con número
                                                de orde e puntuación.

                                                  A publicación das listas formalizarase na páxina web do organismo (www.sergas.es).

                                                  O chamamento e demais características da xestión das listas serán as previstas no vi-
                                                xente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego
                                                de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

                                                                                            ANEXO II
                                                                                            Baremos

                                                  O baremo de méritos que se van aplicar será o previsto no punto II.3 da Resolución do
                                                26 de abril de 2011 pola que se publica o Pacto sobre selección de persoal estatutario tem-
                                                poral no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería
                                                de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio).

                                                  A orde de prelación das persoas aspirantes na respectiva lista, en cada unha das quen-
                                                das, obterase automaticamente pola suma dos resultados e puntuacións obtidas en cada
                                                un dos exercicios da fase de oposición nos que tivese participado na última OPE convo-
                                                cada e resolta polo Servizo Galego de Saúde na respectiva categoría e a puntuación que
                                                resulte da aplicación do baremo de méritos aprobado por Resolución do 18 de febreiro de
                                                2009 (DOG do 26 de febreiro).
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  A puntuación máxima acadable pola participación da persoa aspirante no último proceso
                                                selectivo convocado na respectiva categoría será do 60 % da puntuación total do baremo.

                                                  A puntuación máxima acadable nos puntos de experiencia profesional, formación acre-
                                                ditada e outras actividades non poderá exceder do 40 % da puntuación total do baremo.

                                                  Na categoría de pinche, no punto de experiencia profesional e, sen que se poida su-
                                                perar a puntuación máxima prevista para tal epígrafe no respectivo baremo de selección
                                                fixa, valorarase a permanencia e efectiva dispoñibilidade das persoas aspirantes nas listas
                                                especiais para nomeamentos de curta duración, cunha puntuación de 1,5 puntos por ano
                                                ou a que proporcionalmente corresponda, cun máximo de 4,5 puntos.




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5425

                                                  Ás persoas aspirantes que, durante a vixencia do pacto sobre selección temporal apro-
                                                bado por Resolución do 24 de maio de 2004 figurasen inscritas nas listas especiais para
                                                nomeamentos de curta duración previstas neste, valoraráselles o tempo de permanencia
                                                e dispoñibilidade acreditada nas citadas listas nos termos previstos no parágrafo anterior.

                                                                                            ANEXO III
                                                                                         Áreas e zonas

                                                  Ámbitos listas.

                                                  A) Para as listas de cociñeira/o e de pinche.

                                                  Áreas/zonas:

                                                  1. Ferrol (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa
                                                sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión
                                                prevista no anexo do Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a Estrutura
                                                de Xestión Integrada de Ferrol).

                                                  2. A Coruña (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do
                                                mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa
                                                revisión prevista no anexo I do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a Es-
                                                trutura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde e se crea a Estrutura de Xestión
                                                Integrada de A Coruña; agás os dispositivos asistenciais incluídos no ámbito da Xerencia
                                                Executiva de Cee).

                                                  3. Santiago de Compostela (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de
                                                acordo coa revisión prevista no anexo II do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se
                                                regula a Estrutura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde e se crea a Estrutura
                                                de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, agás os dispositivos incluídos no ámbito
                                                da Xerencia Executiva da Barbanza).

                                                  4. Ourense (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do
                                                mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa
                                                revisión prevista no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a Estru-
                                                tura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, agás os dispositivos
                                                incluídos nos ámbitos das xerencias executivas de Verín e O Barco de Valdeorras).




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                      Luns, 25 de febreiro de 2013	                                  Páx. 5426

                                                  5. O Barco de Valdeorras (segundo a ordenación disposta no Decreto 50/1992, do 19 de
                                                febreiro, polo que se crea a área de saúde do Barco de Valdeorras; de acordo coa revisión
                                                prevista no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a Estrutura de
                                                Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no relativo aos dispositivos
                                                incluídos no ámbito da Xerencia Executiva do Barco de Valdeorras).


                                                  6. Lugo (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa
                                                sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril).


                                                  7. Burela (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa
                                                sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril).


                                                  8. Monforte de Lemos (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de
                                                xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril).


                                                  9. Pontevedra (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo,
                                                do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo
                                                coa revisión prevista no anexo do Decreto 162/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a
                                                Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, agás os dispositivos incluídos
                                                no ámbito da Xerencia Executiva do Salnés).


                                                  10. Vigo (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa
                                                sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril).


                                                  B) Para as listas de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, de
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e de técnico/a especialista
                                                de sistemas e tecnoloxías da información.


                                                  Lista de ámbito único para todos os dispositivos sanitarios comprendidos no territorio da
                                                Comunidade Autónoma de Galicia.

                                                                                              ANEXO IV
                                                                                      Áreas/zonas limítrofes

                                                  1. Para Ferrol. A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Santiago/zona da Barbanza e
                                                Burela, nesta orde.




                                                                      ISSN1130-9229    Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                   Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5427

                                                  2. Para A Coruña. A Coruña/zona de Cee, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e
                                                O Salnés, nesta orde.


                                                  3. Para A Coruña/zona de Cee. A Coruña, Santiago de Compostela, Santiago de Com-
                                                postela/zona da Barbanza, O Salnés e Pontevedra, nesta orde.


                                                   4. Para Santiago de Compostela. Santiago de Compostela/zona da Barbanza, A Coru-
                                                ña, O Salnés, Pontevedra e Vigo, nesta orde.


                                                  5. Para Santiago de Compostela/zona da Barbanza. Santiago de Compostela, O Sal-
                                                nés, Pontevedra, Vigo e A Coruña, nesta orde.


                                                  6. Para Burela. Lugo, Monforte de Lemos, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela,
                                                nesta orde.


                                                  7. Para Lugo. Monforte de Lemos, Burela, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela,
                                                nesta orde.


                                                  8. Para Monforte de Lemos. Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras e Ourense/
                                                zona de Verín, nesta orde.


                                                  9. Para Ourense. Ourense/zona de Verín, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos,
                                                Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde.


                                                  10. Para Ourense/zona de Verín. Ourense, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos,
                                                Santiago de Compostela e Vigo, nesta orde.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  11. Para O Barco de Valdeorras. Ourense, Ourense/zona de Verín, Monforte de Lemos,
                                                Lugo e Santiago de Compostela, nesta orde.


                                                   12. Para O Salnés. Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Santiago de Composte-
                                                la/zona da Barbanza e A Coruña, nesta orde.


                                                   13. Para Pontevedra. O Salnés, Vigo, Santiago de Compostela, Santiago de Composte-
                                                la/zona da Barbanza e Ourense, nesta orde.


                                                  14. Para Vigo. Pontevedra, O Salnés, Santiago de Compostela, Ourense e Santiago de
                                                Compostela/zona da Barbanza, nesta orde.




                                                                   ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                   Luns, 25 de febreiro de 2013	                                 Páx. 5428

                                                                                   ANEXO V
                                                         Listas especiais para nomeamentos de curta duración de pinche

                                                 1. A Coruña:

                                                 • Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

                                                 2. Ferrol:

                                                 • Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

                                                 3. Santiago de Compostela:

                                                 • Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

                                                 4. Burela:

                                                 • Hospital Comarcal da Costa (Burela).

                                                 5. Lugo:

                                                 • Complexo Hospitalario Lucus Augusti (Lugo).

                                                 6. Monforte de Lemos:

                                                 • Hospital Comarcal de Monforte.

                                                 7. Ourense:
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                 • Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

                                                 8. O Barco de Valdeorras:

                                                 • Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

                                                 9. Pontevedra:

                                                 • Complexo Hospitalario de Pontevedra.

                                                 10. Vigo:

                                                 • Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.




                                                                   ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	                     Luns, 25 de febreiro de 2013	                                  Páx. 5429

                                                                                       ANEXO VI
                                                                           Requisitos de titulación/formación

                                                  1. Para a lista de técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                  Deberá posuír, alomenos, a titulación de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o,
                                                enxeñeira/o, grao ou equivalente.

                                                  2. Para a lista de técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                   Deberá posuír, alomenos, a titulación de diplomada/o universitaria/o, enxeñeira/o
                                                técnica/o, arquitecta/o técnica/o, grao ou equivalente.

                                                  3. Para a lista de técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

                                                  Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas:

                                                  • Título de técnica/o especialista, rama informática (formación profesional 2º grao ou
                                                equivalente).

                                                  • Título de técnico/a superior, rama informática e comunicación.

                                                  4. Para as listas de cociñeira/o.

                                                  Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas:

                                                  • Título de técnica/o superior na rama de hostalaría e turismo ou equivalente, ciclo for-
                                                mativo de cociña ou restauración.

                                                   • Título de bacharelato superior ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na
                                                profesión ou certificado de profesionalidade de cociñeira/o, nivel II ou III.
CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6




                                                  5. Para as listas de pinche.

                                                  Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas:

                                                  • Certificado de escolaridade.

                                                  • Graduada/o en ESO ou equivalente.

                                                  • Programa de cualificación profesional inicial.

                                                    Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Minis-
                                                terio de Educación, Cultura e Deporte con carácter xeral e válidas para todos os efectos,
                                                sempre que se indique expresamente a disposición na que se establece a equivalencia e
                                                o BOE no que se publica.




                                                                     ISSN1130-9229    Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

More Related Content

Viewers also liked

Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Solomon Siegel
 
identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)suher lambang
 
Konstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawKonstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawsuher lambang
 
pengertian sosiologi
 pengertian sosiologi pengertian sosiologi
pengertian sosiologisuher lambang
 
Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping suher lambang
 

Viewers also liked (6)

Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
 
Negligence hl
Negligence hlNegligence hl
Negligence hl
 
identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)
 
Konstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawKonstitusi rule of law
Konstitusi rule of law
 
pengertian sosiologi
 pengertian sosiologi pengertian sosiologi
pengertian sosiologi
 
Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping
 

Similar to Sergas

Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017CCOOXustiza
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014CCOOXustiza
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localomixboiro
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glCharo García
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_empregoomixboiro
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015infobueu
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015gelesmaral
 

Similar to Sergas (13)

XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICOXUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia local
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Dog 9 Setembro
Dog 9 Setembro Dog 9 Setembro
Dog 9 Setembro
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015
 

More from omixboiro

Anexo 2 modelo xustificacion 2013
Anexo 2  modelo xustificacion 2013Anexo 2  modelo xustificacion 2013
Anexo 2 modelo xustificacion 2013omixboiro
 
Romeria das letras
Romeria das letrasRomeria das letras
Romeria das letrasomixboiro
 
Convite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezConvite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezomixboiro
 
20130409102224
2013040910222420130409102224
20130409102224omixboiro
 
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1omixboiro
 
Ruta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonRuta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonomixboiro
 
O marco persoal
O marco persoalO marco persoal
O marco persoalomixboiro
 
Festival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoFestival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoomixboiro
 
Listado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteListado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteomixboiro
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen cartelesomixboiro
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen cartelesomixboiro
 
Certame poesía
Certame poesíaCertame poesía
Certame poesíaomixboiro
 
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaPrograma vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaomixboiro
 
Viaxe a luarca
Viaxe a luarcaViaxe a luarca
Viaxe a luarcaomixboiro
 
Boletín empregate
Boletín empregateBoletín empregate
Boletín empregateomixboiro
 
20130131120804
2013013112080420130131120804
20130131120804omixboiro
 

More from omixboiro (20)

Anexo 2 modelo xustificacion 2013
Anexo 2  modelo xustificacion 2013Anexo 2  modelo xustificacion 2013
Anexo 2 modelo xustificacion 2013
 
Cartel pdf
Cartel pdfCartel pdf
Cartel pdf
 
Romeria das letras
Romeria das letrasRomeria das letras
Romeria das letras
 
Convite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezConvite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guez
 
20130409102224
2013040910222420130409102224
20130409102224
 
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
 
Ruta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonRuta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramon
 
Doe mestres
Doe mestresDoe mestres
Doe mestres
 
O marco persoal
O marco persoalO marco persoal
O marco persoal
 
Festival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoFestival alternativo de treato
Festival alternativo de treato
 
Listado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteListado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporte
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen carteles
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen carteles
 
Certame poesía
Certame poesíaCertame poesía
Certame poesía
 
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaPrograma vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
 
Viaxe a luarca
Viaxe a luarcaViaxe a luarca
Viaxe a luarca
 
Boletín empregate
Boletín empregateBoletín empregate
Boletín empregate
 
20130131120804
2013013112080420130131120804
20130131120804
 
Cursos cv
Cursos cvCursos cv
Cursos cv
 

Sergas

  • 1. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5413 IV. Oposicións e concursos Servizo Galego de Saúde RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listaxes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. No Pacto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o procedemento de selección a través de listas, elaboradas consonte o baremo, das persoas aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. Este Pacto aplicarase a todos os nomeamentos estatutarios temporais que resulte ne- cesario formalizar nas diversas categorías estatutarias baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro. Ao abeiro dos puntos I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección, logo de acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto, en sesión con data do 5 de febreiro de 2013 e en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo), RESOLVE: Primeiro. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías: 1. Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información. 2. Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información. 3. Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información. 4. Cociñeira/o. 5. Pinche. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 2. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5414 Segundo. A selección de aspirantes efectuarase consonte o disposto na Resolución do 26 de abril de 2011 pola que se aproba o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal (DOG nº 89, do 9 de maio) e conforme as bases e baremo de méritos contidos respectivamente nos anexos I e II desta resolución. Terceiro. 1. Esta resolución e as súas bases vinculan a Administración e as persoas aspirantes que soliciten participar no procedemento de selección. 2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición conten- cioso-administrativa. Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013 Margarita Prado Vaamonde CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ANEXO I Bases Primeira.  Requisitos de participación 1.1. Normas xerais. Poderán inscribirse nas listas correspondentes ao primeiro proceso de xeración nas categorías indicadas, as persoas interesadas que, na data de finalización do prazo de ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 3. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5415 presentación de solicitudes que se indica na base quinta, reúnan os seguintes requisi- tos: 1.1.1. Requisitos comúns. a) Nacionalidade. a.1) Ter a nacionalidade española. a.2) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Eu- ropea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es. a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe das/ os españois e das/os nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e das/os nacionais dalgún Estado ao/s que, en virtude dos tratados internacionais cele- brados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circula- ción de traballadoras/es, sempre que non estean separadas/os de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar as/os súas/seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separadas/os de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores da devandita idade dependentes. b) Idade: ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade de xubilación for- zosa. c) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do/s correspondente/s nomeamento/s que se acreditará confor- CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 me o procedemento que para o efecto se estableza. d) Habilitación: non ter sido separada/o do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión. No caso das/os nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separada/o, por sanción disciplinaria, dalgunha das administra- cións ou servizos públicos nos seis anos anteriores. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 4. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5416 e) Titulación: posuír a titulación ou titulacións que habilitan para o exercicio da profesión correspondente ou estar en condicións de obtela antes da data prevista na base 5.1. As titulacións de acceso correspondentes a cada categoría recóllense no anexo VI. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou, de ser o caso, o seu recoñecemento. f) Aboamento das taxas por dereito de primeira inscrición que, se é o caso, correspon- dan, segundo o disposto na base oitava. 1.1.2. Promoción profesional. O persoal fixo, interesado en promocionarse internamente dentro do seu ámbito, deberá reunir, ademais dos requisitos indicados no punto anterior, os seguintes requisitos: a) Ter a condición de persoal estatutario fixo no Servizo Galego de Saúde noutra cate- goría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á que se opta. b) Estar en servizo activo e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, un ano na categoría de procedencia. Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo previsto no parágrafo anterior, o tempo de servizos prestado como funcionario de carreira ou laboral fixo. c) Posuír a titulación ou titulacións requiridas para o acceso á categoría á que se opta, segundo se recolle no anexo VI. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 1.2. Aspirantes excluídos. Non serán admitidas as solicitudes das persoas que fosen excluídas das listas da mes- ma categoría á que se opta e que foron confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG do 13 de abril), do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), do 21 de decembro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro), do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de mar- zo), do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 25 de febreiro) e do 24 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño) polas causas de penalización previstas nos citados pactos, agás que dispoñan de autorización expresa para reincorporarse ás listas, nos termos dispostos no punto IV do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal actualmente vixente (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011). ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 5. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5417 1.3. Posesión dos requisitos. Os requisitos de participación deberán reunirse dentro do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período de permanencia en lista ata a formalización do oportuno nomeamento. Segunda.  Solicitude de inscrición 2.1. A inscrición resultará obrigatoria para todas as persoas interesadas en figuraren nas listas que se elaboren por cada categoría das previstas no punto primeiro da resolución, figurasen ou non inscritas nas listas da mesma categoría elaboradas ao abeiro do Pacto do 24 de maio de 2004 (DOG nº 104, do 1 de xuño). 2.2. A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electrónicamente (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012, pola que se regula o contido, uso e acceso ao ex- pediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio). O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no dito sistema. Logo de formalizado electrónicamente pola/o interesada/o, deberá imprimirse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo. 2.3. No formulario de inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade así como deberán cubrirse as declaracións que constan no modelo normalizado relacionadas cos requisitos de admisibilidade. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 No caso de discrepancia entre o formulario de inscrición cuberto pola vía electrónica e a documentación acreditativa dos datos nel incorporados, será válida esta última. 2.4. Non se admitirán as solicitudes que conteñan alguna emenda, marca ou riscadura no formulario de inscrición así como en calquera dos documentos acreditativos do cumpri- mento dos requisitos exixidos. 2.5. As solicitudes vincularán as persoas aspirantes nos termos consignados no modelo normalizado. No entanto, e dentro do prazo de presentación de instancias, admitiranse as renuncias á inscrición así como as modificacións que resulte necesario efectuar nalgún dos datos contidos nela. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 6. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5418 A solicitude de renuncia/modificación deberá efectuarse mediante escrito dirixido á mes- ma unidade de validación a que se dirixa o formulario de inscrición e deberá presentarse no mesmo prazo e lugares que esta. Terceira.  Ámbito de inscrición e compatibilidade 3.1. Os ámbitos territoriais de inscrición nas listas incluidas nesta resolución recóllense no anexo III. 3.2. Cada solicitude de inscrición irá referida a unha única categoría e a un único ámbito territorial. 3.3. A inscrición na lista de pinche é compatible coa inscrición na lista de cociñeiro, de reunirse os requisitos de titulación exixidos, sendo incompatibles ambas coa solicitude de inscrición en calquera outra categoría. 3.4. Nas categorías de técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnica/o de xestión e tecnoloxías da información e técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información resulta compatible a inscrición simultánea nas tres listas ou, de ser o caso, en dúas delas, sempre que as persoas aspirantes reúnan os requisitos de titulación exixidos para o acceso a estas, sendo incompatible a súa inscrición nas listas de calquera outra categoría, agás as determinadas no anexo I, parágrafo c), bloque I do pacto de selección temporal vixente. Cuarta.  Acreditación de requisitos e méritos 4.1. Cada unha das persoas interesadas en participar neste procedemento de selección CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 deberá proceder a rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) os seus datos persoais, requisitos e méritos. O acceso ao expedient-e efectuarase a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012, pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio). 4.2. Efectuado o rexistro electrónico dos requisitos e méritos, deberá imprimirse a soli- citude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «infor- me». 4.3. Xunto coa solicitude de validación, deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos e méritos rexistrados no formulario de inscrición e expedient-e. Tal acredi- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 7. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5419 tación deberá se efectuada pola persoa interesada mediante documento orixinal ou copia compulsada antes de que remate o prazo previsto na base quinta, de non telo efectuado con anterioridade nun momento posterior ao 20 de xullo de 2011, suposto no que non terá que achegarse novamente a documentación presentada, agás a que supoña actualización de méritos xa presentados. A documentación acreditativa dos requisitos e méritos deberá dirixirse a unha unidade de validación e presentarse nalgún dos lugares previstos na base sexta desta resolución. 4.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus requisitos e méritos sen que tivesen presentado a documentación correspondente, deberán solicitar a súa va- lidación e acreditar documentalmente a súa posesión dentro do prazo previsto na base quinta desta resolución para que poidan ser, se é o caso, valorados no primeiro proceso de xeración de listas. 4.5. Non será necesario acreditar documentalmente a seguinte información ao dispoñer dela esta Administración sanitaria: – A superación do exercicio ou exercicios da fase de oposición da última convocatoria de OPE das categorías convocadas. – A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Ser- vizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. – Os datos validados no sistema informático expedient-e. Non obstante, a Administra- CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 ción poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado. 4.6. A falta de acreditación pola persoa interesada do cumprimento dos requisitos de admisibilidade consignados na solicitude de inscrición, así como a consignación de datos falsos nela, comportará a perda do dereito a figurar inscrita na lista correspondente, sen prexuízo das demais responsabilidades a que houber lugar. 4.7. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes para a primeira xeración de listas, non será tido en conta, para este primeiro proceso, a presentación de ningún novo documento acreditativo de méritos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 8. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5420 Quinta.  Prazo de presentación 5.1. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 26 de febreiro ata o 25 de marzo de 2013. Os méritos computables serán os causados ata o 10 de marzo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 5.2. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ao 25 de marzo de 2013, o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nas respectivas cate- gorías. Sexta.  Lugar de presentación O formulario de inscrición, logo de formalizado electronicamente, dirixirase a unha uni- dade de validación das relacionadas no modelo normalizado e deberá ser presentado nas unidades de rexistro dos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. a) Na Consellería de Sanidade. b) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia. c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 d) Nas estruturas organizativas de xestión integrada, centros ou complexos hospitala- rios e xerencia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Sétima. Procedemento de elaboración das listas 7.1. As listas de selección de persoal estatutario temporal das categorías convocadas elaboraranse de conformidade co previsto no punto II do vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal. 7.2. A xeración das listas efectuarase a través do sistema informático (FIDES/Expedient-e), ao que se accederá a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 9. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5421 7.3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación provisio- nal de persoas aspirantes admitidas e excluídas en cada categoría. 7.4. As persoas excluídas poderán presentar reclamación perante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, as direccións provinciais do organismo, e as direccións con competencias na xestión de persoal nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais a partir do día seguinte á súa publicación. As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación. 7.5. A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderase implícita na resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se anun- ciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren, con carácter definitivo as/os admiti- das/os e excluídas/os e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e orde de prelación provisional nas referidas listas. 7.6. Contra os resultados da baremación provisional, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integra- da, as direccións provinciais do organismo, e as direccións con competencias na xestión de persoal nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade no mesmo prazo que se indica no punto 7.4. As reclamacións que se presenten entenderanse estimadas ou desestimadas na resolución que aprobe a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publiquen as puntuacións definitivas e orde de prelación final acadada por cada aspirante, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e páxina web do organismo. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 Oitava.  Aboamento de taxas 8.1. De conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240, do 11 de decembro) como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes que accedan por primeira vez e aquelas que, figurando nas listas inmediatas anteriores, soliciten o cambio de categoría ou, de ser o caso, a inscrición nunha ou máis dunha cate- goría adicional das convocadas na presente resolución, deberán aboar, previamente por cada nova categoría e en concepto de dereitos de inscrición nas listaxes, o importe de 16,98 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, mediante ingreso ou transferencia bancaria nalgunha das sucursais das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 10. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5422 8.2. O impreso de autoliquidación, así como os códigos para a súa formalización, se- ranlles facilitados ás persoas interesadas nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos centros e complexos hospitalarios, nas xerencias de área e nas xerencias de atención primaria e estarán publicados, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. A non presentación deste impreso de autoliquidación, no que deberá figurar o ca- rimbo da entidade bancaria, xunto co formulario de solicitude de inscrición, determinará a exclusión da persoa aspirante. 8.3. Así mesmo, poderase facer efectivo o aboamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. En tal caso, accederase á páxina web da Consellería de Facenda (www.conselleriadefacenda.es) e, dentro desta, á lenda «Oficinas virtuais e tributaria». Premerase entón a lenda «Servizos de acceso libre», e logo, situándose no menú da marxe esquerda, premerase «Taxas, prezos, multas e sancións». Realizado o pa- gamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de tela aboado e achegarase coa solicitude. En ningún dos casos o dito xustificante substituirá o trámite de presentación da solicitu- de no tempo e na forma establecidos. 8.4. Estarán exentas do aboamento desta taxa as persoas que acrediten unha discapa- cidade igual ou superior ao 33 %, así como as que sexan integrantes de familias numero- sas clasificadas na categoría especial; no caso de seren membros de familia numerosa de categoría xeral, terán unha bonificación do 50 %. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % as persoas que figurasen como demandantes de emprego, desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación da presente resolución, e non estivesen percibin- do prestación ou subsidio por desemprego. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 Tales circunstancias deberán ser acreditadas, respectivamente, mediante fotocopia compulsada da cualificación de discapacidade, a través do título oficial de familia numero- sa ou con certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desem- prego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego. Así mesmo, non terán que aboar esta taxa as persoas aspirantes xa inscritas en pro- cesos precedentes na mesma categoría e que tan só soliciten o cambio de área/zona de inscrición, así como as que, a través de Expedient-e, modificasen os seus datos persoais ou actualizasen os seu currículo de méritos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 11. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5423 8.5. As persoas excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data da resolución pola que se publiquen as listas definitivas de persoas aspirantes excluídas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición. Novena.  Nomeamentos de curta duración Na categoría de pinche e, co obxecto de dar cobertura ás necesidades de persoal esta- tutario producidas como consecuencia de ausencias de carácter urxente e non programa- do, de duración non superior a 4 días, elaboraranse listas específicas para nomeamentos de curta duración nos ámbitos que se determinan no anexo V. As persoas interesadas na formalización de tales nomeamentos deberán facelo constar na respectiva solicitude de inscrición, indicando o ámbito de prestación de servizos polo que optan dentro da mesma área da lista xeral. Cada persoa aspirante só poderá inscribir- se nunha lista de curta duración. Décima.  Nomeamentos a tempo parcial As persoas interesadas que soliciten a inclusión nas listas deberán facer constar no espazo habilitado para o efecto no formulario de inscrición a súa voluntaria aceptación ou non ás ofertas de nomeamentos a tempo parcial que poidan xurdir na categoría e ámbito respectivo. En defecto de consignación expresa, entenderase que a persoa aspirante non acepta voluntariamente a formalización do dito tipo de nomeamentos. Décimo primeira.  Indispoñibilidade transitoria de aspirantes CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 Con aplicación para as listas de ámbito de área ou zona, no suposto de indispoñibilida- de de aspirantes nunha determinada categoría e ata a seguinte xeración de listas que se efectúe, segundo o disposto no punto II.4.3 do Pacto de selección temporal, acudirase á utilización de listas das áreas/zonas de xestión máis próximas. Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, considéranse áreas/zonas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área/zona concreta, no anexo IV. As persoas aspirantes poderán facer constar nos formularios de solicitude a súa dis- poñibilidade para prestar servizos fóra da área/zona orixinaria de adscrición, conforme a respectiva prelación. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 12. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5424 Décimo segunda.  Entrada en vigor das listas As listas que se elaboren en execución desta convocatoria entrarán en vigor na data in- dicada na publicación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas con número de orde e puntuación. A publicación das listas formalizarase na páxina web do organismo (www.sergas.es). O chamamento e demais características da xestión das listas serán as previstas no vi- xente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. ANEXO II Baremos O baremo de méritos que se van aplicar será o previsto no punto II.3 da Resolución do 26 de abril de 2011 pola que se publica o Pacto sobre selección de persoal estatutario tem- poral no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio). A orde de prelación das persoas aspirantes na respectiva lista, en cada unha das quen- das, obterase automaticamente pola suma dos resultados e puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da fase de oposición nos que tivese participado na última OPE convo- cada e resolta polo Servizo Galego de Saúde na respectiva categoría e a puntuación que resulte da aplicación do baremo de méritos aprobado por Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG do 26 de febreiro). CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 A puntuación máxima acadable pola participación da persoa aspirante no último proceso selectivo convocado na respectiva categoría será do 60 % da puntuación total do baremo. A puntuación máxima acadable nos puntos de experiencia profesional, formación acre- ditada e outras actividades non poderá exceder do 40 % da puntuación total do baremo. Na categoría de pinche, no punto de experiencia profesional e, sen que se poida su- perar a puntuación máxima prevista para tal epígrafe no respectivo baremo de selección fixa, valorarase a permanencia e efectiva dispoñibilidade das persoas aspirantes nas listas especiais para nomeamentos de curta duración, cunha puntuación de 1,5 puntos por ano ou a que proporcionalmente corresponda, cun máximo de 4,5 puntos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 13. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5425 Ás persoas aspirantes que, durante a vixencia do pacto sobre selección temporal apro- bado por Resolución do 24 de maio de 2004 figurasen inscritas nas listas especiais para nomeamentos de curta duración previstas neste, valoraráselles o tempo de permanencia e dispoñibilidade acreditada nas citadas listas nos termos previstos no parágrafo anterior. ANEXO III Áreas e zonas Ámbitos listas. A) Para as listas de cociñeira/o e de pinche. Áreas/zonas: 1. Ferrol (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión prevista no anexo do Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol). 2. A Coruña (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión prevista no anexo I do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a Es- trutura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde e se crea a Estrutura de Xestión Integrada de A Coruña; agás os dispositivos asistenciais incluídos no ámbito da Xerencia Executiva de Cee). 3. Santiago de Compostela (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión prevista no anexo II do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a Estrutura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde e se crea a Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, agás os dispositivos incluídos no ámbito da Xerencia Executiva da Barbanza). 4. Ourense (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión prevista no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a Estru- tura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, agás os dispositivos incluídos nos ámbitos das xerencias executivas de Verín e O Barco de Valdeorras). ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 14. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5426 5. O Barco de Valdeorras (segundo a ordenación disposta no Decreto 50/1992, do 19 de febreiro, polo que se crea a área de saúde do Barco de Valdeorras; de acordo coa revisión prevista no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no relativo aos dispositivos incluídos no ámbito da Xerencia Executiva do Barco de Valdeorras). 6. Lugo (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril). 7. Burela (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril). 8. Monforte de Lemos (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril). 9. Pontevedra (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril; de acordo coa revisión prevista no anexo do Decreto 162/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, agás os dispositivos incluídos no ámbito da Xerencia Executiva do Salnés). 10. Vigo (segundo a ordenación disposta no Decreto 126/1984, do 27 de xullo, do mapa sanitario de Galicia, modificado polo Decreto 55/1989, do 5 de abril). B) Para as listas de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, de CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información. Lista de ámbito único para todos os dispositivos sanitarios comprendidos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. ANEXO IV Áreas/zonas limítrofes 1. Para Ferrol. A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Santiago/zona da Barbanza e Burela, nesta orde. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 15. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5427 2. Para A Coruña. A Coruña/zona de Cee, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e O Salnés, nesta orde. 3. Para A Coruña/zona de Cee. A Coruña, Santiago de Compostela, Santiago de Com- postela/zona da Barbanza, O Salnés e Pontevedra, nesta orde. 4. Para Santiago de Compostela. Santiago de Compostela/zona da Barbanza, A Coru- ña, O Salnés, Pontevedra e Vigo, nesta orde. 5. Para Santiago de Compostela/zona da Barbanza. Santiago de Compostela, O Sal- nés, Pontevedra, Vigo e A Coruña, nesta orde. 6. Para Burela. Lugo, Monforte de Lemos, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, nesta orde. 7. Para Lugo. Monforte de Lemos, Burela, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, nesta orde. 8. Para Monforte de Lemos. Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras e Ourense/ zona de Verín, nesta orde. 9. Para Ourense. Ourense/zona de Verín, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde. 10. Para Ourense/zona de Verín. Ourense, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Vigo, nesta orde. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 11. Para O Barco de Valdeorras. Ourense, Ourense/zona de Verín, Monforte de Lemos, Lugo e Santiago de Compostela, nesta orde. 12. Para O Salnés. Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Santiago de Composte- la/zona da Barbanza e A Coruña, nesta orde. 13. Para Pontevedra. O Salnés, Vigo, Santiago de Compostela, Santiago de Composte- la/zona da Barbanza e Ourense, nesta orde. 14. Para Vigo. Pontevedra, O Salnés, Santiago de Compostela, Ourense e Santiago de Compostela/zona da Barbanza, nesta orde. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 16. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5428 ANEXO V Listas especiais para nomeamentos de curta duración de pinche 1. A Coruña: • Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. 2. Ferrol: • Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol. 3. Santiago de Compostela: • Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. 4. Burela: • Hospital Comarcal da Costa (Burela). 5. Lugo: • Complexo Hospitalario Lucus Augusti (Lugo). 6. Monforte de Lemos: • Hospital Comarcal de Monforte. 7. Ourense: CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 • Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. 8. O Barco de Valdeorras: • Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras. 9. Pontevedra: • Complexo Hospitalario de Pontevedra. 10. Vigo: • Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 17. DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5429 ANEXO VI Requisitos de titulación/formación 1. Para a lista de técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información. Deberá posuír, alomenos, a titulación de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, grao ou equivalente. 2. Para a lista de técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información. Deberá posuír, alomenos, a titulación de diplomada/o universitaria/o, enxeñeira/o técnica/o, arquitecta/o técnica/o, grao ou equivalente. 3. Para a lista de técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información. Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas: • Título de técnica/o especialista, rama informática (formación profesional 2º grao ou equivalente). • Título de técnico/a superior, rama informática e comunicación. 4. Para as listas de cociñeira/o. Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas: • Título de técnica/o superior na rama de hostalaría e turismo ou equivalente, ciclo for- mativo de cociña ou restauración. • Título de bacharelato superior ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na profesión ou certificado de profesionalidade de cociñeira/o, nivel II ou III. CVE-DOG: 2tyjimb9-9ul4-kc99-brb2-qbruznzqusj6 5. Para as listas de pinche. Deberá posuír, alomenos, unha das titulacións indicadas: • Certificado de escolaridade. • Graduada/o en ESO ou equivalente. • Programa de cualificación profesional inicial. Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Minis- terio de Educación, Cultura e Deporte con carácter xeral e válidas para todos os efectos, sempre que se indique expresamente a disposición na que se establece a equivalencia e o BOE no que se publica. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia