Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Mó...
Antón Fortuna Rodríguez , con documento de identidade nº -----, responsabel da Área de Litoral do Núcleo Comarcal (bisbarr...
Juan Ignacio Díaz da Silva , con documento de identidade nº  -----, Delegado en Ferrol da  Sociedade Galega de Historia Na...
Magno, na zona de transición entre a vexetación arbórea e a vexetación dunar. As actuacións consistiron, basicamente, no s...
-- Desbrozado, arado en profundidade e plantación con eucaliptos nunha zona dunar de asolagamento, integrada en gran parte...
Trátase dun dos cinco humidais galegos protexidos polo Convenio Internacional de Ramsar. Ademais, pertence á Rede Natura 2...
 
 
 
 
 
 
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"

1,056 views

Published on

Denuncia presentada pola Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA e VERDEGAIA a causa dunha agresión producida en terreos pertencentes á zona RAMSAR "Lagoa e carregal de Valdoviño"

Published in: Travel, Technology
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Denuncia agresión a zona RAMSAR "Lagoa e Carregal de Valdoviño"

  1. 1. SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org [email_address] DENUNCIA Da agresión sufrida nunha zona do espacio RANSAR: “Lagoa e humidal de Valdoviño”. Outubro de 2007
  2. 2. Antón Fortuna Rodríguez , con documento de identidade nº -----, responsabel da Área de Litoral do Núcleo Comarcal (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) da asociación ecoloxista VERDEGAIA con enderezo -para os efectos de notificación- na Rua Santiago nº 2-4, 2º A, 15507 - Narón, 15507, Enesto López Díaz , con documento de identidade nº -------, Secretario da Delegación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) na bisbarra de Ferrol -ADEGA (Trasancos), con enderezo para os efectos de notificación no apartado de Correos nº 481 de Ferrol e ASUNTO: Agresión dunha zona dentro do espacio RANSAR “Lagoa e Humidal de Valdoviño”.
  3. 3. Juan Ignacio Díaz da Silva , con documento de identidade nº -----, Delegado en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural – S.G.H.N ., con enderezo –para os efectos de notificación- no Apartado de Correos nº 356, 15480, de Ferrol, comparecen e como mellor proceda en dereito, EXPOÑEN: As entidades Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol , Verdegaia-Ferrol e ADEGA-Trasancos denuncian que nunha extensa superficie ubicada na parte sur oeste do Areal da Frouxeira (Valdoviño) se teñen realizado unha serie de actuacións que atentan gravemente contra a integridade deste espacio de tan elevado valor ecolóxico. Trátase dunha parcela que se estende ao oeste do Río
  4. 4. Magno, na zona de transición entre a vexetación arbórea e a vexetación dunar. As actuacións consistiron, basicamente, no seguinte -- Tala da vexetación arbórea de salgueiros e ameneiros na zona de dominio público do Río Magno e máis na zona de policía, nunha franxa de 20 metros. Afecta un hábitat considerado prioritario pola Directiva Hábitats da Unión Europea: “Bosques aluviais de Alnus glutinosa” (Código 91E0). -- Tala de piñeiros nunha zona de duna gris, considerada tamén hábitat prioritario pola Directiva Hábitats da Unión Europea: “ Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea ” (Código 2130), sen ter recollido os restos da tala, que ficaron amoreados nas propias dunas.
  5. 5. -- Desbrozado, arado en profundidade e plantación con eucaliptos nunha zona dunar de asolagamento, integrada en gran parte por unha vexetación monoespecífica de Cladium mariscus , hábitat prioritario “Turbeiras de Cladium mariscus” (Código 7210). Trátase dunha valiosísima ciperácea de escasa presenza en Galiza, quedando destrozada totalmente a vexetación e facendo temer pola viabilidade desta especie. -- Os mesmos labores antes citados foron empregados sobre unha superficie de matogueira de Ulex en duna fixa, hábitat prioritario “Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno – Ulicitea), Código 2150. Á importancia que xa teñen en si mesmas estas actuacións para os hábitats afectados, hai que engadir o valor que posúe o lugar en si.
  6. 6. Trátase dun dos cinco humidais galegos protexidos polo Convenio Internacional de Ramsar. Ademais, pertence á Rede Natura 2000, da Unión Europea, formando parte do Lugar de Importancia Comunitaria “Costa Ártabra" e ZEPA " Costa de Ferrolterra- Valdoviño". Polos motivos expostos, esiximos que se tomen as medidas sancionadoras oportunas e se obrigue á reparación dos danos provocados, coa finalidade de volver o espacio á situación orixinal. Ferrol, a 31 de outubro de 2007 RESPONSABLE DA OFICINA DO CONVENIO DE RAMSAR SEPRONA DIRECCIÓN XERAL DE MEDIO AMBIENTE – XUNTA DE GALICIA

×