1. CLISERIE
Gráfico esquemático
( diagrama de aspecto máis
ou menos triangular ) que
revela a distribución
escalonada de diferentes
tipos de vexetación
Na cliserie a vexetación aparece ordenada en pisos
( bioclimáticos ), desde a base da montaña ata as cotas
máis elevadas, como consecuencia das adaptación das
especies ás variacións das temperaturas e das
precipitacións impostas pola altura
2. cada piso bioclimático estará determinado
por unhas determinadas condicións
atmosféricas e climáticas
Polo que respecta ás temperaturas, a
modificación máis clara é o progresivo descenso
térmico que se produce ao ascender ( 0.6º cada
100 m ) ao que engadiríamos as diferencias
térmicas establecidas entre as vertentes da
solaina ( orientada ao sur, máis cálida ) e da
avesedo ( máis fría )
Os pisos bioclimáticos que integran
unha cliserie serían , entón, os
niveis definidos por uns
determinados umbrais térmicos
3. cada piso bioclimático estará determinado
por unhas determinadas condicións
atmosféricas e climáticas
En canto ás precipitacións, a influencia do relevo produce
un incremento de estas na vertente de barlovento ( máis
fría e húmida ) fronte á de sotavento ( máis seca e
cálida )