 Título: O agasallo de Anya
 Autora: Sabela Núñez Singala
 Ilustrador: Xosé Tomás
 Editorial: Galaxia
 Colección: Árbore
Sabela Núñez Singala naceu en Lugo. A maior parte da
súa vida transcorre entre A Terra Chá e mais A Mariña,
onde traballa no instituto da Pontenova. Gústalle moito
aprender viaxando. Unha das súas últimas viaxes formou
parte dun proxecto titulado "Mochilinhas de Cores", unha
iniciativa de axuda mútua entre a infancia galega e a de
Ucraína. Desta viaxe solidaria sae a historia do libro O
agasallo de Anya.
Máis información no seu blog:
http://oagasallodeanya.blogspot.com.es/
Anya é unha nena ucraína e Xiana é galega. Aínda que residen en
países moi distantes teñen moitas cousas en común, como o
feito de que ambas as dúas escriben un diario (unha nun caderno,
e a outra nun blog) e de que teñen irmáns pequenos. Pero entre
elas hai diferenzas moi notables: Anya vive nun Fogar Infantil
mentres que a nena galega vive coa súa familia; unha lamenta
non ter colexio á par que a outra se queixa cando rematan as
vacacións; unha ten de todo e non o valora e a outra dálle aprecio
a calquera mínima cousa …
Entre as dúas vaise producir unha conexión: a antiga profesora de
Anya vai dar clase na escola de Xiana e a nena galega vai
descubrir un novo mundo. Esta coincidencia vai traer un
desenlace sorprendente e provocará cambios importantes nas
súas vidas.
Resumo
Gustounos moito o libro aínda que ao
mesmo tempo nos deu moita pena, xa
que conta unha realidade á que non
estamos acostumados e cústanos
aceptala.
Sorprendeunos que haxa tanta diferenza
na vida de dúas rapazas da mesma idade
só polo feito de vivir en países moi
distintos. Anya e Xiana coinciden en
diversas cousas: escriben un diario, teñen
irmáns pequenos... Pero o que máis nos
chamou a atención foron as condicións
de vida da rapaza ucraína e como esta
tenta ter unha actitude positiva ante os
problemas.
Comentarios
O agasallo de Anya pareceunos
moi triste, aínda que nos
interesou porque fala de temas
complicados como a pobreza e as
inxustizas. Un dos feitos que
máis nos fixo pensar foi a
transformación de Xiana que
pasou de ser moi egoísta a
volverse máis xenerosa.
Tamén comentamos que nos
gustou como se enlazan as
diferentes historias e o feito de
que remate cun final alegre ou,
polo menos, esperanzado.
A lectura deste libro deunos pé
para comparar o noso mundo con
outros lugares nos que a vida non
é tal e como nós a concibimos.
Un mundo rico e un mundo pobre
Para nós é moi doado acceder á
auga, só temos que abrir as billas.
Moitas veces malgastámola e non
lle damos importancia ao feito de
tela con facilidade.
En moitos países pobres os nenos
teñen que camiñar varios
quilómetros para conseguir auga.
No mundo desenvolvido temos
moitas opcións ao escoller a nosa
vestimenta.
Noutros países case toda a roupa que
eles posúen é doada por persoas
doutros lugares.
Nós podemos comer cinco veces
ao día ou máis. Comemos moito
máis do que precisamos e
rexeitamos moitos alimentos ou
comidas porque non nos gustan.
Noutros lugares comer é algo
ocasional que ocorre unha ou
ningunha vez ao día. Ninguén
rexeita un alimento porque non lle
guste.
Na nosa sociedade os xoguetes son
unha cousa imprescindible.
Noutras sociedades son máis ca
prescindibles.
Estudamos en aulas con materias
de todo tipo: ordenadores, libros…
Contamos co necesario para poder
aprender.
A educación no noso mundo é un
dereito.
Nalgunhas clases o número de
nenos sobrepasa o de pupitres e
iso fai que as aulas estean
abarrotadas. Os materiais son
insuficientes.
A educación nalgúns lugares do
planeta é un privilexio.
As nosas vivendas adoitan contar
con todo o necesario para vivir con
comodidade.
A vida de moitas persoas está
condicionada polo lugar onde
viven.
Club de lectura 2ºESO
IES de Curtis
2015-2016
Ángela,Christian, Diego,
Juan José, Laura, Leonardo, Mario,
Raúl, Sabela e Yago

O agasallo de Anya

  • 2.
     Título: Oagasallo de Anya  Autora: Sabela Núñez Singala  Ilustrador: Xosé Tomás  Editorial: Galaxia  Colección: Árbore Sabela Núñez Singala naceu en Lugo. A maior parte da súa vida transcorre entre A Terra Chá e mais A Mariña, onde traballa no instituto da Pontenova. Gústalle moito aprender viaxando. Unha das súas últimas viaxes formou parte dun proxecto titulado "Mochilinhas de Cores", unha iniciativa de axuda mútua entre a infancia galega e a de Ucraína. Desta viaxe solidaria sae a historia do libro O agasallo de Anya. Máis información no seu blog: http://oagasallodeanya.blogspot.com.es/
  • 3.
    Anya é unhanena ucraína e Xiana é galega. Aínda que residen en países moi distantes teñen moitas cousas en común, como o feito de que ambas as dúas escriben un diario (unha nun caderno, e a outra nun blog) e de que teñen irmáns pequenos. Pero entre elas hai diferenzas moi notables: Anya vive nun Fogar Infantil mentres que a nena galega vive coa súa familia; unha lamenta non ter colexio á par que a outra se queixa cando rematan as vacacións; unha ten de todo e non o valora e a outra dálle aprecio a calquera mínima cousa … Entre as dúas vaise producir unha conexión: a antiga profesora de Anya vai dar clase na escola de Xiana e a nena galega vai descubrir un novo mundo. Esta coincidencia vai traer un desenlace sorprendente e provocará cambios importantes nas súas vidas. Resumo
  • 4.
    Gustounos moito olibro aínda que ao mesmo tempo nos deu moita pena, xa que conta unha realidade á que non estamos acostumados e cústanos aceptala. Sorprendeunos que haxa tanta diferenza na vida de dúas rapazas da mesma idade só polo feito de vivir en países moi distintos. Anya e Xiana coinciden en diversas cousas: escriben un diario, teñen irmáns pequenos... Pero o que máis nos chamou a atención foron as condicións de vida da rapaza ucraína e como esta tenta ter unha actitude positiva ante os problemas. Comentarios
  • 5.
    O agasallo deAnya pareceunos moi triste, aínda que nos interesou porque fala de temas complicados como a pobreza e as inxustizas. Un dos feitos que máis nos fixo pensar foi a transformación de Xiana que pasou de ser moi egoísta a volverse máis xenerosa. Tamén comentamos que nos gustou como se enlazan as diferentes historias e o feito de que remate cun final alegre ou, polo menos, esperanzado. A lectura deste libro deunos pé para comparar o noso mundo con outros lugares nos que a vida non é tal e como nós a concibimos.
  • 6.
    Un mundo ricoe un mundo pobre
  • 7.
    Para nós émoi doado acceder á auga, só temos que abrir as billas. Moitas veces malgastámola e non lle damos importancia ao feito de tela con facilidade. En moitos países pobres os nenos teñen que camiñar varios quilómetros para conseguir auga.
  • 8.
    No mundo desenvolvidotemos moitas opcións ao escoller a nosa vestimenta. Noutros países case toda a roupa que eles posúen é doada por persoas doutros lugares.
  • 9.
    Nós podemos comercinco veces ao día ou máis. Comemos moito máis do que precisamos e rexeitamos moitos alimentos ou comidas porque non nos gustan. Noutros lugares comer é algo ocasional que ocorre unha ou ningunha vez ao día. Ninguén rexeita un alimento porque non lle guste.
  • 10.
    Na nosa sociedadeos xoguetes son unha cousa imprescindible. Noutras sociedades son máis ca prescindibles.
  • 11.
    Estudamos en aulascon materias de todo tipo: ordenadores, libros… Contamos co necesario para poder aprender. A educación no noso mundo é un dereito. Nalgunhas clases o número de nenos sobrepasa o de pupitres e iso fai que as aulas estean abarrotadas. Os materiais son insuficientes. A educación nalgúns lugares do planeta é un privilexio.
  • 12.
    As nosas vivendasadoitan contar con todo o necesario para vivir con comodidade. A vida de moitas persoas está condicionada polo lugar onde viven.
  • 13.
    Club de lectura2ºESO IES de Curtis 2015-2016 Ángela,Christian, Diego, Juan José, Laura, Leonardo, Mario, Raúl, Sabela e Yago