SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 www.sghnferrol.blogspot.com  –  www.sghn.org [email_address] RECURSO DE REPOSICIÓN Contra o Acordo Plenario de 20 de Abril de 2007, polo que se aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Sectorización de MENÁNCARO, en Serantes, promovido Por Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, S.L. (DOG nº 91, de 11 de maio de 2007)
Antonio Ernesto Rodríguez Martínez, con DNI -----------------Secretario da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356 de Ferrol, CP 15480, actuando en representación da citada asociación, e segundo o artigo 63 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e o disposto nos Artigos 107 e 115 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. EXPON: Que por medio do presente escrito, a SGHN-Ferrol interpón RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN  contra o
Acordo Plenario de 20 de abril de 2007, polo que se aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Secto- Rización de MENÁNCARO, en Serantes, promovido por Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, S.L. Os feitos e fundamentos de Dereito nos que se fundamenta o presente recurso son os seguintes: ANTECEDENTES DE FEITO: 1 – O Plan de Sectorización foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local o 28 de xuño de 2005 e sometido a información pública. 2 – O Plan de Sectorización foi aprobado provisionalmente Pola Xunta de Goberno Local en sesión de 4 de outubro de 2005, previos informes favorables do Enxeñeiro Técnico
Industrial do Concello e do Oficial Maior e o Arquitecto Mu- nicipal. 3 – Consta no expediente informe emitido en sentido desfa- vorable pola Dirección Xeral de Urbanismo, con data de 6 de febreiro de 2006. 4 – Non consta no expediente o informe da Consellería de Medio Ambiente, que foi solicitado á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental polo Concello en datas de 28 de xullo de 2005 e 2 de setembro de 2005, segundo in- forme do Arquitecto Municipal. 5 – Presentada a modificación do Plan de Sectorización, é contestado desfavorablemente pola Dirección Xeral de Ur- banismo o 27 de novembro de 2006 nos seguintes termos:
“ En consecuencia, emítese informe desfavorable sobre o Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes, debendo subsanarse as deficiencias observadas. Logo dos trámites oportunos, e inmediatamente antes da súa aprobación de- finitiva, deberá solicitarse novo informe preceptivo e vincu- lante desta Consellería, en virtude do establecido no artigo 86.1 d) da Lei 9/2002”. 6 – Con data de 16 de outubro de 2006, a Dirección Xeral  de Calidade e Evaliación Ambiental notifica que se consi- dera preciso someter o Plan de Sectorización ao trámite de avaliación de impacto ambiental. 7 – O Concello de Ferrol fai caso omiso dos informes pre- ceptivos das Consellerías, aducindo un suposto silencio
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
régimen de autonomía y bajo la propia responsabilidad, atendiendo siempre a la debida coordinación en su progra- mación y ejecución con las demás Administraciones públi- cas”. A mesma Lei 7/1985 no seu artigo 55.a) b) establece a  obriga de:  “Respetar el ejercicio legítimo por las otras administraciones de sus competencias y las consecuencias que del mismo se deriven para las propias. Ponderar, en la actuación de las competencias propias, la totalidad de los intereses públicos implicados y, en concreto, aquellos cuya gestión esté encomendada a las otras Administracio- nes”. Atendiendo a este articulado, e tendo en conta que os infor-
mes preceptivos negativos especifican que non se respecta a normativa legal, o suposto atraso na recepción destes informes non debe ser motivo para non telos en considera- ción, máis ben ao contrario, precisando destes informes para poder avaliar correctamente o proxecto e en aras de acadar a máxima obxectividade na salvagarda dos intere- ses públicos. Por outro lado, o Goberno Local non pode alegar descoñe- cemento dos valores que están sendo ameazados con este proxecto, xa que ADEGA, veciñanza de Menáncaro e SGHN presentaron alegacións nas que se describían pormenorizadamente os valores do espazo ameazado. Posteriormente, foron concertadas entrevistas entre as
entidades alegantes, ás que se sumou VERDEGAIA, con técnicos do Concello en materia de Urbanismo e Medio Ambiente, que foron informados con máis detalle dos moti- vos das alegacións, facendo sempre fincapé nos puntos que se consideraba que se vulneraba a lexislación. Neste senso, a LOUGA, no seu artigo 4.f), recoñecendo a necesidade da participación social, dispón:  “Velar para que a actividade urbanística se desenvolva promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e de iniciativa dos particulares, asegurando en todo caso, a participación dos cidadáns e das asocia- cións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores”.
2. –   Non se ten en conta suficientemente que, en tanto non se aprobe o Plan de Sectorización, trátase de Solo Rústico de Protección Especial (LOUGA 21.4.: “Non solo urbanizable non-delimitado, en tanto non se  aprobe o correspondente plan de sectorización, aplica-   rase o réxime establecido para o solo rústico nesta lei”), e que o espazo está incluído no Catálogo de  Bens Protexidos do Concello. Se así fose, avaliaríase o proxecto dun xeito máis estrito dende o punto de vista da protección ambiental. Tendo en conta para ese fin estes artigos da LOUGA: 32.2f)  “Solo rústico de protección de espacios naturais, constituído polos terreos sometidos a algún réxime de
protección por aplicación da Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espacios Naturais, a flora e a fauna. Igualmente terán a dita conside- ración os terreos que os instrumentos de ordenación do  territorio, as normas provinciais de planeamento ou o planeamento urbanístico consideren necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou  recreativos”. 34.1. c)  “Usos prohibidos: os incompatible coa protección de cada categoría de solo ou que impliquen un risco rele- vante de deterioración dos valores protexidos”. Ademáis, a LOUGA, no seu artigo 34.3, establece, en canto  aos usos en solo rústico:  ·Serán nulas de pleno dereito as
autorizacións e licencias que se outorguen para usos prohi- bidos, así como as licencias municipais outorgadas para usos autorizables sen a previa e preceptiva autorización autonómica ou en contra das súas condicións”. Dende este punto de vista, o Concello está obrigado a  atender aos informes emitidos polas consellerías, que  advirten do incumprimento da legalidade. 3. – Non se atende á normativa municipal no que atinxe á conservación de espazos protexidos. Tanto o Val da Sardiña como as masas de frondosas aso- ciadas ao bosque atlántico que ocupan practicamente a totalidade do espazo a urbanizar, intégranse no Inventario de Bens Protexidos do Concello. A normativa municipal
é clara en canto á protección destes espazos. Na ordenanza 20 de protección do monte e a paisaxe fores- tal, artigo 151.3. do PXOM:  “Prohíbense en xeral todos os usos que supoñan edificación (...)” Na Ordenanza 21 de conservación e protección das zonas de cultivo, da paisaxe agrícola e das ribeiras fluviais, arti- go 152.2.:  “Non se permite a edificación no seu ámbito. Prohíbense así mesmo os valos ou muros de fábrica que  alteren a disposición actual de camiños, servidumes e demais elementos constitutivos de paisaxe agraria...” “ Os sistemas ligados ao bosque atlántico estarán suxeitos á tutela definida pola Lei de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestre...”
Na Ordenanza 24 de protección de espazos naturais, ar- tigo 155.1.:  “Comprende aquelas áreas do territorio que presentan singulares valores ambientais, naturais e paisa- xísticos, incluídas no Catálogo de Bens Protexidos do presente Plan Xeral”.  No artigo 155.3.:  “...non se autorizará a construcción de ningunha clase de edificación, permi- tíndose a explotación racional dos recursos vinculados ao medio, que non atenten contra os valores esenciais que se protexen”. Todo o ámbito edificable dentro do Plan de Sectorización encádrase nalgunha das categorías de espazos protexidos polo Catálogo de Bens do Concello, circunstancia que non aparece reflitida no proxecto, pero que en todo caso o
Goberno Municipal debería ter coñecemento desta reali- dade, máxime cando este aspecto foi reiteradamente ad- vertido polas entidades alegantes. 4. – No plan de Sectorización compútanse como urbaniza- bles os terreos ocupados por bosque autóctono. Tendo en conta o artigo 32.4 da LOUGA:  “Sen prexuízo de mante-la súa clasificación como solo rústico especialmente protexido, poderán adscribirse os terreos como sistema xeral de espacios libres e zonas verdes públicas ós novos desenvolvementos urbanísticos que estean previstos nos terreos lindantes, sen que se teña en conta a súa super- ficie para os efectos de cómputo de edificabilidade nin densidade”.
No EIA do Plan de Sectorización, cando se fala de masas de bosque caducifolio, circunscríbeas a pequenas forma- cións boscosas ou soutos localizados de forma dispersa e irregular por toda a área. A realidade é ben distinta, tratán- dose dunha zona con pendente moi acentuada na súa  maior parte e cuberta de forma homoxénea por unha masa de bosque caducifolio, formada na cota máis alta da pen- dente por exemplares de carballos de porte e diámetro considerables, e na cota máis baixa da pendente, por un bosque de menor idade que moi ben estruturado, definindo optimamente a asociación representativa, na zona, de Quercus. Se a isto unimos que o resto do espazo está ocupado por bosque ripario e unha pequena zona de
asolagamento, nas épocas de crecida, non quedan libres as tres hectáreas mínimas necesarias para poder executar o proxecto de cidade xardín. Volvemos a repetir que foi un acto de neglixencia por parte da Administración non ter peritado o número de hectáreas edificables dispoñibles. O proxecto só sería viable no caso de que se alterase o tipo de pendente, por medio de desmontes e aterrazamentos e  se talase parte do bosque. Con estas observacións queda claro ata que punto se vulnera a normativa legal. 5. – A alegación de silencio administrativo por parte do  Goberno Municipal, como argumento para aprobar o Plan, non ten base legal. A Lei 9/2002, no seu artigo 99.3 establece:  “Non se aplica-
rá o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, ós plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordena- ción do territorio de Galicia”. A Lei 15/2004, que modifica parcialmente a lei anterior, non Afecta a este parágrafo. Considerando este articulado, e tendo en conta que o Plan de Sectorización non se axusta á legalidade, non se pode aplicar o silencio administrativo. Por todo o exposto SOLICITA Que se teña por interposto este recurso contra o menciona- do Acordo Plenario de 20 de abril de 2007, polo que se
aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Sectorización de Menáncaro, e se declare a nulidade do mesmo. É xustiza que pido en Ferrol, a 21 de maio de 2007. O Secretario da SGHN - Ferrol Asdo. Antonio E. Rodríguez Martínez

More Related Content

Similar to PresentacióN De Recurso De ReposicióN M E NÁ N C A R O

Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T AAlegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
jignacioYosy
 
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de DarboCopia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
albertopastoriza
 

Similar to PresentacióN De Recurso De ReposicióN M E NÁ N C A R O (14)

Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T AAlegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
AlegacióNs Da Sghn á Solicitude De AutorizacióN Ambiental De Forestal Del Atl...
 
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
 
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI)
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI)ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI)
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI)
 
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE TAXAS POR ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE TAXAS POR ACTIVIDADE ADMINISTRATIVAORDENANZA FISCAL REGULADORA DE TAXAS POR ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE TAXAS POR ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA
 
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS...
 
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de DarboCopia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
Copia auténtica Estatutos Comunidade de montes de Darbo
 
Pxom promotores
Pxom promotoresPxom promotores
Pxom promotores
 
O plan de ordenación do litoral. Cabanas
O plan de ordenación do litoral. CabanasO plan de ordenación do litoral. Cabanas
O plan de ordenación do litoral. Cabanas
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 

More from jignacioYosy

Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
jignacioYosy
 

More from jignacioYosy (8)

AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De FerrolAlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
AlegacióNs Da Sghn Ao Proxecto De Mellora De Calados Na Canle Da RíA De Ferrol
 
Biodiesel Licencia De Obra
Biodiesel   Licencia De ObraBiodiesel   Licencia De Obra
Biodiesel Licencia De Obra
 
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
Denuncia realizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e as Asociacións...
 
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
Alegaciones Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol
 
Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"Alegacións da SGHN - "MEGASA"
Alegacións da SGHN - "MEGASA"
 
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIAALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
ALEGACIÓNS AL PLAN DE XESTIÓN DO LOBO EN GALICIA
 

PresentacióN De Recurso De ReposicióN M E NÁ N C A R O

  • 1. SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org [email_address] RECURSO DE REPOSICIÓN Contra o Acordo Plenario de 20 de Abril de 2007, polo que se aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Sectorización de MENÁNCARO, en Serantes, promovido Por Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, S.L. (DOG nº 91, de 11 de maio de 2007)
  • 2. Antonio Ernesto Rodríguez Martínez, con DNI -----------------Secretario da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356 de Ferrol, CP 15480, actuando en representación da citada asociación, e segundo o artigo 63 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e o disposto nos Artigos 107 e 115 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. EXPON: Que por medio do presente escrito, a SGHN-Ferrol interpón RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN contra o
  • 3. Acordo Plenario de 20 de abril de 2007, polo que se aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Secto- Rización de MENÁNCARO, en Serantes, promovido por Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, S.L. Os feitos e fundamentos de Dereito nos que se fundamenta o presente recurso son os seguintes: ANTECEDENTES DE FEITO: 1 – O Plan de Sectorización foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local o 28 de xuño de 2005 e sometido a información pública. 2 – O Plan de Sectorización foi aprobado provisionalmente Pola Xunta de Goberno Local en sesión de 4 de outubro de 2005, previos informes favorables do Enxeñeiro Técnico
  • 4. Industrial do Concello e do Oficial Maior e o Arquitecto Mu- nicipal. 3 – Consta no expediente informe emitido en sentido desfa- vorable pola Dirección Xeral de Urbanismo, con data de 6 de febreiro de 2006. 4 – Non consta no expediente o informe da Consellería de Medio Ambiente, que foi solicitado á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental polo Concello en datas de 28 de xullo de 2005 e 2 de setembro de 2005, segundo in- forme do Arquitecto Municipal. 5 – Presentada a modificación do Plan de Sectorización, é contestado desfavorablemente pola Dirección Xeral de Ur- banismo o 27 de novembro de 2006 nos seguintes termos:
  • 5. “ En consecuencia, emítese informe desfavorable sobre o Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes, debendo subsanarse as deficiencias observadas. Logo dos trámites oportunos, e inmediatamente antes da súa aprobación de- finitiva, deberá solicitarse novo informe preceptivo e vincu- lante desta Consellería, en virtude do establecido no artigo 86.1 d) da Lei 9/2002”. 6 – Con data de 16 de outubro de 2006, a Dirección Xeral de Calidade e Evaliación Ambiental notifica que se consi- dera preciso someter o Plan de Sectorización ao trámite de avaliación de impacto ambiental. 7 – O Concello de Ferrol fai caso omiso dos informes pre- ceptivos das Consellerías, aducindo un suposto silencio
  • 6.
  • 7. régimen de autonomía y bajo la propia responsabilidad, atendiendo siempre a la debida coordinación en su progra- mación y ejecución con las demás Administraciones públi- cas”. A mesma Lei 7/1985 no seu artigo 55.a) b) establece a obriga de: “Respetar el ejercicio legítimo por las otras administraciones de sus competencias y las consecuencias que del mismo se deriven para las propias. Ponderar, en la actuación de las competencias propias, la totalidad de los intereses públicos implicados y, en concreto, aquellos cuya gestión esté encomendada a las otras Administracio- nes”. Atendiendo a este articulado, e tendo en conta que os infor-
  • 8. mes preceptivos negativos especifican que non se respecta a normativa legal, o suposto atraso na recepción destes informes non debe ser motivo para non telos en considera- ción, máis ben ao contrario, precisando destes informes para poder avaliar correctamente o proxecto e en aras de acadar a máxima obxectividade na salvagarda dos intere- ses públicos. Por outro lado, o Goberno Local non pode alegar descoñe- cemento dos valores que están sendo ameazados con este proxecto, xa que ADEGA, veciñanza de Menáncaro e SGHN presentaron alegacións nas que se describían pormenorizadamente os valores do espazo ameazado. Posteriormente, foron concertadas entrevistas entre as
  • 9. entidades alegantes, ás que se sumou VERDEGAIA, con técnicos do Concello en materia de Urbanismo e Medio Ambiente, que foron informados con máis detalle dos moti- vos das alegacións, facendo sempre fincapé nos puntos que se consideraba que se vulneraba a lexislación. Neste senso, a LOUGA, no seu artigo 4.f), recoñecendo a necesidade da participación social, dispón: “Velar para que a actividade urbanística se desenvolva promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e de iniciativa dos particulares, asegurando en todo caso, a participación dos cidadáns e das asocia- cións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores”.
  • 10. 2. – Non se ten en conta suficientemente que, en tanto non se aprobe o Plan de Sectorización, trátase de Solo Rústico de Protección Especial (LOUGA 21.4.: “Non solo urbanizable non-delimitado, en tanto non se aprobe o correspondente plan de sectorización, aplica- rase o réxime establecido para o solo rústico nesta lei”), e que o espazo está incluído no Catálogo de Bens Protexidos do Concello. Se así fose, avaliaríase o proxecto dun xeito máis estrito dende o punto de vista da protección ambiental. Tendo en conta para ese fin estes artigos da LOUGA: 32.2f) “Solo rústico de protección de espacios naturais, constituído polos terreos sometidos a algún réxime de
  • 11. protección por aplicación da Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espacios Naturais, a flora e a fauna. Igualmente terán a dita conside- ración os terreos que os instrumentos de ordenación do territorio, as normas provinciais de planeamento ou o planeamento urbanístico consideren necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou recreativos”. 34.1. c) “Usos prohibidos: os incompatible coa protección de cada categoría de solo ou que impliquen un risco rele- vante de deterioración dos valores protexidos”. Ademáis, a LOUGA, no seu artigo 34.3, establece, en canto aos usos en solo rústico: ·Serán nulas de pleno dereito as
  • 12. autorizacións e licencias que se outorguen para usos prohi- bidos, así como as licencias municipais outorgadas para usos autorizables sen a previa e preceptiva autorización autonómica ou en contra das súas condicións”. Dende este punto de vista, o Concello está obrigado a atender aos informes emitidos polas consellerías, que advirten do incumprimento da legalidade. 3. – Non se atende á normativa municipal no que atinxe á conservación de espazos protexidos. Tanto o Val da Sardiña como as masas de frondosas aso- ciadas ao bosque atlántico que ocupan practicamente a totalidade do espazo a urbanizar, intégranse no Inventario de Bens Protexidos do Concello. A normativa municipal
  • 13. é clara en canto á protección destes espazos. Na ordenanza 20 de protección do monte e a paisaxe fores- tal, artigo 151.3. do PXOM: “Prohíbense en xeral todos os usos que supoñan edificación (...)” Na Ordenanza 21 de conservación e protección das zonas de cultivo, da paisaxe agrícola e das ribeiras fluviais, arti- go 152.2.: “Non se permite a edificación no seu ámbito. Prohíbense así mesmo os valos ou muros de fábrica que alteren a disposición actual de camiños, servidumes e demais elementos constitutivos de paisaxe agraria...” “ Os sistemas ligados ao bosque atlántico estarán suxeitos á tutela definida pola Lei de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestre...”
  • 14. Na Ordenanza 24 de protección de espazos naturais, ar- tigo 155.1.: “Comprende aquelas áreas do territorio que presentan singulares valores ambientais, naturais e paisa- xísticos, incluídas no Catálogo de Bens Protexidos do presente Plan Xeral”. No artigo 155.3.: “...non se autorizará a construcción de ningunha clase de edificación, permi- tíndose a explotación racional dos recursos vinculados ao medio, que non atenten contra os valores esenciais que se protexen”. Todo o ámbito edificable dentro do Plan de Sectorización encádrase nalgunha das categorías de espazos protexidos polo Catálogo de Bens do Concello, circunstancia que non aparece reflitida no proxecto, pero que en todo caso o
  • 15. Goberno Municipal debería ter coñecemento desta reali- dade, máxime cando este aspecto foi reiteradamente ad- vertido polas entidades alegantes. 4. – No plan de Sectorización compútanse como urbaniza- bles os terreos ocupados por bosque autóctono. Tendo en conta o artigo 32.4 da LOUGA: “Sen prexuízo de mante-la súa clasificación como solo rústico especialmente protexido, poderán adscribirse os terreos como sistema xeral de espacios libres e zonas verdes públicas ós novos desenvolvementos urbanísticos que estean previstos nos terreos lindantes, sen que se teña en conta a súa super- ficie para os efectos de cómputo de edificabilidade nin densidade”.
  • 16. No EIA do Plan de Sectorización, cando se fala de masas de bosque caducifolio, circunscríbeas a pequenas forma- cións boscosas ou soutos localizados de forma dispersa e irregular por toda a área. A realidade é ben distinta, tratán- dose dunha zona con pendente moi acentuada na súa maior parte e cuberta de forma homoxénea por unha masa de bosque caducifolio, formada na cota máis alta da pen- dente por exemplares de carballos de porte e diámetro considerables, e na cota máis baixa da pendente, por un bosque de menor idade que moi ben estruturado, definindo optimamente a asociación representativa, na zona, de Quercus. Se a isto unimos que o resto do espazo está ocupado por bosque ripario e unha pequena zona de
  • 17. asolagamento, nas épocas de crecida, non quedan libres as tres hectáreas mínimas necesarias para poder executar o proxecto de cidade xardín. Volvemos a repetir que foi un acto de neglixencia por parte da Administración non ter peritado o número de hectáreas edificables dispoñibles. O proxecto só sería viable no caso de que se alterase o tipo de pendente, por medio de desmontes e aterrazamentos e se talase parte do bosque. Con estas observacións queda claro ata que punto se vulnera a normativa legal. 5. – A alegación de silencio administrativo por parte do Goberno Municipal, como argumento para aprobar o Plan, non ten base legal. A Lei 9/2002, no seu artigo 99.3 establece: “Non se aplica-
  • 18. rá o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, ós plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordena- ción do territorio de Galicia”. A Lei 15/2004, que modifica parcialmente a lei anterior, non Afecta a este parágrafo. Considerando este articulado, e tendo en conta que o Plan de Sectorización non se axusta á legalidade, non se pode aplicar o silencio administrativo. Por todo o exposto SOLICITA Que se teña por interposto este recurso contra o menciona- do Acordo Plenario de 20 de abril de 2007, polo que se
  • 19. aprobou definitivamente por silencio administrativo o Plan de Sectorización de Menáncaro, e se declare a nulidade do mesmo. É xustiza que pido en Ferrol, a 21 de maio de 2007. O Secretario da SGHN - Ferrol Asdo. Antonio E. Rodríguez Martínez