1. HAITÍ NECESITA A TÚA AXUDA
Entreculturas movilízase para axudar a Haití
O país máis pobre do continente americano, cun 85% da poboación vivindo na pobreza, sufriu un terremoto
devastador que causou a morte de miles de persoas así coma milleiros de persoas desaparecidas.
Todo o sistema español e galego de cooperación está traballando para por en marcha actuacións no
país.
Porto Príncipe, a capital do país caribeño, viuse devastada a tarde do pasado martes (hora local) por un sismo
de 7,3 na escala de Richter. Os danos materiais foron cuantiosos e as vítimas mortais cóntanse por decenas
de miles. A cifra de mortos ascende xa a 80.000 persoas e calcúlanse máis de 3 millóns de afectados polo
sismo máis forte dos últimos 200 anos. A comunidade internacional reaccionou inmediatamente para
canalizar a axuda. Entreculturas e os seus principais contrapartes, Fe e Alegría e o Servizo Xesuíta a
Refuxiados, xa se mobilizaron para dar unha primeira resposta.
Pola súa banda, o Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes (SJRM) en República Dominicana formou dúas
comisións: unha de emerxencia humanitaria para recoller todos as aportacións de alimentos e medicamentos;
e outra, en conxunto con institucións do Estado, abocada a realizar un plan de continxencia para a acollida de
posibles fluxos migratorios provenientes de Haití.
Dadas as dimensións da traxedia, dende Entreculturas pedímosvos que na medida do posible, que
difundades esta información nos vosos centros e aos vosos achegados, e solicitamos a vosa colaboración
para apoiar os habitantes de Haití nesta situación de emerxencia e na futura reconstrucción do país.
Máis información: Tfno. 902 444 844
Fundación Entreculturas
Educar é dar Oportunidades
www.entreculturas.org