Alegacións da SGHN - "MEGASA"

707 views

Published on

ALEGACIÓNS realizadas pola SGHN (Sociedade Galega de Historia natural), Delegación de Ferrol
á solicitude de autorización ambiental integrada
presentada por Megasa Siderúrgica S.L., - (26-abril-2006) - Concello de Narón

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
707
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
44
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Alegacións da SGHN - "MEGASA"

  1. 1. SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org sghnferrol@teleline.es ALEGACIÓNS á solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Megasa Siderúrgica S.L., en Narón (A Coruña), Clave 0175/2006 (D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007)
  2. 2. Antonio Ernesto Rodríguez Martínez, con DNI ----------------- Secretario da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356 de Ferrol, CP 15480, actuando en representación da citada asociación, comparece e como mellor proceda en dereito, EXPON: 1. Que por medio do presente escrito a SGHN - Ferrol formula alegacións á solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Megasa Siderúrgica S.L., en Narón (A Coruña) – Clave 0175/2006 (D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007), co
  3. 3. obxecto de que se modifique nos seus actuais termos para axustala segundo criterios de maior respecto cara o medio ambiente. 2. As alegacións presentadas baséanse nas esixencias que a Lei 16/2002, de Prevención e Control Integrados da Contaminación, propón para a concesión da devandita solicitude, definindo no artigo 3.a) a autorización ambiental integrada como “la resolución del órgano competente de la Comunidad Autónoma en la que se ubique la instalación, por la que se le permite, a los solos efectos de protección del medio ambiente y de la salud de las personas, explotar la totalidad o parte de una instalación, bajo determinadas condiciones
  4. 4. destinadas a garantizar que la misma cumpla el objeto de las disposiciones de esta ley”. 3. Dado que os datos de emisións para algúns contaminantes (CO, NOx, F, Cu, Pb) exceden os límites de emisión (destacando no ano 2004 as emisións de CO e de Pb, con especto aos anos anteriores), non se poden considerar as Mellores Técnicas Dispoñibles expostas como as idóneas para o funcionamento da planta. O argumento exposto no informe de que non se deben considerar só os aspectos ambientais á hora de escoller unha tecnoloxía, senón que se deben ter en conta aspectos de calidade do produto e custos, non se axusta ao esixido pola lexislación. Cómpre ter en conta que aos aspectos
  5. 5. ambientais acompañan sempre as repercusións sobre a saúde humana, que a planta industrial está instalada nun núcleo de poboación de máis de 50.000 habitantes e que o concello de Narón, xunto co de Ferrol, forman unha área metropolitana. Neste senso, a Ley 16/2002, no artigo 7.e, aos efectos de determinar a autorización ambiental integrada dos valores límites de emisión propón que se teña en conta: “la incidencia de las emisiones en la salud humana potencialmente afectada y en las condiciones generales de la sanidad animal”. 4. Con respecto a esta listaxe de contaminantes, consultada a Directiva EPER, coa fin de comprobar que coas reformas nas instalacións melloraran os datos de emisión, non obtivemos os
  6. 6. datos relativos aos anos 2005 e 2006. A Ley 16/2002 dispón no artigo 8 que os titulares das instalacións notificarán polo menos unha vez ao ano, ás Comunidades Autónomas nas que estean ubicadas, os datos sobre as emisións correspondentes a ditas instalacións. Entendemos, pois, que se estes datos non foron comunicados, estaríase incurrindo nunha ilegalidade. 5. No artigo 12 da mesma Ley 16/2002, en referencia ao contido da solicitude e documentación requerida, esixe o tipo e cantidade das emisións ao aire, ás augas e ao solo, e da “determinación de sus efectos significativos sobre el medio ambiente”. Estes efectos non se describen no proxecto, sendo datos que consideramos imprescindibles, tendo en conta as repercusións sobre a saúde humana e o medio ambiente.
  7. 7. 6. Descoñecemos se esta instalación está obrigada a instalar sistemas de control e medida das inmisións, pero cremos que sería necesario a súa instalación, en función do que determina a Lei 8/2002, no seu artigo 9.4: “En determinados casos, previa resolución motivada, a aministración pública galega poderá requerir aos titulares das instalacións a instalación de redes e estacións de vixilancia das inmisións dos produtos que emiten e que cubrirán o contorno da planta”. Tendo en conta o R.D. 1073/2002 sobre evaluación y gestión de la calidad del aire, que no seu artigo 8.2 di: “será obligatorio efectuar mediciones directas de la calidad del aire en lugares fijos y para contaminantes regulados en los casos siguientes: a) cuando se trate de aglomeraciones y para aquellos
  8. 8. contaminantes que tengan fijado el umbral de alerta”. En todo caso, non se reflecten na solicitude os datos de inmisión. 7. Segundo se indica na solicitude, “los metales como el níquel, el arsénico, el cadmio y el mercurio están en el rango definido por el criterio derivado del artículo 46.4 del D 833/1975. Sin embargo, los niveles de inmisión máximos derivados de estas emisiones están por debajo de estos niveles, ya que se sitúan en el rango (μg/Nm³) y, en caso de serle de aplicación, estos metales cumplirían con la legislación vigente”. Con todo, segundo o artigo 3 da Ley 16/2002, os valores límite de emisións das sustancias aplicaranse xeralmente no punto no que as emisións saian da instalación.
  9. 9. 8. As escouras negras e brancas considéranse como residuos inertes, sen embargo na solicitude falta a acreditación de que sexan inertes, como obriga a lexislación no artigo 21.1 do Decreto 174/2005. Ao noso entender, non se poden considerar inertes, pois en contacto coa auga disólvense os metais pesados, e son absorbidos polo fitoplancton, e de aí pasan á cadea trófica, sendo o ser humano o máis afectado por estar no vértice da pirámide alimentaria e ser o efecto acumulativo o causante de graves prexuízos para a saúde humana. Ademais, o carácter básico destes residuos incide negativamente no medio biótico, por alteracións do pH. Tendo en conta que non se toman medidas excepcionais con este tipo de residuos, a contaminación producida pode ser grave.
  10. 10. Con respecto ás zonas onde se depositan estes residuos, debería verificarse que nestas ubicacións non se produce contaminación no medio. No pasado utilizáronse como material de recheo na ampliación da fábrica e para o paseo marítimo. Na ampliación da fábrica non é posible comprobar se os materiais están selados, pero si o é no paseo marítimo, sendo unha fonte de contaminación continua para a ría. Por esta razón, sería necesario selar estes depósitos para impedir as continuas emisións de metais pesados. 9. Cando se fala do tratamento de refrixeración indirecta dise que as perdas de auga prodúcense unicamente por evaporación, sendo substituída por auga achegada do río
  11. 11. Xuvia. Así e todo, as táboas resultantes da análise de mostras de auga amosan unha temperatura que non se corresponde coa temperatura ambiente na época do ano na que se toman as mostras, deducíndose que a elevación da temperatura débese a perdas nos circuítos de refrixeración, o que sería grave, tendo en conta que podería soportar unha carga considerable de metais pesados. Ademais, se as temperaturas exceden os rangos establecidos, hai perigo de anoxia na auga, traducíndose isto en mortandade nos seres vivos do espacio circundante. Isto dependería do volume e do réxime de emisións, datos que sería imprescindible coñecer.
  12. 12. 10. Con respecto das augas pluviais, non se especifica o tratamento a que van ser sometidas.Tendo en conta a gran cantidade de metais en disolución xerados, e que non todo o volume de auga existente será bombeado á planta de augas industriais para a súa utilización, parte do volume resultante rebordará verténdose, segundo se deduce, directamente á ría. 11. Na análise de impactos potenciais na fase de explotación, recoñécese que a afección das emisións sobre o medio son significativas e negativas, tanto na afección sobre a atmosfera como sobre a hidroloxía, aínda que se considera que coas modificacións realizadas débese considerar compatible. O feito de que se excedan os valores límites de contaminantes non fan
  13. 13. crible este prognóstico, sobre todo se temos en conta os efectos acumulativos deste elementos e as súas consecuencias , así como que esta planta leva cincuenta anos en funcionamento, afectando un espacio que presenta unha alta densidade de poboación. É necesario tomar medidas drásticas para paliar os efectos da contaminación e ter en conta que os custos económicos resultantes dos prexuízos causados no medio e na saúde humana son considerablemente maiores ca os que habería que investir para tomar as medidas oportunas para evitar a contaminación. Na solicitude mesma descríbense de xeito contundente os efectos negativos causados pola contaminación: ”Las emisio- nes de NOx participan en la formación de la lluvia ácida y,
  14. 14. como consecuencia de ello, en la acidificación de los recursos hidrológicos y edáficos. Esto induce a la aparición de alteraciones en el ritmo de crecimiento en la flora, en los hábitats y en la salud humana, etc.”. “La afección sobre la hidrografía ... podría generar la desaparición de la flora y la fauna acuática, así como de importantes valores paisajísticos y naturales”. “La ría de Ferrol se identifica por presentar una baja profundidad y una escasa renovación de aguas, factores que aumentan el riesgo de eutrofización y de afección del medio biótico”.
  15. 15. Por todo o exposto, SOLICITA: 1. Que se teña por formulado alegacións á solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Megasa Siderúrgica S.L., en Narón (A Coruña) – Clave 0175/2006 (D.O.G. nº 58, de 22 de marzo de 2007) e comparecida a SGHN (Ferrol) como parte interesada no expediente de referencia, solicitando que lle notifiquen por escrito cantas actuacións e resolucións se practiquen en diante, sen prexuízo da obtención de cantas copias precise da documentación que obre no expediente.
  16. 16. 2. Que non se outorgue a Autorización Ambiental Integrada en tanto non se modifique o proxecto para resolver satisfactoriamente os problemas nel existentes. Na nosa opinión, son consideracións de índole económica as que impiden resolver axeitadamente os problemas. 3. No caso de non atenderse as razóns expostas no punto anterior, e tendo en conta o elevado número de vidas humanas afectadas por esta actividade, así como os moitos anos de funcionamento desta industria, debería considerarse outra situación, fóra da ría de Ferrol, para esta instalación. Ferrol, a 26 de abril de 2007. O Secretario da SGHN - Ferrol Asdo. Antonio E. Rodríguez Martínez

×