SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
1
“MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS
MUNICIPAIS DA GUARDA”
Os alumn@s de 5º de primaria do CEIP Manuel Rodríguez Sinde vimos a
trasladarvos as necesidades de acometer melloras nas infraestructuras
municipais.
E son tres os puntos que consideramos prioritarios e fundamentais e nos que
centraremos a presente moción.
1º Punto: Reformas e melloras da Escola Municipal de Música. A educación
ten que ser a prioridade de calquera goberno como ferramenta de igualdade e
progreso. A música é parte da educación e da cultura. E unha parte
fundamental para ofrecer unha educación de calidade son as infraestructuras
educativas. O noso concello conta cunha Escola de Música que como sabemos
moitos dos que nos atopamos aquí, xa que acudimos alí ás aulas, está en
pésimas condicións. Temos a sorte de ter unha banda municipal, que por
desgracia, non ten un sitio axeitado para tocar nin actuar. As clases nas que se
imparte solfeo, son de dimensións tan reducidas que prácticamente os
alumn@s que alí acudimos non cabemos, os baños están en condicións
deplorables, e a estructura do edificio está a cair.
2º punto: Mellora do pavillón deportivo do noso centro, CEIP Manuel
Rodríguez Sinde así como dos centros educativos das Solanas e da Sangriña.
A política deportiva é de vital importancia para o Grupo Municipal do Sinde. A
gran maioría dos alumn@s do Sinde practicamos algún tipo de deporte e é ben
sabido por tod@s que o deporte constitúe un medio de promoción da saúde, de
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
2
calidade de vida, de educación e de vida en comunidade e que unha axeitada
política deportiva é unha das mellores inversión que unha institución pública
pode facer.
Pero os nen@s do Sinde non entendemos que para levar a cabo estas
actividades deportivas, dentro do noso municipio, sexa case imposible debido o
mal estado das mesmas. As instalación sofren importantes desperfectos debido
o deficiente mantemento e o deterioro propio do tempo e o uso. Sen ir máis
lonxe, no noso centro, no CEIP Manuel Rodríguez Sinde temos un pavillón que
precisa diversas melloras:
 Arranxar as luces que non funcionan.
 Novo acceso o pavillón a través dunha porta traseira de maior dimensión
que a que posuímos actualmente, que facilitaría a entrada dunha grúa
de cara un axeitado mantemento da instalación e favorecería que nos
puideran renovar as luces estragadas.
 Limpeza e mantemento con auga a presión das paredes do patio escolar
máis a miúdo, xa que como ben sabedes, o noso patio é sombrio e
húmido e adquire de seguida un tono negruzco e moi feo.
Somos tamén conscientes que os pavillóns das Solanas e a Sangriña precisan
melloras.
3º punto: O acceso o noso centro educativo atópase en moi mal estado. O
firme ten moitos buracos e baches e eso causa moitos accidentes, xa que
teñen sido moitos os nen@s, e non tan nen@s, os que teñen caído a causa do
seu mal estado.
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
3
Por todo isto o Grupo Municipal do Sinde propón que o grupo de Goberno se
comprometa a:
 1.- Creación dunha nova Escola Municipal de Música ou o reubicación
desta nun novo edificio municipal, que garde as prestación mínimas para
garantir unha calidade educativa que permita un axeitado
desenvolvemento das clases e que facilite á nosa Banda Municipal
ensaiar e actuar e a nos, como nen@s aprender música nas condicións
que nos merecemos.
 2.- Facer unha inversión necesaria para correxir as deficiencias das
instalacións deportivas do municipio en xeral. E en concreto, no noso
centro:
 Ampliar a porta traseira de acceso ó pavillón do CEIP
Manuel Rodríguez Sinde.
 Arranxo das luces de dito pavillón.
 Limpeza anual con auga presión das paredes do patio.
 3.- Reparar o firme e limpar os acceso do CEIP Manuel Rodríguez
Sinde.
Esperamos e desexamos que o Grupo de Goberno adquira un firme
compromiso para que estas propostas se fagan realidade.
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
4
ROGOS E PREGUNTAS
1.- Os nen@s do Sinde preocúpanos que cando nas nosas familias se produce
algunha urxencia médica, sobre todo pola noite é moi frecuente que teñamos
que acudir ó hospital a Vigo coa ambulancia ou co vehículo propio.
Non podería o Concello facer algunha xestión, inda que sabemos que non é
competencia directa súa, para mellorar o servizo de urxencias da zona ou
mellorar o acceso á sanidade?.
2.- Os nen@s do Sinde botamos en falta unha mellora na oferta cultural do
concello para nós, os nen@s. Gustaríanos que nos ofertasen máis actividades:
obras de teatro, actividades de animación á lectura como contacontos na
Biblioteca Municipal, concertos, proxeccións de películas infantiles, unha
ludoteca municipal con xogos de mesa, talleres de manualidades, debuxo, …
Está previsto que amplíen vostedes a oferta cultural para nen@s na súa
lexislatura?

More Related Content

More from Eva Domínguez Cortiñas (7)

Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02
 
Tema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade MadiaTema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade Madia
 
4a saude-160212103320
4a saude-1602121033204a saude-160212103320
4a saude-160212103320
 
Tema4lasfracciones 141107035010-conversion-gate02
Tema4lasfracciones 141107035010-conversion-gate02Tema4lasfracciones 141107035010-conversion-gate02
Tema4lasfracciones 141107035010-conversion-gate02
 
Tema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemasTema4 Os ecosistemas
Tema4 Os ecosistemas
 
Tema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMATema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMA
 

Moción

  • 1. CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE 1 “MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS MUNICIPAIS DA GUARDA” Os alumn@s de 5º de primaria do CEIP Manuel Rodríguez Sinde vimos a trasladarvos as necesidades de acometer melloras nas infraestructuras municipais. E son tres os puntos que consideramos prioritarios e fundamentais e nos que centraremos a presente moción. 1º Punto: Reformas e melloras da Escola Municipal de Música. A educación ten que ser a prioridade de calquera goberno como ferramenta de igualdade e progreso. A música é parte da educación e da cultura. E unha parte fundamental para ofrecer unha educación de calidade son as infraestructuras educativas. O noso concello conta cunha Escola de Música que como sabemos moitos dos que nos atopamos aquí, xa que acudimos alí ás aulas, está en pésimas condicións. Temos a sorte de ter unha banda municipal, que por desgracia, non ten un sitio axeitado para tocar nin actuar. As clases nas que se imparte solfeo, son de dimensións tan reducidas que prácticamente os alumn@s que alí acudimos non cabemos, os baños están en condicións deplorables, e a estructura do edificio está a cair. 2º punto: Mellora do pavillón deportivo do noso centro, CEIP Manuel Rodríguez Sinde así como dos centros educativos das Solanas e da Sangriña. A política deportiva é de vital importancia para o Grupo Municipal do Sinde. A gran maioría dos alumn@s do Sinde practicamos algún tipo de deporte e é ben sabido por tod@s que o deporte constitúe un medio de promoción da saúde, de
  • 2. CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE 2 calidade de vida, de educación e de vida en comunidade e que unha axeitada política deportiva é unha das mellores inversión que unha institución pública pode facer. Pero os nen@s do Sinde non entendemos que para levar a cabo estas actividades deportivas, dentro do noso municipio, sexa case imposible debido o mal estado das mesmas. As instalación sofren importantes desperfectos debido o deficiente mantemento e o deterioro propio do tempo e o uso. Sen ir máis lonxe, no noso centro, no CEIP Manuel Rodríguez Sinde temos un pavillón que precisa diversas melloras:  Arranxar as luces que non funcionan.  Novo acceso o pavillón a través dunha porta traseira de maior dimensión que a que posuímos actualmente, que facilitaría a entrada dunha grúa de cara un axeitado mantemento da instalación e favorecería que nos puideran renovar as luces estragadas.  Limpeza e mantemento con auga a presión das paredes do patio escolar máis a miúdo, xa que como ben sabedes, o noso patio é sombrio e húmido e adquire de seguida un tono negruzco e moi feo. Somos tamén conscientes que os pavillóns das Solanas e a Sangriña precisan melloras. 3º punto: O acceso o noso centro educativo atópase en moi mal estado. O firme ten moitos buracos e baches e eso causa moitos accidentes, xa que teñen sido moitos os nen@s, e non tan nen@s, os que teñen caído a causa do seu mal estado.
  • 3. CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE 3 Por todo isto o Grupo Municipal do Sinde propón que o grupo de Goberno se comprometa a:  1.- Creación dunha nova Escola Municipal de Música ou o reubicación desta nun novo edificio municipal, que garde as prestación mínimas para garantir unha calidade educativa que permita un axeitado desenvolvemento das clases e que facilite á nosa Banda Municipal ensaiar e actuar e a nos, como nen@s aprender música nas condicións que nos merecemos.  2.- Facer unha inversión necesaria para correxir as deficiencias das instalacións deportivas do municipio en xeral. E en concreto, no noso centro:  Ampliar a porta traseira de acceso ó pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde.  Arranxo das luces de dito pavillón.  Limpeza anual con auga presión das paredes do patio.  3.- Reparar o firme e limpar os acceso do CEIP Manuel Rodríguez Sinde. Esperamos e desexamos que o Grupo de Goberno adquira un firme compromiso para que estas propostas se fagan realidade.
  • 4. CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE 4 ROGOS E PREGUNTAS 1.- Os nen@s do Sinde preocúpanos que cando nas nosas familias se produce algunha urxencia médica, sobre todo pola noite é moi frecuente que teñamos que acudir ó hospital a Vigo coa ambulancia ou co vehículo propio. Non podería o Concello facer algunha xestión, inda que sabemos que non é competencia directa súa, para mellorar o servizo de urxencias da zona ou mellorar o acceso á sanidade?. 2.- Os nen@s do Sinde botamos en falta unha mellora na oferta cultural do concello para nós, os nen@s. Gustaríanos que nos ofertasen máis actividades: obras de teatro, actividades de animación á lectura como contacontos na Biblioteca Municipal, concertos, proxeccións de películas infantiles, unha ludoteca municipal con xogos de mesa, talleres de manualidades, debuxo, … Está previsto que amplíen vostedes a oferta cultural para nen@s na súa lexislatura?